Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Podcast-Website
Neueste Folge
29. Okt 2026
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Ent. Marta Cendón, catedrática | Conferencia A catedral de Tui en 1225. Que estaba feito e que faltaba por facer? 29.12.2025 7:55
A catedrática tudense Marta Cendón ofrecerá mañá martes ás 19.30 h no Espazo Sociocultural da r/ Camilo José Cela unha conferencia titulada "A catedral de Tui a 30 de novembro de 1225. Que estaba feito e que faltaba por facer?" dentro da programación do VIII Centenario da consagración da catedral. Nela realizará un achegamento ao proceso construtivo deste templo, ilustrando as diversas etapas dest...
Ent. José Carlos Montes e Miguel Veiga | Balance árbore dos desexos 26.12.2025 10:19
82 nenos e nenas recibirán mañá o seu agasallo de Nadal grazas á iniciativa Árbore dos desexos, que este ano estivo na praza da Inmaculada na súa terceira edición. Hoxe fixemos balance con José Carlos Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño, e Miguel Veiga, promotor da iniciativa.
Diego Grande, cantante de Claxxon | Concerto de Nadal en Tui 26.12.2025 5:23
Mañá sábado ás 20 h a orquestra Claxxon ofrecerá o seu concerto de Nadal en Tui, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Será un espectáculo con cancións de Nadal e tamén clásicos do pop e rock, para toda a familia. Deunos os detalles o cantante Diego Grande.
Ent. María do Ceo, fadista | Concerto de Nadal na Catedral 26.12.2025 7:46
Panxoliñas galegas e portuguesas estarán presentes este domingo ás 18 h na Catedral de Tui co Concerto de Nadal que ofrecerá a fadista María do Ceo. Conversamos con ela e avanzou algunhas das cancións que este domingo cantará no templo catedralicio, nun concerto organizado ao abeiro do 800 aniversario da consagración da catedral.
Ent. Pablo Gómez e Iván Martínez, da peña Os mártires de Guillarei 26.12.2025 6:23
Máis de 20 persoas conforman a peña do C.F. Guillarei "Os mártires de Guillarei", que se creou hai dous meses co obxectivo de unir a afección e desfrutar de cada partido. Crearon xa un himno que soa cada domingo no campo e están a preparar camisetas, bufandas e novas cancións. Hoxe coñecemos os detalles con Pablo Gómez e Iván Martínez, da peña "Os mártires de Guillarei".
Ent. Pepe Míguez, presidente ACITUI - Ruleta da Sorte e Sorteo de 3 cestas de Nadal 23.12.2025 3:59
178, 1419, e o 393 son os números premiados coas cestas de Nadal de ACITUI que hoxe se realizou na nosa sintonía. A de hoxe foi unha mañá de premios para o comercio local xa que no Espazo Sociocultural tivo lugar a Ruleta da Sorte, cunha gran acollida coma explicaba o presidente de ACITUI, Pepe Míguez.
Ent. Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns | Festa PreFin de Ano 23.12.2025 2:50
Amigos da Festa de Rebordáns celebra esta sábado, 27 de decembro, unha festa Prefin de Ano. Coñecemos como van despedir o ano, por anticipado, con Marta Romero e Anas Fadoul, da Comisión de Rebordáns.
Ent. Eloy Carrera e David González - Concerto de Fin de Ano da Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore 23.12.2025 6:27
Humor, música e melodías de Nadal protagonizarán este venres o Concerto de Fin de Ano que ás 20.30 h ofrecerán no Teatro Municipal de Tui a Banda de Música Popular de Tui e o grupo Píscore. Coñecemos todos os detalles con David González, presidente e Eloy Carrera, director da Banda de Música Popular de Tui. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 5€ e 3€.
Ent. Andrea González, presidenta da C- Academia de Artes Escénicas e premio a Caixason 23.12.2025 9:17
A tudense Andrea González vén de ingresar como académica na Academia das Artes Escénicas de España. A pianista e organizadora do IKFEM amosaba a súa satisfacción por este novo paso na súa carreira. Amais a Confederación de Xuventudes Musicais de España que preside vén de entrar Consello Estatal da Música e das Artes do Ministerio de Cultura. Avanzaba Andrea González, que o proxecto Caixason que es...
Raíces e Vangarda, Judicael Romero - Lombo de bacallau confitado sobre crema de coliflor asada e terra de migas de broa 22.12.2025 13:26
"Lombo de bacallau confitado sobre crema de coliflor asada e terra de migas de broa" é a proposta que hoxe nos fixo o chef Judicael Romero no tempo de "Raíces e vangarda" para dar unha volta ao tradicional prato de Noiteboa. Tamén deu uns consellos para desfrutar destas datas en familia e arredor da mesa.
Ent. Ze Manuel Pinheiro, director do Ensemble Vocal Pro Música | Concerto na Catedral de Tui 19.12.2025 3:41
O Coro de Porto, Portugal, Ensemble Vocal Pro Música ofrece un concerto na Catedral de Tui este domingo ás 18 h, dentro da programación que conmemora os 800 anos da consagración do tempo tudense. Actuarán 84 persoas. O director do coro, Ze Manuel Pinheiro, explicou hoxe que o programa que elixiron xira entorno á Virxe María, a quen está dedicada o Catedral.
Ent. Belén Alonso, da Asociación Colibrí | III Mercado de segunda man 19.12.2025 3:35
Este domingo a praza do Seixo en Tomiño acolle o III Mercado de segunda man organizado pola Asociación Colibrí. Máis de 20 postos, un taller de bordado, a presentación das novelas de Perfecto Souto e a visita de Papá Noel son as actividades que haberá dende as 10 h. Coñecemos os detalles con Belén Alonso, da Asociación Colibrí.
Ent. Andrea Docampo, psicóloga perinatal do Centro Anarela | Como desfrutar do Nadal en familia 19.12.2025 8:08
Emoción, ganas, maxia, ilusión e tamén estrés. Nenos, nenas, pais e nais prepáranse para as festas de Nadal dende principios de decembro, coas novas tradicións e modas que se convirten no seu día a día. Hoxe damos consellos para desfrutar destas datas con Andrea Docampo, psicóloga perinatal do Centro Anarela.
Ent. Rafael Quintía, antropólogo - Que son os trubincos 18.12.2025 8:59
Segundo a lenda, os trubincos son pequenos trasnos da mitoloxía de Salcedo, en Pontevedra, que baixan pola cheminea en Noiteboa. Gústalles enredar e causar desorde, polo que tradicionalmente se lles deixa un agasallo de piñas con brea para mantelos tranquilos. Hai bonecos para poder ter o noso propio trubinco na casa en Nadal. Hoxe coñecemos como son estes trasnos da tradición oral galega co antro...
Ent. Rubén López, director do Conservatorio e Escola de Música de Tui - Concerto Sinfonía de Nadal 18.12.2025 6:20
Mañá venres ás 20 h o Teatro Municipal acolle o concerto Sinfonía de Nadal do Conservatorio Profesional e Escola de Música de Tui, no que participarán máis de 150 alumnos e alumnas. As entradas poden retirarse de balde unha hora antes do inicio do espectáculo na entrada do Teatro. Así explicouno hoxe o director do CMUS, Rubén López.
Ent. Aitor Martínez, torneiro de madeira | Gañador do Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía 2025 18.12.2025 5:00
O torneiro de madeira Aitor Martínez, de Tomiño, vén de gañar o Premio Nacional de Artesanía 2025 na categoría Produto pola súa colección Mundos. Hoxe Aitor Martínez contounos como viviu a entrega do galardón e deu os detalles de Mundos e de próximos proxectos.
Ent. Fina Padín e Fran Nogueiras, da Asociación de Veciños de Sobrada | Actividades Nadal 16.12.2025 9:33
A Asociación de Veciños de Sobrada organiza para esta fin de semana un conxunto de actividades enfocadas no Nadal, como unha papanoelada moteira ou un concurso de decoracións de Nadal. Hoxe coñecemos os detalles con Fina Padín, presidenta da asociación, e Fran Nogueiras, vicepresidente.
Espazo Comercio | Tartatouille, en Conectaté 16.12.2025 8:56
No Espazo Comercio, que realizamos con ACITUI, coñecemos con Iris Saavedra, de Conectaté, o novo lanzamento que estará dispoñible na súa tenda na rúa Augusto González Besada. É tartatouille, unha iniciativa gastronómica que pretende marcar a identidade de Tui.
Ent. Marisol Valdés | O Belén de Mingos pode visitarse este Nadal na Oficina de Turismo 15.12.2025 9:50
O Belén de Mingos volveu este Nadal á Oficina de Turismo onde se pode visitar até o 5 de xaneiro. Marisol Valdés, a súa viúva, contounos a gran acollida que está a ter esta gran montaxe de 12 metros cadrados, con máis de 300 pezas, e na que sempre hai innovacións. Relatounos coma pouco a pouco ao longo dos anos Mingos ía facéndose coas distintas pezas e coma xa na súa casa recibía cada Nadal a can...
Raíces e Vangarda con Judicael Romero - Capuchino de vieira e xamón crocante 15.12.2025 8:12
"Capuchino de vieira e xamón crocante" é a proposta que hoxe nos fixo o chef Judicael Romero no tempo de "Raíces e vangarda". Deixounos esta nova suxestión de receitas para estas festas de Nadal.
Ent. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artística Ribex - Exhibición de Nadal 12.12.2025 2:45
Este domingo 14 ás 17 h o pavillón Gustavo Rodríguez de Tui acolle a exhibición de Nadal do Club de Patinaxe Artística Ribex, que contará coa visita especial de Papá Noel. A entrada é libre. Así nolo contou a adestradora, Carolina Figueroa.
Ent. Marisa Giráldez e Marisa Araujo, do Club Bádminton Tui - Torneo recreativo e torneo de Nadal 12.12.2025 9:23
Máis de 300 partidos desputaranse mañá sábado no torneo recreativo de bádminton que se celebra o pavillón do IES San Paio. Coñecemos os detalles con Marisa Giráldez e Marisa Araujo, do Club Bádminton Tui. Tamén informaron do X Torneo de Nadal que organizan o próximo venres 19.
Ent. Anabel Solla e Andrea Costa, de AMEI Tui - Proxecto Redes de igualdade 12.12.2025 5:40
Coñecemos o proxecto "Redes de Igualdade" da Asociación Mulleres en Igualdade de Tui (AMEI Tui). No marco desta iniciativa vén de editar un novo conto coeducativo, "A Capitá Lúa e o Mar dos Estereotipos", e elaborou unha guía de prevención da violencia de xénero na adolescencia. Déronnos os detalles Anabel Solla e Andrea Costa, de AMEI Tui.
Ent. Rubén López, director do Conservatorio e Escola de Música de Tui - Concerto Nadal 12.12.2025 2:44
Hoxe venres ás 18 h o Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá o concerto dos alumnos e alumnas do Conservatorio Elemental e Profesional e da Escola de Música de Tui. Será unha mostra do talento local e do traballo realizado neste centro de ensinanzas musicais. A entrada será libre até completar o aforo. Así nolo contou hoxe o director do Conservatorio, Rubén López.
Ent. Ana Núñez, concelleira de Comercio - Papa Noel no Mercado de San Antonio e Reto 12.12.2025 7:30
Papá Noel visita o Mercado de San Antonio este Nadal para compartir momentos especiais cos nenos e nenas e as súas familias. Estará hoxe de 17 a 20 h e mañá de 11 a 14 h. Volverá a estar a próxima fin de semana e tamén o 22, 23 e 24 deste mes. Así nolo confirmou hoxe a concelleira de Comercio e Mercados, Ana Núñez, que amais avanzou o reto que lanzan tamén no Mercado dende mañá.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet