Cristina Terceiro

Viaxantas Podcast

Society GL ↓ 26 Folgen

Viaxantas é un podcast mensual en galego para os amantes das viaxes, as experiencias e a boa comida. Un espazo dirixido por 🎙Cris Terceiro con entrevistas e no que ti tamén podes facernos chegar as túas achegas e recomendacións.

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com

Autor

Cristina Terceiro

Kategorie

Society

Podcast-Website

www.ivoox.com

Neueste Folge

30. Jul 2023

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,7+ iOS bald

Folgen

#26 Praga: Tras as pegadas do nazismo e do comunismo 30.07.2023

Xa coñecemos o corazón turístico de Praga, agora afondamos na súa gastronomía, nas súas xentes e na súa historia da man de Vanesa Noya. Con ela cruzaremos a ponte de Carlos IV para achegarnos ó Castelo de Praga, cońecer á Barbie de Praga ou pasar polo muro de John Lennon. Mais tamén falaremos do peso que a historia recente do país ten na cidade e nas súas xentes, do nazismo ó comunismo. Ademais, a...

#25 Praga: unha cidade chea de contrastes 23.04.2023

Praga é unha das cidades máis fermosas de Europa. Seguramente tes no maxín a imaxe icónica da ponte de Carlos IV que une o Castelo de Praga coa cidade vella, ou a armonía de pontes que adornan o río Moldava dende calquera punto panorámico. Mais na cidade das cen torres e as mil puntas tamén hai espazo para o deconstructivismo da casa danzante e as obras do artista checo David Černý, espalladas por...

#24 Tromsø: á caza das auroras boreais 22.01.2023

Achegámonos a Tromsø, tamén coñecida como a capital do Ártico, para gozar dun dos mellores espectáculos naturais do inverno: as auroras boreais. No episodio 24 de Viaxantas falaremos dos atractivos que agocha esta fermosa cidade noruega, situada a tan só 350 kilómetros do cículo polar Ártico e rodeada de montañas, fiordos e illas. Descubriremos máis sobre o pobo Saami, falaremos de gastronomía, mú...

#23 A Costa Amalfitana: expectativas vs realidade 07.08.2022

A Costa Amalfitana é un espectacular balcón natural ao mar Tirreno. Un deses destinos soñados, mil e unha veces fotografado e que ofrece sol, praia, solpores únicos e boa gastronomía. Pero que ocorre cando as expectativas chocan coa realidade? No 23 de Viaxantas percorremos estes 55 kilómetros da costa italiana da man da xornalista Maria Sabarís e reflexionamos sobre destinos masificados e sobre o...

#22 Aos pés do Vesubio: Pompei vs Ercolano 03.07.2022

A historia é o fío condutor deste episodio de Viaxantas. Da man de Carme Saborido, achegámonos á rexión italiana de Campania para coñecer a cidade greco-romana de Paestrum, entrar nas famosas ruínas de Pompeia e admirar a outra vítima do Vesubio, Ercolano. Ademais, o noso roteiro inclúe paradas en Nápoles e Salerno. Dalle ao play para iniciar este paseo. NOTAS DO EPISODIO: * Subscríbete á Newslett...

#21 Muíños do Folón e do Picón: unha panorámica transfronteiriza 22.05.2022

Achegámonos aos Muíños do Folón e do Picón, no Rosal, para recomendarche unha actividade ao aire libre que ten de todo: historia, tradición, deporte, natureza e unhas vistas de postal sobre o Miño, albiscando o perfil da fronteira portuguesa e co Monte de Santa Trega sobresaíndo coma un guieiro nos días despexados. Neste roteiro axudaranme a recrear a imaxe sonora do lugar os fundadores da web Gal...

#20 Os días tolos en Colonia 20.03.2022

Os "días tolos" é o nome que recibe a semana grande dun dos entroidos máis populares de Europa, o carnaval de Colonia (Alemaña). Unha celebración á que cheguei sen querer e na que atopei algunha que outra semellanza con Galicia que che conto neste episodio de Viaxantas. Falaremos un pouco de historia, de tradicións e da faciana máis moderna desta cidade con 2000 anos, pero tamén da súa maxestuosa...

#19 San Telmo en clave galega 12.02.2022

Apetéceche seguilos pasos dunha ruta migrante doutro tempo? Ese é o obxectivo deste episodio no que nos achegamos a un dos barrios máis bohemios de Suramérica. Volvemos ao meu querido Bos Aires, pero desta para descubrir a cara máis galega do centro histórico porteño: San Telmo. Un paseo no que me acompañan Andrés da Pedra - o guía gaiteiro - e Diego Martínez Duro - presidente da Federación de Aso...

#18 Descifrando Ámsterdam 17.01.2022

Apetéceche coñecer unha das cidades con máis ambiente de Europa? Entón este episodio é para ti, porque imos descubrir unha capital que transmite vitalidade e promete longas e intensas noites de festa. Un lugar cun mar de propostas culturais e que convida a facer algunha que outra falcatruada. Benvid@ a Ámsterdam! Neste paseo contamos con dous viaxeiros de excepción: Fran da Lobeira axudaranos a de...

#17 Sabucedo en 360º 22.12.2021

Benvid@ a esa Galicia profunda da que moitos presumimos. Neste episodio voute levar a unha parroquia galega que cada mes de xullo protagoniza portadas en medio mundo, aínda que durante o resto do ano non saibamos tanto dela. Por que en Sabucedo (A Estrada, Pontevedra) o traballo continúa paseniño os 365 días do ano para preservar, non só unha das tradicións máis senlleiras de Galicia, senón un eco...

#16 Puglia en solitario 05.12.2021

Volve Viaxantas, este espazo de encontro para corremundos con ganas de compartir historias e destinos. No episodio 16 estreamos tempada, a segunda xa, e percorremos un lugar con postas de sol capaces de emocionar ata ao teu amigo máis toxo. Imos coñecer a rexión italiana de Puglia e as súas xentes, que para aqueles que non se sitúen vén a ser o tacón da bota que todos debuxabamos á perfección de c...

#15 O Grove, unha loa á tradición mariñeira 01.08.2021

O Grove é un paraíso gastronómico con maiúsculas que contenta o estómago e alegra a vista, grazas os seus miradoiros, as súas praias de area fina, as súas augas atlánticas de azul intenso e todo o ambiente dun destino de excelencia para turistas de preto e de lonxe. Ao percorrer as súas rúas ou degustar os seus pratos decátaste de que son, por sí sós, unha loa á tradición mariñeira, intrínseca ao...

#14 A volta ao mundo en paisaxes sonoras 18.07.2021

Agardo que esteas listo ou lista para a aventura sonora que che teño preparada porque esta vai ser unha viaxe no espazo e no tempo a través de tódolos continentes. Imos percorrer Panxea, esa masa xigante de terra emerxida, á que hoxe separan mares e océanos. E imos facelo a través da música, dos instrumentos e das civilizacións que lles deron vida con dous grandes mestres que se adican a recuperar...

#13 O espírito do Camiño, con Wendy Werneth 04.07.2021

Se hai algo que nos identifica en boa parte do mundo e polo que moitas persoas de lonxe sitúan Galicia no mapa, iso é o Camiño de Santiago. Por iso, neste ano Xacobeo no podía faltar en Viaxantas algunha referencia a esta ruta milenaria. Colle uns tenis cómodos, pon a mochila ás costas e a túa cuncha de peregrino porque no episodio 13 do podcast farémolo Camiño Nascente portugués, o da Gueira e do...

#12 Aventuras na illa dos volcáns 20.06.2021

O episodio 12 de viaxantas é culpa, única e exclusivamente, da vaga de calor que estamos a ter por Bélxica estes días e que conseguiu que a miña mente só pense nunha escapadas refrescantes, con praias paradisíacas onde sopre unha brisa agradable constante, e na que poder gozar de bos parques naturais. E tendo isto en conta, decidín que xa era hora de que neste podcast falásemos dunha illa. Unha de...

#11 Cuntis, máis ca un paraíso termal 06.06.2021

Ti como describirias a vila na que te criaches? Ese é o reto que che lanzamos no episodio 11 de Viaxantas Podcast. Aquí imos falar de historia castrexa e romana, de termalismo e de roteiros de sendeirismo. Benvid@s a Cuntis, esa vila tranquila que ten moito máis para ofrecerche ca termalismo. E para enterder mellor este municipio falamos con tres persoas que a coñecen ben: Heitor Picallo, ilustrad...

#10 Un paseo medieval 23.05.2021

No episodio 10 de Viaxantas imos dar un paseo medieval a unha das cidades máis fermosas do corazón de Europa: Bruxas. Se queres saber a razón pola que aos habitantes de Bruxas lles chaman "tolos", se é certo que as casas teñen un grifo de cervexa directo da fábrica aos seus salóns ou por qué venden "souvenirs" específicos para hispanofalantes, dalle unha escoita a este novo episodio do teu podcast...

#9 As letras galegas en América 08.05.2021

Maio é o mes por excelencia das nosas letras e da nosa lingua, o galego, aínda que honralas, querelas e utilizalas debemos facelo os 365 días do ano. Por iso, no episodio 9 de Viaxantas quero sacar ámbalas dúas da súa zona de confort e ver cómo latexan, cómo medran e se expanden nun continente histórico para os galegos, América. E para facelo,a compañareime do presidente da Real Academia Galega, V...

#8 Ribeira Sacra, a posta en valor do rural 25.04.2021

No episodio de hoxe imos coñecer unha das xoias naturais de Galicia, a Ribeira Sacra.  Aínda que non imos quedar só nas súas paisaxes impoñentes, adentrarémonos tamén no románico rural galego e camiñaremos entre vides da man das súas xentes, para falar da posta en valor do noso rural. Son os seus habitantes os que fan a maior reivindicación de futuro para as súas vilas, como opción para vivir, par...

#7 Un tren ás nubes 11.04.2021

Collede un asento de ventá e poñédevos cómodos e cómodas porque acabades de subir a bordo dun tren que vos levará case ata o ceo. Neste episodio transportámonos novamente a América Latina para acariñala pachamama, tocalas nubes e descubrila cara B do norte arxentino. Moi boas, son Cristina Terceiro e isto é Viaxantas Podcast! Nesta escapada sonora imos coñecer unha das obras de inxenierías máis im...

#6 Pico Sacro, onde a historia e a lenda se confunden 28.03.2021

Que vos parece se falamos dunha das paisaxes máis simbólicas de Galicia, un lugar dende o que eres capaz de observar terras das catro provincias galegas e que como dicía Manuel María, está ferido polo lóstrego e a lenda. No episodio 6 de Viaxantas só me fai falta abrila fiestra da casa dos meus pais para levarvos ata o Pico Sacro. Acompañádesme? Para este paseo vou contar cun popurrí de voces, ent...

#5 Viaxar ao corazón dunha pirámide 14.03.2021

Imaxinas como poder ser adentrarse no corazón dunha pirámide exipcia? Si, si.. nas mesmas que soterraban aos faraóns hai milleiros de anos e que estaban pensadas con mil e unha trampas para evitar que calquera persoa con malas intencións perturbase o descanso eterno destas pseu-divindades. Ben, pois no quinto episodio de Viaxantas Podcast imos ata o Cairo para descubrir este e outros segredos dunh...

#4 Bos Aires con Jose Lemur 28.02.2021

Hai lugares que son especiais, ben polas súas xentes, polas historias que agochan ou polas experiencias que vivimos neles. Eu hoxe vouvos levar a unha cidade especial para min porque combina eses tres elementos, pero tamén algún máis. Bos Aires é esa cidade que lle deu os últimos trazos á miña madurez en construcción, transformou o meu xeito de viaxar e deulle novos significados a palabras como am...

#3 Viva o entroido! 13.02.2021

Eu nacín no mes do entroido por excelencia e, como tal, medrei escoitando unha e outra vez iso de "oh, un entroidiño!" cada vez que dicía en voz alta a data do meu aniversario. Unha resposta que recibía con gusto, non vaiades pensar. Porque ademáis dese algo máxico que existen en disfrazarse e convertirse noutra persoa por unhas cantas horas nas que case todo vale para botar unha risas, o entroido...

#2 Unha cea prehistórica 31.01.2021

Neste episodio viaxamos ata a Patagonia arxentina para gozar dunha cea prehistórica e unhas vistas de película. Imos coñecer as covas de Walichu, o primeiro xacemento arqueolóxico que se descubriu na zona, pero tamén Punta Bonita e o inmenso lago Argentino. Para que me axuden a achegarvos as sensacións que transmite este lugar conto con outros dous viaxeiros: Jorge Barrio e Sol Santacroce. Agardo...

Höre den Podcast Viaxantas Podcast in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet