AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
1 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
Voces da BD: Carlos Ares 26.03.2025 13:21
O guionista coruñés Carlos Ares abre para nós a súa comicteca Como cada último mércores de mes, Manel Cráneo convida un lector de cómic para que comparta a súa historia lectora, favoritos e recomendacións. Neste caso, é o guionista coruñés Carlos Ares quen se somete ao noso 'Test da BD'.
A crónica deportiva 26-03-2025 26.03.2025 29:58
Día grande para o Uni Ferrol. Comeza a final da Euro Cup. No Celta, 0 director deportivo, Marco Garcés di que"en Europa, eu contaría cos mesmos xogadores". No Dépor, Petxarromán protagonista. Xogará na Malata. No Rácing, o porteiro Yoel, como celtista, dobremente motivado.
'Ata que a morte nos separe' 25.03.2025 12:16
Dolores Vilavedra comenta ‘Ata que a morte nos separe’, de Elena Gallego. Unha homenaxe a Agatha Christie que recupera a parella de investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto para embarcalos na ruta marítima do Camiño de Santiago.
'Cantareiras' 25.03.2025 12:43
“É unha homenaxe á nosa oralidade” ‘Cantareiras’, de Icía Varela e seu pai, Xosé Manuel Varela. Un percorrido polo legado da música e a poesía popular e a tradición das pandeireteiras. De Terra de Nemancos a Bergantiños e Cerceda con As Vellas de Mens, Eva Castiñeira e Adolfina e Rosa Casás.
Michu da Rocha debutan con 'Tempos de entroidar' 25.03.2025 17:44
Michu Malvar era batería de grupos de rock ata que decidiu dar un paso adiante e cantar as súas propias cancións. Así nace o grupo Michu da Rocha, que acaba de publicar o seu primeiro disco, 'Tempos de Entroidar'. Once cancións que navegan entre o funk, o blues e o pop, e que miran con ironía a vida cotiá.
'Espazo e tempo A escultura na Colección Abanca' 25.03.2025 10:22
Mónica Maneiro comenta a exposición 'Espazo e tempo', que explora a relación entre escultura, pintura e arquitectura a través de pezas da colección Abanca. Na mostra hai obras de Manolo Paz, Isidoro Brocos, Chillida, Oteiza ou Antoni Tàpies, entre outros. Pode visitarse na sede de Afundación na Coruña ata o 30 de agosto.
A crónica deportiva 25-03-2025 25.03.2025 29:58
Abel Caballero reclama transparencia na Federación Española. Alfon: "Os equipos de Claudio dan máis rendemento na segunda volta" Esgotados os billetes para o derbi da Malata. O Uni Ferrol tenta dominar os nervios na previa da final da Euro Cup.
Víctor Freixanes 24.03.2025 19:55
“A lingua galega é moito máis que un ben cultural e un sinal identitario...é un valor económico diferenciador nun mundo globalizado” Recibimos a visita de Víctor Freixanes, que remata mandato coma presidente da Real Academia Galega logo de oito anos.
Eris Mackenzie 3 24.03.2025 8:26
Carlos Crespo completa o repaso polo máis novo de Eris Mackenzie, un artista e produtor de indie-pop electrónico/urbano
As novas preguntas do forno de Castromao 24.03.2025 16:01
Preestréase en Ourense o documental 'Anatomía dun forno', que testemuña un proxecto de investigación de arqueoloxía experimental, iniciado na USC en 2010, que mudou as hipóteses sobre os usos de fornos coma o atopado en Castromao nos 60’s e abre novas vías para analizar o papel das landras na sociedade castrexa. No documental, realizado pola produtora Illa Bufarda, participan Pepa Castiñ...
Estrea de Fernando Buide 24.03.2025 10:36
Pablo Sánchez Quinteiro repasa os concertos que as grandes orquestras galegas ofrecen esta semana. No concerto de abono da Sinfónica de Galicia estrearase 'Cántico', unha obra do compositor galego Fernando Buide. Nas actuacións da Real Filharmonía de Galicia en Santiago e Ferrol estrearase unha composición da vasca Helga Arias e Sara Ferrández será viola solista. O noso colaborador comen...
A crónica deportiva 24-03-2025 24.03.2025 29:54
Abel Caballero pídelle explicacións á Federación Española de Fútbol despios de que saber que Vigo ería sede do Mundial na primeira baremación técnica. No Dépor, lesión de Ximo Navarro. Fractura vertebral, dúas apófeses transversas lumbares que teñen comoa resultado cando menos seis emanas de repouso deportivo. O Pontevedra CF e a UD Ourense aumentan a 7 puntos a vantaxe para o ascenso.
Alguén que respira! 21.03.2025 17:41
“A poesía permanece porque dá testemuño” Co gallo do Día da Poesía desenvólvese en Compostela ‘ Alguén que respira! , este ano centrado nos horizontes da poesía e da vida. Un dos recitais máis singulares é o que ofrecerán esta tarde varios dos Neos, entre eles Berta Dávila, a partir das oito no Teatro Principal. Falamos con ela e mais co director do festival, Antón Lopo.
'Helen Keller, a muller marabilla? 21.03.2025 10:24
Afonso Becerra comenta a obra ‘Helen Keller, a muller marabilla?’de Chévere, un traballo que cuestiona a incomunicación entre persoas oíntes e non oíntes e por iso integra na mesma obra a lingua falada en galego e a lingua de signos.
'Salvaxe salvaxe' chega aos cines 21.03.2025 18:25
“O lobo é un elemento polarizador” 'Salvaxe salvaxe' , un 'anti-documental de natureza' de Emilio Fonseca, indaga nos límites entre o doméstico e o silvestre. A película mergúllanos sensorialmente nos montes de Galicia e do norte de Portugal nos que sobreviven algunhas mandas de lobos e convídanos a reconectar con outras criaturas.
Libros e películas 21.03.2025 8:03
Eva Mejuto propón hoxe unha lectura cinematográfica: ‘A excursión a Cans. Unha veciña de película’, de Iria Misa, e mais un debut literario serodio, Charlotte, de Consuelo Vercher.
A crónica deportiva 21-03-2025 21.03.2025 29:58
Adrian Ben clasificouse para a final dos 1.500 no Mundial de China . O Dépor busca achegarse á salvación a costa do pechacancelas. O Rácing busca un triunfo tras sete partidos sen gañar. O Balonmán Porriño quere facer historia mañá nas semifinais da Eurocup
Cen anos da Polifónica de Pontevedra 20.03.2025 18:20
“Foi a primeira coral galega que incluíu mulleres” A exposición ‘Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia’, pode visitarse ata o 20 de abril no museo da cidade. A mostra inclúe reproducións das escenografías realizadas por Castelao e está comisariada polo presidente da Polifónica, Carlos Valle. Conversamos con el e mais coa directora da agrupación, Na...
"Salvaxe, salvaxe" e "Los aitas" 20.03.2025 8:11
Moncho Lemos comenta dúas estreas para a fin de semana: * “Salvaxe, salvaxe”, un ensaio de Emilio Fonseca rodado entre Galicia e Portugal que explora a relación entre o lobo ibérico, a natureza e as persoas. * “Los aitas”, unha comedia de Borja Cobeaga que transcorre no Bilbao de finais dos 80’s e revisa o papel dos pais daqueles anos.
'De rota raposa' 20.03.2025 15:58
Celebración do Día da Poesía 2025: De rota raposa. Poesía escénica con Silvia Penas e Samuel Merino Ás 19:30 no Centro Cultural Municipal do Porriño.
Hibernarse con Fillas de Casandra 20.03.2025 10:42
Tito Lesende pica a nova canción de 'Fillas de Cassandra', 'Hibernarse', primeiro tema do EP que irán publicando nas próximas semanas, no que se revolven contra a velocidade imposta polo sistema, tamén na creación. Escoitamos tamén a Ortiga, que presenta en directa a súa 'Obra social' o 27 de marzo na sala Capitol de Santiago, e a Monoulious Dop, que continúan co seu...
A crónica deportiva 20-03-2025 20.03.2025 29:58
O Numancia demanda perante o Comité de Competición aliñación indebida do Pontevedra CF pola entrada de Yelko Pino no céspede cando estaba no banco de suplentes. Analizamos o Celta Fortuna 1 - CD Lugo 2 e o Compostela 0 - Fabril 3. Escoitamos a Epi, Casimiro e Moncho López nas previas do baloncesto galego.
'Poscoito' 19.03.2025 14:53
“Trata sen tabús un tema universal” Xa está en AGalega.gal ‘Poscoito’, unha webserie premiada nos Mestre Mateo que explora o que pasa despois do sexo. O director, Héctor Rodríguez e Isabel Garrido, unha das actrices, concordan en que máis alá do corporal o que buscan é afondar nas emocións.
A Xeración Doente 19.03.2025 10:07
Con Raquel C. Pico pescudamos na chamada ‘Xeración doente’, integrada por Jenaro Carrero, Ovidio Murguía, Ramón Parada e Xaquín Vaamonde. Catro pintores galegos que morreron de tuberculose cando rondaban os 30 anos arredor de 1900.
'Virxilio inédito', no centenario do seu nacemento 19.03.2025 15:36
Conversamos con Gabriela Fernández, comisaria da exposición 'Virxilio inédito (1925-2025)' e filla do pintor ourensán, finado en 2011. Coincidindo co centenario do nacemento de Virxilio, un dos integrantes do grupo de artistas plásticos que Vicente Risco bautizou nos anos 60 como 'Os artistiñas', a mostra recupera un cento de obras non expostas anteriormente, de óleos en acríli...
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS