AGalegaAudio

Todos os podcast | Xogos olímpicos

Sports GL ↓ 124 Folgen

Cada semana son protagonistas os deportistas galegos que teñen como obxectivo clasificarse para os próximos Xogos Olímpicos de Os Anxeles 2028. Desde esta temporado, os domingos ás 23:30

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: agalegaaudio.gal

Autor

AGalegaAudio

Kategorie

Sports

Podcast-Website

agalegaaudio.gal

Neueste Folge

11. Okt 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Galicia en xogo Olímpicos 16-11-2024 16.11.2024

No Galicia en Xogo Olímpicos desta semana Toni López García conversa con dous deportistas galegos sobre a súa proxección e últimos resultados: Lorena Patiño e Mateo García

Galicia en xogo Olímpicos 09-11-2024 09.11.2024

A altera coruñesa Irene Blanco pasa polo espazo olímpico para repasar o seu último e xeitoso Campionato de Europa

Galicia en xogo Olímpicos 02-11-2024 02.11.2024

No espazo olímpico desta semana Toni López García conversa coa iudoka Laura Vázquez. Ademais repasa todo o acontecido na Gala de Entrega de premios da Federación Galega de Natación celebrada en Lugo.

Galicia en xogo Olímpicos 19-10-2024 19.10.2024

Tralos XXOO de París, Toni López García segue revisionando o papel dos galegos na cita francesa e ollando cara os novos proxectos dos nosos deportistas. Algúns deles son un tanto afastados e exóticos, como o do remeiro noiés Caetano Horta, afincado agora en Australia.

Galicia en xogo Olímpicos 12-10-2024 12.10.2024

As promesas do deporte galego comezan a proxectar a súa preparación para a próxima cita olímpica de Los Angeles 2028. Toni López García fala coa taekwondista Noa Romero e o triatleta Jarno Pousada, que teñen catro anos por diante para lograr o soño de competir nos Xogos.

Galicia en xogo Olímpicos 05-10-2024 05.10.2024

Trala retirada de Javi Gómez Noya, Toni López Garcia fai unha análise da situación actual do triatlón galego, con Antonio Serrat e Susana Rodríguez Gacio coma estandartes. Polo Galicia en Xogo Olímpicos pasa este sábado o adestrador Carlos David Prieto. Tamén falou un medallista en París vencellado a Galicia, o padexeiro Diego Domínguez.

Galicia en xogo Olímpicos 28-09-2024 29.09.2024

Co gallo do anuncio esta semana do adeus ao triatlón profesional de Javi Gómez Noya, o espazo olímpico de Galicia en Xogo quixo rendirlle unha merecida homenaxe repasando os innumerables fitos do ferrolán e navegando no arquivo sonoro para lembrar cómo se viviron na Radio Galega os momentos chave do que foi Premio Princesa de Asturias dos deportes, medallista olímpico e múltiples veces campión mun...

Galicia en xogo Olímpicos 21-09-2024 21.09.2024

Coa ollada posta xa en Los Ángeles 2028 nun novo ciclo olímpico, pero sen rematar de analizar cos protagonistas a cita parisina, Toni López conversa esta semana con Carlos Arévalo á vez que repasa o resto da actualidade, con ese regreso á casa de Ana Peleteiro coma nova destacada da semana.

Galicia en xogo Olímpicos 14-09-2024 15.09.2024

Primeiro espazo do Galicia en Xogo Olímpicos coa vista posta na cita de 2028 e tralo balanzo positivo dos deportistas galegos que competiron en Paris 2024. Un dos protagonistas do espazo foi o medallista Enmanuel Reyes. A outra foi a loitadora balear Carla Jaume.

Galicia en xogo Olímpicos 07-09-2024 07.09.2024

A un día de rematar en París este ciclo olímpico, Toni López García repasa os últimos resultados dos atletas galegos na cita francesa. Están sendo uns Xogos de moito éxito para a delegación galega, que irá pasando por este espazo durante a media hora da súa duración.

Galicia en xogo Olímpicos 20-07-2024 20.07.2024

O último #GaliciaenXogo Olímpicos desta temporada adica o seu tempo a conversar co xuiz de triatlón Miguel Fernández e coa nadadora Daniela Suárez, que vén de proclamarse campioa de Europa xunior de natación artística.

Galicia en xogo Olímpicos 13-07-2024 13.07.2024

No Galicia en Xogo edición Olímpicos van marcando os días do calendario que restan para a cita parisina. E fanno repasando as últimas novas dos nosos deportistas e conversando con Manu Lorenzo, o xogador vigués convocado coa selección de baloncesto paralímpica.

Galicia en xogo Olímpicos 06-07-2024 06.07.2024

No Galicia en Xogo desta semana Toni López García entrevista a Susana Rodríguez Gacio a semanas de que comece a cita olímpica de París. Asimesmo, o espazo analiza o resto da actualidade do deporte galego coa ollada posta na capital francesa.

Galicia en xogo Olímpicos 29-06-2024 29.06.2024

Támara Echegoyen será a abandeirada española na cerimonia inaugural dos XXOO de París. Farao xunto a Marcus Cooper. Toni López García recupera as valoracións dos dous deportistas no Galicia en Xogo Olímpicos deste sábado, xunto a outros protagonistas da semana como Montse Tomé ou o padexeiro Pablo Crespo.

Galicia en xogo Olímpicos 22-06-2024 22.06.2024

Esta semana Toni López repasa a actualidade olímpica e conversa coa esgrimista paralímpica Jdith Rodríguez.

Galicia en xogo Olímpicos 15-06-2024 15.06.2024

Na edición deste sábado do Galicia en Xogo Olímpicos Toni López García fixo un repaso do acontecido nos Campionatos de Europa de atletismo, nos que Galicia sumou dúas medallas: o bronce de España con Esther Navarrete na media maratón e o ouro de Ana Peleteiro no triplo salto. Ademáis, a francesa afincada en Vigo Alice Finot tamén se proclamou campioa europea da súa disciplina . Con ela conversou T...

Galicia en xogo Olímpicos 08-06-2024 08.06.2024

No espazo olímpico deste sábado Toni López García convidou á xogadora de balonmán Alicia Fernández, na prelista de convocadas para a cita parisina, e ao presidente da Federación Galega de Piragüismo Fredi Bea.

Galicia en xogo Olímpicos 01-06-2024 01.06.2024

Achégase Paris 2024 e os deportistas olímpicos galegos contan os días para a gran cita deste verán. Neste Galicia en Xogo Toni lópez García enfocou o resumo semanal no piragüismo, conversando con Carlos Arévalo e Antía Chamosa.

Galicia en xogo Olímpicos 18-05-2024 18.05.2024

O madrileño Diego Domínguez, do club Breogán do Grove e que adestra no CGTD de Pontevedra ven de conseguir o billete para as cita parisina e pasou pola sección olímpica do Galicia en Xogo. Tamén conversou Toni López co taekwondista marinense Iván García, trala súa prata nos Campionatos de Europa.

Galicia en xogo Olímpicos 11-05-2024 11.05.2024

Nesta edición olímpica do Galicia en Xogo Toni López García conversou co nadador vigués Mario Méndez, campión de España de longa distancia. Ademáis, pasou polo eapazo o coruñés Damián Ramos, tras conseguir un ouro e un bronce na proba da Copa do mundo de ciclismo adaptado celebrada en Ostende (Bélxica)

Galicia en xogo Olímpicos 04-05-2024 04.05.2024

No #GaliciaenXogo Olímpicos deste sábado Toni López García conversou con Rodrigo Conde, trala súa medalla no Campionato de Europa de Remo. Tamén, no seu regreso á competición, conversou con Sara Guerrero, a triatleta do Narón que gañou co seu club o Campionato España de Duatlón.

Galicia en xogo Olímpicos 27-04-2024 27.04.2024

A poucos meses de chegar a cita olímpica de Paris, Toni López García segue conversando cos deportistas que levarán con orgullo a bandeira galega no maior evento deportivo mundial. Antía Chamosa analizou o seu bronce nos Europeos de piragüismo coa selección española. Ademáis pasou polo espazo do #GaliciaenXogo Vicky Alonso, tras conseguir o combinado feminino de baloncesto en cadeira de rodas o bil...

Galicia en xogo Olímpicos 20-04-2024 21.04.2024

Se pensamos nunha padexeira única e historia viva do noso deporte esa é Tere Portela. Xunto á canguesa, en París, competirá no K4 500 metros Carolina García. A galega pasou polo Galicia en Xogo olímpicos para conversar con Toni López, o mesmo que fixo Laura Vázquez, iudoka que desputará a fin de semana que vén o Europeo en Zagreb (Croacia)

Galicia en xogo Olímpicos 06-04-2024 06.04.2024

Na previa do Selectivo da fin de semana que ven en Verducido, Toni López García conversa con Antía Jácome. Tamén repasamos un extracto das declaracións de Susana Rodríguez Gacia tras recoller o Premio Nacional dos Deportes.

Galicia en xogo Olímpicos 30-03-2024 30.03.2024

No programa desta semana sobre o ciclo olímpico a viguesa Ester Navarrete analizou a súa convocatoria para a cita parisina coa selección española. Pola súa banda o triatleta Antonio Serrat valorou a súa medalla de prata na proba do Copa de Mundo desputada en Hong Kong.

Höre den Podcast Todos os podcast | Xogos olímpicos in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet