AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: agalegaaudio.gal

Szerző

AGalegaAudio

Kategória

Society

A podcast weboldala

agalegaaudio.gal

Legutóbbi epizód

2026. okt. 2.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android közel 10 M letöltés · 4,8-as értékelés iOS hamarosan

Epizódok

A tarde 29-01-2026 29.01.2026

Os oíntes cóntannos que obxectos de valor sentimental para eles nunca deixarían atrás. O fotoxornalista Brais Lorenzo, que cubriu profesionalmente moitas crises, sabe ben cales son esas cousas das que a xente non se quere separar. Felicitamos a Pablo Lodeiros, propietario de Bodegas Lodeiros, polos premios que acaba de obter o vermú que elabora. Imos a Vilagarcía para coñecer a Benito Agra, un hom...

A tarde 28-01-2026 28.01.2026

Poñémonos nostálxicos para lembrar os anuncios da nosa vida e preguntámoslle a un experto, o publicista Isaac González, cal é o secreto para facer unha boa campaña publicitaria. Beatriz Sieira, da tenda Chimpos de Santiago, suxírenos disfraces para este entroido. Coñecemos a Guillermo Villafañez, un premiado chocolateiro de Culleredo. Falamos con Ángeles Huerta, directora da película "Antes d...

A tarde 27-01-2026 27.01.2026

Neve, chuvia, saraiba...Maximino Pérez danos consellos para conducir en condicions meteorolóxicas complicadas. Beatriz Roselló, da aseguradora AMV, explícanos que facer ante un accidente cunha moto. Coñecemos a Gonzalo Bermúdez, o home que viste ás orquestras galegas. A alcaldesa de Gutiriz, Marisol Morandeira, fálanos do proxecto "Xeracións que Xogan", un espazo de encontro entre maiore...

A tarde 26-01-2026 26.01.2026

Imos ata o Forno Lamastelle, en Oleiros, para que o seu xerente, Manuel Santos, nos conte a historia deste proxecto no que máis do 90 por cento dos traballadores teñen algún tipo de discapacidade. O impulsor de Albariza, David Liñares, convídanos a asistir a esta feira apícola que se vai desenvolver en Lalín. O asesor fiscal Francisco Lens explícanos por que mais de 18 mil galegos seguen sen recib...

A tarde 23-01-2026 23.01.2026

O avogado Luis Taboada explícanos que comportamentos nas redes sociais poden ser tidos en conta por un tribunal no proceso de separación dunha parella. Imos a Outeiro de Rei para coñecer con Rebeca Fernández "Terra nublar", o proxecto de crear un parque temático con figuras de dinosaurios en movemento. Acompáñannos dous escritores coas súas últimas obras: Rodrigo Costoya traenos a novela...

A tarde 22-01-2026 22.01.2026
A tarde 21-01-2026 21.01.2026

A Unión Europea prohibirá o uso na hostelería dos sobres de plástico monodose. Para saber como reciben a noticia os empresarios do sector falamos con César Ballesteros, presidente de Feprotur, pero tamén queremos coñecer o impacto que ten este tipo de plásticos no ambiente escoitando á bióloga Saleta González e á educadora ambiental Laura Calvo. Aumentar lixeiramente a actividade física reduce not...

A tarde 20-01-2026 20.01.2026

Podemos adestrar calquera mascota? É a intelixencia dos animais semellante á dos humanos? Octavio Villazala tenta responder a estas preguntas. Imos a Sandiás para subirnos nunha das "furgotecas" que percorren o rural galego levándolle libros á veciñanza. Remedios Cid dinos como funciona este servizo. Interesámonos polas propostas que levan os concellos galegos á Feira Internacional de Tu...

A tarde 19-01-2026 19.01.2026

Imos á festa dos Fachós en Castro Caldelas. Sobre ela fálanos a alcaldesa, Sara Inés Vega e unha veciña, Sonia Álvarez. O entroido está ás portas. Este ano chega con polémica en Xinzo pola iniciativa de organizar viaxes á vila que inclúen consumo de alcool. Queremos saber que pensa diso a presidenta da Asociación Comisión do Entroido de Xinzo, Adriana Jiménez. Tamén conversamos con Antón Cao, da A...

A tarde 16-01-2026 16.01.2026

O anuncio do peche da primeira tenda de Zara na Coruña lévanos a lembrar cos oíntes as tendas que nos acompañaron na nosa infancia e a falar dun establecemento que funciona en Lugo dende hai 70 anos, Confecciones García, coa persdoa que a atende, María Isabel Somoza. Asistimos en Xinzo a un campionato de futbolín que reparte 9 mil euros en premios. As impulsoras do Run Slow Club de Santiago, Antía...

A tarde 15-01-2026 15.01.2026

Sodes de tirar ou de reparar? Preguntámosllo aos oíntes e ademais falamos con Ana Núñez, da empresa Feitodepao, especialista na restauración de mobles de madeira. Celebramos os 40 anos da Agrupación de Montañeiros Independente da Coruña conversando con Félix Criado, Mariquiña Castiñeira e Fausto Blanco. Cada vez máis xente comparte coche para ir ao traballo. O profesor Pablo Rodríguez creou unha a...

A tarde 14-01-2026 14.01.2026

É o chandal unha prenda para facer deporte exclusivamente ou pódese vestir a diario? Debatémolo cos nosos oíntes e coa xornalista especializada en moda Inés Peleteiro. Carla Sánchez descríbenos as actividades que programa este inverno o Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Falamos de arte urbana e muralismo con Patricia Cupeiro e Miriam E. Cortés, as coordinadoras do libro "...

A tarde 13-01-2026 13.01.2026

A música e o baile galegos xa son Bens de Interese Cultural. Como protexelos? Consultámosllo ao director de Xacarandaina, Quique Peón, e á etnomusicóloga Xulia Feijoo. A que nos referimos cando dicimos que hai que levantar a paletilla caída? A resposta tena a fisioterapeuta e antropóloga Lidia Mariño. O xerente de Amextreme, Luis Fernández, proponnos realizar actividades de turismo activo ou de av...

A tarde 12-01-2026 12.01.2026

Antón Rebollido ten nostalxia das cabinas telefónicas e quixo repasar a historia do teléfono con José Manuel Martínez, decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación de Galicia. O programa ven cargado de música porque falamos: con Roi Grandío do seu grupo; co grovense Rubén Domínguez do seu proxecxto Pantis; e coa viguesa Rebeca Rods da súa próxima actuación no Madison Square Garden...

A tarde 09-01-2026 09.01.2026

Seguemos utilizando almanaques de parede? Preguntámosllo ao impresor coruñés José Valiño. Adrian Méndez cóntanos a historia da "cega de Noceda", unha violinista nada na Fonsagrada en 1903. Sobre ela e a súa música versa o libro "O violín que trae o vento". Laura Portas preséntanos a súa novela "El palacio del agua", ambientada no balneario de Mondariz nos anos 20 do s...

A tarde 08-01-2026 08.01.2026

Débese prohibir escoitar música ou cantar no traballo? Hai quen pensa que si. Nós preguntámoslle se é legal facelo ao avogado José Carlos Bouzá. Conversamos sobre os efectos da exposición precoz ás pantallas co presidente do Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, Fernando Suárez. Pulsamos a vitalidade da industria cosmética galega con Miguel de la Calle, fundador de Chorima Cos...

A tarde 07-01-2026 07.01.2026

Imos de rebaixas pola Coruña e por Vigo. Queremos saber tamén como afronta este periodo o pequeno comercio e preguntámosllo a Rosa Barrio, que rexenta un establecemento en Melide. Sen sair desa vila coruñesa visitamos a zapatería de Antonio Romero, que está aberta dende 1892. Pasamos por outra tenda, a de Beti Sieiro en Santiago, na que se poden alugar traxes de época e disfraces. Presentamos un n...

A tarde 06-01-2026 06.01.2026

A nosa colaboradora Virtudes comenta as consecuencias dos excesos gastronómicos do Nadal e o farmacéutico Iago Regueira danos consellos para minimizar os seus efectos. Buscamos tamén consellos para afrontar a custa de xaneiro falando coa analista de custos Enma Coello. Imos ata Saria para falar con Brandán Corredoira e Fátima Cacheda, a parella que fixo posible que por primeira vez se instalara na...

A tarde 05-01-2026 05.01.2026
A tarde 02-01-2026 02.01.2026

Entre os nosos propósitos para o novo ano está facer deporte. Preguntámoslle a Marisol Quintáns, responsable dos ximnasios de Vigo Máis que Auga, se hai moita máis xente pensando o mesmo. Tamén queremos aprender técnicas de meditacióin, para ol que lle pedimos consello á experta Carola García. Coa cabalgata ás portas falamos con Juanjo Rodríguez, director de Totality Group, unha empresa de Ourense...

A tarde 01-01-2026 01.01.2026

Lembramos algúns dos mellores momentos do programa en 2025

A tarde 31-12-2025 31.12.2025

Preparamos a noite de fin de ano preguntándolle a Silvia Souto, asesora de imaxe, como nos debemos vestir. O reloxeiro David Rodríguez explícanos como se realiza o mantemento dos reloxos monumentais que dan as badaladas nas principais cidades do país. Corremos a San Silvestre de Compostela. Facemos compras de última hora en Vigo e gozamos do tardeo en Lugo. Asistimos á merenda-festa que organizan...

Fin de ano na TVG 31.12.2025
A tarde 30-12-2025 30.12.2025

Mónica Rojo oriéntanos sobre como preparar a mesa para eventos especiais como a cea de fin de ano. Viaxamos ás Pontes para ver os queixos de máis de cen kilos que preparan en Queixerías do Eume. A concelleira de Cultura de Vilagarcía, Sonia Outón, convídanos á festa de fin de ano que o Concello organiza a mañá do día 31. Pasamos por Xuvenlugo, unha feira de lecer para nenos. Julio Gómez dinos que...

A tarde 29-12-2025 29.12.2025

A xornalista Elena Martín danos chaves para que poidamos distinguir as noticias verdadeiras das falsas. Iván Carril advírtenos da proliferación de calotes coa venda de medicamentos adelgazantes. Escoitamos unha das pezas finalistas do certame de Teatro Radiofónico organizado pola SGAE e a Radio Galega. Visitamos a exposición conmemorativa dos 50 anos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da C...

Hallgasd a(z) Todos os podcast | A tarde podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.