AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ Επεισόδια: 2918

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal

Δημιουργός

AGalegaAudio

Κατηγορία

Sports

Ιστοσελίδα του podcast

agalegaaudio.gal

Τελευταίο επεισόδιο

13 Οκτ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

VI Festival Pezas do Teatro do Porvir 24.11.2023

Afonso Becerra vén cun espazo de encontro entre propostas escénicas galegas e portuguesas en fase embrionaria. Trátase do VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, celebrado o pasado 18 de novembro coa organización da AELG.

Música nos 40 anos do Consello da Cultura Galega 24.11.2023

O Palacio da Ópera da Coruña acolle hoxe un concerto conmemorativo polo 40º aniversario do Consello da Cultura Galega (CCG). A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), dirixida por Víctor Pablo Pérez, interpretará un programa no que destaca a estrea da cantata 'Terra', do compositor Juan Durán.

A crónica deportiva 24-11-2023 24.11.2023

Rafa Benítez evita as críticas ás arbitraxes antes do Valencia-Celta, pero rexeita as insinuacións de Medina Cantalejo. Ás portas dunha nova xornada de fútbol escoitamos a Cristóbal no Racing, Idiakez no Dépor, os adestradores do Lugo e do Arenteiro e a Irene Ferreras. E, no baloncesto, falan Moncho no Obra, Mrsic no Breo, os técnicos do COB e do Basquet Coruña e dúas protagonistas do derbi Celta-...

A crónica deportiva 23-11-2023 23.11.2023

As localidades para o partido da selección feminina de fútbol en Pontevedra esgótanse en quince minutos. Na Primeira, o Celta recupera os internacionais; no Racing, Sabin Merino lembra a súa etapa no Leganés; e na 1ª RFEF, previa do derbi Lugo-Arenteiro. No baloncesto, escoitamos as valoracións tralo triunfo do Breogán ante o Hapoel Holon, 82-72, na BCL.

A crónica deportiva 22-11-2023 22.11.2023

O Comité Técnico de Árbitros defende aos colexiados e contraataca sinalando os erros de xogadores do Celta. No Racing, Cubero analiza o dobre duelo en Liga e Copa co Leganés. E no Deportivo, outro mancado, desta volta é Pablo Valcarce.

A crónica deportiva 21-11-2023 21.11.2023

Óscar Mingueza repasa na TVG a situación do Celta e revela que aproveitando a parada polas seleccións estiveron insistindo no traballo en defensa. No baloncesto, atendemos a Veljko Mrsic na véspera da Liga de Campións e, no ciclismo, Ezequiel Mosquera anuncia que O Gran Camiño terá sorpresas no percorrido e que os grandes equipos agora chaman para participar na volta.

A crónica deportiva 20-11-2023 20.11.2023

Recuperamos o sobranceiro da entrevista de Gabri Veiga coa TVG, na que o canteirán do Celta di estar moi a gusto na liga árabe. Na Segunda, escoitamos as valoracións no Racing tralo 1-1 co Burgos na casa e, na 1ª RFEF o desgusto do deportivismo contrasta coa ledicia do Lugo e do Celta Fortuna.

Afonso Becerra vén con 'Manuela' 17.11.2023

Afonso Becerra tráenos ‘Manuela is in da house’. Coa dirección de Fran Núñez, estreouse o pasado 10 de novembro no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo (Portugal).

A crónica deportiva 17-11-2023 17.11.2023

Rafa Benítez valora o sorteo da Copa que levará o Celta a Sestao. No Racing, os axentes de Carlos Vicente negan que xa teña pechada a saída ao Valencia e din que van escoitar varios clubs, entre eles o propio Celta. Escoitamos a Idiakez e a Javi Rey antes dos partidos do Deportivo e do Arenteiro e, no baloncesto, a Moncho Fernández trala fichaxe do ucraíno Kovliar.

"Patrimonio Cultural Inmaterial e Educación" 16.11.2023

Comeza en Ourense o Congreso “Patrimonio Cultural Inmaterial e educación: ponte entre escola e sociedade”. Falamos con Xerardo Feijóo e Raquel Rey.

O último de Triángulo de Amor Bizarro ou Tanxugueiras 16.11.2023

Tito Lesende pica hoxe a nova canción de Triángulo de Amor Bizarro, a ‘autoversión’ “La carretera nocturna’ que nos presenta unha das integrantes do grupo, Isa Cea. Escoitamos tamén o último tema das Tanxugueiras, “As que teñen que estar”, unha colaboración co rapeiro Juancho Marqués. Descubrimos a Zuaraz, un grupo mexicano-galego-madrileño relacionado cos Blanco Palamera e poñemos o ramo con Gree...

Estreas: 'Que nadie duerma' e 'La ermita' 16.11.2023

Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Que nadie duerma’, de Antonio Méndez Esparza; e ‘La ermita’, de Carlota Pereda.

A crónica deportiva 16-11-2023 16.11.2023

Dous nomes propios marcan este xoves a actualidade do fútbol galego: Gabri Veiga, pola noticia que asegura que o Celta querería recuperalo, e Carlos Vicente, que según din dende Valencia podería ter xa un acordo co club 'che'. Ademais, escoitamos a Idiákez no Dépor e repasamos a derrota do Brogán na Liga de Campións de baloncesto.

Benxamín Otero e 'Gardar a auga' 15.11.2023

“Estamos nun mundo ruidoso de máis”. O músico Benxamín Otero presenta Gardar a auga un traballo musical gravado no alxibe do Castelo de San Antón.

Cineuropa e a Real Filharmonía 15.11.2023

Como é habitual dentro da programación de Cineuropa, a Real Filharmonía de Galicia participará tocando música de compositores de cine e poñendo tamén música a unha composicion en directo. Cóntanolo Luís Miguel Crespo.

'Vigo no Tempo': identidade e cultura urbana 15.11.2023

“Vigo no Tempo” é unha mostra que busca reivindidar a identidade e a cultura urbana da cidade. É a quinta entrega do proxecto “Cidades no Tempo”. Falamos co seu comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, Manuel Bragado.

A crónica deportiva 15-11-2023 15.11.2023

As reaccións ao sorteo da segunda rolda da Copa do Rei de fútbol: dende Vilagarcía, o presidente adxunto do Arosa celebra o emparellamento co histórico Valencia. Ademais, o Celta visitará o Sestao River, o Racing recibirá o Leganés, o Dépor o Tenerife, o Lugo o Mirandés e o Arenteiro o Burgos no Espiñedo.

Percorrendo 'Xeometría Mundi' con Mónica Maneiro 14.11.2023

Con Mónica Maneiro facemos un percorrido arredor da exposición 'Xeometría Mundi', adicada á traxectoria profesional do coruñés Luis Caruncho.

Como formarse para traballar en cultura 14.11.2023

Repasamos algunhas das opcións que ofrecen as Universidades galegas para formarse no ámbito cultural. Desde o grao en Xestión Cultural da USC no campus de Lugo, co seu mestrado en Servizos Culturais, ata títulos de posgrao propios como a nova titulación de especialista universitario na industria musical que ofrece a Universidade de Vigo.

'A inmoral doutora Cons' 14.11.2023

Dolores Vilavedra tráenos a recomendación literaria da semana: 'A inmoral doutora Cons', escrita por Roberto Fernández Álvarez e editada por Aira. Gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2022.

IV Butaca de Jazz 14.11.2023

Gozar do Jazz e doar comida para o banco de alimentos local. Esa é a proposta do ciclo Butacas de Jazz, que cada venres deste mes de novembro na Coruña encherá de música a sala de concertos de Afundación cun fin solidario. Falamos coa produtora Inés Portela

A crónica deportiva 14-11-2023 14.11.2023

Héber Pena recolle o premio ao futbolista máis descatado do mes nun Racing de Ferrol no que hai moito que destacar. "É un orgullo e unha responsabilidade", di o extremo. No Dépor, mentres, é dúbida Pablo Vázquez, indiscutible para Idiakez. No balonmán atendemos á ultima hora do Porriño e do Guardés, que teñen liga o mércores, e no baloncesto, a previa do partido do Breogán co Hapoel Holo...

Música tradicional en directo! 13.11.2023

Emilio Españadero vén con varias propostas de música en directo: A Festa do Trece, en Narón; ciclo Músicas para recrear, no Campus de Pontevedra da Uvigo; e o Festival Folk Canarias, no que estará Ailá.

A crónica deportiva 13-11-2023 13.11.2023

Paco Santos repasa os resultados dos equipos galegos nas principais categorías do fútbol, con protagonismo para as vitorias do Racing, o Celta Fortuna e o Deportivo. No tempo do baloncesto, lembramos o gran duelo dos Howard no Sar e logo falamos da gran cita internacional da ximnasia rítmica que se celebra esta semana en Santiago

'Konrad' e 'Ula e Vinca' con Eva Mejuto 10.11.2023

Nas propostas de lectura de Eva Mejuto hai hoxe unha clásico e unha novidade. Recuperamos Konrad ou o neno que saíu dun bote de conserva, publicado en 1975 pola escritora austríaca Christine Nöstlinger e traducido ao galego por Eva Almazán e publicado por Sushi Books. E acaba de chegar ás librarías o cómic infantil ‘Ula e Vinca’, escrito e ilustrado por María Bren e publicado por Antela Editorial.

Άκου το podcast Todos os podcast | A crónica deportiva στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS