Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com

Szerző

Radio Valladares

Kategória

Society

A podcast weboldala

www.ivoox.com

Legutóbbi epizód

2026. szept. 29.

Hol hallgathatod?

Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio Hamarosan

A podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz

Letöltés a Google Play-ről Telepítsd ingyen Android közel 10 M letöltés · 4,8-as értékelés iOS hamarosan

Epizódok

Mércores 16/04/2025 11.04.2025

Desta volta música feita e interpretada por mulleres no Esperta Valladares. Escoitámonos o luns… pero lembrade que estes días festivos tedes cita co ciclo Por boca de muller no auditorio do CVC de Valladares

Martes 15/04/2025 11.04.2025

Aproveitando que os nenos están na casa, música para eles neste Esperta Valladares. Ah, e un contacontos!

Luns 14/04/2025 11.04.2025

Semana Santa, vacacións, al menos para os nenos, e para vós que non imos dar a lata. Deixámosvos con dúas horiñas de música para desconectar do resto do mundo.

Venres 11/04/2025 11.04.2025

Música para a fin de semana. A de Anxo Lorenzo, que abre este domingo o programa do 13º Memorial Moxenas. Ademais, desta volta sí, a proposta de apadriñar un golfiño. E xa que mañá é venres, imos dar unha volta por Castrelos.

Xoves 10/04/2025 10.04.2025

Hai un corto made in Vigo que está a viaxar de festival en festival, “In Half” de Jorge Morais. Saberemos a que recunchos do planeta chegou coa promoción. E propostas culturais na casa, que comeza o ciclo ‘Por boca de muller’ coa actriz Atena García.

Mércores 9/04/2025 09.04.2025

Aquí tendes o #EspertaValladares de hoxe. Comentamos o partido de onte en Balaídos coa selección feminina. Aproveitando que estamos futboleras, falamos con Juanote, o presi do Valladares. E viaxamos ata Lugo, que Isabel Comesaña da Cooperativa Tres Fuciños na zona de Chantada está a organizar unha festa do cocido con porco celta. É da Sobreira, para os da casa ;)

Luns 7/04/2025 07.04.2025

Imos de ruta coa xente de A Illa dos Ratos. Desta volta ata Bueu, cun proxecto moi xeitoso de posta en valor de mulleres da vila. E viaxaremos ata Portugal co clube de lectura da biblioteca do CVC de Valladares seguindo os pasos do libro “Resistencia”, de Rosa Aneiros. E seguimos coñecendo toponimia da parroquia: 'O Caramanchel' no Portal e 'o Caramancho' no Carregal.

Venres 4/04/2025 03.04.2025

Esta finde é a segunda xornada do IV Festival Musical de primavera. Falaremos del co trompetista Rodrigo Iglesias. Ademáis, seguiremos recuperando lembranzas dos 100 anos do Parque de Castrelos coa xente de Troula. Ah! Pausa bocata: probamos snacks da India

Xoves 3/04/2025 03.04.2025

Conversas pausadas neste xoves de abril. Con Alberto Abal que co Coro Voces Graves de Vigo vai estar o sábado en Redondela interpretando música sacra de autores galegos, e acompañados de Indra Di Sesti! Ademáis falaremos coa xente de Biking Vigo que andan en varios proxectos solidarios.

Mércores 2/04/2025 02.04.2025

Mércores, sinónimo de deporte no #EspertaValladares. Desta vez sí que falamos con David Novoa, o monitor de kick boxing no cultural. Baixaremos ata o porto, que andan a montar obstáculos para a Gladiator Family. E conversa sobre a comparsa de entroido, que seica o pasaron moi ben.

Martes 1/04/2025 01.04.2025

O 1 de abril van os burros onde non deben ir… nós imos levarvos coñecer historias interesantes. Conversa sobre o libro «A Galicia deseñada». Falaremos co paiaso Dani Blanco sobre o teatro improvisado e iremos ata o Museo de Historia Natural da USC seguíndolle a pista a unha raia xigante.

Luns 31/03/2025 31.03.2025

Vimos de botar ós soldados de Napoleón e no #espertavalladares, falaremos os franceses que participaron no programa Erasmus+ co IES Álvaro Cunqueiro. 'Flores de Ferro' de María Rei Vilas, un éxito no clube de lectura. Preguntas varias co libro xa devorado. Tamén saberemos a que andan agora na Asociación Bicos de Papel. Luns 31/03/2025

Xoves 27/03/2025 27.03.2025

Para os vigueses chega a Reconquista. Imos tomarnos o día con calma e falar, de vagar, con Estela Rodríguez, violinista de A banda da Loba. Veñen de presentar novo disco, 'Lovismo'. Ademais, seguiremos recuperando lembranzas sobre Castrelos… agardamos as vosas!

Mércores 26/03/2025 26.03.2025

O directo de hoxe, nada sobre o planeado. Houbo conexións en directo. Co especial 30 aniversario Ponte… nas Ondas! e co certame escolar de regueifas que se estaba a celebrar no auditorio de Valladares. Ademais, tamén paseamos polas esculturas nos montes da parroquia coa guía editada pola Comunidade de Montes.

Martes 25/03/2025 25.03.2025

Cúmprense 100 anos do falecemento do obispo de Tui Manuel Lago que, ademais de crego, foi un dos fundadores da Real Academia Galega… Falamos con Andrés Torres Queiruga desta figura tan relevante e descoñecida da nosa cultura. Ademais, coñeceremos a Sala Viguesa de Esgrima Antiga e conversa con Sabela Ramil sobre a música como terapia e a músicoterapia.

Luns 24/03/2025 24.03.2025

Natureza e maxia para comezar a semana. Falamos con Teatro do Ar das rutas teatralizadas que están a facer en Nigrán, coñeceremos a historia do Conde Waldemar e primeira visita do ano ao Instituto Español de Oceanografía, vannos falar de raias!

Venres 21/03/2025 21.03.2025

Ai o vai, o primeiro #espertavalladares da tempada. Estamos de volta e traemos un ‘directo-grabado’. Conversa con Yusandra Yurico da Asociación Wayra en Perú, que visitou Vigo en novembro e compartiu o proxecto de promoción da muller na área do Cusco.

Especial. Certame 'As imaxes do patrimonio' de Ponte…nas ondas! 15.11.2024

Ponte…nas ondas! entrega os premios da VII Edición do Certame “As imaxes do patrimonio”. Retransmisión do acto dende o Centro Veciñal e Cultural de Valadares coa actuación de Paco Nogueiras.

Xoves 31/10/2024 18.10.2024

#Especial 9. Sabíades como comezou a historia das alfombras en Pontareas? Para tapar a lama á entrada da iglesia o día de Corpus. E a outra historia? A dos Irmandiños recreada en Vilanova dos Infantes. E aquí remata esta tempada do #EspertaValladares. Voltaremos de novo cos directos na primavera!!

Mércores 30/10/2024 18.10.2024

#Especial 8. O fío conductor vai ser a música heavy. É o que escoitan os nosos invitados. Un neurocientífico e un kacker, dos bos. Spuch e Icko, ata nomes de súperheroes teñen!

Martes 29/10/2024 18.10.2024

#Especial 7. Subimos á cabina do avión! Pero antes, check á pista de aterrizaxe para comprobar que non hai aves ó redor. E para as horas de voo, un corto 'In Half'.

Luns 28/10/2024 18.10.2024

#Especial 6. Unhas ás e a voar. Cegoñas no estuario do Miño. Outras de 'vacacións' no humedal do Grove. Ranas en Madagascar. Algas e a súa peculiar estructura e textura. E unha lenda, a do Maracaibo.

Venres 25/10/2024 18.10.2024

#Especial 5 Volta polo mundo. Berlín, Kazajistán, Nepal e Suecia. Unha maleta cargada con anaquiños de porcelana. Viaxar ata a estepa seguindo o rastro dunha canción. Trekking a Nepal. E Suecia... pronto os seus deseños de tecido vikingo nas rúas de Ourense.

Xoves 24/10/2024 18.10.2024

#Especial 4 Paseo por Dr. Cadaval ata a Galería Maraca para probar o noso nivel de inglispitiglis. Pedimos opinión sobre o circo e invitamos a Caruncho para que viñera coa súa camisa floreada ata a radio. Tamén seguimos o lanzamento dun satélite dende o patio dun cole en Coia.

Mércores 23/10/2024 18.10.2024

#Especial 3. Montamos en bici. Pero das primeiras, daquelas coa roda dianteira enooorme e a traseira minúscula. E logo, planeamos... sen motor, polos lindes da Galicia e Portugal.

Hallgasd a(z) ESPERTA VALLADARES podcastot a Replaióban

Rádió és podcastok egy alkalmazásban - ingyen és regisztráció nélkül. Telepítsd még ma, és ne maradj le a premierről

Letöltés a Google Play-ről

A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.