Radio Valladares
As fillas do café
Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.
Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: www.ivoox.com
Δημιουργός
Radio Valladares
Κατηγορία
Ιστοσελίδα του podcast
Τελευταίο επεισόδιο
29 Σεπ 2026
Πού να ακούσεις;
Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομαΤα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast
Επεισόδια
A píllada das dunas & A morada 13.05.2022 49:36
Nada como un paseo pola natureza. Falamos con Elisa Gago, xefa do servizo de Conservación da Biodiversidade, para coñecer a situación da píllara das dunas e doutras aves da costa galega. Ademáis coñecemos o proxecto A Morada, un espacio para as mulleres coidadoras no centro da cidade.
Celta baloncesto & Lupus 06.05.2022 57:41
Conversamos con Cristina Cantero sobre o Celta de baloncesto. E coñecemos que é o Lupus coa asociación Lupus Galicia Agal.
NachoFaiaLar & Teleclube Lugo 29.04.2022 59:06
Falamos con Faia que co proxecto Nacho. Faia. Lar está musicando ao Zeca Afonso. Damos un paseo polas librerías de Vigo con Álex Caseiro e coñecemos o proxecto do Teleclube de Lugo.
App deixar de fumar & Hidria II 22.04.2022 57:53
Deixar de fumar non é doado, pero dende a Unidade de Tabaquismo da USC desenvolveron unha app para axudar e xa teñen os primeiros resultados. Conversamos coa investigadora Ana López Durán. Tamén nos achegarémonos ao porto de Vigo a coñecer este barquiño, o Hidria II. Sesé Otero convertiu o seu soño nunha realidade.
Roscón de Kopena e furancho Cadaval 15.04.2022 54:56
Neste Fillas recuperamos a historia do Furancho Cadaval, da man de Isabel, a súa propietaria e as panaderías Kopena, un clásico do Val Miñor.
Arte y garabato 08.04.2022 1:00:39
Coñecemos os proxectos de Arte y garabato e o proxecto e-pD-WORK, que nos da ferramentas para para reducir o estrés no eido laboral. https://epdwork.org/
A historia de Inés de Castro 01.04.2022 57:38
Coñecemos a historia de Inés de Castro, da man de MJ Perez. A viguesa High Paw saca novo disco. Del e da producción musical fora dos circuitos máis comerciais.
Poesía musicada 25.03.2022 54:50
Domingo, no auditorio “Ímonos a por moradas”. Nastasia Zürcher é unha das artistas invitadas. E Mela Ortiz publica o seu primeiro poemario “La maleta preparada”.
Mulleres na ciencia e na música 18.03.2022 1:01:11
Conversamos coa inmunóloga África González, Premio Ernestina Otero neste 2022. Tamén falamos coa artista, cantante e compositora Wöyza dos novos proxectos.
O léxico das costureiras 11.03.2022 1:02:40
Nesta volta das Fillas do Café, conversamos sobre as experiencias vitais da acróbata Lila Star en Oriente Medio e o léxico das costureiras recollido por A memoria das mulleres.
Tanxugueiras e Allariz 24.12.2021 55:24
Cousas pequeniñas pero ben feitas. Tanxugueiras. Boom cara Eurovisión dende unha productora pequeniña, Play Plan. Allariz, turismo sostible.
Unha de comedia, música e artesanía 17.12.2021 55:40
As lerchas dende a Estrada, Irene Cebada ó seu violín e artesanía das flores de Greta dende Morgadáns.
A hora dos contos 10.12.2021 39:04
Un sobre a matemática María Wonenburguer. Outro sobre os que escribiu Emilia Pardo Bazán.
Plans para a ponte 03.12.2021 55:32
-Divertida e cómica. Conversamos coa actriz Diana Sieira. Cine, teatro, circo e agora, monólogos. Iso trae este domingo ata o auditorio de Valladares. -Voltiña polo patrimonio ata o Escorial galego, o colegio de Nuestra Señora de la Antigua. Aí en Monforte tamén percorremos a ponte vella e o Parador. Ademáis, coñecemos a lenda da coroa de lume.
Divulgadoras científicas 25.11.2021 55:37
Dende o Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana en Burgos, a investigadora e divulgadora Marina Martínez contános canta información se atopa nun dente. Coñecemos a vida da mestra e divulgadora científica Celia Brañas. E paseamos polo xardín botánico da Fundación Sales coa bióloga Patricia Vázquez.
Galegas na ciencia & Catálogo árbores senlleiras 19.11.2021 44:11
Conversamos sobre as mulleres galegas na ciencia con Isabel Blanco, que ven de publicar un libro para achegarlle este coñecemento á xente nova. E divulgación fan tamén dende a Consellería de Medio Rural. Sobre as árbores senlleiras, o catálogo, as rutas... falamos coa directora Belén do Campo.
Dúas historias 12.11.2021 50:39
Coa Comuna Nutritiva conversamos de como se pode adaptar a alimentación ó ciclo menstrual. E para achegarnos á arte do plegado do papel, a papiroflexia, facemos unha paradiña no Museo de Pontevedra. Contemplamos mais de 200 obriñas e podemos asisitir a algún obradoiro.
Expandir a conciencia 05.11.2021 57:03
A terapia con vibración serve como instrumento a Uxía Bastos para acompañar ás persoas na última parte da vida. E hoxe comparte con nós a súa experiencia. Na selva amazónica viven a súa propia cosmovisión. Tonhito de Poi trasládanos parte dela no disco In-dios, no que reflexiona sobre o regreso dos humanos á natureza.
Tres historias para a época de Defuntos 29.10.2021 59:06
Decorar un banquete coa axuda de Floristería Lola en Mos. Comer un potaxe con Calabizo, o chourizo de cabaza que preparan en Nigrán. E ir mirar un espectáculo de títeres. Fábulas da Montaña, sobre a historia de Concepción Arenal.
As leiteiras de Zamáns 15.10.2021 1:00:47
Foron unha axuda importante á economía dos fogares. Conversamos con Esther, veciña de Zamáns, que foi leiteira “moderna”, porque daquela, nos 80, xa tiña coche.
Xela Arias, a quinta Desertora 15.10.2021 42:04
Iso din os Desertores, que están a piques de sacar o libro-disco . Achégase ata a radio Valerio Araujo a contarnos o que poida avanzar del.
Misión Biolóxica de Galicia & Gradiant 08.10.2021 53:20
Coñecemos a Misión Biológica de Galicia do CSIC e o centro tecnolóxico de Gradiant en Vigo.
Nación e Negro Púrpura 01.10.2021 58:45
Contamos a historia das mulleres na fábrica de cerámica de A Pontesa e a da xente que apañaba o cornezuelo do centeo para vendelo ás multinacionais farmacéuticas. Conversamos coas directoras de Nación e mais de Negro Púrpura. Peli e docu, que recollen estas vivencias.
Bicos de papel & Orpagu 24.09.2021 44:35
A Asociación Bicos de Papel axuda ós nenos con cancro no Cunqueiro e apoia ás familias. En menos de 5 anos de vida conseguiu un interesante recoñecemento da sociedade. A Organización De Palangreros Guardeses leva medio século de vida e acada tamén avances. Por exemplo, o salvatortugas, deseñado polos propios pescadores que se está a probar nos barcos galegos que pescan nos océanos do planeta.
Recaladas no camiño 17.09.2021 23:57
Recaladas no camiño, un proxecto de Fundamar, para descubir o patrimonio industrial do mar. Conversamos con María Caldeiro e facemos unha das paradas no Museo das Salgadeiras de Moreiras no Grove
Παρόμοια podcast
Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS