AGalegaAudio
Todos os podcast | A crónica deportiva
A última hora da información deportiva de cada día, con seguemento diario aos deportistas e aos equipos galegos nas distintas modalidades
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: agalegaaudio.gal
Δημιουργός
AGalegaAudio
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
13 Οκτ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
A xira das '100 voltas' 10.11.2023 17:36
Verónica Codesal presenta en directo o seu último proxecto musical, ‘100 voltas’ na xira ‘Igualdade’, que a leva nestes días por Cedeira, Carballo, Outeiro de Rei, Vedra, Santiago, Oleiros e Arzúa. O álbum incorpora letras das poetas Yolanda Castaño, Lucía Aldao e Rosalía Fernández Rial que falan de sororidade, maternidade, vínculos tóxicos e liberdade persoal. A compoñente de Ialma acompáñase aqu...
A fotografía está de festa na Coruña 10.11.2023 9:13
As fronteiras protagonizan a sétima edición de Ffoco, o festival de fotografía da Coruña amplía espazos e formatos.
'Don Pasquale' dos Amigos da Ópera de Vigo 10.11.2023 8:54
Hoxe Afonso Becerra tráenos ópera: 'Don Pasquale' da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, pertencente ó seu "Outono Lírico".
Festival de Teatro Valacar 10.11.2023 19:30
Durante este mes celébrase na Coruña o Festival de Teatro Valacar. Organizado pola ONCE, ten como obxectivo cambiar a forma na que se percibe a arte e a integración na cidade. Falamos co director do grupo e varios actores.
A crónica deportiva 10-11-2023 10.11.2023 27:49
A información que facilita o Celta de cara á vindeira xunta de accionistas revela varias novidades: o club traspasou a Gabri Veiga por moito menos da súa cláusula e pechou o pasado exercicio con 13 millóns de débeda. No fútbol, ollamos tamén para a actualidade do Racing e da 1ª RFEF e escoitamos a Moncho Fernández no Obradoiro
Terbutalina, The Rapants e Miguel Ríos 09.11.2023 13:34
Tito Lesende tráenos o novo de Terbutalina e The Rapants e o regreso de 'Rock & Ríos'.
'Un amor' e 'O mestre que prometeu o mar' 09.11.2023 9:36
Moncho Lemos tráenos dous filmes : ‘O mestre que prometeu o mar’, de Patricia Font; e ‘Un amor’, de Isabel Coixet.
Comeza Cineuropa 37 09.11.2023 18:07
Como cada outono, o Cineuropa de Compostela enche a cidade de citas de película. Non só se trata da proxección de 115 filmes, senón de numerosas actividades paralelas, concertos, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Ademais, Cineuropa premia este ano as traxectorias de Luis Zahera, Ana Torrent e Joâo Canijo. Falamos co director do festival , José Luis Sosa.
A crónica deportiva 09-11-2023 09.11.2023 26:34
Rafa Benítez revela na previa do Athletic-Celta que no club decidiron impor a 'lei do silencio' sobre as arbitraxes. Ademais, LaLiga presenta a reforma da Malata como candidata a un premio europeo. E as previas da 1ª RFEF, o Dépor feminino e o Breogán
Compostela sobre o lienzo 08.11.2023 8:55
“Compostela é, a día de hoxe, o único encontro que existe na península ibérica e o segundo europeo” . Comeza a sexta edición do Encontro Internacional Compostela Ilustrada. Falamos con Gemma Sesar, coordinadora.
Museo do Gravado de Artes 08.11.2023 16:45
O Museo do Gravado de Artes, no concello de Ribeira (A Coruña), ven de ser distinguiudo este ano cun dos Premios da Cultura Galega 2023. Ata alí achegouse o comañeiro Vituco Neira para conversar co seu director, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría.
'Canción de Nunu' 08.11.2023 9:13
Luz Castro tráenos hoxe un xogo de estratexia: 'Canción de Nunu', creado por Tequila Works. Desenvolve a historia de dúas personaxes do coñecido League Of Legends.
A crónica deportiva 08-11-2023 08.11.2023 28:09
Xa hai data para a remuda oficial na presidencia do Celta: Marián Mouriño sucederá no cargo ao seu pai o 12 de decembro. No Racing, mentres, Íker Losada opina do ruxe ruxe sobre Carlos Vicente. E no Dépor Pablo Vázquez recibe o premio ao mellor futbolista do úlltimo mes
Exposición 'Un nuevo día' 07.11.2023 10:43
Mónica Maneiro tráenos a exposición 'Un nuevo día' de Juan Fernández Álava, na galería Trinta.
'30', de Miguel Lamas 07.11.2023 17:19
No seu terceiro disco '30', Miguel Lamas fusiona a música tradicional con afro jazz e un concepto pop. Charlamos con el sobre as súas claves.
'A nunca vista' 07.11.2023 12:01
Dolores Vilavedra tráenos hoxe un texto teatral. Trátase da obra 'A nunca vista', escrita por Ana Abad de Larriva para a editorial Difusora e gañadora do Premio Abrente de Textos Teatrais 2022.
A crónica deportiva 07-11-2023 07.11.2023 27:04
O xuíz de Competición acepta o recurso do Arosa pola aliñación indebida do Granada na Copa do Rei. Os de Vilagarcía recibirán outro 'Primeira' na segunda rolda. No fútbol fíxámonos nas opcións de que Carlos Vicente deixe o Racing e no baloncesto estudamos as dificultades que está a pasar o Breogán xogando dúas competicións
Conxurar a extinción 06.11.2023 11:49
Tempo para a ciencia con Estíbaliz Espinosa, que vén charlar e reflexionar con nós sobre o feito da extinción.
O pensamento político de Pasolini 06.11.2023 16:34
‘O pobo canta: o pensamento político de Pier Paolo Pasolini’ é o título da xornada que organiza o Consello da Cultura o martes 7 de novembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. Conversamos cun dos coordinadores do encontro, o cineasta italiano Simone Saibene, que intervirá tamén para falar do cine de Pasolini. Escoitamos outra das participantes, a xestora e creadora cultural Cristina C...
Arredor de Pancho Álvarez, Fernando Barroso e Ker Cuez 06.11.2023 9:28
Emilio Españadero fálanos da homenaxe que se lle vai facer a Pancho Álvarez en Fene e dos novos traballos discográficos de Fernando Barroso e Ker Cuez.
A crónica deportiva 06-11-2023 06.11.2023 29:58
O noso experto arbitral Xabier Rodríguez fai balance das decisións máis controvertidas vividas polo Celta no que vai de temporada: cre que tivo dúas a favor e seis en contra. En Ferrol, o Racing valora a traballada vitoria diante do Andorra mentres o Dépor volve goleado de Irún
Máis contos de medo con Eva Mejuto 03.11.2023 9:31
Segunda entrega da historias terroríficas que escolmou para nós Eva Mejuto. Hoxe, A casa enmeigada, o clásico de Jan Pienkovski, que trouxo ao galego hai uns anos a editorial Patas de Peixe. Tamén lemos a última entrega dos Minimortos de Ledicia Costas, Criando malvas, outra historia divertida que rompe co tabú da morte coa axuda das ilustracións de Mar Villar. Poñemos o ramo cunha historia de bru...
'Era Cabra', o novo de Terbutalina 03.11.2023 17:13
Escoitamos o novo álbum do grupo de Muros co seu cantante, Miguel Cernadas. Oito temas nos que regresan ao son directo, máis cru, e que presentarán en directo o 8 de decembro na sala Malatesta de Santiago.
VI Toponimízate 03.11.2023 13:16
Sabías que 2 de cada 3 topónimos que hai en España están en Galicia? A sexta edición de 'Toponimízate' busca recuperar os topónimos que dan nome ós nosos territorios. Falamos con Vicente Feijóo e Nicanor Palomares, de Galicia Nomeada.
'Berro' con Afonso Becerra 03.11.2023 14:33
Afonso Becerra fálanos de ‘Berro’. Trátase da peza coa que Nova Galega de Danza celebra o seu 20 aniversario.
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS