AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: agalegaaudio.gal
Szerző
AGalegaAudio
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. okt. 6.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
A tarde 22-08-2024 22.08.2024 2:56:55
Viaxamos ata Culleredo para vivir o Festival de comedia, cultura rural e tradición oral "O castelo conta". Tomamos un café en A Sacabeira, un establecemento situado na antiga fábrica de Sargadelos en Cervo. Preguntamos polos intentos para crear unha cervexa 100% galega elaborada con cebada cultivada na Limia.
A tarde 21-08-2024 21.08.2024 2:56:55
A Mancomunidade de concellos da Mariña luguesa retoma as actividades de xeoturismo para coñecer o territorio. En Compostela, Tamara Faríña fálanos do Nara Noodle Bar, o restaurante de gastronomía asiática que vén de abrir neste 2024. A influencer Nuska Chousa explícanos como proceder no cambio de plantío na hora do verán ao inverno. Tamén coñecemos o novo campo de golf da Sionlla e descubrimos o p...
A tarde 20-08-2024 20.08.2024 2:56:55
As algas son comestibles, pero non rematamos de incorporalas á nosa dieta. Descubrimos os seus beneficios e algunhas receitas . Falamos coa directora da serie Pulp Air, seleccionada para o festival estadounidense HollyShorts. Profundamos na historia de Galicia da man do historiador David Gesteira. Tamén imos ata Santa Comba, para coñecer a Granxa Villa Regina e como é unha visita a este lugar rexe...
A tarde 19-08-2024 19.08.2024 2:56:55
Antía Fraga, bióloga e creadora de Sinatura, un proxecto que organiza roteiros de senderismo cun toque diferente. Descubrimos con Pilar Alonso as Xacobleas, obleas artesanais de trigo. feitas a man. Imos ata o Museo Caseta de Pepe do Cuco en Carnota, o primeiro museo mariñeiro automatizado de Galicia Coñecemos a música de Naitinain.
A tarde 16-08-2024 16.08.2024 2:56:54
Cambio de quincena vacacional,. Praia ou montaña? Camping ou hotel? Están as vacacións de agosto sobrevaloradas?. Propostas musicais de Teletecho,e Cala Vento. Autobán celebrao seu décimo aniversario os días 16 e 17 de agosto na Coruña. Festival Desktop Publishing e BD organizado pola Asociación Cultural Autobán, que terá lugar paralelamente á celebración de Viñetas desde o Atlántico 2024.. As nos...
A tarde 15-08-2024 15.08.2024 2:57:45
Conxuro da queimada. Recomendacións literarias. O papel da mascota na familia.
A tarde 14-08-2024 14.08.2024 2:57:46
O Concello de Nigrán estrea o sábado 17 de agosto o primeiro festival internacional de Blues da comarca. Michal Kornas, escultor de area en Silgar. Nuska Chousa: abono, fertilización e compostaxe. Festas de San Roque en Vilagarcía. A nova música de Paloma Paloma.
A tarde 13-08-2024 13.08.2024 2:56:01
Por que triunfa tanto o té matcha? Segunda edición do festival Perla Mural, que se celebra en Fene. O galego, idioma da realeza na Idade Media. Claudia Abril e Marina Carpente, música de raíz galega con personalidade e frescor.
A tarde 12-08-2024 12.08.2024 2:56:58
Coñecer o patrimonio a través dun ciclo de visitas en Tui. Maraiva, unha marca de cosmética natural feita en Galicia. Ernie estrea oficina e celebra o seu 20 aniversario. As perseidas con Borja Tosar. Battosai volve co primeiro avance do seu próximo disco.
A tarde 09-08-2024 09.08.2024 2:57:54
Condicións para montar unha piscina. Exposición 'Mexicráneos' en Lugo. Astronautas na Estación Espacial Internacional con Borja Tosar. MycoGalicia Plantae lanza unha publicación pioneira e única na Península Ibérica sobre os mixomicetos. XXI Festa do Pan de Ribadumia. Descubrimos o proxecto musical de Lode.
A tarde 08-08-2024 08.08.2024 2:57:46
Froján nos Solpores na Rebullón. Que é o método DETOX? Consellos para viaxar con cativos. Destilería Pepe Albela. A música de C Mirazo.
A tarde 07-08-2024 07.08.2024 2:57:18
Unha nova edición do Marisquiño en Vigo. Deporte no verán. Agricultura e coidado da horta. I Encontro Atlántico de Festivais do Cinema en Zas. Descubrimos a música de Alddara.
A tarde 06-08-2024 06.08.2024 2:57:55
Segue a haber tantas velutinas? Como hai que combatelas? Os doces Fina Rei e o valor da repostería tradicional de Allariz. A importancia das grandes pedras e os penedos no imaxinario popular galego. O programa ELOS en Santiago. O proxecto musical de Pappaquino.
A tarde 05-08-2024 05.08.2024 2:57:55
Cerdido recupera o programa 'Recrearte' durante o mes de agosto para poñer en valor a arte local. Rocío Meiriño busca colaboración para axudar aos gatos da súa aldea. Axenda festivaleira con Marta Coira. Xestión emocional das espectativas e a ambición. Carlangas estrea sinxelo: 'Discos vacías'.
A tarde 02-08-2024 02.08.2024 2:57:55
Festival 'Mar Aberto. Concertos na fin do mundo' en Muxía. O bolso siesta con orixe galego. Volverán as auroras boreais a Galicia? Os avós canguro, unha solución para moitas familias durante as vacacións. En Melide están entrenando para elaborar a tortilla máis grande do mundo.
A tarde 01-08-2024 01.08.2024 2:57:55
Os días 2, 3 e 4 de agosto celébrase a VI edición da Festa Mariñeira Artesán de Corme. Os españois gastarán unha media de 1.167 euros nas súas vacacións de agosto 2024. Antón Cruces e algún libro para os pequenos da casa. XLV Festa do Pemento de Arnoia. O lucense Óscar Rodríguez representará a España no Mundial de Oratoria. Coñecemos o proxecto musical de Eris Mackenzie.
A tarde 31-07-2024 31.07.2024 2:57:55
Salsas Viravolta: dende o Baixo Miño, con inspiración en receitas do mundo. Festival de Mascotas Equiocio en Covas (Ferrol). Programas de AGalega.gal para recuperar no mes de agosto. Volve a arqueoloxía ao Castro Valente. Comeza a Festa do Albariño en Cambados. Vacacións en agosto con Agustín Vázquez.
A tarde 30-07-2024 30.07.2024 2:56:55
Un novo parque acuático en Pereiro de Aguiar (Ourense). "d'Escarnio" é o último sinxelo de Fillas de Cassandra. Seguridade ao volante con Maximino Pérez. Miranda! e Colectivo Panamera nas Festas do Albariño de Cambados. Iago Radío publica o libro 'Cultivar con la naturaleza: alimentos saludables, ecológicos y fáciles de cultivar'.
A tarde 29-07-2024 29.07.2024 2:56:48
Paseador de cans, a profesión en auxe durante os meses de verán. O grupo coruñés Tregua volve á carga cun novo tema: "Vivir". O Dr. Proupín e a insuficiencia renal. O novo de DJ Sonic: "Ven a bailar". O traballo dun editor literario con Hércules Edicións.
A tarde 26-07-2024 26.07.2024 2:56:55
Mitos sobre a reciclaxe. Festa Horteira de Porto do Son. Indicios de vida en Marte con Borja Tosar. Festa do Caneiro ao Espeto en Moraña. A feira de artesanía Mostrart celebra na Coruña a súa cuadraxésima edición. O autocaravanismo segue en auxe. O proxecto "Arraigo á Terra" crea unha rede de reparto cos veciños de sete concellos de Ourense para levar os pedidos dos produtores locais.
A tarde 25-07-2024 25.07.2024 2:56:55
Curiosidades da Catedral de Santiago de Compostela:. Actualizamos a lista de lonxevos: Galdós, Emilia Pardo Bazán, Azorín... Atendemos a consultas dos oíntes co noso colaborador en consumo, Miguel López Crespo. Visitamos e coñecemos o funcionamento do Balneario de Cuntis. I Concerto de Pastoreo da man da Orquesta Clásica de Vigo. Como ensinar a aforrar aos nenos, con Antón Cruces.
A tarde 24-07-2024 24.07.2024 2:56:58
Usos do granito na construción. Lembramos a figura de Sito Sedes logo do seu pasamento con Marcial Mouzo, Xosé Ramón Gayoso e Chus Castro. A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia colabora con institucións públicas na conservación do patrimonio cultural. Viaxamos a Cabo Verde con Agustín Vázquez e un convidado especial: Jesús Ares.
A tarde 23-07-2024 23.07.2024 2:56:58
Cousas que esquecemos nos hoteis. "Enredando Tour", unha iniciativa para reducir a fenda dixital en zonas rurais. Conducir a partir dos 16 anos, a nova estafa da rotura de espello ou o efecto "miron" con Maximino Pérez. Plantas "trampa" para loitar contra as pragas de nematodos nas patacas. A importancia do colchón para o descanso.
A tarde 22-07-2024 22.07.2024 2:56:58
Plastic2Oil, unha iniciativa pioneira na reciclaxe de película plástica. O 31 de xullo inaugúrase un novo establecemento de consignas intelixentes en Vigo. Todo o que non sabes da acne co Dr. Norberto Proupín. "Espontáneas", a nova serie de Raquel Arias para a TVG. O artista emerxente Quinte vén presentarnos a súa segunda canción: "Agua bendita".
A tarde 19-07-2024 19.07.2024 2:56:58
No programa de hoxe falamos de consellos para que a música dos festivais non nos dane os oídos. Ademais, coñecemos como coidar aos nosos animais durante o verán. Con Borja Tosar, poñemos luz sobre o posible impacto de asteroides ou cometas coa Terra: cometas escuros. Este 20 de xullo celébrase por primeira ver o Día Mundial do Detective en Santiago e queremos saber como vai ser o evento e que agoc...
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.