Radio Valladares

As fillas do café

Society GL ↓ Επεισόδια: 266

Un espazo aberto de debate, tertulia e información feminista.

Μην παραλείψεις να επισκεφτείς τη σελίδα του podcast και να στηρίξεις τον δημιουργό: www.ivoox.com

Δημιουργός

Radio Valladares

Κατηγορία

Society

Ιστοσελίδα του podcast

www.ivoox.com

Τελευταίο επεισόδιο

29 Σεπ 2026

Πού να ακούσεις;

Podcast στην εφαρμογή Replaio Radio Έρχεται σύντομα

Τα podcast έρχονται σύντομα στην εφαρμογή. Εγκατάστησέ την τώρα και δες πρώτος μια εντελώς νέα προσέγγιση στα podcast

Κατέβασέ το από το Google Play Δωρεάν εγκατάσταση Android σχεδόν 10 εκατ. λήψεις · βαθμολογία 4,8 iOS σύντομα

Επεισόδια

Literatura sobre a transexualidade infantil 28.06.2019

Contos que axudan a comprender: “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, "Piratas no recreo", "22 segundos"... Conversamos coa escritora Iria Misa e a ilustradora Luz Beloso, da súa labor como profesoras sobre a necesidade de divulgar entre os cativos e adolescentes temas que importan de verdade. Ademáis, Cristina Palacios asesorounas dende Arelas, asociación de familias de menores trans. Falamos con ela...

A arquitectura dos coles hai 50 anos. O Igrexa Valladares. 25.06.2019

Imos coñecer eses inicios e as transformacións dende o ano 63… descubrir cantas escolas unitarias había por Valladares, as dificultades coas que tivo que lidiar a Anpa do Igrexa Valladares nos anos 70 /80. E reflexionar sobre o futuro da educación. A arquitectura dos coles, dos patios, das aulas.... Hai 50 anos os colexios solían estar nos baixos das casas. Os nenos iban a unha escuela e as rapaza...

O colexio Igrexa Valladares hai 50 anos. Vivencias das mulleres 21.06.2019

50 anos ten o colexio Igrexa Valladares. Imos trasladarnos ata eses inicios coas vivencias e recordos das primeiras alumnas. As zamanexas.

IES Valadares Semana cultural III 13.06.2019

Aprender a aprender -Xogos romanos, os obradoiros de enerxías renovables (cociña solar, e outros inventos con placas solares), a aula etnográfica (dunas de Currubedo e castro de Baroña) e as protestas do proxecto "Eu protesto". Contado polos estudiantes. -Obradoiros e espectáculos de poesía. Conversamos con "Dúas gamberras e un micro" e mais coa futura profesora e ex alumna Noa. -A charla dinámica...

IES Valadares. Semana cultural II 12.06.2019

Nesta semana cultural das rapazas e dos rapaces do IES Valadares conversamos sobre: Aprender a debuxar nun obradoiro de cómic, adestramento canino con Vai de Cans, a evolución das telecomunicacións -dende as señais de fumo ata a fibra óptica- e da excursión á Ourense.

IES Valadares. Semana cultural I 10.06.2019

Investigación científica e lingua galega Achegámonos ata a Semana Cultural do IES Valadares. Pasan polos micros alumnos e profesores de lingua galega e de bioloxía. Acompañan ó escritor galego Manuel Núñez Singala, responsable do servizo de Normalización Lingüística da USC, e á investigadora da UVigo África González, tamén presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía.

Eu protesto. A forza da protesta colectiva 07.06.2019

Se a sociedade civil non protesta e non se xunta, poucos cambios se conseguen. Iso estamos a mirar na sanidade e na educación coas folgas destes meses. No IES Valadares están a fomentar este espíritu crítico co proxecto “Eu protesto”. A Plataforma mais Pediatras, que agrupa a ANPAS da comarca, á Rede Cría e mais a Teta e coliño, da apoio ás reivindicacións dos profesionais de atención primaria e o...

A cultura galega: Antonio Fraguas & Malores Villanueva 05.06.2019

Conversamos coa escritora, filóloga e investigadora Malores Villanueva sobre a nosa cultura galega, o legado de Antonio Fraguas, a lingua, a relación cos políticos... Tremendamente interesante!

Clara do Roxo e a escrita creativa 31.05.2019

Conversamos con Clara do Roxo da súa paixón por ensinar escrita creativa e da súa novela "Actrices secundarias", Finalista do Premio Torrente Ballester 2018.

Festival de Cans 27.05.2019

Imos dar unha voltiña e conversar coa directora Chelo Loureiro, que vai estar no espacio "A que andas?" conversando con outros directores sobre os bocetos dunha película antes da rodaxe. Ela anda detrás da historia de "Valentina", unha nena con síndrome de Down. Cans non é so cine, tamén é música. Escoitamos ós grupos de mulleres que van actuar nestes 4 días. E mais espacios. Lendocine, un tempiño...

Exiliadas políticas de Venezuela. 20.05.2019

20 de maio. Hai un ano os titulares de actualidade internacional eran: “Maduro gaña as presidenciais de Venezuela con mais de seis millóns de votos". A partir de ahí, as discrepancias. Que sabemos de Venezuela? Hai moita información confusa. Imos tratar de entender e comprender. Escoitamos o punto de vista de exiliadas políticas.

Sistema público de pensións 10.05.2019

"Goberne quen goberne, as pensións deféndense!" Este é o lema da concentración que ten lugar os primeiros luns de mes diante do MARCO, en Vigo, ás 20h. Conversamos co Movemento galego pola defensa das pensións públicas

Cine, literatura e o compromiso social 26.04.2019

As lecturas de "Madame Bovary", "El gran dictador" e "Noticia Bomba!" acompáñannos nesta viaxe con Javier Gurruchaga, ademáis da súa música, of course. Ladies and gentlemen! O cinema nos barrios e outras das moitas proxeccións que van ter lugar estas dúas semanas por Vigo na Primavera do Cine, teñen transfondo feminista. Os medos profundos cos que se vivía durante o franquismo revolotean sobre as...

Transexualidade infantil 26.04.2019

A transexualidade infantil. -Asociación Arelas, con Mónica Rodríguez, nai dunha rapaza trans. -“Piratas no recreo”, a literatura é unha ferramenta para cambiar o mundo.

As fillas do café - Deportistas: compromiso co medioambiente 25.01.2019

Compromiso terra: 3 mulleres, 1500km de travesía sobre o xeo en 3 fases. Chus Lgo, Verónica Romero e Rocío García van pola terceira… ata o Lago Baikal en Siberia. Oonde foron as outras? Laponia en 2016 (200 km.) e o casquete polar de Barnes, en Canadá, en 2017 (190 km.) Abdominais hipopresivos. Que son? Falámolo con Inés Alonso, a profe do curso do cvcv, e descubrimos a importancia do suelo pélvic...

As fillas do café - Apelidos en Galicia 23.01.2019

Que información se agocha detrás dos apelidos? Dende o 2017 xa se pode alterar a súa orde. Danos algunhas indicacións a lingüista galega, Ana Boullón, que está a elaborar o diccionario de apelidos en Galicia. Falamos con ela das particularidades dos apelidos noutros países.

As fillas do café - Asociación Galega de Matronas 18.01.2019

Nos últimos anos está a haber un auxe nos partos na casa. Falamos coa Asociación Galega de Matronas, con Marta Bernárdez que atendeu partos nos hospitais de vigo e que agora tamén atende na casa. Queremos saber como son, en que condicións se fan, se supoñen un risco… en definitiva, despexar dúbidas.

As fillas do café - Yoga & meditación & baños de gong 28.12.2018

Falamos de yoga, meditación e baños de gong coa mestra e veciña de Beade, Uxía Bastos.

As fillas do café - Soberanía alimentaria 21.12.2018

Vai de alimentación. Falamos de soberanía alimentaria, uso das augas e diarreas nos países "pobres" e de obesidade infantil nos "ricos" coa bioquímica e nutricionista Rebeca. Completamos o ciclo co Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Coñecemos a experiencia no concello de As Neves da man de Adega e a súa responsable alí, María.

As fillas do café - Roteiros literarios e cantos tradicionais 19.12.2018

De roteiros literarios e cantos tradicionais. -Coa Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Tui da para moito literariamente e guiouno a escritora e dramaturga Marga do Val. Percorrémolo con ela. A escritora xuvenil Ledicia Costas, que tamén está afeita a eles, acaba de publicar "A balada dos unicornios", premio Lazarillo 2017. Finalizamos con música. Cantos tradicionais galegos en...

As fillas do café - Directivas en entidades sociais 14.12.2018

Conversamos con tres mulleres á fronte de 3 entidades socias: -Ana Pérez, presidenta do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. -Asociación de Eslavos en Galicia da man da súa presidenta Marina Bajtina. -Lala, presidenta de Elfos y Calcetines, ong encargada de que a ningún neno en Galicia lle falte un agasallo na noite de reis.

As fillas do café - Deseñadoras & ilustradoras 12.12.2018

Na EMAO, Escola de Artes e Oficios de Vigo, coa deseñadora gráfica textil e profe de encaixe de palillos, Marian Núñez. E coa alumna de coiro Antonina, que usa a técnica rusa jojlomá nas súas creacións. A ilustradora Marta Riera é a creadora da marca Galifornia, entre outras moitas cousas. Con ela tamén falamos de ilustración e deseño.

As fillas do café - Mulleres no cine e na música 05.12.2018

Sabíades que só un 8% das pelis que se producen no noso país están dirixidas por mulleres? CIMA - Asociación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales, representada en Galicia pola productora Chelo Loureiro tentan visibilizar esta e outras moitas situacións desiguais. De música falamos coa voz do jazz galego Carmen Rey, que dirixe o coro Ejazz. 4 voces femininas moi eclécticas. E tamén coa no...

As fillas do café - Axendas culturais 03.12.2018

A inxente producción cultural galega precisa de difusión e están a nacer moitas axendas culturais en internet. Case un ano en internet "Amovida.gal" , agora podémola atopar en papel nos bares, teatros... toda a actualidade cultural da nosa cidade viguesa. Falamos con Tamara, unha das súas creadoras. E os mais pequenos, que inda non van a salas, van a outros espacios para os concertos. Como enterar...

As fillas do café - Entramos nun hospital 30.11.2018

Entramos nun hospital e falamos con diversas profesionais da saúde. Imos coñecer como funcionan os nosos riñóns coa nefróloga Xoana Barros, unha veciña de Beade que traballa nun hospital de Girona. Co Grupo de Humanización do Hospital Álvaro Cunqueiro, coordinado pola enfermeira Ana Braña. Como humanizar o servicio de urxencias? Moi interesante. Neste hospital tamén está a xinecóloga Sabela Iglesi...

Άκου το podcast As fillas do café στο Replaio

Ραδιόφωνο και podcast σε μία εφαρμογή - δωρεάν, χωρίς εγγραφή. Εγκατάστησέ την σήμερα και μη χάσεις την πρεμιέρα

Κατέβασέ το από το Google Play

Το Replaio δεν είναι εκδότης podcast - τα ονόματα των εκπομπών, τα εξώφυλλα και ο ήχος ανήκουν στους δημιουργούς τους και διανέμονται μέσω δημόσιων ροών RSS