AGalegaAudio
Todos os podcast | Galicia en goles
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP, Lugo, Celta Fortuna, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos cinco equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Fabril Deportivo e Bergantiños. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Breogán e Básquet Coruña na AC...
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
30 Σεπ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
Galicia en Goles especial Castellón-Depor 17-03-2025 17.03.2025 2:30:48
Castellón - Deportivo con Javi Torres e Traba. Presenta Roberto Carlos Carballo.
Galicia en goles Fin de semana 16-03-2025 16.03.2025 10:15:55
O domingo tivo no Coliseum o gran evento deportivo en Galicia. Nun fermoso derbi na Liga ACB o Breogán deu un paso adiante cara a permanencia lastrando as opcións do Básquet Coruña. No fútbol a mellor nova foi o triunfo do Ourense CF. Na 2ª RFEF gañou o Fabril, perdeu o Pontevedra e no derbi do Vao o Coruxo dobregou ao Compostela
Galicia en goles Fin de semana 15-03-2025 15.03.2025 9:15:56
A maratoniana xornada sabatina tivo un álxido comezo coa dobre cita do fútbol profesional. O Celta sumou a segunda vitoria da temporada coma visitante en Valladolid e presenta a clara candidatura a loitar polos postos europeos. O Rácing de Ferrol trocou a dinámica de derrotas empatando a cero ante o Eibar. Na 1ª RFEF o Lugo derrotou ao Unionistas. Mentres no polideportivo o Porriño caeu nas semifi...
Galicia en goles venres 14-03-2025 14.03.2025 3:30:56
Celta Fortuna - Sestao con Roberto Carlos Carballo e Baltierra. Atlético Guardés - Beti Onak con Gonzalo Alonso. Post partido do Celta Fortuna con protagonistas. Previa da xornada dos equipos galegos con Raúl Villares e Emilio González. Presenta Paco Santos. Marcadores: Emilio González e Iago Gayoso. Redes sociáis: Iago Gayoso.
Galicia en goles Fin de semana 09-03-2025 09.03.2025 10:15:55
Non foi, en xeral, un bo domingo para o deporte galego. O Rácing de Ferrol volveu amosar a súa peor cara caendo en Granada por 3 a 0. Tamén perdeu claramente o Básquet Coruña en Manresa nunha mañá nefasta para o fútbol da federación, con derrotas de Lugo, Fortuna, Arenteiro, Fabril e Coruxo. Pola tarde chegou a mellor nova, coa vitoria do Pontevedra que é , de novo, líder do seu grupo da 2ª RFEF.
Galicia en goles Fin de semana 08-03-2025 08.03.2025 9:15:54
O Galicia en Goles comezou da mellor maneira posible, co triunfo do Celta ante o Leganés en Balaídos. Son tres puntos que axudan aos olívicos a poder soñar con loitar os postos europeos. A mala nova no equipo vigués chegou co equipo feminino, que caeu ante o Deportivo B no desconto. No baloncesto a gran vitoria do Breogán foi o punto final perfecto para o programa, tendo xa o equipo lucense pe e m...
Galicia en goles venres 07-03-2025 07.03.2025 3:29:55
O Deportivo rescata un punto fronte ao Córdoba en Riazor grazas a un tanto de Eddachouri no osegundo tempo. Ademais o Campionato Galego de Ralis abre o pano co Rali do Cocido, que se desputa esta fin de semana en Lalín
Galicia en Goles especial Racing-Burgos 05-03-2025 05.03.2025 2:15:56
Racing de Ferrol-Burgos narrado por Raúl Villares, Nesy Otero e Juancar Fernández. O Ensino-Gernika coa voz de Alfonso Pardo. Presentado por Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Iago Gayoso.
Galicia en goles Fin de semana 02-03-2025 02.03.2025 10:15:55
Un gol de Ximo Navarro no desconto permitiulle ao Deportivo sumar a vitoria en Oviedo. Na 1ª RFEF o Fortuna empatou na casa e o Ourense CF asaltou Segovia. Todo isto aconteceu nunha xornada na que O Gran Camiño tivo moita importancia, coa desputa da quinta e última tirada con final en Compostela. No polideportivo Breogán e Cangas caeron nas súas citas ligueiras
Galicia en goles Fin de semana 01-03-2025 01.03.2025 9:15:55
Houbo todo tipo de resultados para os conxuntos galegos nesta fin de semana na que O Gran Camiño copa gran parte da actualidade da nosa comunidade. O Celta empatou a dous goles nun encontro de ida e volta ante o Xirona. O Rácing de Ferrol caeu en Huesca e ten a permanencia cada día máis complicada. A gran nova chegou no baloncesto coa balsámica vitoria do Básquet Coruña ante o LLeida no Coliseum.
Galicia en goles venres 28-02-2025 28.02.2025 3:31:02
Previa da xornada dos equipos galegos con Roberto Carlos Carballo e Raúl Villares. Análise da etapa do Gran Camiño con Pedro Pablo Alonso e Rodrigo Pérez con entrevista a protagonistas. Previa do Rally do Cocido con entrevista a Mateo e Alberto Meira. Entrevista a Álex González e Perú. Presenta Paco Santos. Marcadores: Emilio González e Iago Gayoso.
Galicia en goles Fin de semana 23-02-2025 23.02.2025 10:15:54
Pese a ser superior ao Huesca, o Deportivo non foi quen de acadar a vitoria que lle daría folgos na loita pola permanencia. O triunfo do Eldense volve achegar aos coruñeses a eses postos perigosos. Pola contra o Arenteiro asaltou o Johan Cruyff derrotando ao Barsa Athletic e ocupa zona de playoff. Na 2ª RFEF destaca a vitoria do Pontevedra que é líder en solitario aproveitando o empate do Numancia...
Galicia en goles Fin de semana 22-02-2025 22.02.2025 9:15:54
O sábado comezou da peor maneira posible, coa derrota do Rácing de Ferrol na Malata por cero a un ante o Córdoba, que deixa aos verdes moi tocados na loita pola permanencia. Na 1ª RFEF houbo unha de cal e outra de area. O Celta Fortuna caeu en León mentres que o Ourense CF derrotou no Couto a Nástic. Na 2ª RFEF o Fabril empatou na casa ante o Marino e o Bergantiños regresa de Laredo cunha vitoria...
Galicia en goles venres 21-02-2025 21.02.2025 3:30:57
Celta - Osasuna con Roberto Carlos Carballo, Víctor López, Moncho Carnero e Arbi Que Pitas. Athletic B - Lugo con Emilio González. Post partido con protagonistas. Previa da xornada dos equipos galegos. Presenta Paco Santos. Marcadores: Iago Gayoso.
Galicia en goles Fin de semana 16-02-2025 16.02.2025 10:14:55
O Deportivo da Coruña desaproveitou unha gran oportunidade de dar un paso de xigante cara a permanencia tras caer ante o Eldense por dous goles a cero. Pola contra o Fortuna e o Lugo regresaron á senda do triunfo tras derrotar a Real Unión e Sestao respectivamente. No polideportivo destacou a vitoria do Liceo, o pase do Porrriño a semifinais da European league e as derrotas de COB e Obradoiro na 1...
Galicia en goles Fin de semana 15-02-2025 15.02.2025 8:40:55
O Celta sacou un punto agridoce da súa visita ao Metropolitano. No resto do fútbol houbo pleno de vitorias galegas, con Arenteiro derrotando ao Tarazona e na 2ª RFEF Fabril e Bergantiños facendo o propio con Langreo e Salamanca
Galicia en goles venres 14-02-2025 14.02.2025 3:31:01
Mirandés - Racing de Ferrol con Raúl Villares e Nesy Otero. Unionistas - Ourense con Emilio González. Post partidos con protagonistas do encontro. Previa da xornada dos equipos galegos. Entrevista a Xaquín Núñez, autor de ¨A Gran Final¨. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Iago Gayoso
Galicia en goles Fin de semana 09-02-2025 09.02.2025 10:14:52
O Galicia en Goles deste domingo estivo centrado en Riazor coa vitoria do Deportivo ante o Almería. Na 1ª RFEF o Ourense CF foi o único galego en sumar tres puntos, vencendo pola mínima ao Celta Fortuna no derbi do Couto. O Lugo e o Arenteiro caeron ante Andorra e Athletic B respectivamente
Galicia en goles Fin de semana 08-02-2025 08.02.2025 9:15:52
O maratoniano Galicia en Goles deste sábado comezou pouco antes das 14 horas para contar a dobre cita no fútbol profesional galego. O Celta remontou na segunda parte ao Betis para recuperar puntos e sensacións mentres que o Ràcing de Ferrol caeu na Malata ante o Castellón. No baloncesto tamén houbo unha de cal e outra de area. O Breogán tumbou ao colíder Unicaja no Pazo e o Básquet Coruña a piques...
Galicia en goles venres 07-02-2025 07.02.2025 3:29:58
Cantabria - Obradoiro con Raúl Villares. Entrevista a Héctor Galán, director deportivo do Obradoiro. Granollers - Balonmán Porriño con Gonzalo Alonso. Previa da xornada dos equipos galegos. Entrevistas a Juan Quintas, xogador do balonmán Cangas, a Rubén Méndez, responsable de marketing do Emevé, Fredi Bea, presidente da Federación Galega de Piragüismo, a Olalla Folla, presidenta do Poio FS e a Jav...
Galicia en Goles especial Levante-Rácing 03-02-2025 03.02.2025 2:30:57
Levante - Racing de Ferrol con Raúl Villares e Nesy Otero. Marcadores: Iago Gayoso. Presenta Roberto Carlos Carballo.
Galicia en goles Fin de semana 02-02-2025 02.02.2025 10:14:57
O Galicia en Goles contou dende as 11:45 ata as 22:00 todo o deporte galego. Por desgraza houbo que narrar a derrota do Celta en Valencia, que da folgos ao equipo ché. A boa nova foi o triunfo do Deportivo en Eibar, que afastaao coruñeses a oito puntos do descenso. No polideportivo destaca a derrota do Breogán en Tenerife e a goleada do Liceo ante o Vic.
Galicia en goles Fin de semana 01-02-2025 01.02.2025 8:40:55
O Galicia en Goles do sábado tivo protagonismo para o Baloncesto. No Coliseum o Coruña caeu de novo, desta ve ante o Gran Canaria, e segue de pechacancelas. Na 1ª FEB, o Obradoiro gañou no Sar e o COB caeu no Paco Paz ante o Menorca. Tamén novas malas para as galegas nas semifinais da Supercopa de España de futsal feminino, coa eliminación do Poio ante o Futsi e do Burela contra o Melilla. Tampouc...
Galicia en goles venres 31-01-2025 31.01.2025 3:30:57
Liga feminina de baloncesto. Zaragoza - Celta con Gonzalo Alonso e Uni Ferrol - Gipuzkoa con Raúl Villares. Entrevista a protagonistas dos encontros. Entrevista a Antonio Pernas, adestrador do Ensino. Presentación de Pablo Prieto como novo presidente da Federación Galega de Fútbol. Entrevista a Pablo Prieto, Argimiro Marnotes, Tino Saqués, Manuel Abalo, Luis Cendán e Davis Páez. Previa da xornada...
Galicia en Goles especial Tenerife-Deportivo 29-01-2025 29.01.2025 3:30:58
Tenerife - Deportivo con Javi Torres e Ayoze Díaz dende o Heliodor Rodríguez López. Marcadores dos oitvos de final da Copa da Raíña de Balonmán co La Calzada - Porriño e Barakaldo - Guardés. Marcadores de Champions. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Iago Gayoso.
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS