AGalegaAudio

Todos os podcast | A crónica deportiva

Sports GL ↓ Επεισόδια: 2916

A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal

Δημιουργός

AGalegaAudio

Κατηγορία

Sports

Ιστοσελίδα του podcast

agalegaaudio.gal

Τελευταίο επεισόδιο

11 Οκτ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

No foco de Mary Quintero 06.12.2023

Mary Quintero (Melide, 1931) é unha das profesionais máis relevantes da fotografía de estudo e a máis prestixiosa retratista galega da época. Comezou o seu camiño no mundo da fotografía nos estudos que rexentaron os seus pais en Melide e Lugo, onde descubriu a súa vocación polo oficio. Agora unha exposición baixo o título de "A imaxinación no interior dun estudo" mostra parte do seu trab...

Teatro para poñerse na pel das persoas refuxiadas 05.12.2023

‘Vía Morta’ é un espectáculo teatral inmersivo que sitúa o público nun campo de persoas refuxiadas. A montaxe parte dun texto do escritor e actor Carlos Olalla, inspirado polas visitas a campos de refuxiados do colectivo Pallasos en Rebeldía. Dirixe o espectáculo Eva Egido e forman o elenco Iván Prado, Anabell Gago, Fran Rei e Rocío Salgado. ‘Vía Morta’ estréase o domingo 10 de decembro no auditor...

'O Doutor Glas' de Hjalmar Söderberg 05.12.2023

Dolores Vilavedra fálanos do libro 'O Doutor Glas', do autor sueco Hjalmar Söderberg, traducido ó galego por Irmás Cartone.

A Foliada da Fonsagrada e a conservación da tradición 05.12.2023

A Asociación Cultural Petapouco e a Destempo está formada por un grupo de rapaces e rapazas que busca achegar a cultura, sobre todo aquela propia das Terras de Burón (A Fonsagrada), aos máis novos e poñelos en contacto, á súa vez, con grandes mestres e mestras aínda vivas que promovan a conservación da propia tradición oral e musical.

A crónica deportiva 05-12-2023 05.12.2023

Escoitamos a Rafa Benítez, que recoñece moitas eivas nun Celta que só sumou 9 puntos de 45 posibles. E, logo, imos xa coa segunda rolda da Copa, que se inicia o martes na Lomba coa visita doutro Primeira, o Valencia. Ademais, as previas dos equipos galegos que xogarán o mércores e a última hora do Breogán antes de viaxar a Turquía na Liga de Campións de baloncesto.

As cores do cosmos 04.12.2023

Neste ‘cosmic latte’ con Estíbaliz Espinosa falamos da paleta cromática do cosmos e da evolución biolóxica do xénero homo. Escoitamos versos de Virginia Aguilar Bautista e música de Fanny & Alexander.

A crónica deportiva 04-12-2023 04.12.2023

Carl Starfeld recupérase a tempo para estar disponible para o Celta-Cádiz de Balaídos no que Benítez espera "minar a moral" dun rival directo. En Ferrol, o Racing lanza a segunda fase da súa ampliación de capital. E, aínda coa última xornada en quente, chega a segunda eliminatoria da Copa, que nos traerá partidos o martes, o mércores e o xoves.

Unha proposta exótica con danza, teatro e música 01.12.2023

Afonso Becerra tráenos unha recomendación exótica con danza, teatro e música en directo! Trátase de ‘Blues de Medianoite’, un espectáculo de Laboratorio Escénico e Alba Fernández Cotelo.

A crónica deportiva 01-12-2023 01.12.2023

Última hora dos equipos galegos das principais categorías antes dunha nova xornada de fútbol. No Celta, Unai Núñez estivo coa TVG e recoñeceu a importancia do encontro co Cádiz. Na Segunda, Enrique Clemente revive a conversa co liña que admitía que non houbera penalti en Leganés. E na 1ª RFEF, Idiakez entende que pode ser destituido se o Dépor non o fai ben no campo do Barça B.

'Oito apelidos marroquís' e 'Sobre todo de noite' 30.11.2023

Como cada xoves Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Oito apelidos marroquís’, de Álvaro Fernández Armero; e ‘Sobre todo de noite’, de Víctor Iriarte.

DKTC, Santi Araújo, Queralt Lahoz e Shane MacGowan 30.11.2023

Tito Lesende avánzanos unha das cancións do disco-fanzine que Dios ke te Crew repartirán este 2 de decembro no concerto que culmina as celebracións dos seus 20 anos de traxectoria: unha relectura de ‘Silencio’ a cardo de Karma Sound. Escoitamos ‘Baile’, o primeiro adianto do disco que publicará Santi Araújo en 2024 e ‘El alijo’, o novo tema de Queralt Lahoz. E despedimos a Shane MacGowan con ‘Fair...

A crónica deportiva 30-11-2023 30.11.2023

As campioas do mundo adestran en Cambados polo mal estado do céspede de Pasarón. Na 1ª RFEF, escoitamos a Pedro Munitis no CD Lugo e a Yeremay no Deportivo, na súa primeira rolda de prensa como profesional. Tamén rescatamos o máis destacado da entrevista do adestrador do Liceo en Ao contraataque e a valoración do técnico do Basquet Coruña logo de perder en Burgos, onde só anotaron 2 de 25 tiros de...

A crónica deportiva 29-11-2023 29.11.2023

O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, explica que, tralas críticas, se venderán máis localidades para o España-Italia de Pasarón. No Deportivo, Davo analiza a falta de gol do equipo. E no baloncesto, o dominicano Rigoberto Mendoza amplía contrato dúas temporadas co Obradoiro.

Unha mirada arredor de Helmut Newton 28.11.2023

Afondamos con Mónica Maneiro na figura do fotógrado de moda Helmut Newton, a quen está adicada a terceira exposición da Fundación Marta Ortega Pérez.

Jon Jost e a 'Casa do silencio' 28.11.2023

Estréase ‘Casa do Silencio’, o filme rodado en Galicia polo cineasta de culto estadounidense Jon Jost. Unha película poética e musical, enraizada na nosa cultura e inspirada polos tabús familiares. Participan en ‘Casa do Silencio’, poetas como Ismael Ramos, Antón Lopo ou Xiana Arias e músicos como Ugia Pedreira ou Gabi Reboredo. A Filmoteca de Galicia e Numax dedícanlle a Jost un ciclo de proxecci...

Sobre o 'Síbaris' de Domingo Villar 28.11.2023

Con Dolores Vilavedra lembramos a figura d’O Hematocrítico e falamos de teatro: ‘Síbaris’, obra póstuma de Domingo Villar para Galaxia.

A crónica deportiva 28-11-2023 28.11.2023

Chega a penúltima xornada da fase de grupos de Liga de Campións e o FC Barcelona e o Atlético de Madrid aínda teñen que facer os deberes para se clasificar. No fútbol, recuperamos o máis destacado da entrevista do director xeral do Racing en Ao contrataque, onde Carlos Mouriz asegurou que non queren vender a Carlos Vicente. E na Coruña fixámonos nas informacións que sinalan a Paco Jémez como posib...

A teoría e a práctica musical de Zavala 27.11.2023

Zavala presentan o seu primeiro disco, ‘Pequeno manual para grandes cambios I (teoría e práctica)’, publicado por Ferror Records. Un traballo que combina os sons acústicos cos sintéticos e algún pouso da música tradicional, con letras que respiran melancolía urbana. Falamos con Carla Romalde e Víctor Ledo, dous dos integrantes deste quinteto, que presenta en directo o seu debut o 5 de xaneiro na s...

“Desde ese silencio": a intimidade no espazo escénico 27.11.2023

“É volver encontrarme co que me importa. Este traballo rompeu inercias”. Avelina Pérez estrea “Desde ese silencio”, unha peza para dez persoas que explora a intimidade no espazo escénico

As novidades de Barahúnda, Ailá e Leilía 27.11.2023

Emilio Españadero tráenos as novidades de varios grupos: Barahúnda e o seu novo disco 'Fremosas'; Ailá, cos seus traballos 'Sansolimón' e 'Ailá de Nadal'; e Leilía e a súa despedida dos escenarios con "Anque me vou non me vou".

A crónica deportiva 27-11-2023 27.11.2023

A afección do Racing de Ferrol tomou con enorme enfado a decisión, penalti e expulsión moi discutibles, que condicionou o partido dos verdes en Leganés. Na Primeira División, o Celta segue en descenso e asume como crucial o partido co Cádiz. E na 1ª RFEF aumentan as dúbidas sobre o Dépor e sobre Idiakez tralo empate na casa co Osasuna B.

As 'Vidas Cantadas' de Leilía 24.11.2023

“Leilía queda no imaxinario da xente”. Leilía despídese dos escenarios e pecha o círculo co disco Vidas Cantadas e os concertos “Anque me vou non me vou”. Falamos con Felisa Segade.

Lecturas con memoria e sen idade 24.11.2023

Eva Mejuto proponnos este venres dous libros con memoria. 'Mambrú volveu da guerra' é unha peza teatral infantil de Carlos Labraña na que unha nena fai amizade cun soldado de porcelana que viviu na súa vila hai moitos anos. A obra gañou o premio SGAE de teatro infantil, está publicada por Xerais e recomendada a partir dos 9 anos. 'Quen escribirá a miña historia?' é unha novela...

VI Festival Pezas do Teatro do Porvir 24.11.2023

Afonso Becerra vén cun espazo de encontro entre propostas escénicas galegas e portuguesas en fase embrionaria. Trátase do VI Festival Pezas dun Teatro do Porvir, celebrado o pasado 18 de novembro coa organización da AELG.

Música nos 40 anos do Consello da Cultura Galega 24.11.2023

O Palacio da Ópera da Coruña acolle hoxe un concerto conmemorativo polo 40º aniversario do Consello da Cultura Galega (CCG). A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), dirixida por Víctor Pablo Pérez, interpretará un programa no que destaca a estrea da cantata 'Terra', do compositor Juan Durán.

Άκου το podcast Todos os podcast | A crónica deportiva στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS