Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Visita il sito del podcast e sostieni chi lo crea: www.ivoox.com
Autore
Radio Municipal de Tui
Categoria
Sito del podcast
Ultimo episodio
16 ott 2026
Dove ascoltare?
I podcast nell'app Replaio Radio In arrivoI podcast stanno per arrivare nell'app. Installala ora e scopri per primo un modo tutto nuovo di vivere i podcast
Episodi
Ent. Rafael Estévez, concelleiro de deportes, e Manuel Pedrares, Clube Kayak Tudense - Descenso popular 11.08.2022 14:48
Este sábado temos unha das citas máis emblemáticas de Tui coa X Festa do Miño e co Descenso Popular, que este ano acollerá a 557 inscritos. Hoxe estiveron na nosa sintonía Rafael Estévez, concelleiro de deportes, e Manuel Pedrares, do Clube Kayak Tudense, para falarnos do programa da xornada.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Proxecto reforma mercado municipal, comercio local, e aforro enerxético 10.08.2022 9:28
O concello de Tui vén de solicitar máis de 1,6 millóns de euros para acometer a reforma do mercado municipal e apoiar ao comercio local. Amais, o paquete de medidas de aforro enerxético do Goberno central vén de aprobarse, e hoxe puidemos falar con Ana Núñez sobre estes temas.
Ent. Hugo Lage, guía en Buguina Turismo - Visitas a Tui e A Guarda 10.08.2022 6:31
Hugo Lage é guía en Buguina Turismo e realiza visitas nocturnas polos “Mares da Guarda”, unha iniciativa que leva a cabo da man da asociación de palangreiros guardeses ORPAGU. Malia que o verán está a ser irregular en afluencia, Lage destacada as distintas rutas que ofertan.
Ent. Natalia Lago, a Fada do Aloia - Visitas ao parque natural este verán. 10.08.2022 4:51
Aínda que onte e hoxe tiveron que ser suspendidas as rutas para ver as Perseidas, sí que este verán haberá novos percorridos nocturnos polo Aloia da man da Fada do Aloia. A propia Natalia Lago dábanos conta das rutas que oferta.
Ent. Sara Quintana, guía en Visitas Guiadas Tui - Visitas ao conxunto histórico da Eurocidade 10.08.2022 4:18
Sara Quintana realiza diariamente percorridos pola Ruta Xudía, a Catedral, as cubertas da Catedral e tamén a Valença coa empresa Visitas Guiadas Tui. Con estes percorridos pretende ensinar a coñecer todo o patrimonio cultural e natural que nos rodea.
Ent. Pablo Ruibal, director Edmun Do Val - III Cinema entre as Viñas. 10.08.2022 3:26
Unha das propostas para este verán chega da man da adega Edmun Do Val, en Valença, que organiza para este domingo ás 22.00h hora española o III Cinema entre as Viñas. Será coa proxección do filme “Adam”, da realizadora marroquí Maryam Touzani, e acompañarase de tradicionais aperitivos e doces acompañados dos viños da adega. Poderase amais probar un novo espumoso. Falamos con Pablo Ruibal.
Ent. Gabriel Marcelli, piloto rosaleiro de trial no equipo Montesa-Honda 09.08.2022 20:12
Hoxe tivemos na nosa sintonía a Gabriel Marcelli, deportista de alto nivel de O Rosal que, con só 22 anos, conquistou numerosos medais no mundo do Trial. O rosaleiro, que comezou a pilotar motos con tan só catro anos, e xa conta con oito aparicións en probas do Campionato do Mundo, ten como obxectivo chegar e consolidarse no grupo de protagonistas da especialidade.
Ent. organizadores Música no Claustro - Peche e balance da XVI edición do certame tudense 08.08.2022 7:43
Falamos con Bea Fontán, Samuel Díz, Mario e Sara González, organizadores do certame de música, patrimonio e creación Música no Claustro. A décimo sexta edición pechouse por todo o alto logo dunha semana de actos na Catedral de Tui coa volta á normalidade para o público.
Ent. Alba Sobrino e Álex Rodríguez, Tui Fútbol Sala - Tui Academy Fútbol Sala. 08.08.2022 11:26
Hoxe ábrese o prazo de inscrición para o primeiro campus Tui Academy Fútbol Sala, e estará aberto ata o día 19. O campus durará 10 días, comezando o próximo 22 de agosto. Hoxe estiveron na nosa sintonía Alba Sobrino, presidenta do clube, e Álex Rodríguez, coordinador.
Ent. Diego Álvarez, adestrador rosaleiro de fútbol base en Madrid e director deportivo 08.08.2022 21:54
O rosaleiro Diego Álvarez é un dos mellores adestradores do fútbol base nacional. Así o acreditan os títulos nos equipos que dirixe, que a Juventus de Turín o designase como director deportivo da súa canteira en España ou o premio a mellor adestrador de Madrid desta última tempada.
Ent. Elena Vázquez, consejera técnica del Ministerio de Cultura - Foro Resonancias 22 05.08.2022 12:23
Elena Vázquez é conselleira técnica da Subdirección Xeral de Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Deporte. O xoves participou no 'Foro Resonancias 22', o foro profesional de instrumentos musicais que tivo lugar no marco do certame Música no Claustro.
Ent. Javier Niño, coordinador do CB Tui - Torneo 3x3 de baloncesto 05.08.2022 5:56
Volve o Tribasquet do CB Tui pero cambiando a súa ubicación: será na rúa Lugo. Esta segunda edición do 3 contra 3 de baloncesto será este sábado 6 de agosto e contará con cinco categorías. Falamos de todos os detalles do torneo con Javier Niño, coordinador do clube.
Ent. Nadia Vázquez, "A musette no século XVIII" - Música no Claustro 04.08.2022 7:36
Hoxe temos nova cita musical no marco de Música no Claustro con Nadia Vázquez, Luis Corral e Patricia Rodríguez e co seu concerto “A Musette no século XVIII”. Nadia estivo na nosa sintonía falando do seu concerto.
Ent. Alejandro Lorenzo, alcalde de O Porriño e presidente do Consorcio de Augas do Louro 03.08.2022 8:51
Falamos con Alejandro Lorenzo, alcalde de O Porriño e presidente do Consorcio de Augas do Louro, sobre as obras realizadas na potabilizadora de Tui e o posible desabastecemento que podería chegar tras semanas de sequía.
Ent. Darya Bilotserkivka, Salo Viktoriia-Nadiia e Iryna Morozova - Concerto Música no Claustro "Imaxinario por Ucraína" 03.08.2022 13:23
No contexto do festival Música no Claustro, a catedral de Tui tinguirase de solidariedade e de sentimento ucraniano, cun trío de violíns e violonchelo, que dará o concerto “Imaxinario por Ucraína”. As tres mulleres que darán este concerto estiveron hoxe na nosa sintonía.
Ent. dúo Caamaño&Ameixeiras - Concerto Música no Claustro 02.08.2022 10:08
Esta parella a forman Sabela Caamaño, acordeonista, e Antía Ameixeiras, violinista e cantante. Elas darán hoxe o concerto chamado “Aire”, en Música no Claustro. Hoxe estiveron na nosa sintonía falando dos seus comezos e do seu traballo discográfico.
Ent. Juana Parada, xerente de Orpagu - Peche da Festa do Peixe Espada e conflicto aberto con Greenpeace 02.08.2022 12:18
Facemos balance do que foi a fin de semana festiva coa Festa do Peixe Espada na Guarda xunto a Juana Parada, xerente de Orpagu. Amais, falamos do conflicto aberto que mantén a organización de palangreiros guardesa co que considera unha persecución por parte de Greenpeace.
Ent. Manu Garrido, deportista tudense - Prata no C1 do Campionato Europeo de Maratón de Dinamarca 02.08.2022 6:19
Manu Garrido é outro dos deportistas destacados de Tui. A pasada fin de semana redondeou a súa actuación cunha prata moi meritoria no C1 do Campionato Europeo de Maratón en Dinamarca. Os seus plans pasaban por Canadá pero a covid truncou ese plan. Agora, céntrase en recuperarse e pensar xa no Mundial de Ponte de Lima en setembro.
Ent. Samuel Diz, músico e organizador de Música no Claustro - Concerto 'Retratos de Muller' 01.08.2022 12:49
Falamos con Samuel Diz, organizador do festival Música no Claustro que esta edición volve a normalidade prepandemia no marco incomparable da Catedral de Tui. Alí abrirá hoxe o certame o noso convidado, que interpretará un repertorio chamado 'Retratos de Muller'.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Obradoiro dual senda do río Furnia 01.08.2022 8:15
O Concello de Tui presentou un obradoiro que formará a 20 alumnos e alumnas na senda do río Furnia. Amais, as obras na senda da marina á metralla espéranse para setembro.
Ent. Iván Alonso, deportista tudense - Dobre medalla de prata no Europeo de Maratón en Dinamarca 01.08.2022 12:55
Falamos con Iván Alonso, un dos deportistas que abandeira Tui polo mundo. Á longa colección de medais e recoñecementos, esta pasada fin de semana sumou dúas pratas no K1 en distancia curta e longa no Campionato Europeo de Maratón, quedando a só un segundo do ouro que acadou o danés Pedersen. Con el promete reeditar batalla no Mundial en Ponte de Lima, que terá lugar en setembro.
Ent. Laura Laudert - Clase maxistral de EuDanza 29.07.2022 6:25
Laura Llauder impartirá este domingo na Abadía do Pelouro unha clase maxistral. Hoxe contounos en qué vai consistir. Non é preciso experiencia previa nin hai límite de idade para participar. Será co método EuDanza.
Ent. Adrián Besada, organizador da 'Twister Jam' de Goián, Tomiño - Evento de skateboard 29.07.2022 9:04
Esta fin de semana o skatepark de Goián, en Tomiño, acollerá unha 'Twister Jam'. O evento de skateboard terá competición en dúas categorías, música en directo, restauración, tendas e cursos de iniciación ao monopatín. Adrián Besada, un dos organizadores, contounos todos os detalles.
Ent. Carmen Caballedo da empresa Lugove - Conexión Tui-Praia América 29.07.2022 4:43
Mañá recupérase a conexión entre Tui e Praia América. O autobús sairá de Tui ás 12 h e a volta sairá de praia América ás 19 h. Así nolo contaba Carmen Caballedo da empresa Lugove, que presta o servizo.
Ent. Samuel Diz e Santiago Vega - Música no Claustro 2022 28.07.2022 11:50
O próximo luns comeza a decimosexta edición do festival Música no Claustro 2022, e hoxe puidemos coñecer os detalles da man do seu director, Samuel Diz, e de Santiago Vega, o director do Museo Catedralicio.
Podcast simili
Replaio non è un editore di podcast; i nomi dei programmi, le copertine e l'audio appartengono ai rispettivi autori e vengono distribuiti tramite feed RSS pubblici