AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
1 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
A crónica deportiva 12-03-2025 12.03.2025 29:58
Primeiro aniversario de Claudio Giráldez á fronte do RC Celta. No Dépor Rafa Obrador fala da súa adaptación á categoría. No Lugo Guille Perero advirte do partido fronte a Unionistas. Nacho Moyano anuncia a súa marcha do BM Cangas a final de temporada.
'A burra, a mesa e o pau' 10.03.2025 16:07
“O pensamento máxico da clase traballadora é moi interesante” “Hai moito lobo enmascarado” ‘A burra, a mesa e o pau’, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, é a primeira estrea da temporada do Centro Dramático Galego. Trata dunha familia obreira galega nos anos 90, tempo no que era máis doado crer nos contos das avoas ca nas promesas dos patróns. Con música de Cibrán Seixo e Inés Salvado, qu...
Michu da Rocha 10.03.2025 10:17
Carlos Crespo tráenos a Michu da Rocha, o proxecto en solitario de Michu Malvar, que estrea no Diario Cultural o tema ‘Deputación’.
A Coruña das mulleres 10.03.2025 12:15
“Está feito de xeito colectivo e cooperativo”. Vituco Neira fala con M.ª Xosé Bravo, da AC Alexandre Bóveda, a propósito de ‘A Coruña das mulleres’, unha exposición e un roteiro sobre o fondo documental, gráfico e audiovisual que compilaron coa fin de recuperar a memoria feminina da historia da cidade.
Citas coa clásica 10.03.2025 10:43
Pablo Sánchez Quinteiro debulla as citas desta semana coa Real Filharmonía de Galicia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Clásica de Vigo.
A crónica deportiva 10-03-2025 10.03.2025 29:58
O Celta, noveno clasificado, ten un calendario propicio para chegar a Europa. O Rácing segue en caída libre. O Deportivo, que está no posto 11, ten 6 de vantaxe cun Eldense que comprime a loita pola permanencia.
'O extravío ou a arte de perderse' 07.03.2025 7:12
A bailarina ourensá Nuria Sotelo fálanos do seu espectáculo "Extravío ou a arte de perderse", un só de danza dirixido por Ana Vallés
"Influencers" 07.03.2025 11:01
Afonso Becerra comenta "Influencers", unha comedia da compañía Negro López que ofrece unha ollada divertida e reflexiva sobre a cultura que rodea a creación de contidos nas redes sociais
Galegas na música 07.03.2025 14:01
“É unha reivindicación necesaria”. ‘Galegas na música’, de Isabel Blanco con ilustracións de María Lapido. O libro é unha escolma de biografías de galegas dedicadas á música, dende a primeira xograresa ata ascontemporáneas. Asemade é unha reivindicación da música tradicional do noso país, que, representada de xeito especial polas cantareiras e pandeireteiras, está presente en todas elas.
Cinco lecturas para o 8M 07.03.2025 7:36
Eva Mejuto recomenda lecturas para o 8-M: ‘A fotografía 51’, de María Canosa (Baia Edicións). Vida, dilemas e reflexións en primeira persoa da científicaRosalind Franklin ‘Eu tamén necesito amar’(O Faiado da memoria) Libro e documental de memoria oral sobre a muller na ditadura a partir de historias persoais. ‘Mulleres imprescindibles. Educadoras na vangarda do século XX’ (Kalandraka). O legado de...
A crónica deportiva 07-03-2025 07.03.2025 29:58
Cita ligueira en Riazor. Ás 21:00h, Deportivo - Córdoba, con Javi Torres. Con Vítor López analizamos a previa do Celta - Leganés. Hugo Álvarez, con molestias, baixa de última hora. Este domingo, ás 12:30h, derbi pola permanencia na Liga Femenina de Baloncesto: Celta - Ensino Lugo
'Crear porvir' 06.03.2025 18:14
“No comezo o porvir era moi negro” Conversamos con Xosé Manuel Soutullo, director da Editorial Galaxia, co gallo dos primeiros 75 anos da empresa. Ao longo deste 2025 a editora pon en marcha a exposición itinerante «Crear porvir. 75 aniversario de Editorial Galaxia», que percorre a súa historia dende os inicios, en 1950, ata os nosos días. No Auditorio da Sede Afundación de Santiago de Compostela
'Lee Miller' e 'Mickey 17' 06.03.2025 10:20
Moncho Lemos comenta dúas estreas: * ‘Lee Miller’ o biopic dunha das primeiras fotógrafas de guerra, de Ellen Kuras * ‘Mickey 17’escrita e dirixida por Bong Joon-ho .Comedia de ciencia ficción.
'Escándalo no escuro', segundo álbum de Amoebo 06.03.2025 18:53
Aaron Valle preséntanos 'Escándalo no escuro', o segundo LP de Amoebo, que inclúe cancións hedonistas e bailables e tamén pezas con solos de guitarras e temáticas máis reflexivas. O disco preséntase en directo na sala Garufa da Coruña con convidados como hydn, Filloas, French Riviera e integrantes de Leria e de Capital Voskov.
Grande Amore, Alana e Víctor Aneiros 06.03.2025 9:10
No día da publicación de 'III', Tito Lesende guíanos polo terceiro álbum de Grande Amore. Ademais, escoitamos 'Añobres', a nova canción de Alana e a nova versión de 'Un tute á morte' de Víctor Aneiros, que anuncia xira para maio en conmoración de 25 anos de carreira musical.
A crónica deportiva 06-03-2025 06.03.2025 29:58
Fer López, o mellor de febreiro no Celta. Descenso virtual do Rácing, a 14 da permanencia. No Dépor, na previa de recibir ao Córdoba, Óscar Gilsanz recoñece que está caro xogar no equipo.
Arte contemporánea galega en Madrid 05.03.2025 18:25
“Levamos media ducia de artistas de Galicia” .Arranca en Madrid a Feira Internacional de Arte Contemporánea. Conversamos con Chus Villar, directora da galería Nordés, a única galega con stand propio en ARCO. Tamén con Nuria Blanco, de Moret Art, que acode a Art Madrid. “ Esta feira está orientada aos clientes particulares”
As primeiras películas galegas 05.03.2025 8:12
Raquel C. Pico fálanos hoxe das primeiras películas galegas de ficción, comezando por Miss Ledya, do ano 1916 e rodada en Pontevedra.
'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo' 05.03.2025 19:04
"Deberían reeditarse os discos de Bibiano" Carlos Rego publica unha biografía do cantautor e promotor 'Bibiano. Cambiar para ser un mesmo' rescata a faceta musical de Bibiano Morón, máis coñecido nas últimas décadas pola súa faceta de promotor de concertos. Carlos Rego repasa a traxectoria musical do mozo compostelán que tocaba en grupos 'yeyé' e que despois foi membr...
BD e literatura: Jaime Asensi na memoria 05.03.2025 9:03
Repasamos a traxectoria na BD do autor Jaime Asensi, finado no mes de febreiro. O arousán realizou adaptacións ao cómic de obras como Picnic, de Fernando Arrabal, ou o Ubú Rei de Alfred Jarry. Recordámolo con Manel Cráneo e compañeiros como Xan López Domínguez, Javi Montes ou Santy Gutiérrez.
A crónica deportiva 05-03-2025 05.03.2025 30:02
Hoxe Rácing Club Ferrol - Burgos. Último tren para a permanencia. Ximo Navarro, mellor xogador de febreiro no Deportivo. Manolo, o gran capitán do Celta, encantado de que Iago Aspas o supere en número de partidos. Presentado Karlis Silins no Basquet Coruña. O pívot letón mide 2 metros11cm.
'Corentena. Game over' 04.03.2025 14:40
“Creo que mesturar improvisación e videoxogos nunca antes se fixo. Cada función é diferente” ‘Corentena. Game over’, de David Perdomo e Xosé A. Touriñán, un show que combina teatro e videoxogo, un espectáculo interactivo que arranca xira o día 7 en Pontevedra.
'Son coma glaciares os barcos de aceiro' 04.03.2025 11:15
Dolores Vilavedra comenta ‘Son coma glaciares os barcos de aceiro’, de Cynthia Menéndez. Unha novela que retrata o Vigo industrial e combatente a través das lembranzas dun neno que medra entre as manifestacións, as folgas e a loita sindical de finais dos anos noventa.
'As desterradas' soben a escena 04.03.2025 16:00
A compañía Excéntricas leva a escena 'As desterradas', a peza coa que Carme Varela gañou o premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais. O texto conta a resistencia das monxas bieitas do mosteiro de San Salvador de Albeos, cando a coroa de Castela e a xerarquía eclesiástica pretenden desposuílas dos seus bens e expulsalas a Compostela. Quico Cadaval dirixe a montaxe, que conta cun elenc...
ARCO e outras feiras 04.03.2025 10:59
ARCO comeza a súa 44ª edición con Nordés como única galería galega presente no programa xeral. Repasamos con Mónica Maneiro o programa da feira pero tamén a presenza galega noutros eventos artísticos que se desenvolven esta semana en Madrid, como Art Madrid, Urbanity, Hybrid ou a exposición do artista pontevedrés Carlos Rodríguez Méndez que acaba de inaugurar o Centro de Arte Dos de Mayo de Mósto...
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS