german estevez

Galiportus

Episodios cada semana: Martes/Terças 9h "Protagonistas e Actualidade, com as melhores entrevistas. Também as pílulas do H&H's, "História e Histórias", com todas as grandes e pequenas histórias galaico-portuguesas. Se saber de projetos, pessoas e histórias que possam ser parte do programa, não hesite em nos contatar: galiportuspodcast@gmail.com. Galiportus busca redefinir o coñecemento xeral acerca das intensas relacións socioculturais existentes entre Galiza e Portugal. Contidos de actualidade, lingua, historia e historias, natureza, política, turismo, patrimonio, protagonistas da música ou da...

No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com

Autor

german estevez

Categoría

Government

Web del podcast

www.ivoox.com

Último episodio

16 de oct. de 2026

¿Dónde escuchar?

Podcasts en la app Replaio Radio Muy pronto

Los podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts

Descárgala en Google Play Instálala gratis Android casi 10 M de descargas · valoración de 4,8 iOS muy pronto

Episodios

GLP- O MARCO I- A Fala, o tesouro do Xálima (parte I: as súas xentes) 11.03.2024

Chega ao Galiportus o primeiro dunha serie de documentos radiofónicos dedicados a descubrir as peculiaridades das fronteiras. Nace "O MARCO" como espazo complementario no que, mediante investigación e conversas, tentamos chegar a cada recuncho galaico-portugués (e non só) onde os limites son só mentais. Para aqueles que ollades sempre para o lado de alá, explorades e non vos conformades con lindes...

Galiportus Ep.36- O portugués nas escolas galegas 08.03.2024

Hoxe falamos de ensino e falamos de lingua. Logo de varias convocatorias nas que a lingua portuguesa aparecía como ofertada nas oposicións galegas de secundaria, neste 2024 volveu desaparecer. Con até 75 centros de ensino medio ofertando portugués como "2ª lingua estranxeira" , conversamos nos estudios da radio con dúas persoas con ben experiencia na materia: Olga Piñón (profesora de galego e port...

Galiportus Ep.35- Premios Aritmar, unindo música e poesía GZ-PT 04.03.2024

Hoxe falamos duns premios que cada ano van a máis. Trátase de "Aritmar", iniciativa xurdida da EOI de Santiago e popularizada grazas a outras colaboracións de altura. Falamos co director da EOI de Compostela, e impulsor do certame, Gonzalo Costenla Bergueiro, para comprobarmos de primeira man como estes premios buscan revalorizar o espazo musical e poético luso-galaico. Si, cada ano, durante o mes...

Galiportus Ep.34- Festival N2, o km.0 da boa música 01.03.2024

Hoje vamos até Chaves termos com o Diogo Martins, fundador da Associação sem ânimo de lucro "Indieror", a trabalhar desde há anos na difusão de projetos musicais e culturais por toda a região de Trás-os-Montes. O motivo é perguntar sobre o Festival N2, que se celebra na cidade do Tâmega no verão, e que busca impulsioná-la no cartaz nacional e internacional. Para todos aqueles que percorrem a mític...

Galiportus Ep.33- Especial Eleccións Galegas 26.02.2024

Hoxe toca eleccións, toca política. O 18F celebráronse uns novos comicios na Galiza autonómica, cunha nova maioría do PP (40 escanos) e unha espectacular suba do BNG (25) Pola súa banda, o Psg-Psoe afundiuse (39 escanos) e a D.O de Jácome entrou no Parlamento Galego (1) Para debullar o que significou unha campaña histórica e uns resultados con tantas lecturas, falamos con xornalistas de medios ind...

Galiportus Ep. 32- Dia Mundial da Radio 23.02.2024

O 13 de febreiro celébrase o día internacional da radio, grazas á declaración da UNESCO en 1946. Aquí vai esta pequena nosa homenaxe ao medio que, máis de cen anos despois, continúa a estar de plena actualidade. Reinventándose, máis a voz manda e mesmo está de moda, sabédelo vós ben, escoitando este e outros podcast. Para falarmos de radio local e municipal falamos con Enrique San Fiz, director de...

Galiportus Ep. 31- Leilia, adeus ás pioneiras 19.02.2024

No episodio de hoxe falamos con Felisa Segade, vocalista e pandereteira de Leilia, o mítico grupo que neste 2024 deixa os palcos, logo de 35 anos de exitosa carreira. Coa artista pasamos bos minutos de radio, lembrando os seus inicios ("viannos como unhas marcianas, 5 mulleres cunhas pandeiretas...") Analizamos toda a súa carreira, as súas colaboracións, e repasamos curiosidades e soños realizados...

Galiportus Ep.30- De pellets e mar desamparado 15.02.2024

No episodio de hoxe falamos do mar, outra vez castigado na era do transporte de mercadorias perigosas diante das costas galaico-portuguesas. No mes de decembro de 2023, o buque Toconao, con bandeira de Liberia, perdeu 6 contentores de pellets en frente de Viana do Castelo. Desde aquela, unha nova marea tóxica chegou ás nosas praias, e a sociedade civil organizouse, como xa pasara na catástrofe do...

Galiportus Ep.29- Entroido non é carnaval 08.02.2024

Nestas datas toca falar de Entroido. Ou Antroido, Entrudo, Entrodio... como sexa que lle chames. Unha tradición que persistiu durante séculos sobre todo no interior de Ourense e en Trás-Os-Montes, aínda que non só. Unha vivencia inexplicábel, única, que viste o fin do inverno e celebra con sátira a vida en sociedade. Vamos até Maceda, Laza, Viana do Bolo e Podence (Macedo de Cavaleiros) para falar...

Galiportus Ep. 28- Guadi Galego, a alegria da vida cantada 05.02.2024

Hoxe toca falar cunha das mellores artistas que deu a música galega desde hai 25-30 anos. Trátase de Guadi Galego, coa que temos minutos de boa charla, lembrando as súas orixes en Cedeira, os inicios con Berrogüeto, e o seu salto á carreira en solitario hai máis de 15 anos xa. Desde aquela, 7 traballos de autora (con temas que certamente ficaron na retina, como Matriarcas, Cedeira ou Chea de Vida)...

Galiportus Ep.27- O Corno, cinema e sororidade da Arousa ao Minho 01.02.2024

Hoxe temos o gusto de conversar con Jaione Camborda, guionista e directora de cinema vasca, moi de moda e afincada en Galiza hai anos. 2023 foi un grande ano para ela, pois recibiu a Cuncha de Ouro ao mellor filme dentro do afamado festival donostiarra. Isto débese á produción de "O Corno", longametraxe que conta a dura vida de Maria, mariscadora nos anos 70 na Illa de Arousa. Logo dun inesperado...

Galiportus Ep.26- Revista Luzes, 10 anos sen sombras 29.01.2024

Neste episodio chamamos a un dos mellores xornalistas galegos das últimas décadas, Xosé Manuel Pereiro. O monfortino, licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense en 1975 (xunto a Antón Patiño, Manuel Rivas ou Lois Pereiro), fundou revistas como "La Naval" e "Bravú", nos 80. Escribiu para o Faro, A Voz e foi correspondente do El País. Fixo Radio (RNE e SER) e TV (redactor de...

Galiportus Ep.25- Galicia nomeada, no país dos dous millóns de topónimos 25.01.2024

Hoxe falamos de nomes de lugares. Galiza e o norte de Portugal conforman un espazo xeográfico moi diverso e cheo de ríos, montes e aldeas, que fai que esteamos ante a rexión europea con maior extensión toponímica. Desde hai máis de 20 anos, e vendo o abandono do rural, comezouse un proxecto do lado galego chamado "Galicia nomeada", co apoio da RAG e da Xunta. Moito esforzo despois, web e App por m...

Galiportus Ep.24- Moncho López, lenda do FC Porto basket 22.01.2024

Hoje vamos até Fukuoka (Japão) termos boa conversa com Moncho López, treinador galego de basquetebol. Após uma carreira com passagens pelas seleções espanholas, portuguesa e angolana, ou também durante a década de 2000 treinar em Lugo, Xixón e Sevilla (liga ACB, 1ª categoria do basquetebol espanhol), Moncho aceitou há uns meses a opção de começar uma nova vida pessoal e profissional. No entanto, o...

Galiportus Ep.23- Xornalismo e medios públicos de (des)información 18.01.2024

Hoxe o Galiportus aborda unha cuestión á que moitas veces non lle damos importancia mais que está aí: como inflúe a (in)dependencia do xornalismo nunha sociedade libre? O panorama de hoxe non é fácil. Así nolo confirma Luis Loureiro, do Porto. Doutor en ciencias da comunicación, docente na faculdade de xornalismo da Univ. Lusófona e na Univ. do Minho e xornalista durante 24 anos na RTP, fálanos da...

Galiportus Ep.22- Matria: o filme en galego que golpea con Ramona 15.01.2024

No episodio de hoxe toca falar de cinema en galego, da man de Álvaro Gago e María Vázquez. Son eles os principais protagonistas de "Matria", filme que relata o drama social da man de Ramona, interpretada por María. A viguesa de nacemento e "galega" de longo percorrido, tras ben de proxectos (series, curtas, teatro...) e premios, emociónase cando fala do bonito que significou ter participado no pro...

Galiportus Ep. 21- Bewelcome, viaxar da man dos autóctonos 11.01.2024

Hoxe visítanos José Luis Magalhães, economista e director adxunto do casino de Chaves (norte Pt) Mais non por cuestións de diñeiro, xa que o protagonista leva máis dunha década viaxando "low-cost"... e vendo o mundo polos ollos das xentes do lugar que visita. Isto é así grazas a plataformas dixitais como "Bewelcome", dedicadas a conectar a quen hospeda e a quen quere ser hospedado, sen máis custo...

Galiportus Ep.20- Lítio, Barroso e Costa 08.01.2024

No episódio de hoje, falamos de uma questão muito controversa: em uma época de mudanças que nos leva à utilização a nível global de energias renováveis, muitas empresas andam atrás da extração de materiais que são essenciais para a fabricação de baterias empregadas na tecnologia. A região fronteiriça do Barroso (Montalegre-Pt) está a ver-se afetada pelas prospeções que visam avançar nas minas de l...

Galiportus Ep.19- Estraviz, vida e obra. O maior dicionário online da península 04.01.2024

A conversa de hoje é com Isaac Alonso Estraviz, o autor do maior dicionário online da península, a chegar quase aos 152 mil termos! Estraviz, a dias do seu 89 aniversário, mantém um cérebro privilegiado, e conta-nos inúmeros episódios da sua vida, que atualmente está a descrever na sua auto-biografia. Da infância de posguerra em Vilaseca-Trasmiras, a passagem por Oseira, as aventuras que o levaram...

Galiportus Ep. 18- Madalena Gamalho, reflexión vocal á portuguesa 28.12.2023

Hoxe viaxamos até a provincia de Pontevedra (Gz), para conversarmos con Madalena Gamalho, galega de Caldas de Reis con ampla formación técnica vocal. A súa música de autor ten xa anos de percurso, desde a participación en formacións como Nota Bene ou Os Meninos. No 2022 chegou INVENTO, o seu proxecto máis persoal. Tras o seu paso pola Escola de Idiomas, sempre tivo claro que "por que non?" cantar...

Galiportus Ep.17- Especial Natal 21.12.2023

Chegou o Nadal. Ou Natal, como sexa que dicides. Este ano, non se dá feito a apuntar no "foco mediático" natalicio. En primeiro lugar, pasamos por Celanova (Ourense-Gz), para conversarmos con Jorge Cardoso e Daniel Gzlez., protagonistas do concurso de iluminación de Nadal da afamada marca de bombóns. Logo de intensas semanas coa vila de Curros empurrando, perdeuse a final... mais o vivido foi ines...

Galiportus Ep.16- Erea Castro, o fado transfronteirizo 18.12.2023

Hoxe achegámonos ao Miño para falarmos de música. E non de calquera música: referímonos ao fado, aos mandos do espírito nacional luso (en forma de saudade) desde hai moitas décadas. Porén, o tradicional foi evolucionando e converxendo con outros estilos que aceleran os ritmos e sentidos. Disto e de moito máis conversamos con Erea Castro, cantora de Salvaterra con moitos concertos ás súas costas a...

Galiportus Ep.15- Gciencia, 10 anos de xornalismo e divulgación científica á galega 14.12.2023

No episodio de hoxe falamos con Pablo López, fundador e director de Gciencia. O dixital galego orientado á divulgación científica convertiuse nos seus 10 anos de vida no terceiro con máis difusión de Galiza, grazas a un xornalismo feito con rigor, investigación e amor pola ciencia. Xusto no seu aniversario, celebramos tamén que sexa en galego e analizamos proxectos futuros da man do protagonista....

Galiportus Ep.14- Ponte nas Ondas e o VI Congreso Internacional de Patrimonio Inmaterial 11.12.2023

Logo de 28 anos do seu nacemento (entre escolares de Salvaterra e Monção), "Ponte nas Ondas" continúa a ser unha iniciativa plenamente viva en tanto que o maior exponente de difusión radiofónica do patrimonio inmaterial partillado entre Galiza e Portugal. Falamos daquel patrimonio intanxible, referido a tradicións orais, artes escénicas, saberes populares, usos sociais, rituais, actos festivos ou...

Galiportus Ep.13- Portunhol, a série/documentário do momento na RTP 07.12.2023

O Galiportus de hoje é puramente Raiano, viaja até Lisboa para falar com a Ana Delgado Martins (guionista, diretora de cinema e apresentadora de rádio) e ainda com o Rui Simões (criador da produtora Real Ficção e de longa trajetória no audiovisual português e lusófono) A trabalharem em parceria, os dois protagonistas idearam e produziram "Portunhol", a nova série-documentário de 7 episódios que es...

Escucha el podcast Galiportus en Replaio

Radio y podcasts en una sola app - gratis y sin registro. Instálala hoy y no te pierdas el estreno

Descárgala en Google Play

Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos