Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES. Resumo semanal
Resumo semanal de ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario.
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Szerző
Radio Valladares
Kategória
A podcast weboldala
Legutóbbi epizód
2026. szept. 29.
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
Do 18 ao 22 agosto de 2025 22.08.2025 1:00:00
Un chisquirritín de contos e de cine inmersos na natureza… No #resumoesperta os contos da bibliocicleta de Anxo Moure que viaxa por Galicia adiante. E MU2, o cine mudo musicado na Fundación Sales esta semana que entra.
Do 11 ao 14 agosto de 2025 14.08.2025 59:40
Unha atleta, unha xuíz e unha adestradora e psicóloga… parece que imos contar un chiste, pero non. É o #resumoesperta falando de atletismo por Vigo.
Do 4 ao 8 agosto de 2025 08.08.2025 49:11
Neste #resumoesperta subimos ata o balcón do Louriña, en Herville. Este ano tamén será fin de etapa en 'La Vuelta', o 9 de setembro.
Do 28 xullo ao 1 agosto de 2025 01.08.2025 1:01:09
Para o primeiro #resumoEsperta de agosto… ide ata o Museo do Mar mirar a exposición dos vikingos!
Do 21 ao 24 de xullo 24.07.2025 44:44
Moi de teatro este #resumoesperta. Conversa Doro sobre Castelao e ‘Os vellos non deben namorarse.
Do 14 ao 18 de xullo 16.07.2025 1:00:03
Vámonos de paseo polo parque de Castrelos neste #resumoesperta. Un espazo que leva 100 anos connosco, un xardín botánico pero tamén o escenario do día a día da cidade.
Do 7 ó 11 de xullo 2025 11.07.2025 53:08
Un paseo polo cemiterio civil de Pereiró, o Xardín da Memoria Histórica, para este #resumoesperta
Do 30 xuño ó 4 xullo 2025 04.07.2025 1:00:36
Neste primeiro #resumoesperta de xullo un plan ao fresco: a exposición “Impresións de Castelao en Vigo”, que podemos visitar na pinacoteca Fernández del Riego.
Do 23 ó 27 xuño 2025 27.06.2025 58:30
Neste #resumoesperta paseamos polo xardín de Remixio, un dos escultores da parroquia.
Do 16 ó 20 de xuño 2025 20.06.2025 58:26
Para este #resumoesperta recuperamos a conversa con Suso Vázquez, presidente da Fundación Xoán Piñeiro.
Do 9 ó 13 xuño de 2025 12.06.2025 59:23
Saiunos un #resumoesperta viaxeiro. Ata a escoliña de Niegue, en Senegal, marchamos con Marcos Barreira, profe no IES Valadares. E nun curruncho de Reikiavik vive o poeta de Cangas Elías Knörr, que caiu alí para aprender italiano.
Do 2 ó 6 xuño de 2025 06.06.2025 1:01:02
Dúas propostas ás que 'acoplarvos' este domingo. Camiñar pola mañá o tramiño da senda biosaudable arredor do Cunqueiro, no tramo final do trail solidario pola N-120, que uniu o hospital de Ourense co de Vigo. E á tardiña achegarvos ó Teatro Principal de Pontevedra, que comezan os 'Sete Falares'. Contacontos para adultos polas rúas da Boa Vila.
Do 26 ao 30 maio 2025 30.05.2025 57:55
Para o #resumoesperta desta semana rescatamos as conversas deportivas. A proposta para formar parte do voluntariado no Mundial de Triatlón en Pontevedra e o torneo de rugbi-praia que organizan o 5 de xullo en praia América os Melgachos.
Do 19 ao 23 maio 2025 23.05.2025 1:01:17
Neste #resumoesperta paseo, moi ben acompañadas, pola exposición que fixeron na EMAO repasando a historia de ‘Las Joyas de la Raspa’
Do 12 ao 16 maio 2025 16.05.2025 1:00:34
Neste fin de semana das Letras Galegas seguimos con música. A da Orquesta Clásica de Vigo, que cumpriu 40 anos, e a de Son de Seu. #resumoesperta
Do 5 ao 9 maio 2025 09.05.2025 54:42
#resumoesperta. Como vai o proceso de expropiacións da ampliación do PTL? Conversa coa plataforma de afectados.
Do 28 ó 30 abril 2025 30.04.2025 57:42
Veña que vai... terceiro intento para a Red Conecta #resumoesperta
Do 21 ao 25 abril 2025 25.04.2025 1:01:52
He aquí o #resumoesperta desta semana: os reporteros dicharacheros do IES Valadares.
Do 7 ó 11 abril 2025 11.04.2025 57:47
Mariñeiro este #resumoesperta. Sobre golfiños falamos coa xente da Asociación BDRI no Grove. E paseo polo Morrazo... en Bueu coa Illa dos Ratos.
Do 31 marzo a 4 abril 2025 03.04.2025 1:01:08
O 1 de abril van os burros onde non deben ir, e nós… fomos conversar con xente moi interesante. Co paiaso Dani Blanco, que anda xirando coa obra teatral de improvisación “Absurdia” e marchamos ao Museo de Historia Natural da USC, a onde foi parar unha raia xigante que chegou á ría de Vigo.
Do 24 ao 27 marzo 2025 27.03.2025 58:28
Resumo #espertavalladares. Dúas conversas para coñecer algo da historia. A do Conde Waldemar, “rey de los magos y mago de los reyes”, co seu descendente, Marcos Waldemar. E a do Bispo Manuel Lago, un dos fundadores da Real Academia Galega, da man de Andrés Torres Queiruga.
Do 14 ao 18 outubro 2024 18.10.2024 49:32
Fútbol de terceira para esta mañá de domingo #resumoesperta. Tamén rugby.
Do 7 ao 11 de outubro 2024 11.10.2024 59:12
Neste #resumoesperta escoitamos os inicios da coral de Valladares, moi vinculados á orixe do Teleclube. E descubrimos os novos usos dos hórreos.
Do 30 setembro ao 4 outubro 2024 04.10.2024 56:54
Montes a tutti plen no #resumoesperta. Piñeiros do mundo, setas, ecoloxía do lume...
Do 23 ao 27 setembro 2024 27.09.2024 1:03:42
Dous investigadores que saben bastante sobre o mundo do xeo, a arqueóloga Ximena Senatore e o paleoclimatólogo Gianluca Marino. #resmumoesperta modo brrr. Ademais, historietiña coas orixes da comunidade alemá en Vigo.
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.