AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ Επεισόδια: 2902

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal

Δημιουργός

AGalegaAudio

Κατηγορία

Sports

Ιστοσελίδα του podcast

agalegaaudio.gal

Τελευταίο επεισόδιο

1 Οκτ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

Os avatares do cine mudo 02.04.2025

Raquel C. Pico cóntanos o porqué de que apenas se conserven copias dos pioneiros do cine mudo, coma o galego José Gil

A muralla de Lugo, 25 anos como Patrimonio da Humanidade 02.04.2025

En novembro de 2025 faranse 25 anos da declaración da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade, un fito ao que se lle dedica a oitava edición das xornadas de divulgación do patrimonio arqueolóxico do Museo Provincial de Lugo.  Conversamos co investigador Adolfo de Abel Vilela, que dará a conferencia inaugural sobre o rol da muralla na Historia e na vida da cidade, e co arqueólogo Enrique Alco...

Isaac Díaz Pardo, BD de cego 02.04.2025

Manel Cráneo descóbrenos a conexión de Díaz Pardo co cómic Isaac Díaz Pardo elaborou nos anos 70 'carteis de cego' que supoñen un precedente do uso da linguaxe da BD en galego. Paco Pixiñas e A nave espacial poden considerarse exemplos de 'protohistorietas', malia a desconfianza coa que Díaz Pardo vía o cómic. 

A crónica deportiva 02-04-2025 02.04.2025

Última hora do Uni Ferrol no día da gran final da Euro Cup. Alfon deixará o Celta e fichará polo Sevilla. Falamos con Víctor López. A directora da Liga Feminina, Beatriz Álvarez, visita o Dépor. Conmoción no Pontevedra CF pola lesión de cruzado de Pelayo.

'Cancioneiro galego serodio' 01.04.2025

“As músicas e líricas dun pobo viaxan na memoria das mulleres. Temos un patrimonio inmenso” ‘Cancioneiro galego serodio (1989 2012)’, de Xabier Díaz, é, en palabras do seu autor unha viaxe polo país das mil muiñeiras. A transcrición dos textos líricos das case cincocentas entrevistas realizadas ao longo de trinta anos, vén adornada de historias das propias informantes, protagonistas tamén das foto...

'Birken' 01.04.2025

Dolores Vilavedra comenta ‘Birken’, de Diego Alfonsín. Un xogo de espellos que pescuda no lugar onde comezan e rematan as preguntas, a identidade, a casualidade...

O Día das Artes Galegas recorda a Isaac Díaz Pardo 01.04.2025

Isaac Díaz Pardo é o homenaxeado na décima edición do Día das Artes Galegas, que impulsa a Real Academia de Belas Artes.   Lembramos a súa faceta como pintor e o seu impulso a proxectos colectivos da importancia do Laboratorio de Formas ou Sargadelos co historiador e académico de Belas Artes Felipe Senén e o seu fillo, Xosé Díaz Arias de Castro, tamén académico da Sección de Artes da Imaxe da RAGB...

Os debuxos de Alejandra Pombo Su 01.04.2025

A artista expón en Vigo 'Lo que me encuentro' O espazo de arte SVT acolle a mostra 'Lo que me encuentro', de Alejandra Pombo Su. A exposición reúne debuxos de papel en pequeno formato desta artista compostelá.

A crónica deportiva 01-04-2025 01.04.2025

O Celta remata a xornada 29 no oitavo posto e con 40 puntos. Alfonso Rueda explica a postura da Xunta ao respecto da polémica de Balaídos como sede do mundial 2030. Lino López e Gala Mestres, na previa da volta da final do Uni Ferrol en Lille. O BM Porriño xogará o partido de volta da final europea EHF en Islandia. A ida será o 10 de maio no Municipal do Porriño.

'Montedapena' 31.03.2025

Carlos Crespo tráenos o traballo primeiro de Montedapena, o proxecto persoal do moañés Héctor Rodríguez (Lontreira)

Óscar Corral, premio Ortega y Gasset de Fotografía 31.03.2025

Conversamos con Óscar Corral sobre a imaxe que lle vale o premio Ortega y Gasset de Fotografía 2025, tomada na localidade valenciana de Alfafar en novembro de 2024. A fotografía, que mostra un grupo de bombeiros que sosteñen un poste danado pola riada, recorda outra imaxe icónica, a tomada polo fotógrafo estadounidense en Iwo Jima en 1945.

Nashgul e Ocean Gates 31.03.2025

Escoitamos grindcore, doom e occult rock con Patty Castro, que segue amosándonos os diferentes subxéneros do metal a través de bandas galegas. Os coruñeses Nashgul son pioneiros do grindcore, un dos xéneros máis extremos, mentres que os ferroláns Ocean Gates practican un hard rock que oscila entre o doom e o occult. 

A crónica deportiva 31-03-2025 31.03.2025
'Camaradas' 28.03.2025

“As 48 obras dialogan entre si” ‘Camaradas’, unha exposición na Fundación Manuel Moldes de Pontevedra  que reúne obras do autor con pezas de Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón, tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles Conversamos cun dos comisarios da mostra, Carlos Bernárdez, e co...

'A burra, a mesa e o pau' 28.03.2025

Afonso Becerra comenta ‘A burra, a mesa e o pau’ , do CDG, un espectáculo que une unha vida de esforzos, a loita obreira e unha esperanza teimuda en solucións máxicas. Dirección e dramaturxia de Lorena Conde

'San Antonio', primeiro disco en galego de Los Eternos 28.03.2025

O sexto disco de Los Eternos é o seu primeiro álbum en galego e unha homenaxe póstuma a Arantza Navarrete, estreita colaboradora do grupo. Con colaboracións de Guadi Galego e Óscar Avendaño e un son que se achega á 'americana', 'San Antonio' estará dispoñible nas plataformas dixitais o 1 de abril e poderá escoitarse en directo o 26 de abril en Cedeira e o 17 de maio en Ponteved...

Castelao e Contos das veciñas 28.03.2025

O Faro das lecturas de Eva Mejuto alumea hoxe un libro sobre Castelao para público adolescente, Castelao segundo Rañolas, no que Marilar Aleixandre percorre a traxectoria do político e artista rianxeiro a través dos seus personaxes, especialmente do Rañolas de Os dous de sempre. A segunda proposta é Murmuraban as miñas veciñas, media ducia de contos autoeditados polo narrador e clown Dani Blanco. 

A crónica deportiva 28-03-2025 28.03.2025

José Gainzarain cesado como CEO do RC Celta. Rafa Louzán acusa de populista a Abel Caballero e di que leva 15 anos coa reforma de Balaídos. Previa do Rácing - Deportivo. Falan os adestradores.

'Cántico' 27.03.2025

“Puxen en diálogo textos do galego José Ángel Valente e o nicaragüense Ernesto Cardenal porque ambos teñen interese na poesía mística” A OSG estrea este venres «Cántico», unha obra do músico compostelán Fernando Buide para soprano, coro e grande orquestra. Trátase dun encargo da Sinfónica de Galicia e o Xacobeo e contará coa soprano canaria Raquel Lojendio, que é colaboradora habitual do composito...

‘Tierra de nadie’ e ‘Por todo lo alto’ 27.03.2025

Moncho Lemos recomenda ‘Tierra de nadie’, de Albert Pintó. Un policial sobre o narcotráfico en Cádiz con Luís Zahera de coprotagonista ‘Por todo lo alto’, de Emmanuel Courcol. A medio camiño entre o drama e a comedia amable.

'Estrutura dun zumbido', de Alberto Ovejero 27.03.2025

'Estrutura dun zumbido', de Alberto Ovejero  Exposición na Fundación Granell de Santiago  O artista Alberto Ovejero chámalles 'zumbidos' aos pensamentos recorrentes, que canaliza a través do exercicio artístico. Na Fundación Granell expón un feixe de ilustracións, colaxes e esculturas que exploran o corpo e a identidade. A mostra 'Estrutura dun zumbido' está comisaria...

De Lisdexia a Ryan Adams 27.03.2025

Repasamos as candidaturas galegas dos premios MIN da música independente con Tito Lesende, que ademais pica cancións dos muradáns Lisdexia e da compostelá Mariagrep. Tamén escoitamos a Rigoberta Bandini, que acaba de presentar disco e mais a Ryan Adams, que actúa esta fin de semana na Coruña.

A crónica deportiva 27-03-2025 27.03.2025

No Celta, camisola edición limitada pola Reconquista para o luns coa UD As Palmas. No Dépor, Diego Gómez non ve favoritismos no derbi co Racing. Presentado Luís Lemos como adestrador do Arousa. Félix Alonso, adestrador do Obradoiro: "do pasado só viven os museos".

'Cicatriz' 26.03.2025

“A danza non é so técnica, sobre todo é emoción” ‘Cicatriz’Unha creación da compañía Kirenia Danza, coproducida por Artestudio e a Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego Cicatriz parte do poema homónimo de Antón Reixa, unha obra de trescentos versos que comezan coa palabra "quero", nos que o autor explora o desexo e a súa influencia na vida das persoas para empoderalas f...

Pioneiras da fotografía 26.03.2025

Con Raquel C. Pico marchamos ata o século XIX para achegármonos as pioneiras da fotografía, como María Cardarelly, autora dalgunhas das primeiras fotos de Rosalía

Άκου το podcast Todos os podcast | A crónica deportiva στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS