AGalegaAudio

Todos os podcast | Xogos olímpicos

Sports GL ↓ 124 Folgen

Cada semana son protagonistas os deportistas galegos que teñen como obxectivo clasificarse para os próximos Xogos Olímpicos de Os Anxeles 2028. Desde esta temporado, os domingos ás 23:30

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: agalegaaudio.gal

Autor

AGalegaAudio

Kategorie

Sports

Podcast-Website

agalegaaudio.gal

Neueste Folge

11. Okt 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Galicia en xogo Olímpicos 23-03-2024 23.03.2024

A selección española de balonmán conseguiu o pase á cita olímpica co cangués Rodrigo Corrales de novo na portería. Estará en París este verán, xunto ao tirador pontevedrés Jose Antonio Saavedra, que ven de gañar a medalla de ouro e bater o récord europeo na Copa do Mundo de Nova Delhi.

Galicia en xogo Olímpicos 16-03-2024 16.03.2024

A selección española de hoquei herba feminina loitará polas medallas en París. Conversamos co adestrador ourensán Carlos García Cuenca, que dirixirá ás red stick na cita deste verán

Galicia en xogo Olímpicos 09-03-2024 09.03.2024

Entrevista co adestrador de Miguel Alvariño, Xaquín Mira. Con el analizamos a renuncia de Alvariño ao proceso selectivo interno da Federación Española de Tiro con Arco.

Galicia en xogo Olímpicos 02-03-2024 02.03.2024

Entrevistas co boxeador Enmanuel Reyes, a xogadora de badminton Lucía Rodríguez e a atleta Aldara Meilán.

Galicia en xogo Olímpicos 24-02-2024 24.02.2024

O boxeador Enmanuel Reyes falounos na previa do preolímpico de boxeo que comezou en Italia esta semana. E fixo repaso do acontecido no campionato de España de atletismo en pista curta que se disputou en Ourense.

Galicia en xogo Olímpicos 17-02-2024 17.02.2024

Entrevista ao ciclista paralímpico Damián Ramos que falou sobre as súas dúas medallas na primeira proba da copa do mundo 2024. Previa do Mundial de pista que se celebra en Brasil no mes de marzo. Ademais, escoitamos o xogador de badminton paralímpico, Nacho Fernández, que esta semana disputou o Campionato do Mundo, última proba puntuable para a clasificación paralímpica.

Galicia en xogo Olímpicos 10-02-2024 10.02.2024

Conversamos con Raimundo Fernández sobre a situación da súa pupila, a lanzadora cubana Yulenmis Aguilar, que hai tres anos adestra en Oleiros pero non acaba de recibir a nacionalidade española que lle permita ir aos Xogos. Ademais, saudamos a nadadora do Liceo María de Valdés.

Galicia en xogo Olímpicos 03-02-2024 03.02.2024

Escoitamos varios dos 108 premiados na edición 2023 das Distincións ao Mérito Deportivo de Galicia: a ouro olímpico Sofía Toro, a que foi capitá das 'Guerreiras' Begoña Fernández ou a lenda do baloncesto Manuel Aller, entre outros.

Galicia en xogo Olímpicos 27-01-2024 27.01.2024

O programa desta semana repártese nunha entrevista co loitador de Ribeira Álex Vidal, que xa estivo en Toquio 2020 na estrea do taekwondo paralímpico, e nunha charla co xornalista Alfonso Hermida, epecializado no deporte olímpico.

Galicia en xogo Olímpicos 13-01-2024 13.01.2024

Conversa con Loreto Pérez, elixida o ano pasado a 'Mellor xuíz de atletismo de 2023' polo Comité Nacional de Xuíces, e que por vez primeira acudirá a uns Xogos Olímpicos. A súa designación xa é oficial, ao igual que a da veterana Dolores Rojas para as probas de marcha.

Galicia en xogo Olímpicos 06-01-2024 06.01.2024

O primeiro programa do ano olímpico convida dous galegos que loitan por estar en París 2024: en natación, o vigués Miguel Martínez; e en esgrima a tiradora María Mariño, que ten xa unha ampla experiencia internacional.

Galicia en Xogo Olímpicos 30-12-2023 30.12.2023

Coa mente posta xa en París 2024, repasamos as clasificacións e os principais acontecementos preolímpicos do 2023 con dous destacados galegos xa clasificacos, Támara Echegoyen e Tariku Novales.

Galicia en xogo Olímpicos 23-12-2023 23.12.2023

Toni López charla con Judith Rodríguez, que vén de participar na última proba do ano da Copa do Mundo de esgrima adaptada. A viguesa, cuarta na clasificación internacional, aspira a acadar un posto para París 2024.

Galicia en xogo Olímpicos 16-12-2023 16.12.2023

Ás portas de que comece o ano olímpico centramos o programa na situación da marcha, un deporte que podería levar algúns galegos a París. Esta disciplina vai ter varios cambios, tanto nas normas como nas distancias e para coñecelas mellor conversamos coa xuíza coruñesa Dolores Rojas.

Galicia en xogo Olímpicos 09-12-2023 09.12.2023

Toni López conversa con Iván García despois de que o marinense quedase ás portas de asegurar a praza olímpica en taekwondo ao rematar terceiro na última proba de clasificación por ranking. Ademais, recuperamos a charla coa tenista Jéssica Bouzas en Ao Contraataque na que fixo balance dunha temporada con moitos cambios.

Galicia en Xogo Olímpicos 18-11-2023 18.11.2023

Toni López cita hoxe dous deportistas que teñen opcións de estaren nos Xogos de 2024. O tenista en cadeira de rodas Martín de la Puente pechará o ano como número 4 do mundo. A fondista Ester Navarrete ten que decidir en que distancia se centra para tratar de conseguir a mínima olímpica.

Galicia en Xogo Olímpicos 11-11-2023 11.11.2023

Toni López reparte o programa entre cicilsmo e natación. Sobre a bici fala coa marinense Lorena Patiño, que vén de competir nos Campionatos de Europa de ciclocross. E na piscina saúda o novo presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión

Galicia en Xogo Olímpicos 04-11-2023 04.11.2023

O triatleta vigués Antonio Serrat pode ser o segundo galego, tras Támara Echegoyen, que confirme a presenza nos Xogos Olímpicos de 2024, pois cumpriu os requisitos para ser seleccionado. Mentres, a ponteareá Melania Rodríguez quere conseguir o posto nos Mundiais de ximnasia acrobática

Galicia en Xogo Olímpicos 28-10-2023 28.10.2023

Toni López conversa co buenense Martín Souto, que se cambiou de modalidade para progresar no seu camiño aos Xogos de Inverno. Tamén fala con Uxía Chamorro, unha das galegas que traballa por estar en na competición paralímpica de París 2024 co equipo español de baloncesto

Galicia en Xogo Olímpicos 21-10-2023 21.10.2023

O COI anuncia que o cricket, o lacrosse, o squash, o flag footbal e o béisbol e o softbol serán modalidades olímpicas nos Xogos de 2028. Falamos das novidades co gran referente do squash en España, o santiagués Borja Golán, e escoitamos tamén a xogadora viguesa Marta Domínguez, número 61 do mundo, que aspira a competir na cita de Los Ángeles

Galicia en Xogo Olímpicos 14-10-2023 14.10.2023

Toni López conversa coa campioa paralímpica Susana Rodríguez Gacio tralas finais das Series Mundiais de tríatlon de Pontevedra. Tamén escoitamos a ourensá Támara Echegoyen despois de que se confirmase que competirá nos seus cuartos Xogos en vela

Galicia en Xogo Olímpicos 07-10-2023 07.10.2023

Charlamos coa coruñesa Paula Otero despois de conseguir a prata na remuda dos Europeos junior de natación e co pontevedrés Lucas García, que puido competir na casa nas finais das Series Mundiais de tríatlon

Galicia en Xogo Olímpicos 30-09-2023 30.09.2023

Pontevedra acolleu un dos maiores acontecementos deportivos do ano en España. As finais dos mundiais de tríatlon reuniron milleiros de persoas na cidade. Toni López conversa con dous galegos participantes, o lugués Esteban Basanta e a buenense Natalia Castro

Galicia en Xogo Olímpicos 23-09-2023 23.09.2023

Toni López conversa con dúas mulleres que dan moita guerra, a coruñesa Helena García, campioa de España de taekwondo e bronce europeo junior, e a pontevedresa Lydia Pérez, que vén de competir nos mundiais de Belgrado

Höre den Podcast Todos os podcast | Xogos olímpicos in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet