COGAMI
Podcast COGAMI
Información social para o colectivo das persoas con discapacidade
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Falamos do Programa Integrado de Emprego de Galicia en Cope Ferrol 28.02.2024 9:00
A técnica de inserción laboral da área de Emprego de COGAMI en Ferrol, Laura Carbajal, explica para a cadea Cope en que consiste o Plan Integral de Emprego.
Falamos de accesibilidade en Radio Voz 13.09.2023 11:15
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, fala de accesibilidade universal no programa Un café con Eva de Radio Voz.
Falamos do proxecto Gavea en Radio Voz 11.09.2023 9:25
O programa Un café con Eva entrevista á técnica da área de Lecer de COGAMI para que explique en que consiste o programa Galicia Vela Adaptada, no que este ano 75 persoas poderán navegar pola ría de Camariñas.
Falamos de accesibilidade en Radio Galega 11.09.2023 18:53
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, fala no programa Convivir da Radio Galega sobre a accesibilidade universal e, aproveitando que iniciou o programa Gavea (Galicia Vela Adaptada) fala do veleiro Laion e como se reconverteu nun navío inclusivo.
Falamos da navegación a vela no Laion en radio Nordés 11.09.2023 1:38
A técnica a área de Lecer de COGAMI, Isabel González, explica para radio Nordés en que consiste o programa Gavea que pon en marcha COGAMI durante o mes de decembro e no que participarán 75 persoas de diferentes centros e entidades membro.
Falamos da atención á muller na Cope 01.09.2023 13:30
Cope Ribadeo entrevista á coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal de COGAMI, Juani Tubío, para falar do programa de atención á muller e doutros programas dirixidos ás persoas con discapacidade da Mariña.
Falamos da traxectoria de COGAMI en RNE 28.08.2023 15:17
O presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, fai un repaso da evolución da discapacidade no paso do tempo, falando de dereitos, vivencias e servizos para a mellora da calidade de vida do colectivo.
Falamos de atención temperá na Radio Galega 08.08.2023 7:25
O programa da Tarde da Radio Galega entrevista a Álvaro García para falar do servizo de atención temperá que desenvolve COGAMI e tamén da campaña lanzada este ano para visibilizar a discapacidade.
Radio Galega entrevista á responsable da área de Lecer de COGAMI 18.07.2023 10:23
O programa da Radio Galega A Tarde de Verán entrevista a Isabel González, da área de Lecer, para falar sobre as barreiras que existen para practicar actividades deportivas e de lecer.
Visibilizamos as barreiras que atopamos no lecer en Radio Voz 18.07.2023 10:59
Isabel González, da área de Lecer de COGAMI, explica no programa Un Café con Eva de Radio Voz, as problemáticas que atopan as persoas con discapacidade cando queren participar en actividades de lecer e deportivas.
Falamos de emprego en Cope Ferrol 15.06.2023 8:48
A coordinadora de COGAMI en Ferrol explica na cadea Cope Ferrol como se desenvolveron as insercións laborais durante este primeiro semestre do ano en COGAMI.
Falamos de formación na Radio Galega 19.05.2023 7:14
O programa Convivir da Radio Galega entrevista ao coordinador de Formación de COGAMI, Paco Abuín, para falar sobre formación.
Falamos de formación en Radio Voz 15.05.2023 5:22
O programa Un café con Eva entrevista ao coordinador de Formación, Paco Abuín, para falar da campaña Somos COGAMI que este mes dedica a visibilizar a formación e a necesidade de que as persoas con discapacidade se especialicen e se formen para lograr a inserción laboral.
Falamos de hemofilia en Radio Voz 18.04.2023 10:02
O programa Un Café con Eva de Radio Voz entrevista á presidenta de Agadhemo, Laura Quintas, para falar sobre a hemofilia polo seu Día Mundial, unha enfermidade que afecta a máis de 500 persoas en Galicia.
Entrevista na SER para falar da Lei de Familia e discapacidade 03.04.2023 7:10
A coordindadora da área Xurídica de COGAMI, Susi Pérez, fala para o programa A Vivir Galicia da SER sobre a Lei de Familia e discapacidade e o seu tratamento.
Susi, secretaria da asociación Amico, fala do Programa de rehabilitación 14.07.2022 8:23
A secretaria de Amico, Susi Pérez, fala dos servizos que inclúe o Programa: fisioterapia, terapia ocupacional, logopedia, pilates...
María Araújo fala do lipedema en Radio Voz 20.06.2022 12:33
María Araújo, traballadora social de AGL, fala do lipedema no programa Un café con Eva de Radio voz
Entrevista a Laura Quintas en Radio Galega 06.05.2022 18:37
O programa Convivir da Radio Galega entrevista á coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI para falar sobre as reivindicacións que levamos a cabo na campaña realizada a nivel nacional con COCEMFE Espera e Desespera.
A campaña Espera e Desespera en RNE 04.05.2022 3:05
A campaña Espera e Desespera foi recollida no informativo de RNE na que se denunciaba as longas tempadas de espera para obter o certificado de discapacidade.
A campaña Espera e Desespera en Radio Galega 03.05.2022 8:01
O programa da Radio Galega Galicia por Diante está en directo na campaña que COGAMI desenvolveu en Lugo para denunciar os tempos de espera que existen para obter o certificado de discapacidade e para a actualización dos baremos.
Día da saúde en Radio Arousa 08.04.2022 9:25
A coordinadora da Comisión Sociosanitaria de COGAMI, Laura Quintas, explica para SER Arousa os cambios que deben de realizarse na sanidade para que esta sexa máis inclusiva de cara a todas as persoas.
Radio Foz entrevista a Fernando Mouriño 09.02.2022 8:14
Radio Foz entrevista ao orientador laboral da zona da Mariña lucense para falar sobre o servizo de emprego de COGAMI na zona, as persoas que atende e as oportunidades laborais acadadas durante o ano 2021.
Un café con Eva: Oliva Filgueiras fala da asociación Misela 07.02.2022 10:16
A coordinadora do centro de día e ocupacional da asociación Misela explica para o programa de Radio Voz, Un café con Eva, os programas que vai desenvolver durante este ano.
Entrevista a Juani Tubío 03.02.2022 8:51
A Coordinadora da área de Promoción da Autonomía Persoal fala para Cope Santiago sobre as consultas que recibiu COGAMI durante o ano 2021 e as problemáticas que máis se repiten entre as persoas usuarias.
Paco Abuín fala de emprego en Radio Voz 31.01.2022 4:10
O programa de Radio Voz Un café con Eva entrevista ao coordinador de Formación de COGAMI para falar sobre os resultados obtidos durante o ano 2021 e tamén sobre como será este ano.
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos