AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ Επεισόδια: 698

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal

Δημιουργός

AGalegaAudio

Κατηγορία

Society

Ιστοσελίδα του podcast

agalegaaudio.gal

Τελευταίο επεισόδιο

2 Οκτ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

A tarde 04-03-2026 04.03.2026

Falamos da loita contra o envellecemento a través dos coidados estéticos co cirurxán Alejandro Quinto. Asistimos na Academia de Ana Prados en Compostela a un curso de xastrería tradicional. Dous cociñeiros do Grupo 9, Iván Domínguez e Javier Rodríguez, explícannos en que consisten os cursos que realizan nas escolas de hostelaría de Galicia. Falamos con Montse Fajardo, comisaria da exposición &quot...

A tarde 03-03-2026 03.03.2026
Remedios Cabanelas cumpre 101 anos 03.03.2026

Remedios Cabanelas Álvarez, a veciña máis famosa da aldea de Puxedo, no concello ourensán de Lobios, naceu en Prencibe o 2 de marzo de 1925. Veciña de Puxedo practicamente toda a súa vida, aos seus 101 anos mantén o seu carácter animado, a súa dedicación á vida rural que a fai seguir coidando hoxe en día da súa horta e o seu gran sorriso, que fixo que moita xente a coñeza como "o sorriso de P...

A tarde 02-03-2026 02.03.2026

Os nosos oíntes suxírennos remedios caseiros para males comúns e a bióloga Marina Castro explícanos que herbas medicinais podemos utilizar para cada caso. Imos ao Salnés para coñecer a Leandro Fernández, un pioneiro do cultivo de aguacates en Galicia. Xa podemos ler en galego "Tortura branca", o libro de Nargas Mohammadi no que recolle testemuños de mulleres iranianas encarceradas. Falam...

A tarde 27-02-2026 27.02.2026

Falamos da "telefonofobia", esa reticencias a falar por teléfono que notamos sobre todo nos máis novos. O noso experto en novas tecnoloxías Marcus Fernández explícanos como usa o teléfono a movidade. Enviamos a Tito Lesende a Bruxelas para que nos describa o ambiente do EmigraSON e fale cun dos seus organizadores, David Rebollo e con varios dos participantes, Martín Louro e Sabela Ramil....

A tarde 26-02-2026 26.02.2026

En Pazos de Borbén crearon unha plantación de pistachos. Explícanos por que o seu impulsor, o presidente da Comunidade de Montes de Amoedo, Rubén Míguez. Falamos de festivais de música. Tito Lesende lévanos ao Emigrason, a embaixada da música galega en Bruxelas, e Joaquín Enríquez e Lucía Pérez preséntannos o Talentiño, o certame para xente nova que se desenvolve en Ferrol. Visitamos en Vigo o Far...

A tarde 25-02-2026 25.02.2026

Máximo Huerta preséntanos o seu libro "Mamá está dormida", no que aborda o trato aos maiores. Falamos con Carlos Lago Peñas, catedrático de Ciencias da Educación e do Deporte, de como combater a violencia na práctica deportiva. Marga Amenedo explícanos o que é a oncoloxía integrativa. Na Guarda atopamos a Pedro Ruibal, un antigo camioneiro que deixou o seu oficio para abrir en Galicia un...

A tarde 24-02-2026 24.02.2026

Neste programa escoitamos a persoas que salvan vidas. O garda civil Ángel Rubinos cóntanos como evitou a morte por atragoamento dun rapaz de dous anos e os policías nacionais Fernando e Manuel descríbennos como rescataron do mar un home que estaba inconsciente. Conversamos con Ana, unha refuxiada ucraína que leva catro anos residindo na Coruña. Día de lecturas no que Marta Robles nos presenta a sú...

A tarde 23-02-2026 23.02.2026

Un de cada catro traballadores galegos sofren estrés laboral. Nunha casa rural da comarca da Ulloa Santiago Nicolás organiza retiros e cursos de meditación e ioga para "desestresar". No Día de Rosalía Vituco Neira fainos un percorrido polas músicas que se apoiaron na obra poética da escritora. Ademais asistimos ao acto de lembranza de Rosalía que organizan en Vigo a Asociación de escrito...

A tarde 20-02-2026 20.02.2026

A neveira de Virtudes está chea de imáns. A organizadora de espazos Ana Barja dalle uns consellos para ordenalos. Falamos con dous madrileños, Laura Uz e Álvaro Muñoz, que se lanzaron á aventura de abrir unha libraría en Mugardos. Que pasa cando un homosexual termina nunha residencia? Falamos diso con Federico Armenteros, creador da Fundación 26 de decembro, que se dedica a atender a maiores LGTBI...

A Tarde 19-02-2026 19.02.2026

Falamos sobre os "therian", moz@s que se identifican con animais. Axúdanos a entender este fenómeno Adrian Pérez. Visitamos na Coruña a exposición "Auga e soño" acompañados do seu autor, Antón Patiño, e da comisaria, Rosario Sarmiento. Escoitamos as queixas dos veciños das parroquias pontevedresas de Alba e Cerponzóns polos danos que lles causan os xabaríns. Tamén as dos usuari...

A tarde 18-02-2026 18.02.2026

Aprendemos técnicas para cortar o pelo con Adrián Paz na academia de barbeiros Vibes de Pontevedra. Arnau Esteve, de Casa Asumpta, en Arzúa, ensínanos a preparar unha calçotada. A experta en protocolo Margarita Murillo explícanos como comportarnos correctamente cando andamos pola rúa. Arturo Lezcano, autor de "O país invisible", descúbrenos topónimos galegos no estranxeiro. Saudamos a Ad...

A tarde 17-02-2026 17.02.2026

Estamos entregados ao entroido. Imos a Santa Cristina de Cobres para participar na corrida do galo e ve-las madamas e os galáns. Falamos cunha peliqueira de Laza, un cigarrón de Verín e un felo de Maceda e Mónica Prego descúbrenos os pratos menos coñecidos destas celebracións. O sicopedagogo Miguel Lois explícanos se está ben recorrer ás listas para non esquecernos de nada ou é mellor exercitar a...

A tarde 16-02-2026 16.02.2026

Programa moi entroideiro no que asistimos ao "enfrontamento" dos barrios de Feira e Castro Barreiro, en Salceda de Caselas; viaxamos a Pobra do Brollón para ve-lo oso de Salcedo; coñecemos ao loro Ravachol de Pontevedra; probamos as filloas e as orellas de Mari no restaurante Lois da Coruña: e nos mergullamos nas raices da festa co antropólogo Rafael Quintiá. Tamén temos moita música. Va...

A tarde 13-02-2026 13.02.2026

No Día Mundial da Radio pedímoslle aos oíntes que nos digan que significa para eles este medio e falamos con Santiago Veloso, coordenador do proxecto Ponte nas Ondas, que busca fomentar entre a rapazada a afección pola radio ao tempo que divulga o patrimonio cultural galego portugués. O tenente de alcalde de Taboada, Xosé Portela, convídanos a asistir á Festa do do Caldo de Osos. Visitamos en Oros...

A tarde 12-02-2026 12.02.2026

O día da morte do intelectual Xesús Alonso Montero lembramos a súa figura coa axuda de Enrique Monteagudo, Vítor Freixanes, Dolores Vilavedra, Xesús Rábade Paredes, Carlos Núñez e Carmen Blanco. O dúo Amaral actúa na Coruña e os seus integrantes, Juan e Eva, acompáñannos no programa. Imos á Veiga na procura de grandes xabaríns coa axuda do presidente da Federación Galega de Caza, Vicente Lameiro....

A tarde 11-02-2026 11.02.2026

Visitamos en Moaña a cooperativa A Meixoeira, unha gandería caprina formada por tres socios que elabora queixos artesanais premiados internacionalmente. Imos de médicos. O reumatólogo Carlos García Porrúa explícanos porque nos doen máis as articulacións con chuvia e frio e o doutor Norberto Proupín fálanos dos trastornos do sono. Laura La Montagne traenos o seu novo disco "SonRisas falsas&quo...

A tarde 10-02-2026 10.02.2026

Nunca é tarde para aprender a montar en bici. Dínolo Sila López, directora de Bici Escola Galicia. Coñecemos o entroido ribeirao a través dunha exposición fotográfica que podemos ver na Casa da Cultura de Chantada. Lembramos ao actor recentemente falecido Gonzalo Rey Chao coa axuda de Antonio Durán "Morris" e de Ana Santos, que o acompañaron en moitas xornadfas de rodaxe. A cantante Mari...

A tarde 09-02-2026 09.02.2026

Felicitamos a Nuria Grandío e Rodri Míguez, dous dos gañadores na última edición dos Premios Youtubeiras+, que recoñecen aos mellores creadores de contidos nas redes en galego. Visitamos o taller artesanal no que Quique Marín crea os mobles de madeira da súa firma Osso. En Foz conversamos con outra artesá, Esther Rojas, que elabora as marmeladas "As Coruxas". O monitor de natación José M...

A tarde 06-02-2026 06.02.2026

Seguimos condicionados polo interminable temporal deste inverno. Neste programa falamos con afectados pola suspensión dos servizos ferroviarios e tamén cun galego atrapado no aeroporto de Berlín. O presidente da Asociación Galega de Ambulantes. Iago Vázquez, coméntanos as consecuencias do persistente mal tempo para os comerciantes dos mercadiños. Coñecemos en Salcedo o traballo de terapia con anim...

A tarde 05-02-2026 05.02.2026

Só o un por cento das parellas deciden antepoñer o apelido da nai ao do pai. O sociólogo Jorge García Marín explícanos as razóns desa reticencia. Miguel Anxo Abraira cóntanos como se propoñen recuperar a figura do meco no entroido do Eume. Rochi Novoa fálanos do entroido de Xunqueira de Ambía e explícanos que son os "farrumecos". Patricia Porto preséntanos o concurso de escaparatismo con...

A tarde 04-02-2026 04.02.2026

Neste programa temos moita música. Luis Fercón cántanos en vivo as súas novas cancións e o cantante do Caimán do Río Tea, Rafa Leiras, preséntanos o novo disco do grupo, "Vou pa Portujal". Ademais Xaime Fandiño preséntanos o seu documental "Sixtytolos", que versa sobre os precedentes da Movida viguesa. Visitamos A Factoría do Lume para que os fundadores desta empresa, Joaquín P...

A tarde 03-02-2026 03.02.2026

Imponse a moda de pinta-las paredes de greige, cores neutras. Preguntámoslle a razón á decoradora Maika Iglesias. Lucía Carballeda, directora da Galería Dupla de Santiago, explícanos por que os galeristas organizaron unha xornada de protesta. Carmen Gallardo preséntanos o seu libro "Reinas infieles". Preparámonos para o entroido con Romualdo Irijoa, o fundador da comparsa máis veterana d...

A tarde 02-02-2026 02.02.2026

Contámoslles cales son as cidades máis limpas e máis suxas do mundo. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cóntanos como funciona o punto limpo móbil que puxo en marcha o seu concello. Subimos ao vehículo autónomo conectado do campus de Vigo co catedrático de enxeñería Telemática Felipe Gil. Pipo García dinos como vai a recollida de sinaturas para poñerlle ao Auditorio de Ferrol o nome do músico re...

A tarde 30-01-2026 30.01.2026

Άκου το podcast Todos os podcast | A tarde στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS