Carretando
Carretando
O teu podcast sobre a política galega 😜🏛 Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana 🚐 #podgalego carretando.substack.com
Besuch unbedingt die Website des Podcasts und unterstütze die Macher: www.ivoox.com
Wo hören?
Podcasts in der App Replaio Radio Bald verfügbarPodcasts kommen bald in die App. Installiere sie jetzt und erlebe als Erster einen ganz neuen Blick auf Podcasts
Folgen
2x07|A influencia de Galicia no PP 31.05.2022 1:29:30
Neste episodio de Carretando analizamos a influencia galega sobre o Partido Popular a nivel nacional. Realizamos un percorrido histórico polas figuras que Galicia lle proporcionou ó PP e mantemos un faladoiro con Gema Sánchez, doutora en Ciencias Políticas, e a Rafa Cuíña, ex alcalde de Lalín. Na divulgación afondamos na estrutura e organización internas do Partido Popular con Adrián Vázquez e os...
2x06|Un ano Carretando 25.03.2022 1:14:16
Neste novo episodio de Carretando estamos de celebración e quixemos repasar todo o que levamos vivido e o ollar o futuro. Os comezos, as dificultades, o bo, VÓS... O Carretando máis íntimo, nesta nova entrega do voso podcast galego favorito.
2x05|En Portugal pasou o que pasou 18.02.2022 1:03:47
Neste episodio especial de Carretando falamos sobre o resultado electoral das últimas eleccións portuguesas. A maioría absoluta de Costa e o Partido Socialista, o fracaso do Bloco de Esquerda e do Partido Comunista Portugués, o ascenso do Chega, a derrota do PSD... Para analizar todo isto temos connosco a Tereixa Constenla, corresponsal de El País en Lisboa e a Anxo Luxilde, escritor e xornalista....
2x04|Abel, máis alá das luces (Parte II) 23.01.2022 48:59
Podería parecer que si, pero o Nadal non rematou en Carretando. Neste cuarto episodio coñecemos ó Abel máis recente, ó Abel alcalde. O das luces, pero tamén o das sombras. Na divulgación, falamos sobre a campaña permanente, a espectacularidade da política, a americanización das formas e do politainment. Na reportaxe, abordamos o lado descoñecido e escuro de Abel e as cíticas que recibe.
2x03|Abel, máis alá das luces (Parte I) 19.12.2021 48:33
Nesta terceira entrega da nosa segunda tempada, e aproveitando que estamos no Nadal, en Carretando falamos da personaxe política e mediática por excelencia en Galicia, Abel Caballero. Nesta primeira parte sobre a serie de Abel, tocamos as súas primeiras etapas vitais: o Abel universitario; o Abel do PCE; o Abel Presidente do porto olívico; o Abel socialista e ministro e o Abel novelista. Son moita...
2x02|O fútbol e a política 20.11.2021 47:27
Neste programa de Carretando tratamos de analizar a importancia social do fenómeno futbolístico. Falamos con Afonso Eiré, Paula Dapena e Alexandre Gesto. Ademais, tentamos averiguar como o modelo neoliberal converteu ó deporte rei nun negocio e moito máis nesta segunda entrega da temporada 2.
2x01|O dominio do Xacobeo 17.10.2021 1:00:13
Estreamos a nova tempada de Carretando falando sobre algo tan noso como é o Xacobeo. Reflexionamos sobre como nace e evoluciona o fenómeno do Xacobeo e se compensan os beneficios económicos fronte as consecuencias socioculturais. Alén de todo isto, os membros de Carretando expresamos o noso Xacobeo utópico e moito máis,
1x03|Os concellos do cambio 18.04.2021 1:27:32
Nesta terceira entrega de Carretando, traemos unha conversa da man dos ex-alcades da Coruña e Santiago de Compostela, Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, na que reflexionamos sobre o éxito e derrubamento dos seus proxectos, o seu tratamento mediático e a perspectiva que teñen sobre os movementos municipalistas do futuro.
1x02|A mocidade coma suxeito político 03.04.2021 58:59
Neste segundo episodio de Carretando falamos co deputado máis novo do parlamento de Galicia, Daniel Castro (BNG), sobre a implicación da mocidade na política. Divulgamos sobre as novas formas de participación política e sobre a escasa importancia que a mocidade ten na comunicación política e nas campañas electorais. Tamén contamos cun faladoiro final no que participamos todos os membros do equipo...
1x01|A hexemonía do PP en Galicia 20.03.2021 1:02:31
Neste primeiro episodio de Carretando contamos coa estimada colaboración do politólogo e ex-vicepresidente da Xunta de Galicia, Xosé Luis Barreiro Rivas, que nos amosa os inicios de AP e como se cimentou a súa hexemonía. Ademáis, na sección de divulgación politolóxica explicamos que é un sistema de partidos predominante e como se traduce en Galicia. Por último, temos unha reportaxe na que percorre...
A nosa cabeceira! 15.03.2021 1:25
Proba #1 que inclúe a nosa cabeceira. O teu podcast sobre a política galega Xornalismo interpretativo e divulgación politolóxica en autocaravana #podgalego carretando.substack.com
Ähnliche Podcasts
Replaio ist kein Herausgeber von Podcasts; die Namen der Sendungen, Cover und Audioinhalte gehören ihren Autoren und werden über öffentliche RSS-Feeds verbreitet