Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Podcast-Website
Neueste Folge
20. Okt 2026
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
Espazo Comercio | Sorteo da Campaña do Día da Nai 12.05.2026 7:17
Balance moi positivo o que realiza ACITUI da campaña promocional do comercio local co gallo do Día da Nai. Pasaron de 39 locais participantes a 58 nesta edición e de repartir case mil papeletas ao ano pasado ás 2.700 deste ano. Está mañá na nosa sintonía sorteáronse os 5 vales de compra de 30€ no comercio local participante. Así o explicaba hoxe o presidente de ACITUI, Pepe Míguez, no Espazo Comer...
Ent. Mila González, Manuel Gónzalez e Diego Alonso, de Arume de Malvas | Actuación en Balaídos 12.05.2026 9:19
Os compoñentes da banda de gaitas Arume de Malvas pisaran esta tarde o céspede de Balaídos. Será na previa do encontro entre o Celta e o Levante que comezará ás 19 h. A banda tudense actuará ás 18.50 h nunha aposta do club pola tradición galega e a nosa música, e a poucos días da celebración do Día das Letras Galegas. Desta actuación tan especial falamos hoxe con Mila González, presidenta de Arume...
Raíces e vangarda | Sardiñas marinadas aos tres cítricos 11.05.2026 13:09
Hoxe no programa Raíces e vangarda cociñamos sardiñas marinadas aos tres cítricos, unha receita do chef Judicael Romero repleta de nutrintes. Conversamos tamén sobre cociña honesta.
Ent. Dámaso Rodríguez, peregrino | Fin de Cruzando Camiños 11.05.2026 5:36
1.165 quilómetros despois, o tudense Dámaso Rodríguez completou o seu "camiño de camiños" conectando diferentes percorridos xacobeos dende Alcalá de Henares até Tui. Foron os Camiños de Santiago Complutense, o de Madrid, o Francés e o Portugués. Agora está xa na súa casa, en Coslada, e puidemos conversar con el sobre este reto.
Ent. Juana Parada, xerente de ORPAGU | Ampliación da nave frigorífica en Areas 08.05.2026 8:09
5 mil toneladas é a capacidade de almacenaxe da nave frigorífica de ORPAGU, no parque empresarial de Areas tras a ampliación que veñen de realizar para cubrir toda a produción. Así nolo contou hoxe a xerente de ORPAGU, Juana Parada. A nave loxística no polígono empresarial de Tui emprega actualmente a unhas sesenta persoas, entre postos directos e indirectos. Juana Parada destacaba o estratéxico d...
Ent. Alumnado e profesoras do IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño | "Cristais hidrofóbicos", premiado en Exporecerca Jove 08.05.2026 9:21
Lucas Bautista, Sharay Iglesias, Sofía Rodríguez, Marta Riádigos e Jorge Sobrino Pintos, alumnado do IES Antón Alonso Ríos de Tomiño, desenvolveron o proxecto "Cristais hidrofóbicos" que vén de ser recoñecido na feira Exporecerca Jove de Barcelona. Conseguiron o segundo premio na categoría de Química e Mocidade nesta cita nacional, e hoxe contáronnos como desenvolveron o proxecto. Tamén conversamo...
Ent. Alumnado de 5º de Primaria do CEIP Nº1 de Tui | Campaña "Aquí tamén se fala galego" 08.05.2026 3:15
O CEIP Nº1 de Tui únese un ano máis á iniciativa “Aquí tamén se fala galego”, impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Alumnado de 5º de Primaria contounos hoxe que actividades está a desenvolver dentro desta campaña, como colocar pegatinas en establecementos de Tui ou elaborar un manifesto polo uso da lingua galega.
Ent. Alumnado e directora do CEIP Nº1 de Tui, e Ana Núñez, concelleira de Igualdade | Puntos violeta en Tui 07.05.2026 17:41
Alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui puxo en marcha unha iniciativa para que Tui sexa unha cidade máis segura. Con este obxectivo, crean o grupo PEA: Protexer, Escoitar sen xulgar, Avisar; con vítimas de violencia machista. Amais impulsaron a colocación de puntos violeta en establecementos tudenses. Hoxe conversamos con parte deste alumnado; coa directora do centro, Nuria...
Ent. Maya Moledo do BM Cañiza | Fase de ascenso a División de Honra Ouro Feminina 07.05.2026 6:40
Momento histórico o que vivirá esta fin de semana A Caniza co fase de ascenso de Balonmán a División de Honra Ouro Feminina. No equipo da Caniza milita a tudense Maya Moledo, que nos explicou como están ante esta cita destacada na que se enfrontarán ao Marni, Montequinto e Errotabarri. Maya Moledo comezou con 4 anos nas escolas do Balonmán Tui, xogou logo en Salceda, O Porriño, Lavadores, e A Cani...
Ent. José Leiras, xogador do Valinox Novás | Fase de Ascenso 07.05.2026 6:07
O xogador tudense José Leiras disputará esta fin de semana co seu equipo o Valinox Novás a fase de Ascenso a División de Honra Prata que se vai celebrar no Rosal. Xogarán co Balonmán Romo Broker Kirol, o Balonmán Cantera Sur, e o BM Caja Rural Zamora. Venres, sábado e domingo serán os encontros no pavillón do Rosal onde buscarán o ascenso. José Leiras, que no seu día formou parte no Balonmán Tui,...
Manuel Ángel González e Carlota González do Remo do Miño - Campionato de España de Remo Absoluto 06.05.2026 11:17
Dúas medallas, unha prata e un bronce, foron as logradas esta fin de semana polo Club Remo do Miño, no Campionato de España Absoluto. Manuel Ángel González, presidente do Club, facía balance do mesmo. Destacaba amais os cuartos postos logrados polo 2- masculino e o 4x mixto con deportistas xuvenis, que competirán no Nacional nunhas semanas. Falamos tamén deste campionato con Carlota González, prat...
Ent. Eva Pazo e Miguel Enríquez da Asociación Cultural Aloia | Día das Letras Galegas e Excursión a Lugo e Portomarín 06.05.2026 6:06
A Asociación Cultural Aloia de Pazos de Reis celebra este domingo o Día das Letras Galegas cunha proposta teatral. Será no Centro Cultural ás 18 h. Setestrelo Teatro presenta “Comedia sen título” de Federico García Lorca. Por outra parte a Asociación Aloia organiza para o 30 deste mes unha excursión a Lugo e Portomarín. A inscrición está aberta até este domingo. Eva Pazo e Miguel Enríquez da Asoci...
Espazo Comercio | Andrea Costa, xestora cultural 05.05.2026 10:45
No Espazo Comercio, que realizamos con ACITUI, hoxe coñecemos o traballo que realiza Andrea Costa, como xestora cultural. Presentounos algúns dos proxectos nos que está a traballar, como unha APP para a xestión de redes sociais para pequenas empresas, asociacións e persoas autónomas. Tamén deu conta da plataforma da xestión cultural que está a presentar dirixida a concellos. En soyandreacosta.com...
Raíces e vangarda | Menestra de espárragos da Ulloa 04.05.2026 13:53
Hoxe na sección Raíces e vangarda cociñamos menestra de espárragos da Ulloa, unha receita saudable do chef Judicael Romero. Con el tamén conversamos sobre alimentación infantil.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Programación maio 04.05.2026 6:18
"Desexando amar"; "Deuses de pedra"; "Dersu uzula"; e "Cidade de Deus" son as catro películas que se van proxectar este mes de maio no Cineclub Tui, con sesións todos os martes. Hoxe coñecemos a programación completa con Noemí Guisande, do Cineclub Tui.
Ent. Marcos Porto, de Sport Kids | Gran Premio Pumptrack da Eurocidade Tui-Valença 04.05.2026 4:28
Este domingo 10 a partir das 15 h ES celébrase na Eurocidade Tui-Valença o Gran Premio Pumptrack. Será no circuíto de Valença, e o prazo de inscrición está aberto até este xoves 7 en cronotec.es. Hoxe coñecemos este deporte e detalles sobre o premio co organizador do evento, Marcos Porto, de Sport Kids.
Ent. Pilar Álvarez e José Montes de SOS Tomiño Baixo Miño | XV Xantar Solidario 30.04.2026 7:34
SOS Tomiño Baixo Miño celebrará o seu XV Xantar Solidario. Este ano celebrarase nas instalacións da adega Altos de Torona en Tomiño. Unha xornada con dobre obxectivo, dar a coñecer o labor de SOS Tomiño Baixo Miño e visibilizar ese traballo, e por outra parte tamén recadar fondos para esta asociación asistencial. Están xa á venda as entradas para a mesa 0 ao prezo de 2€ que inclúe un sorteo. O pre...
Ent. Manuel Rodríguez, presidente, e José Carlos Fernández, adestrador do CF Guillarei | O Guillarei busca o ascenso 30.04.2026 5:57
O Guillarei xogará este domingo ás 18 h no campo da Gándara ante o Pontellas. A victoria este domingo daríalles matemáticamente o ascenso de categoría a Segunda Rexional. Agardan que o campo se encha este domingo para animar ao equipo que dende a súa refundou hai 9 está a piques de ascender. Manuel Rodríguez, presidente, e José Carlos Fernández, adestrador do CF Guillarei, así nolo contaron esta m...
Ent. Ricardo Dasilva, presidente da Asociación de Muiñeiros do río Tripes | XXIII Romaría Os Nosos Fariñeiros 30.04.2026 6:34
Mañá celébrase no entorno do río Tripes a XXIII Romaría Os Nosos Fariñeiros: Burros e Muíños, promovida pola Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Será unha xornada de lecer entorno a estes elementos patrimoniais, nun entorno natural de gran beleza. O presidente da Asociación do Burro Fariñeiro, dará lectura ao pregón. Ao longo da xornada haberá música, artesanía, gastronomía.... Así nolo contou...
Ent. María González, presidenta do Club Remo Tui | Campionato Galego, de España e Crowdfunding 29.04.2026 6:57
Até este domingo 3 de maio pódese colaborar co Club Remo Tui a través do seu proxecto de crowdfunding, no que recadan fondos a través da plataforma gofundme.org para poder participar en diferentes competicións. Hoxe conversamos coa presidenta do club, María González, dos resultados dos e das deportistas no Campionato Galego, do Campionato de España, dun sorteo que lanzarán nas súas redes sociais e...
Ent. Luis Fernández, presidente, e Cibrán Álvarez, secretario, do Club Xadrez Tui | Ascenso á División Preferente 29.04.2026 10:21
O Club Xadrez Tui vén de conseguir ascender á División Preferente por primeira vez na súa historia. Así nolo contaron hoxe Luis Fernández, presidente, e Cibrán Álvarez, secretario do club, ambos tamén xogadores.
Ent. Aida Alonso, ilustradora | Obradoiro e cartel de Tui en Letras 2026 29.04.2026 5:54
A ilustradora afincada en Tui Aida Alonso impartirá o mércores 6 de maio ás 17.30 h un obradoiro de bonecos elaborados con papel. Esta é a cita que abre a programación de Tui en Letras deste 2026, cuxo cartel tamén deseñou ela. Aida Alonso deu hoxe os detalles deste obradoiro, dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Ent. Ángel Sánchez, codirector de Play Doc | Inauguración, estrea de "Ursúas" e venda de entradas 29.04.2026 5:57
Hoxe mércores ás 20.30 h inaugúrase no Teatro Municipal de Tui o 22º Festival Play Doc. Haberá música, co grupo Trilitrate; e cine, coa estrea mundial de "Ursúas", de Roi Fernández. As entradas para todas as actividades estarán á venda no Teatro Municipal durante os cinco días de festival e tamén na súa páxina web. Así nolo contou hoxe Ángel Sánchez, codirector.
Ent. Intercambio Erasmus entre o CEIP Nº1 de Tui e a escola Ostrčilova, da República Checa 29.04.2026 5:04
O CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui está desenvolvendo estes días un programa de intercambio Eramus con alumnado da escola Ostrčilova, da República Checa. Hoxe puidemos coñecer as actividades que están realizando en Tui os alumnos e alumnas checas, e os detalles sobre esta iniciativa, con nenos e nenas do CEIP Nº1 e de Ostrčilova.
Ent. José Santos e Julio López, da Comisión de Festas de Pesegueiro | Andaina, porco ó espeto e ruta cabalar 28.04.2026 6:58
Até este domingo día 3 está aberto o prazo de inscrición para participar na andaina e na comida de porco ó espeto que organiza a Comisión de Festas de Pesegueiro para o domingo 10. José Santos e Julio López, da comisión, deron os detalles tamén da segunda ruta cabalar que organizan para o 23 de maio.
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet