Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6535 Folgen

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Podcast-Website

www.ivoox.com

Neueste Folge

27. Okt 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Raíces e vangarda | Costelar de cordeiro con patacas 09.03.2026

Raíces e vangarda únense cada luns ás 11.30 h no espazo gastronómico co chef Judicael Romero. Hoxe deu a receita de costelar de cordeiro e gratén de patacas "ao pobre".

Ent. Ana Carpintero, de Somos Océano | Premio A Profesional Autónoma de CaixaBank na Dirección Territorial Norte 09.03.2026

A emprendedora Ana Carpintero, de Somos Océano, recibiu a pasada semana en Bilbao o Premio A Profesional Autónoma de Caixabank na Dirección Territorial Norte. Deunos hoxe os detalles deste galardón e profundou nos retos e desafíos de ser unha muller emprendedora e autónoma.

Ent. Francisco Castro, músico e escritor | Novo disco “Cantos de amor e revolución” 09.03.2026

O músico e escritor Francisco Castro vén de lanzar o seu novo disco "Cantos de amor e revolución", con 14 temas musicais. Algúns deles interpretounos no concerto Poesiacordes en Tui, co gallo do Día de Rosalía. Conversamos con el sobre este novo disco e sobre os catro libros que publicará este ano.

Ent. David Domingúez, Manuel Castro, Jose Manuel Quintana e Lis Montes | Centenario do Tyde FC 06.03.2026

Mañá sábado terá lugar o primeiro acto conmemorativo do centenario do Tyde F. C. Será un xantar reecontro entre xogadores, directivos e presidentes que formaron parte do club. No mesmo participarán 135 persoas. Do programa de actividades deste centenario falamos hoxe con David Domingúez, presidente do Tyde, que forma parte do Comité deste centenario xunto a Manuel Castro, Jose Manuel Quintana e Li...

Ent. Mª Carmen Rguez Cerdeira e Juan Escalas Taberner - Reunión Grupo Español Investigación en Dermatoloxía Psiquiátrica 06.03.2026

O Parador de Tui acolle hoxe venres a XXI Reunión do Grupo Español de Investigación en Dermatoloxía Psiquiátrica da AEDV baixo o título “Entre a pel e a mente: Avances e controversias en Psicodermatoloxía”. Na mesma participan especialistas de toda España. A doutora tudense, María del Carmen Rodríguez Cerdeira Organizadora de la reunión e o doutor Juan Escalas Taberner Hospital Universitario Son E...

Ent. Ana Núñez, concelleira de Igualdade e Patrimonio - Programación 8M e retirada dos tileiros da praza da Inmaculada 05.03.2026

Con Ana Núñez, concelleira de Igualdade e Patrimonio coñecemos a Programación organizada polo Concello de Tui co gallo do 8M Día Internacional da Muller. Por outra parte abordamos a retirada dos tileiros da praza da Inmaculada.

Ent. Eduardo Fernández de Biciosos Rías Baixas - XIII Eurocidade BTT 05.03.2026

Todo preparado para a celebración este domingo, 8 de marzo, da XIII Eurocidade BTT que conta este ano con 885 persoas inscritas. Sairá ás 9 h da contorna das piscinas de Valença e a liña de meta estará na Fortaleza de Valença. Os participantes percorrerán espazos naturais e patrimoniais dos dous municipios. Eduardo Fernández, de Biciosos Rías Baixas, explicaba con detalle o percorrido a realizar,...

Ent. Vanesa Pérez - Festival solidario Pequenos Xigantes 05.03.2026

O pavillón da Carballa en Tomiño vai acoller o sábado 11 de abril, ás 16.30 h, o festival solidario Pequenos Xigantes organizado por Vanesa Pérez. Haberá actuacións de danza, patinaxe artístico, dj, pintacaras, perruqueiros solidarios... para recadar fondos para a asociación Bicos de Papel. Con Vanesa Pérez coñecemos todos os detalles deste evento.

Ent. Nico Montes, voceiro do PP - Tala dos tileiros na praza da Inmaculada 04.03.2026

O Partido Popular de Tui pedirá responsabilidades políticas pola perda dos tileiros da praza da Inmaculada e solicitará todo os informes e a documentación do expediente. Así o explicou o voceiro popular Nico Montes.

Ent. Laura Villarverde e Roi Fernández - Situación en Qatar. 04.03.2026

Coñecemos a situación que están a vivir os tudenses Laura Villaverde e Roi Fernández, xunto co seu fillo Xalo, en Doha, Qatar, tras o inicio do ataque de EEUU a Irán. Roi Rodríguez está a dar clases na universidade pública e agora permanecen "confinados" na casa onde tentan manter a normalidade. Están en contacto coa Embaixada Española e agardan poder regresar pronto a casa.

Ent. José Santos e Julio López da comisión de Festas de Pexegueiro - I Festa Furancheira 04.03.2026

Este venres e sábado a partir das 19 h vaise celebrar na casa da Eira en Pexegueiro a I Festa Furancheira. É unha iniciativa da Comisión de Festas de Pexegueiro tal e coma hoxe nos contaron José Santos e Julio López.

Ent. Helena Pousa da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño - Identificación Fosa Soutelo 04.03.2026

Confírmase a identidade dos dous corpos atopados na primeira fase de exhumación no adro da igrexa de Soutelo. Así o confirmou hoxe Helena Pousa, da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Louriña e Condado. Trátase de Antonio Dalmino e Manuel Fernández, ambos das Bornetas. Avanzaba Helena Pousa os próximos traballos de exhumación que van realizar nos próximos meses en Salced...

Eloy Carrera e Daniel Troncoso - II Festival de Bandas de Música Infantís e Xuvenís 04.03.2026

As bandas infantil e xuvenil do Ateneo Musical de Bembrive e a Banda Xuvenil de Tui protagonizarán este domingo o II Festival de Bandas Infantís e Xuvenís organizado pola Banda de Música de Tui. Hoxe con Eloy Carrera, director da banda tudense, e Daniel Troncoso, coñecemos os pormenores do festival e o repertorio que van interpretar. Será ás 12 h no Paseo da Corredoira ou en caso de choiva no Espa...

Ent. Fernando Pérez-Lozao, do IES Indalecio Pérez Tizón; e Rosalía Gil, do CEP Altamira | Premio Innovagal por Trax II 03.03.2026

Trax II é o proxecto impulsado polo IES Indalecio Pérez Tizón, de Tui, e o CEP Altamira, de Salceda, que vén de ser recoñecido co terceiro premio na categoría de Educación Secundaria nos premios Innovagal que concede a Consellería de Educación. É unha escola de talento onde as clases se ofrecen dende unha metodoloxía diferente. Un teatro en latín, en diferentes idiomas, e coa colaboración de alumn...

Ent. David Acevedo, da organización da marcha Ultreia 03.03.2026

A marcha Ultreia entre Tui e Pontevedra celebrarase este ano o domingo 12 de abril, domingo de San Telmo, e a Catedral de Tui será parte protagonista da camiseta da proba este ano. A Ultreia é unha proba xa consolidada, que reúne a centos de persoas de toda España e Portugal. As inscricións están aínda abertas en cronotec.es, segundo explicaba hoxe David Acevedo, membro da organización.

Espazo Comercio | Martes, 3 de marzo de 2026 03.03.2026

Asemblea este xoves, o inicio do Tú-y D'Tapas este venres 6 e a campaña do Día do Pai a partir do luns 9 son todas as iniciativas das que hoxe deu os detalles Pepe Míguez, presidente de ACITUI, no Espazo Comercio.

Raíces e vangarda | Guiso de tenreira con alcachofas 02.03.2026

Hoxe no programa Raíces e vangarda aprendemos a cociñar guiso de tenreira con alcachofas, da man do chef Judicael Romero.

Ent. Gabriel Fandi, novo sinxelo "Loco por ti" 02.03.2026

"Loco por ti" é o novo sinxelo que vén de lanzar Gabriel Fandi, unha canción que fala de amor e historias compartidas. Hoxe presentouna no programa Día a día.

Ent. David Carballo, da escola infantil Ohana | Premio excelencia educativa 2026 02.03.2026

A escola infantil Ohana vén de recibir o Premio Excelencia Educativa 2026 como Mellor Escola Infantil en Contornas Naturais e Rurais, que outorga a fundación da Gala Acción Social. O xurado destacou de Ohana a súa metodoloxía, profesorado e instalacións no espazo exterior. David Carballo, de Ohana, valorou hoxe este galardón.

Ent. Sara Bouzas e Sheila Gómez, do equiopo Seriberica Pádel 8 | Máster Internacional de Series Nacionais de Pádel 02.03.2026

O Club Pádel 8 a través do seu equipo Seriberica Pádel 8 será o encargado de representar a Galicia en categoría 500 feminino no Máster Internacional de Series Nacionais de Pádel, tras imporse na fase final autonómica desputada esta fin de semana na Coruña. Hoxe nolo contaron dúas das deportistas, Sara Bouzas e Sheila Gómez.

Ent. Álex Alonso, piloto de SimRacing 27.02.2026

O oiense Álex Alonso é oito veces campión de España en SimRacing, unha modalidade de automobilismo virtual que emprega simuladores de conducción. Co obxectivo claro de competir na "vida real", está agora en busca de patrocinadores. Así nolo contaba hoxe no programa Día a día.

Ent. Eduardo Méndez Sanjurjo, director xerente do DiSom Tui | 40 anos de historia 27.02.2026

Máis de 80.000 persoas pasaron polo centro DiSom Tui nestes 40 anos de presenza e traballo en Tui. Hoxe fixemos balance destas catro décadas co seu director e xerente, Eduardo Méndez Sanjurjo, quen tamén avanzou novos proxectos.

Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal | Desfile Entroido 2026 27.02.2026

Esta domingo ás 11 h O Rosal celebra o seu Desfile do Entroido, no que participarán máis de 1.000 persoas e que percorrerá as rúas da vila co entroido máis tradicional. Deunos hoxe os detalles Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal.

Ent. Sandra González, alcaldesa de Tomiño | Venres de Foliada 2026 27.02.2026

Hoxe venres ás 21.30 h Tomiño celebra o Venres de Foliada 2026, con 20 comparsas e 1.500 persoas participantes, nun desfile dende a rúa Gondomar até a rúa da Pedra. Sobre esta cita coñecemos máis coa alcaldesa, Sandra González.

Ent. Felicitas Iglesias, da Asociación Párkinson Baixo Miño, e David Torres, nutricionista do Sergas |"Fame e saciedade" 26.02.2026

O vindeiro xoves 5 de marzo a Asociación Párkinson Baixo Miño organiza a charla-coloquio "Fame e saciedade". Será ás 18 h no Centro Sociocomunitario de Tui, con entrada libre. David Torres é nutricionista do Sergas nos centros de saúde do Baixo Miño, e será el quen ofreza esta charla sobre a importancia da alimentación no párkinson. Con el conversamos hoxe, e con Felicitas Iglesias, da Asociación,...

Höre den Podcast Día a Día in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet