AGalegaAudio
Todos os podcast | A tarde
A tarde ofrece información e entretemento todos os días desde as 15 da tarde ata as 19 do serán. Na primeira hora xunto co ton humorístico de Virtudes debúllanse varios temas curiosos mediante entrevistas e faladoiros. Na segunda e na terceira hora van entrando xa algúns e algunhas das nosas colaboradoras especializadas en distintos temas: medicina, dereito, consumo, cine e moitos máis que nos traen unha achega ás súas disciplinas. Por último, na cuarta hora do programa achegámonos ás delegacións da Radio Galega para saber que está a ocorrer nas grandes cidades galegas.
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
2 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
A tarde 18-11-2025 18.11.2025 3:56:54
No día do seu pasamento lembramos ao produtoir cinematrográfico Julio Fernández. Debullamos o programa da XXXIII Semana de Cine Submariño de Vigo cun dos seus organizadores, Xesús Sousa. Visitamos unha das ganderías mais premiadas de España, a de Rey Miñotelo na Pastoriza. O actor e profesional da dobraxe Luis Iglesia ensínanos técnicas de dicción para falar con corrección. O decano do Colexio de...
A tarde 17-11-2025_to_mp3 17.11.2025 3:53:46
Visitamos no Irixo a Cooperativa Santa Mariña de Loureiro para que o seu xerente, Francisco Vázquez, nos explique como elaboran iogures, queixo e Kefir. Unha árbore da Coruña, un metrosidero de 200 anos, e candidata a árbore do ano en España. Xosé Alfeirán cóntanos a súa historia. Entrevistamos á cantante de Catoira Arantxa Pérez, "La Filomena". Baldomero Iglesias traenos o seu Catálogo...
A tarde 14-11-2025 14.11.2025 3:56:55
Felicitamos a Isabel Dobarro, a galega premiada co Grammy Latino ao mellor album de música clásica. O xerente da reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas, Diego López Pereira, explícanos o proxecto de recuperación das embarcacións abandonadas na ría de Betanzos. Conversamos coa veterana actriz María Galiana, que está de xira por Galicia coa obra "Yo solo quiero irme a Francia". O antrop...
A tarde 13-11-2025 13.11.2025 3:57
Existe a bondade? Hai máis persoas boas ca malas?. Carlos Juiz, director de Cáritas Interparroquial de Santiago, sostén que si e o argumenta. Coñecemos a Mar Capeáns, unha física compostelá que traballa no Laboratorio Europeo de Física de Partículas en Xenebra. A concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Anabel Gulías, explícanos en que consiste o programa Pontevedra Capital Gastro e por q...
A tarde 12-11-2025 12.11.2025 3:54
As medidas para previr a gripe aviar teñen entre as súas consecuencias o aumento do prezo dos ovos. Escoitamos a consumidores e produtores. O presidente da Asociación Galega de Avicultura con posta, Rodrigo García, explícanos como se preparan as granxas para protexerse do andazo. Imos a Caldas para recoller as protestas dos veciños que se opoñen á construción dunha variante entre a AP9 e o porto d...
A tarde 11-11-2025 11.11.2025 3:56:51
Conversamos co gañador do premio Planeta, Juan del Val, e a finalista, Ángela Banzas. A sicóloga e terapeuta de parellas Ana Castro fálanos das vantaxes e inconvenientes da soltería e da vida en parella. Vivimos o ambiente dos magostos en Ourense. Mercedes Prado explícanos a polémica xurdida na Coruña coa multa imposta a un surferoi por lanzarse ao mar con alerta laranxa. Visitamos unha empresa qu...
A tarde 10-11-2025 10.11.2025 3:56:55
O médico e tamén atleta Pepín Rioseco explicanos que lle aporta o exercicio físico á saúde das persoas maiores. Teo Cardalda e María Monsonis, "Cómplices", fálannos do video "Galicia tiene flow", que patrocinou a Xunta. Asistimos á primeira poxa de centola da campaña na lonxa do Grove. Acudimos en Vigo á apertura do clásico mercado de Nadal da Asociación Española contra o Cancr...
A tarde 07-11-2025 07.11.2025 3:28:34
Queremos saber como pasan o dó os propietarios de mascotas cando estas morren. Preguntámosllo a Belén Abalde, responsable dun crematorio de animais domésticos en Vigo. Imos ata a sede da empresa Axiña, en Arteixo, para saber como se fan as carrozas das cabalgatas de reis. Visitamos en Mos un establecemento de comidas, Casa Gallardo, que leva 120 anos funcionando e en Viveiro un ultramarinos, Casa...
A tarde 06-11-2025 06.11.2025 3:56:55
Felicitamos en directo a algúns dos gañadores dos Premios da Cultura Galega xusto despois de que se den a coñecer. Preguntámoslle a un experto, Carlos Alberto Crespo, como escoller unha auga de mesa. Outro experto, este en ciberseguridade, Josep Albors, fálanos dos calotes dirixidos a persoas maiores. Acudimos na Coruña a un restaurante que lles está servindo aos seus clientes un mero de 54 kilos....
A tarde 05-11-2025 05.11.2025 3:56:52
Rosalía menciona A Coruña nunha das súas novas cancións chamándoa "A cidade de cristal". O arquitecto Fernando Agrasar explícanos por que proliferaron as galerías na cidade herculina. Visitamos a empresa carballesa Anyra Keller para que nos expliquen as vantaxes de construir vivendas con tramado de piñeiro galego. Falamos de intoxicacións alimentarias coa doutora María Xosé Domínguez e d...
A tarde 04-11-2025 04.11.2025 3:56:41
Falamos do "efecto café", eses pequenos gastos recorrentes que lastran os nosos petos. O economista Venancio Salcines aconséllanos como reducilos. Luis Castro, propietario da tenda Doctor Panush, cóntanos que xogos de mesa están de moda. Visitamos unha tenda de ultramarinos que leva funcionando cen anos na localidade ourensá de Palmés. Facemos unha escapada rural a Friol. Disque Vigo é a...
A tarde 03-11-2025 03.11.2025 3:56:54
Paco Cerdeira, Pakolas, estrea connosco o seu novo videoclip "Caldo de repolo". Felicitamos a Belem Tajes, tras recibir o premio Narf, que outorga a Deputación da Coruña. Anxos Padín sae en Vigo á procura do desaparecido"Dinosebe". Coñecemos ao ourensán Pablo González, un enxeñeiro que traballa como deseñador para Lego. Imos ata unha clínica veterinaria sen ánimo de lucro que a...
A tarde 29-10-2025 29.10.2025 3:56:58
Coñecemos a tres mulleres inmigrantes que crearon en Compostela unha cooperativa de costura, Costurearte. O antropólogo Íñigo Sánchez guianos pola instalación que montou no Gaiás "Arqueoloxía da festa". Mar Comín preséntanos o seu documental "Sacar peito", que protagoniza con outras sete doentes de cancro de mama. Saúdamos á cantante Haydee Milanés, que actúa na Coruña. O sicól...
A tarde 28-10-2025 28.10.2025 3:56:59
Sorprendeunos ver o nome dun gato na esquela dunha muller falecida na Coruña. Preguntámoslle a Jorge Balado, presidente da Federación Galega de Servizos Funerarios, se é frecuente atopar curiosidades coma esta. Martín Vilas, do viveiro Adoa, cóntanos como van as vendas de flores de cara ao Día de Defuntos. José Elias de la Puente fálanos dun edificio da Coruña que cumpre un século e que foi o máis...
A tarde 27-10-2025 27.10.2025 3:56:57
Saiunos un programa moi gorentoso. Antonio Sanmartín, da pastelería Minela da Estrada, fálanos dos doces do Samaín. Pasamos por unha churrería senlleira da Coruña e acudimos en Vigo á apertura dunha franquicia de productos sen glute. A actriz Fina Calleja explícanos como levar un ataque de risa sobre un escenario. Tamén é un programa de libros. Alfonso Goizueta preséntanos "El sueño de Troya&...
A tarde 24-10-2025 24.10.2025 3:56:58
A perruqueira María Martínez desvélanos se está de moda deixar de tinguir as canas. Falamos con Miguel Blanes, un ourensán cunha colección e máis de 20 mil pezas de Star Wars. Coñecemos o espazo de lectura de Gondomar. O cociñeiro Samuel Moreno, do restaurante Campanario de Luintra, prepáranos o prato co que gañou o IV Campionato de Tapas de Pinchos de Galicia. Escoitamos as queixas dos veciños de...
A tarde 23-10-2025 23.10.2025 3:56:58
Infiltrámonos no operativo que preparou a Unidade de Intervención da Policía para manter a seguridade no partido da Liga Europa entre o Celta e o Niza. O inspector xefe, Felipe Bruno, explícanos como se preparou. A marinense Lucía Solla prséntanos o seu libro "Comerás flores". Estreamos a canción "Invencibles", de Dani Costas. Na Coruña recollemos as queixas dos veciños da cont...
A tarde 22-10-2025 22.10.2025 3:56:59
Descubrimos Acemelia, unha empresa de Vigo que elabora aceite de camelia e o vende por todo o mundo. Coñecemos a un panadeiro de Celanova que reparte os seus produtos polas aldeas e lles fai recados aos residentes e a uns veciños de Cervantes que se turnan para levar ao traballo a unha muller da localidade que quedou viuva. José Miguel Viñas preséntanos o seu Diccionario Meteorolóxico e Climático....
A tarde 21-10-2025 21.10.2025 3:56:59
Disque cada vez a xente lle pasa menos o ferro á roupa. Para saber se é certo consultámosllo a Marifé Fernández, que ten unha tinturería nas Pontes. Raul Villares lévanos á sede do grupo Cuevas en Ourense para que nos expliquen como transforman as castañas en marrón glacé. Sés preséntanos o seu libro-disco "Nadando na incerteza". Conversamos co fotógrafo ourensán Iván Nespereira. O presi...
A tarde 20-10-2025 20.10.2025 3:56:58
Hai que poñerlle fin ao cambio de hora? Escoitamos a opinión do físico Jorge Mira. Nacen os premios da industria musical galega. A Asociación Galega de Empresas Musicais é quen os crea e Josiño Carballo quen nos explica con que intención. Imos a Lugo para coñecer o traballo que se desenvolve no Centro de Recuperación de Fauna Salvaxe O Veral. En Pontevedra sabemos como se combate con aves rapaces...
A tarde 16-10-2025 16.10.2025 3:56:58
Para ser un bo xefe hai que ser un líder? Responde á pregunta Eduardo García, da Galicia Business School. Visitamos unha empresa no Porriño autorizada para reciclar e reutilizar productos informáticos. En Maside atopamos un equipo de fútbol sala feminino que formaron as nais de xogadores de categoría alevín e infantil. Abordamos a polémica suscitada pola intención do Concello da Coruña de impoñer...
A tarde 15-10-2025 15.10.2025 3:56:58
Falamos de mudanzas cos oíntes, cunha profesional do sector, Natalia Manzano, e coa nosa amiga Virtudes. Que disfraces veremos no Samaín? Sábeo Sara Tizón, da empresa Don Disfraz. O escritor lugués Francisco Narla preséntanos a súa novela "Ze, hielo y viento". Escuchando Elefantes estrea disco e del nos fala unha das compoñentes do dúo, Silvia Rábade. Conversamos coa promotora da única e...
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS