PontevedraViva Radio
Cara a cara
'Cara a cara' son entrevistas distendidas y un plus. Entrevistas con autores sobre sus novedades literarias acompañadas de recreaciones sonoras. Entrevistas con artistas acompañadas de sus lanzamientos o estrenos. Entrevistas a quienes apetece preguntar y a quienes apetece escuchar. Con Marisa Ciordia
No dejes de visitar la web del podcast y apoyar a su creador: www.ivoox.com
Autor
PontevedraViva Radio
Categoría
Web del podcast
Último episodio
29 de oct. de 2026
¿Dónde escuchar?
Podcasts en la app Replaio Radio Muy prontoLos podcasts llegarán muy pronto a la app. Instálala ahora y sé el primero en descubrir una forma totalmente nueva de vivir los podcasts
Episodios
Cara a cara #61: Pablo Fernández 31.05.2017 13:59
Acaba de ser nomeado presidente da AJE, a Asociación de Jóvenes Empresarios. Conta que precísamente, en 2013 cando iniciou a súa propia andaina empresarial, foi a súa antecesora Lucía Pedroso quen lle animou a dar o paso. Dous anos despois entrou a formar parte da directiva da Asociación. Neste Cara a cara de PontevedraViva Radio, lembra esa declaración de principios e de ruta que quere seguir á f...
Cara a cara #60: Surfing the Lérez 24.05.2017 42:21
"Unha romaría do rock and roll". Esta é a particular denominación que o promotor do Surfing the Lérez, Marcos Rivas, dálle a este festival pontevedrés que vén de recibir un Premio Galego da Música. Segue o Cara a cara se queres escoitar aos catorce grupos que participarán o próximo 17 de xuño; e saber que é iso da aldea tiki.
Cara a cara #59: Ana Oncina 17.05.2017 20:20
Desde o mes de xaneiro Ana Oncina está catalogada pola revista Forbes como unha das trece novos máis influentes de Europa. Esta alacantina que non alcanza os 30 anos dedícase á ilustración. Fai tres anos editou a primeira publicación da súa parella máis famosa: "Croqueta y Empanadilla", un dos fenómenos do cómic español dos últimos tempos.
Cara a cara #58: Lukas Santiago 10.05.2017 31:54
"Paraíso roubado" é o primeiro documental de Lukas Santiago sobre Lourizán. Licenciado en Historia e Audiovisual, aúna a súa formación para dar voz aos veciños desta parroquia pontevedresa. Neste primeiro traballo, producido pola APDR, céntrase na etapa de finais do século XIX e mediados do XX.
Cara a cara #57: Maru Pardal 03.05.2017 15:04
El YEPP acrónimo de Mocidades Europeas do Partido Popular acaba de elixir a súa dirección e como secretaria xeral resultou unha moza cambadesa, Maru Pardal. Estudou Tradución e Interpretación e domina seis idiomas. A súa vida actualmente bascula entre Vigo, Santiago e Bruxelas. Isto é, o seu marido Javier Dorado, a súa filla Julieta e a súa profesión.
Cara a cara #56: Rafael Domínguez Vaz 26.04.2017 32:51
Polas mans deste traumatólogo pontevedrés, con xenética médica, pasaron máis de quince mil xeonllos. Neste Cara a cara ademais de falar do seu exercicio profesional, lembra unha experiencia persoal cuxo final nunca poderá relatarse. O desquite que o entón presidente do Goberno Adolfo Suárez reclamoulle ao tenis, despois de que Rafael lle gañase un partido na residencia estival dos Domínguez Vaz.
Cara a cara #55: Germán Velásquez 19.04.2017 30:51
A Semana Galega de Filosofía contou na presente edición coa participación de Germán Velásquez, actualmente asesor especial do Centro Sur, organización que integra a 54 países en vías de desenvolvemento para favorecer os seus intereses no panorama internacional. Anteriormente e durante 20 anos, traballou para a Organización Mundial da Saúde ostentando o cargo de director do Programa de Acción para...
