Carretando
Carretando
O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com
Mindenképp látogasd meg a podcast oldalát, és támogasd a készítőjét: www.ivoox.com
Hol hallgathatod?
Podcastok az alkalmazásban Replaio Radio HamarosanA podcastok hamarosan megérkeznek az alkalmazásba. Telepítsd most, és láss elsőként egy teljesen új megközelítést a podcastokhoz
Epizódok
4x15 | A UE cara fóra: os desequilibrios para unha política exterior común 30.05.2024 54:13
Neste novo episodio de Carretando seguimos na procura de dar a coñecer como funcionan as institucións europeas. Como de costume, no eido supranacional, da man de Roi P. Vila e Marta Casais, abordamos os retos exteriores dunha UE con fortes discrepancias internas ante un mundo en conflito.
4x14 | Galicia na UE: Altri, accountabilty e política industrial comunitaria 16.05.2024 51:42
De cara as Eleccións Europeas do vindeiro 9 de xuño, desde Carretando queremos abordar o papel do noso país no contexto europeo. Farémolo a través dunha serie de podcast sobre casos cercanos e presentes na axenda pública galega da man de Roi P. Vila e Marta Casais. Neste primeiro episodio sobre Galicia e a UE falamos sobre política de reindustrialización, gobernanza e accountability a través do ca...
4x13| O postelectoral de Carretando 15.03.2024 1:11:47
Este episodio número 13 é o derradeiro da cuarta tempada de Carretando. Despedímonos dunha tempada moi frutífera para todas as persoas que formamos parte do proxecto. Moitas analistas, moitos temas a tratas e moitas gañas de falar sobre a nosa política teñen marcado esta cuarta tempada do podcast. Neste episodio 13, falamos sobre o resultado electoral que se produciu o pasado 18F en Galicia. Desta...
4x12| Eleccións galegas 18F: a análise final da campaña 15.02.2024 1:19:03
Neste último faladoiro de Carretando de cara ás eleccións máis abertas en 15 anos no noso país, pasan pola autocaravana do podcast as nosas presentadoras, Carmen del Río e Román Varela. Como invitadas, temos con nós a Lucas Álvarez, Thais Fernández, Candela Estévez e Alberto Estévez. Ademais, contamos cunha segunda mesa conformada por Javier Carnota (consultor e analista político), Pablo Díaz Bouz...
4x11| Eleccións galegas 18F: os debates protagonistas da campaña 10.02.2024 1:15:19
Seguimos coas mesas de análise con convidadxs de luxo neste #Carretando18F falando do principal tema da semana: o #DebateCRTVG. Con Belén Teiga, Manuel Ortigueira, Ana Luísa Bouza e David Lombao analizamos como lle foi a cada partido nel e tamén como lle podería afectar acudir ou non aos que están previstos. Asemade, trazamos a perspectiva xeral de como está a ser o devir da campaña electoral agor...
4X10|Eleccións galegas 18F: análise do comezo da campaña electoral 03.02.2024 1:18:56
En Carretando non perdemos de vista a cita do domingo 18 de febreiro e enchemos a nosa mesa de analistas e xornalistas para valorar como foi a precampaña e cales poden ser os principais temas da campañ. Con Lara Salgado (Radio Galicia SER), Ana G. Liste (Praza.gal), Roi P. Vila (consultor político), Manuel Ortigueira (economista e analista político) e Yannick Juncal (politólogo de Carretando) fala...
4x09| 18F: O preelectoral de Carretando 29.01.2024 45:34
No noveno episodio desta cuarta temporada, o equipo de Carretando debulla o escenario preelectoral de Galicia. Nomes propios, candidaturas e o estado dos diferentes actores e bloques políticos son motivo de debate entre o noso equipo. Ademais, ao remate da conversa os membros da autocaravana fan a súa #PorraCarretando e salta algunha que outra sorpresa. Animámosvos a que fagades as vosas propias p...
4x08| Ana Pontón: A construción do sorriso no BNG 25.01.2024 1:06:15
A piques de comezar a campaña electoral e coa crise dos microplásticos e as numerosas enquisas marcando a axenda, Carretando achégase á figura da líder da oposición e candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón. Facemos un repaso pola traxectoria da política sarriá, dende a súa toma de conciencia política no seu paso polo instituto, ata a súa andandura por Galiza Nova e a transf...
4X07| Rueda: O perfil técnico que chegou a ser presidente 11.01.2024 1:11:31
En plena precampaña electoral e coa crise dos microplásticos marcando a axenda, Carretando achégase á figura do presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela. Do "non te metas en política" de seu pai, a ser presidente logo de case tres lustros ocupando postos institucionais de relevancia. Rueda enfróntase agora ao seu primeiro gran reto electoral: revalidar a maioría absoluta que lle deixou o seu...
4X06| Reto demográfico: Galicia a dous ritmos 21.12.2023 51:46
Galicia votará o vindeiro 18 de febreiro e nós seguimos coa programación habitual neste contexto de (agora xa de xeito oficial) precampaña. Continuamos abordando os grandes retos aos que nos enfrontamos cun episodio sobre despoboamento. O reto demográfico é unha das cuestións fundamentais nun país a dúas velocidades, cun flanco occidental que conta con certo dinamismo e un oriental que esmorece. C...
4X05| Besteiro: Manual de resistencia á galega 30.11.2023 1:04:07
Mentres os partidos continuan coa precampaña cara as galegas, en Carretando comezamos a debuxar os perfís dos candidatos e candidatas á Xunta con Xosé Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) como primeiro protagonista. Tras arquivarse as causas que o obrigaran a dimitir e logo de sete anos apartado da vida pública, Besteiro volve ao lugar de partida, candidato á porta duns comicios autonómicos moi abertos. D...
4X04| Acordo de investidura: debuxando en Madrid a alternativa galega 16.11.2023 37:17
Para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno precisáronse acordos con oito partidos. O BNG foi unha desas forzas coas que o PSOE estableceu un pacto de investidura coa mirada centrada no país e cun claro sabor a precampaña. O xornalista Luís Pardo sube na nosa autocaravana para analizar o contido do acordo, a reacción que obtivo por parte do Partido Popular e as implicacións que...
4X03| Mobilidade: na procura dun modelo que vertebre o país 02.11.2023 35:45
O xeito no que nos movemos polo territorio é un dos grandes temas do noso tempo e por iso en Carretando quixemos poñer a mirada en como o facemos os galegos e galegas. A mobilidade no noso país tivo sempre condicionantes como a dispersión territorial ou o desequilibrio demográfico, mais que transformacións se deben acometer para contar no futuro cun modelo que vertebre de modo xusto e sostible o t...
4X02| Debate de política xeral: posta de longo para as autonómicas 19.10.2023 41:59
A pasada semana celebrouse no Parlamento de Galicia o debate do estado da autonomía no que se trataron os temas, os problemas e as propostas transversais para toda a sociedade galega. O seu interese radica en que foi o primeiro DEA de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, pero tamén o último antes de que as galegas vaiamos ás urnas, un escaparate no que os partidos se posicionan cara a cita elec...
4x01|Turismo: a vida máis aló do Camiño de Santiago 05.10.2023 45:47
O turismo é a primeira cuestión que imos abordar nesta tempada na que percorreremos os grandes temas para o noso país. Existe o turismo sustentable? Temos que reformular o modelo turístico actual da Xunta? Que hai máis alá do Camiño e do Xacobeo? Para dárlle resposta a estas preguntas contaremos coa participación de Iria Caamaño, doutora en Dirección e Planificación do Turismo e profesora do Depar...
4x00| Nova tempada, novo curso político 21.09.2023 38:10
A furgoneta de Carretando volve a percorrer os camiños do país na súa cuarta tempada. Desta volta, temos no horizonte o comezo do curso político en Galicia e as vindeiras eleccións autónomicas. Todos os membros de Carretando participamos no faladoiro deste primeiro episodio para debullar como se atopan de forma os partidos en Galicia, tanto a nivel interno como de liderado. Póñedevos cómodas e cóm...
3x07|Pontevedra: A cidade con modelo, en disputa 11.05.2023 47:49
O equipo de Carretando conclúe a súa terceira tempada no formato podcast! Facémolo con moitos quilómetros nas costas, no contador da autocaravana, mais tamén co orgullo do traballo destes últimos meses. E facémolo na nosa viaxe pola Boa Vila, percorrendo un lugar marcado pola verticalidade de Ence e horizontalidade do Lérez. É o momento de falar do seu modelo de cidade, pero tamén de como se atopa...
3x06|Santiago: Bugallo a pola quinta e o resto na procura do compostelanismo 20.04.2023 49:13
Chegamos a unha sorte de fogar: foi en Compostela onde naceu Carretando, xusto nas entrañas da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Mais desta volta estamos na cidade para ir máis aló do espírito estudiantil e do Xacobeo; desexamos entender que aconteceu e acontece en termos políticos en Santiago antes das eleccións municipais do 28M. Da man de Belén Teiga, xornalista en EuropaPress, e do...
3x05|Lugo: Lara Méndez, Rubén Arroxo e a competición armoniosa 13.04.2023 1:00:22
Despois das vacacións de Semana Santa, o equipo de Carretando fai a súa seguinte parada ós pés da Muralla de Lugo. Debullamos o contexto electoral da cidade romana cara o 28M coa participación das xornalistas luguesas Jessica Fernández, de LugoXa, e David Lombao, de Praza.gal. Na sección final, o candidato do BNG, Rubén Arroxo, expón que nestes catro anos conseguiron darlle “ese cambio a Lugo que...
3x04|Vigo: Hai vida alén Abel Caballero? 23.03.2023 51:10
O noso último podcast fala de Vigo, de Abel Caballero e do que hai máis aló da súa figura! O que había antes del, o que pode haber no futuro e tamén as propostas que achegan os candidatxs do resto de formacións políticas. Un programa para traspasar as luces de Nadal e mirar a cidade máis grande de Galicia dende outra perspectiva da man de Uxía Miranda e Víctor Currás, xornalistas de Treintayseis e...
3x03|Ferrol: Ángel Mato, zombies ou meninas 09.03.2023 55:43
A terceira viaxe de Carretando prodúcese nun espazo singular: Ferrol, sétima urbe galega, é unha cidade onde os problemas políticos do presente son, en realidade, cuestións do pasado. Problemas estruturais arredor da inestabilidade, a paralización do Concello ou a imposibilidade de establecer un convenio co Ministerio de Defensa para desbloquear unha parcela de 90.000 metros cadrados no centro de...
3x02|A Coruña: Inés Rey, coalición ou volta do PPdeG 23.02.2023 55:59
Na segunda viaxe da nosa autocaravana polos concellos galegos facemos unha parada na cidade da Coruña. Analizamos a política coruñesa da man de dous coñecidos xornalistas como Marta Otero, de la Opinión de A Coruña e Pablo Díaz, de Radio Coruña Cadena Ser. Ademáis, contamos cos candidatos do PSdeG-PSOE, PPdeG, Marea Atlántica, BNG e Unidas Podemos para explicarnos os seus proxectos para a cidade d...
3x01|Ourense: Jácome ou o "glorioso" pasado 09.02.2023 43:05
Na primeira parada destas eleccións municipais, o equipo de Carretando desprázase a Ourense para abordar cos xornalistas de La Región, Brais Iglesias e Sergio Conde, o contexto pre-electoral da cidade. Ademais, contamos cos candidatos do PSdeG, PPdeG e BNG para explicar o seu proxecto para Ourense. Ó longo do episodio preguntámonos se repetirá Jácome como alcalde. Queremos saber se Manuel Cabezas...
3x00|O camiño cara o 28M 01.02.2023 39:12
Carretando volve ás estradas galegas coa súa terceira tempada. Os episodios que conforman esta nova viaxe falan da festa da política que vai acontecer o vindeiro 28 de maio en todos os concellos do país. Neste primeiro capítulo, a pouco máis de 100 días para as eleccións municipais, pintamos o cadro xeral de Galicia e explicamos a dinámica desta nova etapa do proxecto.
2x08|Especial fin de tempada con Castañas no Verán 11.07.2022 44:32
No derradeiro episodio da segunda tempada de Carretando, compartimos reflexións coas compañeiras de Castañas no Verán. O programa está dividido en dúas partes. Nesta primeira parte publicada por nós, analizamos a dimensión social dos problemas políticos, mentres que na segunda parte que publica o podcast Castañas no Verán, falamos sobre a dimensión política dos problemas sociais.
Hasonló podcastok
A Replaio nem podcastkiadó; a műsorok nevei, borítóképei és hanganyagai a szerzőiket illetik, és nyilvános RSS-csatornákon keresztül terjednek.