Radio Municipal de Tui

Día a Día

News GL ↓ 6512 Folgen

Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...

Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com

Autor

Radio Municipal de Tui

Kategorie

News

Podcast-Website

www.ivoox.com

Neueste Folge

16. Okt 2026

Wo hören?

Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbar

Podcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts

Bei Google Play herunterladen Kostenlos installieren Android fast 10 Mio. Downloads · Bewertung 4,8 iOS bald

Folgen

Ent. Manuel Martínez Carazo, arquitecto e redactor do proxecto | Nova iluminación da Catedral de Tui. 08.07.2026

Unha iluminación moi respectuosa e moi emocional, así define Manuel Martínez Carazo, arquitecto e redactor do proxecto, a nova iluminación da Catedral de Tui. O obxectivo, tal e coma explicou na Radio Municipal, era por en valor o templo tamén durante a noite, cunha iluminación que acompañara ao edificio e que conleva amais un aforro do 50%. O templo catedralicio ilúminase de novo cada noite coma...

Ent. Manuel Pedrares, presidente do Club Kaiak Tudense | Resultados Campionato do Mundo e Descenso do Miño 07.07.2026

Éxito dos padexeiros e padexeiras do Club Kaiak Tudense no Campionato do Mundo Junior e Sub 23 en Canadá. Onde todos estiveron na Final A e lograron 3 medallas de bronce. Todos eles están agora concentrados de cara ao Campionato de Europa. Asín nolo contou hoxe o presidente do club, Manuel Pedrares. Por outra parte referiuse ao Descenso Popular que se vai celebrar o sábado 15 de agosto e ao Descen...

Espazo Comercio | Concepto By Persa Cociñas 07.07.2026

Concepto By Persa Cociñas ofrece sabiduría, experiencia familiar e bo facer no mundo das cociñas. Todo dende e para Tui. Pepe Míguez, de Concepto By Persa, deu conta hoxe de novidades, tendencias e produtos en oferta no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.

Ent. José Álvarez, da Asociación A Insua de Caldelas | Festa de verán 07.07.2026

Últimas prazas para participar na baixada en piragua na festa de verán que se celebra na ribeira de Caldelas o próximo sábado 18 de xullo. A Asociación A Insua organiza esta actividade, que como novidade este ano incorpora o entroido de verán. Haberá música e gastronomía. A inscrición pode realizarse no teléfono 680 28 02 28. Deu os detalles hoxe José Álvarez, da Insua de Caldelas.

Raíces e vangarda | "Mojito" cubano en tres versións 06.07.2026

Hoxe na sección Raíces e vangarda o chef Judicael Romero trae tres receitas de "mojito" cubano: orixinal, sen alcohol e con sandía e picante. Ademais, coñecemos o que significa "umami".

Ent. Rafael Sánchez Bargiela, do Instituto de Estudos Tudenses | Coñece o noso patrimonio 2026 06.07.2026

Tras o éxito de edicións anteriores mañá comeza un novo cilco "Coñece o noso patrimonio" organiza polo Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Serán sete propostas a celebrar os martes do mes de xullo e tres martes do mes de agosto. A primeira, á intervención arqueolóxica, da praza do Pracer terá lugar mañá martes. Rafael Sánchez Bargiela, do Instituto de Estudos Tudense...

Ent. Natalia Lago - Ruta Nocturna da Fada do Aloia do sábado 4 de xullo 03.07.2026

Percorrer o Parque Natural Monte Aloia pola noite bríndanos unha imaxe distinta deste espazo natural protexido. Oportunidade para escoitar a fauna nocturna pero tamén para ollar cara as estrelas. Natalia Lago, a Fada do Aloia, organiza para mañá sábado ás 22 h . Así nolo contou esta mañá.

Ent. Aloia Martínez, directora | Concerto de Mistura Vocal en San Domingos 03.07.2026

A igrexa de San Domingos acollerá mañá sábado ás 21 h un concerto de Mistura Vocal, dirixido pola tudense Aloia Martínez. Hoxe Aloia Martínez explicaba que neste concerto pechan esta temporada musical. No mesmo van render homenaxe a esta igrexa e a Eduardo Cadenas, que foi presidente da Asociación Amigos da Catedral. Interpretarán obras do renacemento, do barroco e tamén composicións contemporánea...

Ent. Rafael Pérez, José Manuel Solleiro, Noelia e Santiago - Concertos da Coral Ponte das Febres 03.07.2026

O domingo son dous os eventos organizados pola Coral Ponte das Febres. Ás 11 h ofrecerán un café concerto na Ponte das Febres, en Ribadelouro, e a partir das 19 h na Casa Cultural de Randufe celebrarán a Audición Concerto Fin de Curso da Escola de canto baixo o título de "Temas de agora e de sempre". Así nolo contaron hoxe Rafael Pérez, José Manuel Solleiro, Noelia e Santiago, da Coral Ponte das F...

Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | XXXIV Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira 03.07.2026

A Guarda celebra dende hoxe e até o domingo a XXXIV Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. Gastronomía, música e outras actividades forman parte do programa prevista. Tonhito de Poi será o pregoeiro desta edición. O alcalde da Guarda, Roberto Carreiro, deunos todos os destalles deste evento.

Ent. Rebeca Blanco, arqueóloga | Proxecto Fortalezas de Fronteira 02.07.2026

Este verán o proxecto Fortalezas da Fronteira volve ao xacemento de As Torres, en Taborda, Tomiño con actividades arqueolóxicas, culturais, patrimoniais e educativas. A arqueóloga Rebeca Blanco, directora do proxecto, explicaba que tras a campaña realizada o ano pasado obtiveron nova información. As actividades desenvolveranse entre o 6 e o 18 deste mes de xullo.

Ent. Enrique Lago, de Clásicos Tui | II Concentración de Clásicos 02.07.2026

Este domingo 5 dende as 9 h o paseo da Corredoira acolle a II Concentración de coches clásicos, que organiza Clásicos Tui. Estarán en exhibición, e ás 11 h partirán en ruta visitando diferentes puntos da comarca. Así o explicaba hoxe Enrique Lago, de Clásicos Tui.

Ent. Iria Leirós, de Diversidades Acolle | Programa A túa casa connosco 02.07.2026

Atopar vivenda en aluguer é un dos problemas da sociedade actual. No caso das persoas migrantes, este problema é máis grande debido ao pouco tempo traballado, prexuízos, estigma… Por outra banda, as persoas maiores que viven soas sen desexalo cada vez son máis na nosa contorna. Unindo estas dúas situacións, a asociación Diversidades Acolle impulsa o proxecto “A túa casa connosco”. Iria Leirós, da...

Ent. Iñigo de la Quadra Salcedo, Elia e Mario | Ruta Quetzal 2026 02.07.2026

Tui é un dos lugares onde para a Ruta Quetzal deste ano 2026. A cidade é parada obrigada tendo en conta o tema deste ano "Tras las huellas de Urraca la Temeraria" tal e coma explicaba Iñigo de la Quadra Salcedo, organizador desta experiencia. 200 mozos e mozas de toda España, con mellores expedientes académicos, aptitudes en deportes, música e idiomas., están a participar na Ruta. Entre eles está...

Ent. Paula López, de Equigalia | Concurso Nacional de Saltos 01.07.2026

O Club Hípico Equigalia acolle esta fin de semana o Concurso Nacional de Saltos con 150 saídas a pista. Tres días de probas pequenas e grandes, jump & run, o Gran Premio Trofeo Concello de Tui, gastronomía e actividades de auga para os máis pequenos e pequenas da casa. Paula López, de Equigalia, deu hoxe todos os detalles.

Ent. José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño | Recollida no supermercado Gadis 01.07.2026

Este venres 3 e sábado 4 de xullo a Asociación SOS Tomiño Baixo Miño organiza unha recollida solidaria no supermercado Gadis de Tui. Precisan alimentos non perecedoiros, como legumes, tomate frito, conservas, fariña, leite... Precisan persoas voluntarias e colaboradores ao longo de todo ano, tal e coma hoxe explicaron José Quinteiro e José Montes, de SOS Tomiño Baixo Miño.

Ent. Conchi Sales, Fernando Carnero, Luís Prego e Xisco Feijoó | VI Festival da Cultura Tradicional e Folk 01.07.2026

Esta fin de semana celébrase en Tui o VI Festival da Cultura Tradicional e Folk. Este venres 3 dará comezo coa apertura da exposición “Abrindo as huchas da bisbarra de Tui” no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, ás 20 h, con posterior concerto de Luís Prego. O sábado na praza de San Fernando terá lugar o XI Certame de Gaita e Tamboril, e concerto 'Xisco sinfónico' e o domingo ás 20 h cel...

Espazo comercio | Campaña verán 30.06.2026

ACITUI presentou hoxe na nosa sintonía a súa nova campaña baixo o nome “Mergúllate no noso comercio”. Pepe Míguez, o presidente da asociación, explicou que a campaña comeza hoxe martes e se prolongará até o día 16 de xullo.

Ent. Manu Garrido, padeeiro do Kaiak Tudense | Bronce no Campionato de Europa e pase para o Mundial 30.06.2026

Manu Garrido, padeeiro do Club Kaiak Tudense, conseguiu a medalla de bronce en C2 senior xunto a Jaime Duro no Campionato de Europa. Con este bronce se fixeron co pase para o Mundial, que se desputará en Arxentina no mes de outubro. Hoxe Manu Garrido deu conta de como foi o europeo.

Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura | Programación Cultural do verán Tui 2026 29.06.2026

Música, cultura tradicional, cinema e gastronomía centran a programación cultural para o verán organizada polo Concello de Tui, que comezará esta fin de semana co VI Festival da Cultura Tradicional e Folk e con cinema no conxunto histórico de Tui. A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, deu conta da programación que vai ter lugar durante os meses de verán no municipio.

Raíces e vangarda | Arepas venezolanas 29.06.2026

Hoxe na sección Raíces e vangarda falamos de historia, receitas tradicionais e modernidade. Cociñamos arepas venezolanas, unha receita do chef Judicael Romero.

Ent. Carlos Fer, artista | Inauguración instalación artística Relicario na Catedral 29.06.2026

O altar relicario da capela das Reliquias da Catedral de Tui foi a fonte de inspiración para a instalación artísticas do tudense Carlos Fer que hoxe ás 19 h será inaugurada na Catedral baixo o título precisamente de “Relicario”. Así o explicaba o propio Carlos Fer. Esta instalación forma parte do programa conmemorativo do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui, xoga tamén coa luz do pr...

Ent. Carlos Estévez, tesoureiro da RFGM; e Alberto Estévez, deportista | Campionato de España de Motonáutica 26.06.2026

Mañá sábado dispútase en augas do río Miño en Tui o Campionato de España de Motonáutica de embarcacións T-850, GT-60 e GT15. Ás 8.30 h comezarán as verificacións, e a partir das 9.30 h terán lugar os adestramentos. A primeira manga disputarase á 13 h, a segunda ás 15 h, a terceira ás 17 h e a cuarta ás 19 h. A entrega de premios está prevista ás 20 h. Carlos Estévez, tesoureiro da Federación Galeg...

Ent. Eduardo Jorge Méndez, director do comité organizador; e Miguel Santos, deportista | XII Encontro Kung Fu Eurocidade 26.06.2026

Este domingo ás 10.30 h celébrase no pavillón Gustavo Rodríguez de Tui o XII Encontro Ibérico Kung Fu Eurocidade, no que participarán máis de 340 deportistas. Unha cita destacada no calendario deportivo da Eurocidade, tal e coma hoxe destacaron Eduardo Jorge Méndez, director do comité organizador; e Miguel Santos, deportista.

Ent. Ángel Giráldez, bailarín tudense | Solista no Ballet Nacional de Letonia 26.06.2026

O bailarín tudense Ángel Giráldez leva dende hai un ano sendo solista no Ballet Nacional de Letonia. Estes días está en Tui, e dende o próximo luns 29 de xuño impartirá un curso na escola que o viu medrar, a Escola de Danza Paula Cobián. Hoxe venres remata o prazo de inscrición para este curso. Conversamos con el sobre a súa carreira, e comentaba que hoxe venres e mañá participará na función "Os s...

Höre den Podcast Día a Día in Replaio

Radio und Podcasts in einer App - kostenlos und ohne Anmeldung. Installiere sie noch heute und verpasse den Start nicht

Bei Google Play herunterladen

Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet