AGalegaAudio

Todos os podcast | A tarde

Society GL ↓ Επεισόδια: 698

A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal

Δημιουργός

AGalegaAudio

Κατηγορία

Society

Ιστοσελίδα του podcast

agalegaaudio.gal

Τελευταίο επεισόδιο

2 Οκτ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

A tarde 28-08-2026 28.08.2026

Imos de festa! Mergullámonos no Festival da Luz en Boimorto. Imos á Festa da vendima do SDaviñao e á Romaría da Familia en Paderne. Coñecemos a David Catá, un artista de Viveiro e cose as súas obras na epiderme da súa pel. Pablo Vázquez suxírenos que facer un día de chuvia en Galicia. Evocamos coa catedrática de historia da arte Celia Castro a figura da pioneira da fotografía en Galicia, Corona Go...

A tarde 27-08-2026 27.08.2026

Coñecemos a Rubén Portas, un galego que se dedica á conservación da fauna salvaxe en Namibia. O vasco Beñat García cóntanos que se propón percorrer en bicicleta a distancia entre Fisterra e Badalona para visibilizar a fibromialxia. A guía Rosa Dorado lévanos da man a dar un paseo pola historia de Ribadavia. Conversamos cunha avogada ourensá de só 25 anos, Clara Vázquez, especialista en protección...

A tarde 26-08-2026 26.08.2026

Imos a Ferrol para ver como se presenta a Pantín Classic. Falamos co organizador deste campionato de surf, Iago Barreiro. O dúo Son Galaico preséntanos en vivo o seu primeiro disco "Lendaira". Coñecemos as actividades da asociación Maceda en Imaxes. Beni Rodríguez, presidenta da asociación O Fiadeiro da Nosa Aldea, cóntanos como decoran o lugar de Toro, en Laza, con teas de ganchillo. Me...

A tarde 25-08-2026 25.08.2026

Falamos con Matthew Wright, o australiano que se propón dar a volta ao mundo nun veleiro, en solitario e sen escalas, partindo da illa de Arousa. O coordinador cirúrxico do CHUAC, Carlos Nieto, cóntanos como fixeron oito transplantes de órganos en trinta horas. Presentamos Vendaval, unha mostra de cine portugués na Ribeira Sacra. Tamén coñecemos as interioridades de "Unha maleta de cartón&quo...

A tarde 24-08-2026 24.08.2026

O vilalbés Brais Lamela preséntanos a súa segunda novela, "A lingua estranxeira". Coñecemos a Antón Castro, cociñeiro galego do ano 2026. Ernesto Romero amósanos o museo de cine que mantén aberto en Leiro. Marta Cousiño convídanos a colaborar con Amigos de Galicia na recollida de material escolar para familias sen recursos. Paula Castelar cóntanos en que consiste o seu proxecto "Tre...

A tarde 21-08-2026 21.08.2026

Antía Vidal improvisa con Ángel Cantizani, do grupo madrileño Al Tran Tran. Ánxela Diéguez lévanos de Tardeo ao Pico Sacro. Seguimos de festa. Neste programa imos á do Esquecemento en Xinzo e á da empanada en Bandeira. O "galego viaxeiro" desvélanos onde podemos ver os mellores solpores en Galicia. Coñecemos a Diego Seijas, director artístico de Loewe. Comprobamos como se preparan os esc...

A tarde 20-08-2026 20.08.2026

A compañía Galeteatro convídanos a asistir a representacións teatrais en muiños. Falamos con dous dos artífices da iniciativa, Alba Bermúdez e Toni Martínez. Na sección de improvisación "Non estaba escrito" Antía Vidal recibe a actriz e presentadora Marta Doviro, que forma parte do grupo teatral As Teimas. Precisamente para ver un espectáculo de improvisación imos con Ánxela Diéguez ao c...

'Pai', de Miguel Louzao Outeiro 19.08.2026
A tarde 18-08-2026 18.08.2026

Dende Houston, en Texas, aténdenos a neurocientífica luguesa Sonia Villapol para falarnos do seu libro "Cerebro en modo ON", co que tenta achegar a súa disciplina á mocidade. Con Belén Regueira imos a Rianxo para paseármonos por Titiriberia. Entrevistamos ao fotógrafo, deseñador gráfico e director de cine Isaac Gulías. Hugo Trillo preséntanos a asociación coruñesa Fibro Visibles, empeñad...

A tarde 17-08-2026 17.08.2026

Ánxela Diéguez lévanos a Lousame para explicarnos como funciona un hotel para cans, K-nine. Coñecemos a Alberto Añón, o oleiro máis novo de Buño. Iria Collazo preséntanos o libro co que gañou o premio García Barros, "A muller de mentira". Imos facer turismo á Fonsagrada utilizando como guía a Xosé Fernández , propietario do camping da localidade. Conversamos con Lucía Lamas, fundadora da...

A tarde 14-08-2026 14.08.2026

Antía Vidal xoga a improvisar coa colaboración de Susana Sampedro e Susa Cofiño. Coñecemos mellor á pandereteira, escritora e divulgadora da tradición galega Icía Varela. Adrián Riveiro e Pablo Gómez, o dúo Furada, preséntanos o seu disco debut. Pablo Rodríguez, da asociación de veciños de Puxedo, en Lobios, fálanos da Festa da Malla. Ángela Diéguez viu o eclipse en Fisterra e trasládanos as sensa...

A tarde 13-08-2026 13.08.2026

Aínda coas imaxes do eclipse moi presentes volvemos a improvisar, desta volta con Diego Salgado. Escoitamos en vivo o mellor gaiteiro do mundo, Manu Seoane. Isa Villanueva aconséllanos como coidar zapatos, cintos ou bolsos. Preparámonos para dias de festa falando con Sheila Álvarez, presidenta da comisión que organiza "As nosas músicas" en Couso, na Estrada, e coa alcaldesa de Betanzos,...

A Tarde especial eclipse 12-08-2026 12.08.2026
A tarde 11-08-2026 11.08.2026

Centrados na eclipse. O profesor Jorge Mira cóntanos curiosidades deste fenómeno. Manuel Andrade Valiño fálanos do programa científico e divulgativo que desenvolverá a USC no campus de Lugo co gallo deste evento. O fotógrafo Eutropio Rodríguez ofrécenos consellos para captar imaxes da eclipse. O latinista Xosé Antonio López explícanos como se actuaba na antigüidade cando había eclipses de sol ou d...

A tarde 10-08-2026 10.08.2026

Tito Rober e Víctor Grande converten o programa nunha improvisación. Conversamos coa muralista Lula Goce. O director do festival de banda deseñada "Viñetas desde o Atlántico", Manel Craneo, coméntanos o programa da edición deste ano. Falamos do eclipse con Antón Baleato, un cosmólogo da Universidade de Berkeley que participa nun congreso na Coruña, e con Antonio Álvarez, da Asociación As...

A tarde 07-08-2026 07.08.2026
A tarde 06-08-2026 06.08.2026
A tarde 05-08-2026 05.08.2026
A tarde 04-08-2026 04.08.2026
A tarde 03-08-2026 03.08.2026
A tarde 31-07-2026 31.07.2026
A tarde 30-07-2026 30.07.2026
A tarde 29-07-2026 29.07.2026
A tarde 28-07-2026 28.07.2026
A tarde 27-07-2026 27.07.2026

Άκου το podcast Todos os podcast | A tarde στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS