Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6530 episodi

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com

Autore

Radio Municipal de Tui

Categoria

News

Sito del podcast

www.ivoox.com

Ultimo episodio

23 ott 2026

Dove ascoltare?

I podcast nell'app Replaio Radio In arrivo

I podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast

Scaricala su Google Play Installala gratis Android quasi 10 mln di download · valutazione 4,8 iOS in arrivo

Episodi

Ent. Luisa de AL-Anon - O papel das familias de persoas alcohólicas 15.03.2022

Hoxe coñecemos máis polo muído o labor que realizan en Al-Anon, a asociación de familias de persoas alcohólica. Luisa explicounos a situación das familias.

Ent. Ana Carpinteiro e Fran García de Somos Oceano - Estrela Galicia 15.03.2022

A empresa mitad tudense mitad viguesa Somos Océano chegou a un acordo de colaboración co museo de Estrela Galicia. Ana Carpinteiro e Fran García contáronnos en qué consiste e que supón para eles este importante paso. Os catro novos calcentíns están á venda no Museo de Estrella Galicia e súa tenda on line da marca de cervexa.

Ent. Fernando Dacosta, actor de Sarabela Teatro - A Lingua das Bolboretas 15.03.2022

"A lingua das bolboretas" é a obra teatral que Sarabela Teatro presenta este venres, ás 21 h, no Teatro Municipal de Tui. Fernando Dacosta, actor protagonista, falábanos hoxe deste espectáculo. As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 10 € e 8€.

Ent.Inma Rodríguez, Carmen González, e Ismael Diz - Axuda Ucraína 14.03.2022

Poder canalizar a axuda local á poboación ucraína de xeito efectivo é o obxectivo da mesa de traballo creada hai quince días no Concello de Tui. No programa Día a Día para afondar nesta cuestión hoxe acompañáronnos o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, e traballadora Social, Carmen Gonzalez, e a directora do Centro de Protección Internacional que está en Tui, Inma Rodríguez.

Ent. Sara G. Piña - Presentación da novela "Pangea" 14.03.2022

“Pangea” é o título da primeira nova da tudense Sara González Piña. Vaino presentar hoxe ás 20 h no Edificio Francisco Sánchez. Hoxe Sara González Piña acompañounos no programa Día a Día para falar do seu libro.

Ent. Antón Conde de CCOO - Conexións ferroviarias Galicia e Portugal 10.03.2022

Extender os trens de cercanías entre o Norte de Portugal e Galicia, con paradas en Valença e Tui, é unha das propostas que recolle CCOO no seu plan. Tamén contemplan estender a liña de longa distancia de Lisboa a Vigo-Guixar. Así o explicaba hoxe Antón Conde de CCOO tras os encontros mantidos esta semana co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e co presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpin...

Ent. Javier Zafra, cociñeiro - Exposición Sabores de Sefarad 10.03.2022

A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle até o xoves, 24 de marzo, a exposición “Sabores e Aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” e o título da exposición que até o 24 deste mes se pode visitar na Sala Municipal de Exposicións no Edificio Franscico Sánchez de Tui. Xorde do libro “Sabores de Sefarad” de Javier Zafra realizado pola Red de Juderías de España. O propio Javi...

10032022 Esteban González Miranda do Pp de Tomiño - Obras centro e nova xestora PP 10.03.2022

O Partido Popular de Tomiño presentará este sábado, ás 12.30 h, no Hotel Nueva Colina, na praza do Seixo, a súa nova Xestora Local. Precisamente o voceiro popular en Tomiño, Esteban González Miranda, explicaba que na nova xestora hai grandes cambios e novas incorporación. Por outra parte o PP reclamaba esta semana, en nota de prensa, que se reabra ao tráfico as rúas Gondomar e A Feira. O peche des...

Ent. Isabel Ocampo e Ana Núñez - Ciclo de cinema 8M 09.03.2022

O programa do 8M en Tui continuará este mércores, 9 de marzo, ás 19.30 h coa proxección de “Serás hombre” de Isabel de Ocampo no Teatro Municipal, con entrada de balde. Con Isabel Ocampo falamos esta mañá no programa Día a Día. Tamén nos acompañou a concelleira de Igualdade Ana Núñez.

Ent. Roberto Mera, escritor - Presentación o libro "Alejandro Viana" 08.03.2022

Este xoves ás 20 h no edificio Francisco Sánchez - Área Panorámica , terá lugar a presentación do libro "Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos" de Roberto Mera, publicado pola editorial Belagua. No acto intervirán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Manuel Vázquez de la Cruz, de Levada Libre, e Roberto Mera, autor do libro. O propio Roberto Mera explicaba hoxe n...

Sección Espazo Xove - Martes, 8 de marzo de 2022 08.03.2022

O Espazo Xove celebra este mes de marzo dúas xornadas de xogos de mesa os martes de 17 a 18.30 h . Será o día 15 co xogo Red 7 e o 29 con Virus. Así o explicaba esta mañá a directora deste centro xuvenil, Mónica Bugarín. Por outra parte o 18 deste mes, está previsto que comece o curso de Free Style con doce sesións os venres de 19.30 a 20.30 h. Daba conta tamén dunha nova convocatoria do certame “...

Ent. Milucho Romero da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos -Viaxe a EEUU 07.03.2022

A Banda de Gaitas San Xoán de Paramos participará o próximo xoves, 17 de marzo, no desfile de San Patricio en Nova York. Tiña previsto viaxar hai dous anos, pero daquela a COVID levou á suspensión da viaxe. Agora si se desprazarán a EEUU, a onde viaxarán xa este mércores. Milucho Romero, representante da Banda de Gaitas San Xoán de Paramos

Ent. Juan Francisco Sánchez da CGT - A Estación de Tren de Tui sen viaxeiros 04.03.2022

Ningún tren de pasaxeiros para nestes momentos da Estación de Tren de Tui. Así o denunciaba esta mañá no programa Día a Día Juan Francisco Sánchez portavoz do sindicato CGT . Dende o seu sindicato están a denunciar esta situación, e que teñen claro que si non existe unha presión clara por parte das entidades locais e a poboación da comarca, Renfe non vai repor estes servicios.

Ent. José Martínez Tato, club AndaTui - Andaina de Fortaleza a Fortaleza 04.03.2022

“De Fortaleza a Fortaleza” é o título da andaina que organiza o club AndaTui para o sábado 26 de marzo. Constará de 22 quilóemtros e vistiará as fortalezas de Valença, onde comezará, Tui, Salvaterra e Monçao.

Ent. Manuel Madarnás,trompetista - Concerto La MMarca 03.03.2022

Manuel Madarnás presenta mañá venres, ás 21 h, no Teatro Municipal de Tui, en concerto o seu traballo discográfico La MMarca. Hoxe no programa Día a Día falounos de cómo vai ser este concerto. As entradas están á venda en www.tui.gal.

Ent. Hérika Míguez da Universidade da Felicidade - Xuntas Aprendemos 03.03.2022

"Mulleres fronte ao espello" é o título da charla-taller que Hérika Míguez, da Universidade da Felicidade, vai ofrecer hoxe ás 18 h na Aula da UNED de Tui. É a primeira das actividades organizadas pola Concellería de Muller e Igualdade coa colaboración da aula universidade tudense.

Ent. Ana Núñez, concelleira de Muller, e Minerva Ojeada, coord. Aula UNED - Xuntas Aprendemos 02.03.2022

Mañá comeza o ciclo “Xuntas aprendemos” na Aula da UNED de Tui. Está organizado pola concellería de Igualdade do Concello de Tui dentro dun proxecto colaborativo coa aula universitaria tudense. Esta actividade forma parte do programa previsto para conmemorar o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. Falamos desta actividade con Ana Núñez, concelleira de Muller e Igualdade, e con Minerva Ojeda,...

Ent. Ramón Álvarez, presidente cineclub Poleiro - Ciclo de Primavera 02.03.2022

Tras o parón debido á covid mañá xoves volve o Cine Club Poleiro cun novo ciclo, o de Primavera, dedicado ao cinema español apoiando así a un dos sectores castigados pola pandemia.. Ramón Álvarez é o presidente do Cineclub Poleiro, quen daba conta deste regreso, retomando a actividade iniciada hai case 25 anos. Mañá ás 21.30 h no Auditorio de Goián van proxectar “La Novia” de Paula Ortiz, que pres...

Ent. Silvia Soutelo - PNL sobre o acueducto no Parlamento de Galicia 28.02.2022

A reperación do acueduto do Pontillón, en Caldelas, chegará ao Parlamento de Galicia a través de tres proposicións non de lei presentadas polo PP, PSOE e BNG, nos que se insta á catalogación e recuperación deste elemento patrimonial. Así o explicaba Silvia Soutelo.

Ent. Ánxela Alonso, logopeda - Día do Paciente Laringectomizado 28.02.2022

Hoxe, 28 de febreiro, é o Día do Paciente Laringectomizado. Por este motivo falamos con Ánxela Alonso, logopeda. Falamos dos síntomas que poden presentar as persoas cun cancro de larinxe, e tamén coma tras a operación coma poden volver aprender a falar con distintas técnicas.

Ent. Iria Márquez e Soraya Cuña de Anarela - Cómo comunicarte co teu bebé 28.02.2022

Hoxe iria Márquez, intérprete de signos, e Soraya Cuña, logopeda, do Centro Anarela faláronnos do Baby Sign ou "Como comunicarte co teu bebé".

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Rolda febreiro 28.02.2022

Hoxe completamos a rolda de conversas cos grupos políticos presentes na corporación municipal con Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui. Con el abordamos distintos temas da actualidade política municipal

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura - Entroido 2022 25.02.2022

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, explicou hoxe de novo na nosa sintonía que a falta de participantes foi o motivo que levou a non organizar o desfile-concurso de Entroido deste ano, tras as reunións mantidas coas comparsas. Este martes a cita será musical coa actuación da orquestra Miramar na rúa Compostela a partir das 19 h.

Ent. Carlos Areal, xefe do servizo de ADOS - Doazón de Sangue 25.02.2022

Hoxe e mañá está en Tui a unidade móbil de ADOS, na rúa Casal Aboy a carón do centro de saúde. Carlos Areal, xefe do servizo de ADOS, explicaba que comeza a recuperarse o número de doazóns tras o bache rexistrado no Nadal e pola pandemia de covid. Lembraba que diariamente precísanse entre 400 e 500 doazón.

Ent. Abel Vila de Empretui e José Carlos Blanco de ACITUI - Sorteo Tui é un amor 25.02.2022

No programa Día a Día hoxe realizouse o sorteo de 10 vales de compra de 30€ nos establecementos participantes na campaña "Tui é un amor" organizada polo Concello de Tui coa colaboración de ACITUI e Empretui. Para realizar o sorteo acompañáronnos Abel Vila de EmpreTui e Juan Carlos Blanco de ACITUI.

Ascolta il podcast Día a Día su Replaio

Radio e podcast in un'unica app - gratis e senza registrazione. Installala oggi e non perderti il lancio

Scaricala su Google Play

Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici