Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Valladares
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. szept. 29.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Do 14 ao 18 novembro 18.11.2022 57:53
#resumoesperta escoitando ao arquitecto César Portela, un paseo polos escaparates de Pontevedra coa Asociación Sete Espadelas, e propostas de agasallos para o Nadal, calcetíns de SomosOcéano.
Do 7 ao 11 de novembro 11.11.2022 1:00:18
Un paseíño guiado con Guido Álvarez, @guidoguia, e a conversa con Héctor Salvador, que estivo en Vigo na Semana de Cine Submarino, no #resumoesperta
Do 2 ao 4 novembro 04.11.2022 1:01:27
Murolo Foods e os Bolechas neste #resumoesperta. Pasta italiana con espíritu galego… o mesmo que levan os seis irmáns deseñados por Pepe Carreiro.
Do 24 ao 28 outubro 28.10.2022 57:22
Neste domingo, un agasallo musical! El hechizo de Nora, versións rock-pop dos 80. E unha de historias de cementerios bonitos, que os hai ben chulos.
Do 17 ao 21 outubro 21.10.2022 59:49
Hai momentos que son únicos neste ‘tenderete da radio’. Chegaron ata nós un par de curas obreros e o director do documental sobre 'La cárcel de los curas', en Zamora e vai, e non caen as capas da rondalla…?!?!
Do 10 ao 14 outubro 14.10.2022 1:01:06
Apetece unha ruta polos pazos galegos? Ímonos coa historiadora Beatriz Liz de Cea.
Do 3 ao 7outubro 07.10.2022 1:07:55
Domingo pola mañá, conversa para o ‘brunch’ con Engra, de como foron cociñando o seu disco. #resumoesperta
Do 26 ao 30 setembro 30.09.2022 58:39
Botámonos ó monte. Paseiño polo Courel con Guillermo Pardavila e o Proxecto Cuco.
Do 19 ao 23 setembro 23.09.2022 57:18
Unha conversa pausada con alguén que habitualmente vai rápido. Moncho Seoane, copiloto de rallys.
Do 12 ao 16 setembro 16.09.2022 58:54
Na escolma desta semana vai a conversa con Santiago Bonay sobre o barallete. E tamén Son galego, son cubano, o disco de Roi Casal con letras de Neira Vilas sobre a emigración.
Do 5 ao 9 setembro 09.09.2022 58:37
50 anos de teatro Escoitade, unha tertulia divertida para resumir esta semana.
Do 29 agosto ao 2 setembro 02.09.2022 58:26
Para o resumo conversas con apaixonados do seu traballo. David Russell, que percorre o mundo coa súa guitarra, e Alfonso Iglesias, xerente de Melsacra.
Do 22 ao 26 de agosto 26.08.2022 50:33
Rescatamos para o resumo a conversa con Loreto Pérez Román, xuiza de atletismo internacional.
Do 17 ao 19 agosto 19.08.2022 59:23
Nesta semana de especiais tirados de arquivo, vai un par de conversas da semana pasada. A proposta Vincios Verde Cultural e mais historia do Pedramola en Vinos.
Do 08 ao 12 agosto 12.08.2022 58:15
A regueifa, a improvisación, deste e doutro lado do Atlántico. Recuperamos a conversa co payador Wilson Salywonczyk.
Do 1 ao 5 agosto 05.08.2022 59:59
Viaxes e música para a fin de semana. Recuperamos as conversas con Dani Keral sobre o seu blogue Un Viaje Creativo, e con Samuel Diz, director de Música no Claustro.
Do 11 a 14 xullo 14.07.2022 1:00:38
Lembramos a conversa sobre a Copa do Mundo de Triatlón que se vai celebrar en Pontevedra. E ademáis subiremos a bordo do Ramón Margalef, que está na campaña SCAN IV de observación de cetáceos.
Do 4 ao 8 de xullo 08.07.2022 58:39
No #EspertaResumo unha historia curiosa. Falamos co grupo Bajo+6, pero tamén de como chegamos a eles.
Do 27 xuño ao 1 xullo 01.07.2022 59:02
Resumo dunha semana completiña, coma todas. Revisamos o urbanismo da N-550 da man dun grupo de arquitectos. Lembraremos a conversa coa xente de Hera Cider e proposta turística… ou lectora, ‘Hotel Roma’, de Fernando Lillo.
Do 20 ao 23 xuño 23.06.2022 59:12
20 anos non son nada! Que llo digan o P.N. Illas Atlánticas. O seguinte paso, ser Reserva da Biosfera, pero iso non, que os humanos teríamos o paso limitadísimo. Ademáis, conversa con xente que sabe moito de herbas mediciñais e de rituais do lume no San Xoán. Así vai o resumo desta semaniña.
Do 13 ao 17 xuño 17.06.2022 58:33
No resumo desta semana lembramos a conversa con Agrae sobre os beneficios que aporta aos cultivos o polvo sahariano e damos unha volta pola Ribeira Sacra, coa súa Casa-Museo do Chocolate e a necrópole de San Vítor de Barxacova.
Do 6 ao 10 xuño 10.06.2022 1:01:01
Resumiño da semana para amenizar esta mañá de domingo. Percorrer a Nacional VI en modo slowly, como se fósemos pola ruta 66. E descubrir cousas do oso pardo, que anda xa en Galicia por mais lugares que o Courel.
Do 30 maio ao 3 xuño 03.06.2022 54:23
Para o resumo desta semana quedamos coa conversa con Rosa Silveiro, presidenta do Consello de Desenvolvemento do Barrio Santa Lucía, en República Dominicana. E non hai moito máis que engadir!
Do 23 ao 27 maio 27.05.2022 56:53
Na escolla desta semana quedamos coa conversa coa xente de Troula, que celebran 20 anos, e a historia do Grupo Dacunha, panadería en Carral, que loita por recuperar variedades de trigo e millo do país.
Do 16 ao 20 de maio 20.05.2022 58:45
O órgano de San Clara en Pontevedra volveu á vida nun concerto da Orquesta Clásica de Vigo o día das Letras Galegas. Ademáis, neste resumo dominguero, daremos unha volta pola tempada do Valladares (fútbol, claro ). Por certo, esta tarde na Gándara homenaxe á dous xogadores que levan no clube dende cativos.
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.