Cara a cara #54: Luis Fortes Ledo 12.04.2017 25:15
Di a prensa especializada daquel momento que "o new romantic e a new wave tiveron en Barcelona (ao pontevedrés) Luís Fortes Ledo, como un dos máximos representantes da pret a porter de principios dos 80". Coñeceu e chegou a vestir a artistas da década; como Alaska, que se tatuou nos brazos una dos seus creacciones.
Cara a cara #53: Juan Parra e o pasodobre 'Barquerito' 05.04.2017 36:59
Juan Parra descubriu o pasado ano nos fondos da Biblioteca Nacional un pasodobre, que ten dobre selo pontevedrés. Ese tesouro estréase este venres 6 de abril no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga. Será ás seis da tarde e a entrada é libre. Un pasodobre composto polo mestre Juan Serrano, lucense de nacemento pero pontevedrés de sentimento; e que leva por nome "Barquerito" o alcume q...
Cara a cara #52: Kique Magdalena, 'capitán tapón' 29.03.2017 28:18
Con permiso de Alejandro Sanz, que titulou como "Capitán tapón" a canción de dedicada ao seu fillo; utilizo este apelativo para identificar o protagonista deste Cara a cara. Kique Magdalena, xornalista de profesión e altruísta de vocación, ou viceversa, recolle na súa "taponeta" estes plásticos dos envases con fins solidarios.
#51: Jesús Valiño 22.03.2017 29:38
Despois de 56 anos como profesional da xastrería, este 2017 Jesús Valiño pechará as portas do seu establecemento da rúa Oliva. Unha decisión que viña pospoñendo, pero que afirma, xa non ten cambio de ruta. Repasamos con el a súa infancia, os seus comezos, a súa traxectoria. E laméntase que non haxa ninguén para coller o relevo.
Cara a cara #50: Pablo Lubiáns Tobío 15.03.2017 24:26
Mencionar un controlador aéreo case é "mencionar a bicha". Neste Cara a cara é posible que rompa algún que outro tópico. Este mozo pontevedrés de 26 anos, pensou nesa profesión como futuro laboral; polo momento non resultou factible, así que mira ao ceo unha vez máis, agora como piloto de drons.
Cara a cara #49: 8M - Rosa Gago Noya 08.03.2017 18:02
O Cara a cara de PontevedraViva Radio mira como o resto de programas ao 8M. Rosa Gago Noya é a muller que este 2017 recibiu a homenaxe do sindicato UXT nas comarcas de Pontevedra e Arousa. Recoñecemento á súa traxectoria reivindicativa pola igualdade laboral e de dereitos entre mulleres e homes. Comezou no mercado laboral aos 15 anos e desde os 18 ata a súa prexubilación en 2011, traballou para Me...
Cara a cara #48: Enrique Alvite 01.03.2017 16:15
Enrique Alvite é un compositor e músico pontevedrés. O seu nome trascendeu entre os medios de comunicación locais en agosto de 2015. Foi con motivo da canción que compuxera para a pontevedresa desaparecida Sonia Iglesias. No seguinte álbum en que está a traballar, o nome de Sonia volve estar presente. Nesta ocasión cunha versión en galego.
Cara a cara #47: José Víctor González, 'Pepe Shiva' 22.02.2017 29:54
Neste Cara a cara convidamos, como di el "só ao ocurrente" do primeiro desfile de entroido nas rúas de Pontevedra. José Víctor González, ou "Pepe Shiva" tivo outra ocorrencia, fixo do papagaio dun boticario, o emblema do entroido pontevedrés.
Cara a cara #46: Juan Carlos Pérez 15.02.2017 21:33
Juan Carlos Pérez é o actual presidente do Rotary Club de Pontevedra. Unha organización que nestes momentos conta con menos socios que hai uns anos, pero que seguen abrindo o seu colectivo a quen queira colaborar activamente na prestación de servizos humanitarios. Con este fin organizaron unha actuación benéfica para o 24 de febreiro.
Cara a cara #45: Sés 08.02.2017 28:41
Afirma que tiña vocación docente pero, desde que irrompeu no panorama musical galego co seu primeiro álbum en 2012, Sés é unha cantautora en progresiva proxección. Unha mágoa para posibles alumnos, pero unha auténtica sorte para a cultura. De ideas perfectamente "amobladas" e fiel aos seus principios. Está de xira co seu cuarto traballo "Opoñerse á extinción". O 11 de febreiro ofrece un concerto n...
Cara a cara #44: Ana Ortiz 02.02.2017 19:15
Ana Ortiz era nomeada este pasado 1 de febreiro subdelegada do Goberno en Pontevedra. Neste Cara a cara de PontevedraViva Radio coñecemos a esta ourensá de nacemento, viguesa de residencia e pontevedresa laboralmente. Estas semanas serán de moita entrevista de cortesía, de ir axustándose ao novo espazo administrativo, pero na súa toma de posesión xa avanzou tres prioridades: atallar a violencia ma...
Cara a cara #43: Exhibicións de risco no Campiño 25.01.2017 14:41
Juan José López Castro, tenente do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra, participa no Cara a cara de PontevedraViva Radio para falar sobre o último operativo desenvolvido no polígono de O Campiño ante un importante número de persoas e vehículos congregados para participar ou seguir "exhibicións de risco".
Cara a cara #42: Premios Cidade de Pontevedra 18.01.2017 26:15
Con motivo da festividade do voto da cidade, este venres 2 de xaneiro, San Sebastián, entregaranse os Premios Cidade de Pontevedra. Nesta última edición os galardóns teñen un marcadísimo carácter social. Ángela Paz será a persoa que reciba o recoñecemento no apartado de persoas físicas; e no apartado de entidades xurídicas o Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra. Neste Cara a cara compartim...
Cara a cara #41: Alberto Agrelo 11.01.2017 25:56
Alberto Agrelo Vidal ve en primeira persoa o maior éxodo desde a segunda guerra mundial. Este grovense, bombeiro de profesión, non puido quedar de brazos cruzados cando vía por televisión esta tesitura. Así que se sumou a PROEMAID. É unha asociación sen ánimo de lucro que xurdiu en 2015 a instancias de tres bombeiros sevillanos. A día de hoxe forman parte profesionais de emerxencia co obxectivo de...
Cara a cara #40: Beatriz Ramírez 04.01.2017 21:20
É pontevedresa, ten 25 anos. Formouse academicamente en España, pero as oportunidades laborais non chegaron aquí e buscou un futuro, a maior ou menor prazo, no estranxeiro. Desde o pasado agosto vive e traballa en Carolina do Norte, en Estados Unidos. Alí é profesora de español na Universidade. Beatriz Ramírez Canosa, estivo gozando de cinco semanas de vacacións na súa cidade, coa súa familia e os...
Cara a cara #39: San Silvestre 28.12.2016 14:51
A San Silvestre de Pontevedra cumpre 33 anos en plena forma, convertida na proba atlética máis popular do calendario e nun auténtico fenómeno de masas. A poucos días da súa celebración uno dos responsables da Sociedad Gimnástica, Santi Ferrer, dá consellos aos participantes e revela por onde pasa o seu futuro máis próximo
Cara a cara #38: A por o gordo de Nadal! 21.12.2016 13:08
Quedan poucas horas para que arrinque o sorteo extraordinario da lotería de nadal. Cada 22 de decembro, a ilusión vístese en forma de décimo e esas boliñas cantadas polos Nenos de San Ildefonso, decidirán se efectivamente foi o día da sorte; ou o día da saúde. Con Celia Portela Vallejo, empregada da Administración de Loterías número 1 de Pontevedra, charlamos deste sorteo, desta campaña especial p...
Cara a cara #37: Que non me chamen máis, cona! 14.12.2016 15:54
En 2014 entraba en vigor a nova normativa na defesa ao consumidor. No seu desenvolvemento expóñense algunhas máximas de protección sobre esas persistentes e inoportunas, en ocasións, chamadas comerciais. Con todo, da norma á práctica, o incumprimento é evidente; e a protección do particular practicamente nula. Estas e outras cuestións trasladámoslla á avogada Rosa Rodríguez.
Podcasts similares
Replaio no es editor de podcasts; los nombres de los programas, las portadas y el audio pertenecen a sus autores y se distribuyen a través de canales RSS públicos