fr

Carretando

Carretando

O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com

N'hésitez pas à visiter le site du podcast et à soutenir son créateur : www.ivoox.com

Auteur

Carretando

Catégorie

News

Site du podcast

www.ivoox.com

Dernier épisode

30 mai 2024

Où écouter ?

Les podcasts dans l'appli Replaio Radio Bientôt disponible

Les podcasts arrivent très bientôt dans l'appli. Installe-la dès maintenant et découvre en avant-première une toute nouvelle façon de vivre les podcasts

Télécharger sur Google Play Installe-la gratuitement Android près de 10 M de téléchargements · note de 4,8 iOS bientôt

Épisodes

4x15 | A UE cara fóra: os desequilibrios para unha política exterior común 30.05.2024

Neste novo episodio de Carretando seguimos na procura de dar a coñecer como funcionan as institucións europeas. Como de costume, no eido supranacional, da man de Roi P. Vila e Marta Casais, abordamos os retos exteriores dunha UE con fortes discrepancias internas ante un mundo en conflito.

4x14 | Galicia na UE: Altri, accountabilty e política industrial comunitaria 16.05.2024

De cara as Eleccións Europeas do vindeiro 9 de xuño, desde Carretando queremos abordar o papel do noso país no contexto europeo. Farémolo a través dunha serie de podcast sobre casos cercanos e presentes na axenda pública galega da man de Roi P. Vila e Marta Casais. Neste primeiro episodio sobre Galicia e a UE falamos sobre política de reindustrialización, gobernanza e accountability a través do ca...

4x13| O postelectoral de Carretando 15.03.2024

Este episodio número 13 é o derradeiro da cuarta tempada de Carretando. Despedímonos dunha tempada moi frutífera para todas as persoas que formamos parte do proxecto. Moitas analistas, moitos temas a tratas e moitas gañas de falar sobre a nosa política teñen marcado esta cuarta tempada do podcast. Neste episodio 13, falamos sobre o resultado electoral que se produciu o pasado 18F en Galicia. Desta...

4x12| Eleccións galegas 18F: a análise final da campaña 15.02.2024

Neste último faladoiro de Carretando de cara ás eleccións máis abertas en 15 anos no noso país, pasan pola autocaravana do podcast as nosas presentadoras, Carmen del Río e Román Varela. Como invitadas, temos con nós a Lucas Álvarez, Thais Fernández, Candela Estévez e Alberto Estévez. Ademais, contamos cunha segunda mesa conformada por Javier Carnota (consultor e analista político), Pablo Díaz Bouz...

4x11| Eleccións galegas 18F: os debates protagonistas da campaña 10.02.2024

Seguimos coas mesas de análise con convidadxs de luxo neste #Carretando18F falando do principal tema da semana: o #DebateCRTVG. Con Belén Teiga, Manuel Ortigueira, Ana Luísa Bouza e David Lombao analizamos como lle foi a cada partido nel e tamén como lle podería afectar acudir ou non aos que están previstos. Asemade, trazamos a perspectiva xeral de como está a ser o devir da campaña electoral agor...

4X10|Eleccións galegas 18F: análise do comezo da campaña electoral 03.02.2024

En Carretando non perdemos de vista a cita do domingo 18 de febreiro e enchemos a nosa mesa de analistas e xornalistas para valorar como foi a precampaña e cales poden ser os principais temas da campañ. Con Lara Salgado (Radio Galicia SER), Ana G. Liste (Praza.gal), Roi P. Vila (consultor político), Manuel Ortigueira (economista e analista político) e Yannick Juncal (politólogo de Carretando) fala...

4x09| 18F: O preelectoral de Carretando 29.01.2024

No noveno episodio desta cuarta temporada, o equipo de Carretando debulla o escenario preelectoral de Galicia. Nomes propios, candidaturas e o estado dos diferentes actores e bloques políticos son motivo de debate entre o noso equipo. Ademais, ao remate da conversa os membros da autocaravana fan a súa #PorraCarretando e salta algunha que outra sorpresa. Animámosvos a que fagades as vosas propias p...

4x08| Ana Pontón: A construción do sorriso no BNG 25.01.2024

A piques de comezar a campaña electoral e coa crise dos microplásticos e as numerosas enquisas marcando a axenda, Carretando achégase á figura da líder da oposición e candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón. Facemos un repaso pola traxectoria da política sarriá, dende a súa toma de conciencia política no seu paso polo instituto, ata a súa andandura por Galiza Nova e a transf...

4X07| Rueda: O perfil técnico que chegou a ser presidente 11.01.2024

En plena precampaña electoral e coa crise dos microplásticos marcando a axenda, Carretando achégase á figura do presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela. Do "non te metas en política" de seu pai, a ser presidente logo de case tres lustros ocupando postos institucionais de relevancia. Rueda enfróntase agora ao seu primeiro gran reto electoral: revalidar a maioría absoluta que lle deixou o seu...

4X06| Reto demográfico: Galicia a dous ritmos 21.12.2023

Galicia votará o vindeiro 18 de febreiro e nós seguimos coa programación habitual neste contexto de (agora xa de xeito oficial) precampaña. Continuamos abordando os grandes retos aos que nos enfrontamos cun episodio sobre despoboamento. O reto demográfico é unha das cuestións fundamentais nun país a dúas velocidades, cun flanco occidental que conta con certo dinamismo e un oriental que esmorece. C...

4X05| Besteiro: Manual de resistencia á galega 30.11.2023

Mentres os partidos continuan coa precampaña cara as galegas, en Carretando comezamos a debuxar os perfís dos candidatos e candidatas á Xunta con Xosé Ramón Gómez Besteiro (PSdeG) como primeiro protagonista. Tras arquivarse as causas que o obrigaran a dimitir e logo de sete anos apartado da vida pública, Besteiro volve ao lugar de partida, candidato á porta duns comicios autonómicos moi abertos. D...

4X04| Acordo de investidura: debuxando en Madrid a alternativa galega 16.11.2023

Para a investidura de Pedro Sánchez como presidente do Goberno precisáronse acordos con oito partidos. O BNG foi unha desas forzas coas que o PSOE estableceu un pacto de investidura coa mirada centrada no país e cun claro sabor a precampaña. O xornalista Luís Pardo sube na nosa autocaravana para analizar o contido do acordo, a reacción que obtivo por parte do Partido Popular e as implicacións que...

4X03| Mobilidade: na procura dun modelo que vertebre o país 02.11.2023

O xeito no que nos movemos polo territorio é un dos grandes temas do noso tempo e por iso en Carretando quixemos poñer a mirada en como o facemos os galegos e galegas. A mobilidade no noso país tivo sempre condicionantes como a dispersión territorial ou o desequilibrio demográfico, mais que transformacións se deben acometer para contar no futuro cun modelo que vertebre de modo xusto e sostible o t...

4X02| Debate de política xeral: posta de longo para as autonómicas 19.10.2023

A pasada semana celebrouse no Parlamento de Galicia o debate do estado da autonomía no que se trataron os temas, os problemas e as propostas transversais para toda a sociedade galega. O seu interese radica en que foi o primeiro DEA de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, pero tamén o último antes de que as galegas vaiamos ás urnas, un escaparate no que os partidos se posicionan cara a cita elec...

4x01|Turismo: a vida máis aló do Camiño de Santiago 05.10.2023

O turismo é a primeira cuestión que imos abordar nesta tempada na que percorreremos os grandes temas para o noso país. Existe o turismo sustentable? Temos que reformular o modelo turístico actual da Xunta? Que hai máis alá do Camiño e do Xacobeo? Para dárlle resposta a estas preguntas contaremos coa participación de Iria Caamaño, doutora en Dirección e Planificación do Turismo e profesora do Depar...

4x00| Nova tempada, novo curso político 21.09.2023

A furgoneta de Carretando volve a percorrer os camiños do país na súa cuarta tempada. Desta volta, temos no horizonte o comezo do curso político en Galicia e as vindeiras eleccións autónomicas. Todos os membros de Carretando participamos no faladoiro deste primeiro episodio para debullar como se atopan de forma os partidos en Galicia, tanto a nivel interno como de liderado. Póñedevos cómodas e cóm...

3x07|Pontevedra: A cidade con modelo, en disputa 11.05.2023

O equipo de Carretando conclúe a súa terceira tempada no formato podcast! Facémolo con moitos quilómetros nas costas, no contador da autocaravana, mais tamén co orgullo do traballo destes últimos meses. E facémolo na nosa viaxe pola Boa Vila, percorrendo un lugar marcado pola verticalidade de Ence e horizontalidade do Lérez. É o momento de falar do seu modelo de cidade, pero tamén de como se atopa...

3x06|Santiago: Bugallo a pola quinta e o resto na procura do compostelanismo 20.04.2023

Chegamos a unha sorte de fogar: foi en Compostela onde naceu Carretando, xusto nas entrañas da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Mais desta volta estamos na cidade para ir máis aló do espírito estudiantil e do Xacobeo; desexamos entender que aconteceu e acontece en termos políticos en Santiago antes das eleccións municipais do 28M. Da man de Belén Teiga, xornalista en EuropaPress, e do...

3x05|Lugo: Lara Méndez, Rubén Arroxo e a competición armoniosa 13.04.2023

Despois das vacacións de Semana Santa, o equipo de Carretando fai a súa seguinte parada ós pés da Muralla de Lugo. Debullamos o contexto electoral da cidade romana cara o 28M coa participación das xornalistas luguesas Jessica Fernández, de LugoXa, e David Lombao, de Praza.gal. Na sección final, o candidato do BNG, Rubén Arroxo, expón que nestes catro anos conseguiron darlle “ese cambio a Lugo que...

3x04|Vigo: Hai vida alén Abel Caballero? 23.03.2023

O noso último podcast fala de Vigo, de Abel Caballero e do que hai máis aló da súa figura! O que había antes del, o que pode haber no futuro e tamén as propostas que achegan os candidatxs do resto de formacións políticas. Un programa para traspasar as luces de Nadal e mirar a cidade máis grande de Galicia dende outra perspectiva da man de Uxía Miranda e Víctor Currás, xornalistas de Treintayseis e...

3x03|Ferrol: Ángel Mato, zombies ou meninas 09.03.2023

A terceira viaxe de Carretando prodúcese nun espazo singular: Ferrol, sétima urbe galega, é unha cidade onde os problemas políticos do presente son, en realidade, cuestións do pasado. Problemas estruturais arredor da inestabilidade, a paralización do Concello ou a imposibilidade de establecer un convenio co Ministerio de Defensa para desbloquear unha parcela de 90.000 metros cadrados no centro de...

3x02|A Coruña: Inés Rey, coalición ou volta do PPdeG 23.02.2023

Na segunda viaxe da nosa autocaravana polos concellos galegos facemos unha parada na cidade da Coruña. Analizamos a política coruñesa da man de dous coñecidos xornalistas como Marta Otero, de la Opinión de A Coruña e Pablo Díaz, de Radio Coruña Cadena Ser. Ademáis, contamos cos candidatos do PSdeG-PSOE, PPdeG, Marea Atlántica, BNG e Unidas Podemos para explicarnos os seus proxectos para a cidade d...

3x01|Ourense: Jácome ou o "glorioso" pasado 09.02.2023

Na primeira parada destas eleccións municipais, o equipo de Carretando desprázase a Ourense para abordar cos xornalistas de La Región, Brais Iglesias e Sergio Conde, o contexto pre-electoral da cidade. Ademais, contamos cos candidatos do PSdeG, PPdeG e BNG para explicar o seu proxecto para Ourense. Ó longo do episodio preguntámonos se repetirá Jácome como alcalde. Queremos saber se Manuel Cabezas...

3x00|O camiño cara o 28M 01.02.2023

Carretando volve ás estradas galegas coa súa terceira tempada. Os episodios que conforman esta nova viaxe falan da festa da política que vai acontecer o vindeiro 28 de maio en todos os concellos do país. Neste primeiro capítulo, a pouco máis de 100 días para as eleccións municipais, pintamos o cadro xeral de Galicia e explicamos a dinámica desta nova etapa do proxecto.

2x08|Especial fin de tempada con Castañas no Verán 11.07.2022

No derradeiro episodio da segunda tempada de Carretando, compartimos reflexións coas compañeiras de Castañas no Verán. O programa está dividido en dúas partes. Nesta primeira parte publicada por nós, analizamos a dimensión social dos problemas políticos, mentres que na segunda parte que publica o podcast Castañas no Verán, falamos sobre a dimensión política dos problemas sociais.

Écoute le podcast Carretando sur Replaio

La radio et les podcasts dans une seule appli - gratuite, sans inscription. Installe-la dès aujourd'hui et ne rate pas le lancement

Télécharger sur Google Play

Replaio n'est pas éditeur de podcasts ; les noms des émissions, les visuels et l'audio appartiennent à leurs auteurs et sont diffusés via des flux RSS publics