AGalegaAudio
Todos os podcast | Convivir
Sociedade, inclusión e igualdade.
Autor
AGalegaAudio
Categoría
Web del podcast
Último episodio
30 de ago. de 2024
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Convivir 05-06-2024 05.06.2024 50:57
As persoas que perciban cambios nas manchas e nos lunares da pel teñen a oportunidade dunha cita rápida cun dermatólogo grazas a campaña Euromelanoma 2024. A doutora Celia Posada, dermatóloga do Complexo Hospitalario de Vigo, explícanos como solicitar esa consulta. A profesora da facultade de Traballo Social de Ourense María José Vázquez cóntanos a intervención do alumnado na prisión de Pereiro de...
Convivir 04-06-2024 04.06.2024 52:30
Exploramos a iniciativa “Escola de calor, refuxios climáticos”, que se leva a cabo na biblioteca pública Nós de Ourense, en conversa con Brais Estévez, profesor da Universidade de Santiago. Cita coa gala de entrega dos premios solidarios do grupo ONCE. Co presidente do consello territorial do grupo, Carlos Fernández Lamigueiro, coñecemos un pouco máis do labor das persoas e organizacións galardoad...
Convivir 03-06-2024 03.06.2024 53:57
Presentamos unha investigación que relaciona directamente a exposición ó fume do tabaco coa morte. A profesora da facultade de Medicina de Santiago de Compostela Mónica Pérez Ríos, una das que dirixiu esta tese doutoral, explícanos que o cancro de pulmón e a cardiopatía isquémica están asociadas causalmente ó fume do tabaco. Abordamos un ciclo de charlas sobre un envellecemento satisfactorio, orga...
Convivir 30-05-2024 30.05.2024 52:58
As enfermidades crónicas nunha poboación cada vez máis envellecida é un dos grandes retos da nosa sociedade e, en concreto, do sistema sanitario. O 10º Congreso Nacional de Enfermos Crónicos, organizado por SEMERGEN, reivindica unha mellora formación dos pacientes e o fortalecemento da relación co médico de familia, tal e como explica o doutor Carlos Piñeiro. Galicia é a comunidade coa prevalencia...
Convivir 28-05-2024 28.05.2024 51:04
Analizamos as vantaxes e a demanda no mercado laboral dos estudos universitarios e da Formación Profesional coa responsable dun portal de emprego. Celebramos o Día Internacional de Acción para a Saúde das Mulleres falando sobre hormonas, ciclos menstruais, enerxía e emocións coa pedagoga e profesora de ioga Cathy Compani. En vésperas do Día Internacional da Esclerose Múltiple, coñecemos máis sobre...
Convivir 27-05-2024 27.05.2024 51:40
Achegámonos á experiencia vivida en Kenia por Alba García, doutora do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Pasou medio ano no país africano formando médicos de Urxencias e axudando a implantar un sistema de triaxe. Da man dunha empresa especializada coñecemos solucións de accesibilidade, como eliminar barreiras arquitectónicas para facilitar os desprazamentos das persoas con discapacidade. Descubrim...
Convivir 23-05-2024 23.05.2024 1:01:55
Galicia ten unha das taxas máis altas de persoas centenarias do mundo. O presidente da Sociedade Galega de Xeriatría, José María Faílde, fálanos dos factores e dos retos da lonxevidade. O presidente da asociación iCmedia Galicia expón os resultados dun informe sobre o uso que fan os mozos da Internet: un 46 por cento recoñece ter problemas psicolóxicos ou de rendemento escolar. O doutor Prieto des...
Convivir 22-05-2024 22.05.2024 1:02:04
A utilidade da IA para curar feridas ou a micropigmentación oncolóxica son algúns dos avances que se analizan no Congreso de Enfermería Oncolóxica celebrado en Santiago. Achegámonos ó centro residencial para persoas con discapacidade intelectual San Vicente de Paul de Lugo e coñecemos mellor os beneficios da balneoterapia en patoloxías musculoesqueléticas cos doutores Juan Gestal e Jesús Pino.
Convivir 21-05-2024 21.05.2024 1:01:57
Presentamos un sistema experimental de xeolocalización de persoas nas zonas rurais, clave para actuar fronte á desorientación ou un accidente. Coñecemos como podemos rexistrar o Documento Vital coa asociación AODEMPER e a traballadora social do SERGAS de Ourense María Xosé Vázquez. Achegámonos a unha campaña de pintadas contra o bulling no IES Cacheiras, de Teo., e a colaboradora Laura Castro comé...
Convivir 20-05-2024 20.05.2024 1:01:57
Coñecemos o labor da Fundación Grandes Amigos, que crea redes fronte a soidade. desde Vigo. A pediatra Cecilia Vecillas, que recibiu o recoñecemento do Colexio de Médicos da Coruña, cóntannos a súa experiencia e a súa dedicación na sanidade pública durante máis de 30 anos. A profesora Isabel Neira explica os efectos da expansión das marcas brancas.
Convivir 13-05-2024 13.05.2024 1:01:57
Debullamos un proxeto da ONG Farmamundi dirixido a formar futuros profesionais do ensino na creación de espazos seguros e nunha educación inclusiva. Lucía Chaves fálanos do programa “Biocoidados”, que vai desenvolver o Centro de Desenvolvemento Rural de Verín para mellorar a calidade de vida das persoas que viven na comarca fomentando a súa participación comunitaria. Coñecemos a asociación Pangon...
Convivir 09-05-2024 09.05.2024 1:01:55
A integrante de ACADAR, Laura Quintas, expón o estudo realizado por esta asociación sobre a violencia sexual dixital que sofren as mulleres con discapacidade. A presidenta do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, Pilar Otero Moar. Fálanos da campaña "Coa renda non vaias a cegas" na que esta organización advirte dos riscos de presenta-la declaración con erros. O doutor L...
Convivir 08-05-2024 08.05.2024 1:01:57
Interesámonos pola experiencia integradora do CEIP Ramón y Cajal de Vigo, onde conviven rapaces de máis de vinte nacionalidades. Conversamos co presidente da Asociación de Familiares con alzheimer de Galicia, Juan Carlos Rodríguez, sobre a apertura do primeiro centro no noso país que se dedicará á innovación para abordar o tratamento das demencias neurodexenerativas nas súas etapas máis temperás....
Convivir 07-05-2024 07.05.2024 1:01:57
Hai catro décadas un grupo de nais con fillos drogodependentes crearon en Vigo Érguete. A asociación continúa traballando hoxe na prevención e intervención de conductas delituosas. Repasamos a historia e a actualidade de Érguete coa súa coordinadora, Elvira Rivas. O psicólogo clínico Pedro Santamaría, fálanos da depresión postparto. Anunciamos un desfile de moda inclusiva que se desenvolverá en Fe...
Convivir 06-05-2024 06.05.2024 1:01:57
Presentamos "Carmen AI" unha aplicación de móbil que nos permite obter información nutricional dos alimentos escaneando o seu código de barras. A pedagoga Isabel Gil fálanos dun sistema para comunicarse cos bebés a través de sinais. Coñecemos a Matilde Pache, unha moza que nada máis cumprir os 18 anos se fixo doadora de sangue e medula. A profesora Isabel Neira diserta sobre a empresa fa...
Convivir 02-05-2024 02.05.2024 1:01:57
Na Semana Mundial da Inmunización falamos da importancia das vacinas coa voceira de Unicef en Galicia, Irene Marín. Lugo acolle dous eventos solidarios esta semana. Entrevistamos aos seus organizadores. O chef, Javier Olleros, cóntanos en que consiste o festival "Nos seus pes", que recada fondos para a ONG ProemAID e a presidenta da Organización contra o cancro de Lugo, Mari Luz Abella,...
Convivir 01-05-2024 01.05.2024 1:01:58
Compostela acolle o primeiro Congreso Nacional de psicoloxía de Urxencias. Sobre el conversamos coa presidenta do comité organizador, Ana Núñez, e cun dos relatores, o xerente de AXEGA, Marcos Araujo. Entrevistamos ao investigador galego, Manuel Carreiras, que acaba de obter financiamento da Unión Europea para estudar as causas da dislexia; e a presidenta da Mancomunidade de Municipios Galegos do...
Convivir 25-04-2024 25.04.2024 1:01:57
Falamos da "Pontevedrada", unha andaina entre Pontevedra e Santiago que ten como obxectivo fomenta-las doazóns de órganos, sangue e tecidos. Andrea Iglesias, a coordenadora da Campaña Mundial pola Educación en Galicia, cóntanos as actividades que se están desenvolvendo co lema "Transformate pra con-vivir" para concienciar sobre o perigo dos discursos de odio.
Convivir 24-04-2024 24.04.2024 1:01:57
A presidenta da Asociación Española Cáncer de Mama Metastásico, Pilar Fernández, axúdanos a divulgar unha grave doenza que causa máis de seis mil mortes en España cada ano. Presentamo-la campaña "Stop odio" , que desenvolve a ONG Igaxes co obxectivo de poñerlle freo aos discursos de odio racistas ou xenófobos. Achegámonos á xornada "Aprendendo a incluir" que organizan na Coruña...
Convivir 23-04-2024 23.04.2024 1:01:57
Entrevista con Ana Belén Cid, premio Ramiro Carregal de investigación en cardioloxía. Coñecemo-las conclusións dun estudo sobre os hábitos de alimentación de nenos e adolescentes pertencentes a familias con poucos recursos. Ana Barba fálanos dun programa da Asociación "Aliad Ultreia" dirixido a detectar no eido sanitario casos de trata de mulleres para axudalas. A nosa experta en Intelix...
Convivir 22-04-2024 22.04.2024 1:01:55
Saberemos como se forman os profesores galegos para combater e tentar evitar o acoso e o ciberacoso entre a poboación escolar. Falamos con Elisenda Ibáñez, coordenadora da Asociación "Visión y Vida", sobre unha campaña para detectar casos de miopía entre nenos e adolescentes. Na sección de Isabel Neira "Clases de Economía" abordamos a necesidade de que Galicia se apoie na inmig...
Convivir 18-04-2024 18.04.2024 1:01:57
O Campus Universitario de Ourense acolle un ciclo de conferencias sobre violencia sexual dende unha perspectiva de xénero. Falamos cunha das organizadoras, a profesora María Xosé Vázquez, e cunha das relatoras, a sicóloga Vanesa Rodríguez. Jesús Sanz-Sebastian, director do musical "Dumbo", fálanos deste espectáculo familiar e inclusivo que chega a Vigo e Santiago. O noso sexólogo de cabe...
Convivir 17-04-2024 17.04.2024 1:01:55
No Dia Mundial da Hemofilia achegámonos a esta doenza da man dun enfermo, Brais Carreira, que ademáis preside a Asociación Galega de Hemofilia. Falamos de edadismo co director do Centro de Investigación Ageingnomics, Juan Fernández Palacios. O director e actor da compañía Empatía Teatro, Elisardo de la Cruz, preséntanos a obra “Esas cousas marabillosas”, na que aborda a problemática dos enfermos d...
Convivir 16-04-2024 16.04.2024 1:01:57
O CIFP de Lugo acolle esta semana coloquios, obradoiros e conferencias relacionados co benestar emocional, a prevención de drogas, a achega das mascotas ou a danza como forma de exercicio saudable. Falamos coas organizadoras desta Semana da Saúde. O xornalista Fernando Salgado fálanos do seu libro "Que miras?", onde narra a vida dunha enferma de acondroplasia. Entrevistamos a Patt Skinne...
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos