AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
1 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
BD e institucións. Alejandro Casasola, presidente da Sectorial do Cómic 19.03.2025 30:59
Conversamos con Alejandro Casasola, presidente da Sectorial que agrupa dezasete entidades da banda deseñada en España. Voz do sector na relación coas institucións, Casasola comenta fitos como a creación do Día do Cómic e do Tebeo, a presenza de España como país convidado en Angoulême ou as inminentes axudas públicas para a creación de banda deseñada.
A crónica deportiva 19-03-2025 19.03.2025 29:56
Damián Rodríguez aconsella a Fer López para o Fortuna -CD Lugo. O ponteareán repasa a actualidade celeste. Citas destacadas na 2ª rfef, Pontevedra CF - Numancia e SD Compostela - Fabril. No Dépor, Rafa Obrador sofre unha escordadura no xeonllo. Varias semanas de baixa. No Rácing, Fran Manzanara disposto a continuar o ano vindeiro
'Poemas realistas' 18.03.2025 11:21
Dolores Vilavedra comenta "Poemas realistas" de Daniel Salgado, unha obra comprometida, de carácter fondamente social, que propón unha nova idea da beleza e a desolación.
'El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental' 18.03.2025 12:39
“Os akan identificaban o ouro co sol” Na Coruña pode visitarse ata xullo a exposición “El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental.” Hai máis de 300 pezas orixinarias de Ghana e Costa de Marfil, propiedade dun coleccionista austríaco. Guíanos pola mostra o responsable de cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez.
Xabier Deive, Premio de Honra Marisa Soto 18.03.2025 16:45
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia concédelle o premio de honra Marisa Soto a Xabier Deive, actor en múltiples producións audiovisuais e tamén no teatro. Recordamos o intérprete naronés coa súa filla, Irea Deive, e os intérpretes e amigos Ricardo de Barreiro e Paula Morado
'A hierro', de Irene Grau 18.03.2025 9:53
Coñecemos a última mostra de Irene Grau en conversa coa artista e con Mónica Maneiro. 'A hierro' reúne pinturas cuxo proceso de creación ten que ver coa reflexión sobre a intervención humana nas paisaxes e o impacto ambiental da minería extractiva nos ríos. A exposición pode visitarse na galería Vilaseco da Coruña ata o 16 de maio.
A crónica deportiva 18-03-2025 18.03.2025 29:58
Empate do Dépor con polémica en Castellón. Rafa Sáez gaba a Claudio Giráldez e pensa en Europa. Toni Seligrat analiza ó Celta Fortuna na previa de visitar Balaídos. Iago Iglesias, na previa de recibir ao Numancia: "Pontevedra merece unha alegría"
Conversamos con gañadores dos Mestre Mateo 17.03.2025 23:34
“A ficción é moi importante para aprender a empatizar”.Debullamos con Moncho Lemos a festa do cine galego, que o sábado retransmitiu a TVG. Da gran triunfadora ,‘Rapa’, conversamos co seu director, Jorge Coira. Tamén con Sonia Méndez, premiada pola película ‘As Neves’ e con Zeltia Outeriño polo documental ‘Filmei paxaros voando’.
Eris Mackenzie 2 17.03.2025 4:28
Carlos Crespo fálanos de Eris Mackenzie, o artista que versiona éxitos do pop español en galego pasándoos pola electrónica.
Dismal e Cruzeiro 17.03.2025 10:37
Patty Castro segue descubríndonos a historia da música metal en Galicia. Hoxe, cos pontevedreses Dismal, pioneiros do death metal no país, e mais cos coruñeses Cruzeiro, que destacan no ámbito do stoner doom metal.
A crónica deportiva 17-03-2025 17.03.2025 29:58
Hoxe xoga o Deportivo. Ás 20:30h, en Castalia, co Castellón. O Celta presenta a súa candidatura á competición europea. Iago Iglesias subliña que o Pontevedra - Numancia non será definitivo. Luisito non dá coa tecla na SD Compostela.
«Gonzalo Torrente Ballester, a travesía dun creador» 14.03.2025 16:14
“Buscamos a maneira visual de percorrer a vida e obra do escritor” «Gonzalo Torrente Ballester, a travesía dun creador» pode visitarse en Ferrol deica o 30 de abril no centro cultural que leva o seu nome. A exposición está comisariada por Darío Villanueva e Carmen Becerra. A mostra inclúe copias orixinais das súas novelas, primeiras edicións e fotografías, moitas delas tomadas por el.
‘PESSOA – SINCE I’VE BEEN ME’ 14.03.2025 7:20
Afonso Becerra comenta ‘PESSOA – SINCE I’VE BEEN ME’ de Robert Wilson. Teatro de xeometrias e aparicións máxicas que empastan co pensamento dun Fernando Pessoa interpretado por María de Medeiros.
Premio Princesa de Girona para o galego Manuel Bouzas 14.03.2025 6:38
“Entendo a profesión doutra maneira. Busco a sostibilidade” Premio Princesa de Girona para o galego Manuel Bouzas Manuel Bouzas Barcala acaba de recibir o premio Princesa de Girona Arte 2025. O xurado concedeulle o galardón por unanimidade pola súa reflexión sobre "o poder transformador da arquitectura, o deseño de espazos cidadáns e a defensa da arquitectura e a sostibilidade". Este arq...
Máis lecturas LIX para o 8M 14.03.2025 9:19
Eva Mejuto segue propoñéndonos lecturas feministas para o público infantil e xuvenil, hoxe no ámbito da banda deseñada. 'Erea e as agullas máxicas' é a ópera prima no ámbito do cómic de Sarai Lorenzo, publicada por Antela Editorial. 'Basta! Guía de autodefensa feminista' é unha tradución ao galego do orixinal francés de Maria Kronsky e Marion le Muzic, publicada por Hércules.
A crónica deportiva 14-03-2025 14.03.2025 29:58
O Baxi, recibido en Ferrol tras clasificarse para a final da Eurocup. Luis de la Fuente segue confiando no céltico Mingueza. Breogan e Leyma Coruña mídense na matinal do domingo con traxectorias e obxectivos distintos
III 13.03.2025 17:38
Na véspera de que arranquen xira, recibimos a visita de Nuno Pico, que presenta ‘III’ (Ernie Récords), o traballo novo de Grande Amore. Distorsión, ruído e máis rock e diversión. Mañá no Torgal en Ourense e o sábado na Jagger de Lugo. E logo Murcia, Alacant, Madrid...
'Wolfgang' e un avance dos Mestre Mateo 13.03.2025 9:41
Moncho Lemos comenta Wolfgang (Extraordinario), de Javier Ruiz Caldera e nos fala da gala dos Mestre Mateo, que terán lugar o sábado en Lalín e poderá seguirse a través da TVG
Nicolás Muller en Galicia 13.03.2025 14:53
Ata o 18 de maio pódese visitar en Vigo, no Museo do Mar, a mostra 'Nicolás Muller en Galicia'. A exposición reúne 50 imaxes deste fotógrafo documental nado en Hungría e nacionalizado español. Fábricas de conservas, portos, lavadoiros aparecen nas imaxes, 34 delas inéditas, que retratan a Galicia traballadora dos anos 60 con mirada humanista. Escoitamos a súa filla, a tamén fotógrafa An...
Estreas de Mondra, Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit 13.03.2025 13:19
Escoitamos con Tito Lesende 'Teño caldo quente', a nova canción de Mondra, segundo adianto do seu próximo álbum. Tamén temas recén saídos do forno de Pamela Rodríguez e Pablo Lesuit. E recordamos as datas dos próximos concertos de De Ninghures e de Erin Mackenzie.
A crónica deportiva 13-03-2025 13.03.2025 30:00
Álvaro Rubio non coñece a derrota no Zorrilla dende que é adestrador do Valladolid. No Dépor, o dianteiro Zakaria fala do alto nivel físico da Segunda. No Rácing, o lateral arxentino Insúa fala de sacar fachenda Previa da Copa da Raíña de balonmán feminino co Porriño e o Guardés.
'Ollos de vidro' Video 12.03.2025 10:57
“O diálogo entre vivos e mortos é un dos eixos da mostra” Comisariada por Germán Labrador Méndez, a exposición ‘Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia’, reúne 300 pezas para reler a historia galega dende a creación (contra)cultural nos últimos 150 anos. Na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia deica o 25 de maio
O periplo das camelias Video 12.03.2025 12:37
Raquel C. Pico lévanos polo camiño das camelias na súa chegada a Galicia aló polo século XVIII. Agora temos oito mil variedades!
Comeza a vixésima edición da MICE Video 12.03.2025 16:53
A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico, impulsada polo Museo do Pobo Galego, chega á súa vixésima edición. En 2006 naceu este festival de antropoloxía audiovisual, polo que pasaron nestas dúas décadas 800 cineastas e profesionais do cinema. Conversamos coa directora da MICE, Ana Estévez Lavandeira, e co guionista e historiador do cine Pepe Coira, que guiará unha conversa sobre o filme que pr...
Rosalía oculta nunha BD Video 12.03.2025 10:06
Paula Mayor, que gañou o premio Castelao con 'Rosalía oculta' Manel Cráneo preséntanos hoxe a gañadora do premio Castelao 2023, Paula Mayor, que acaba de publicar coa editorial Galaxia a súa obra 'Rosalía oculta'.
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS