Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3661 episoder

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.ivoox.com

Forfatter

Radio Municipal de Tui

Kategori

News

Podcastens hjemmeside

www.ivoox.com

Seneste episode

23. okt. 2026

Hvor kan du lytte?

Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snart

Podcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts

Hent den på Google Play Installer gratis Android næsten 10 mio. downloads · 4,8 i bedømmelse iOS snart

Episoder

Noticias 13.30 h | Mércores, 22 de novembro de 2023 22.11.2023

A conta atrás para o inicio do mercado de Nadal de Tui que reunirá a 50 expositores é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h. Amais damos conta da reunión entre autoridades galegas e portuguesas polos casos de lexionela detectados na Guarda, O Rosal e Caminha. As citas do día coa presentación do libro de Aurora Marco, o concerto de Santa Icía do Conservatorio, e o deporte, xunto a outra...

Noticias 13.30 h | Martes, 21 de novembro de 2023 21.11.2023

O 25N marca parte da actualidade desta semana. Recollemos os primeiros actos previstos en Tui por este motivo. Tamén falamos do Mercado de Nadal que contará con 50 expositores ao longo das tres quendas en que se vai celebrar. As citas para estes días coa presentación do libro de Aurora Marco, o concerto de Santa Icía do Conservatorio e a Escola de Música e a representación de "Hamelin" por Redrum...

Noticias 13.30 h | Luns, 20 de novembro de 2023 20.11.2023

A campaña "Non máis violencia por ser muller" posta en marcha polo Concello de Tui con motivo do 25N, o gromo de lexionela na Guarda e no Rosal, a presentación da VII Urban Trail Night Eurocidade son parte das novas destacadas que hoxe recollemos en Noticias 13.30 h

Noticias 13.30 h | Venres, 17 de novembro de 2023 17.11.2023

Este mediodía inaugurouse no Paseo da Corredoira a exposición "A Camelia a flor das galegas e galegos". Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h xunto as citas da fin de semana con teatro, magostos, outonos culturais, concertos.... e tamén os partidos da fin de semana.

Noticias 13.30 h | Xoves, 16 de novembro de 2023 16.11.2023

Dende esta tarde Francisco Sánchez contará cun monolito en Tui. Así o contamos en Noticias 13.30 h onde recollemos tamén a presenza do ciclo Jose Gil hoxe en Tui, repasamos outra citas destacadas da semana, a información da comarca e o deporte.

Noticias 13.30 h | Mércores, 15 de novembro de 2023 15.11.2023

En Noticias 13.30 h recollemos a intensa actividade esta semana en Tui cos actos entorno á figura de Francisco Sánchez, a presentación do libro sobre Basilio Álvarez, o ciclo sobre o pioneiro do cine José Gil, a exposición sobre a camelia, teatro con Baobab ou o certame Pinta Tui. Tamén outras novas da comarca e o deporte forman parte do informativo.

Noticias 13.30 h | Martes, 14 de novembro de 2023 14.11.2023

O 70% das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego clausurado hoxe en Tui accederon ao mercado laboral. Esta é unha das novas que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto aos actos entorno á figura de Francisco Sánchez que teñen lugar hoxe e o xoves, a Xornada de Formación para as familias e profesorado que ten lugar no CEIP nº2, outras citas da semana, e o deporte.

Noticias 13.30 h | Luns, 13 de novembro de 2023 13.11.2023

A clausura do Programa Integrado de Emprego, os proxectos seleccionados para participar na segunda edición de Ventura, os actos conmemorativos do 400 aniversario do falecemento de Francisco Sánchez, o concerto solidario de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui, xunto a outras citas da semana, e a crónica deportivo conformaron o Noticias 13.30 h de hoxe.

Noticias 13.30 h | Venres, 10 de novembro de 2023 10.11.2023

10.308 persoas realizaron en outubro o Camiño Portugués, que ten en Tui a súa porta de entrada en Galicia. Así o contamos en Noticias 13.30 h. Repasamos outras novas da actualidade, a citas da fin de semana e os encontros deportivos.

Noticias 13.30 h | Xoves, 9 de novembro de 2023 09.11.2023

Comezamos Noticias 13.30 h coas obras que se están a executando ou van comezar en breve, ás que hoxe se refería o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na nosa sintonía. Tamén damos conta da afluencia importante de clientes hoxe na Praza de Abastos de Tui tras a súa reapertura. As citas e o deporte, completan este tempo de información xunto a outras novas do día.

Noticias 13.30 h | Mércores, 8 de novembro de 2023 08.11.2023

A visita institucional do presidente da Deputación ao Concello de Tui é a noticia de apertura hoxe en Noticias 13.30 h. Amais recollemos outras novas da xornada, a oferta formativa e lecer na Aula da UNED de Tui e no Espazo Xove, así coma presentación de libros este venres de Sonia Mirón en Tui e de Francisco Álvarez "Koki" na Guarda, entre outras novas.

Noticias 13.30 h | Martes, 7 de novembro de 2023 07.11.2023

Catro relatorios que afondaran en distintos aspectos da figura de Francisco Sanchez e un concerto centraran a xornada que o próximo martes se celebrara en Tui dedicada ao médico e filosofo tudense. Asi o contamos en Noticias 13.30 h onde tamen recollemos a reunion entre o goberno municipal de Tui e o BNG sobre o proxecto de transporte interparroquial, as citas da semana protagonizadas polo cine e...

Noticias 13.30 h - Luns, 6 de novembro de 2023 06.11.2023

O sábado recolléronse na estación de MeteoGalicia en Areas máis de 83l/m2, o segundo maior rexistro no que levamos de ano. Así o contamos en Noticias 13.30 h dando conta tamén do peche da praza por obras até este mércores, da nova colección de cine de Somos Océano, e da xornada formativa para familias que organiza o CEIP nº2. Recollemos tamén os resultados deportivos da fin de semana.

Noticias 13.30 h | Venres, 3 de novembro de 2023 03.11.2023

Abrimos Noticias 13.30 h coñecendo o tempo que nos agarda para a fin de semana con choiva e ventos fortes. Recollemos os datos do paro do mes de outubro que subiu no Baixo Miño, o peche da praza de Abastos de Tui o luns, martes e mércores, as citas da fin de semana, e os partidos da fin de semana.

Noticias 13.30 h | Xoves, 2 de novembro de 2023 02.11.2023

Debido ao inicio das obras os postos da praza de Abastos de Tui serán trasladados a parte frontal do inicio, polo que a praza permanecerá pechada o próximo luns, martes e mércores. Así o recollemos en Noticias 13.30 h onde damos conta dos prazos para solicitar axudas e bolsas do concello de Tui, as citas para estes días, e os resultados deportivos da xornada competitiva de onte.

Noticias 13.30 h - Martes, 31 de outubro de 2023 31.10.2023

Onte en pleno cos votos a favor do equipo de goberno e abstención da oposición aprobouse a adxudicación das obras de reforma da praza de Abastos á empresa tudense Plaintec. Este é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h, xunto á peregrinación a Santiago da Eurocidade Tui-Valença, as citas do Samaín e o deporte.

Noticias 13.30 h - Luns, 30 de outubro de 2023 30.10.2023

En Noticias 13.30 h damos conta do pleno extraordinario e urxente que celebra ás 20 h a corporación municipal de Tui, e da asemblea de ACITUI prevista para este xoves. Amais recollemos as celebracións do Samaín, e o deportes, entre outras novas de Tui e do Baixo Miño.

Noticias 13.30 h - Venres, 27 de outubro de 2023 27.10.2023

Abrimos Noticias 13.30 h coa visita da comisaria europea Elisa Ferreira a Tui para coñecer os proxectos de cooperación entre Galicia e Portugal nun encontro que ten lugar no Parador. Damos conta do accidente no que un mozo de 25 anos veciño de Tui perdeu a vida esta noite na A55. Todas as citas da fin de semana e o deporte completan este tempo de información.

Noticias 13.30 h - Xoves, 26 de outubro de 2023 26.10.2023

Comezamos Noticias 13.30 h falando co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da visita que mañá realizará a Tui a comisaria europea, Elisa Ferreira. Amais damos conta das incidencias rexistradas polas intensas choivas das últimas horas, do restaurante Beldade de Tui que figura nos recomendados pola Guía Michelín. As citas para esta tarde e o deporte, completan este tempo de información.

Ent.Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Visita da comisaria europea Elisa Ferreira a Tui 26.10.2023

Mañá venres visitará Tui a comisaria europea Elisa Ferreira. Por este motivo falamos hoxe co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da importancia da presenza desta responsable europea na Eurocidade Tui-Valença, e tamén dos proxectos tranfronteirizos nos que están a traballar.

Noticias 13.30 h - Mércores, 25 de novembro de 2023 25.10.2023

Hoxe abrimos Noticias 13.30 h dando conta da campaña de control de resiudos abandonados que ten en marcha o Concello de Tui. Amais recollemos a Festa Solidaria que organiza Protección Civil de Tui para o 16 de decembro, o clásico "Pedro e o Lobo" que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui ou a charla sobre os topónimos que haberá mañá en Randufe.

Noticias 13.30 h - Martes, 24 de decembro de 2023 24.10.2023

As obras que se están a executar en Tui ou están a piques de comezar que detallou o alcalde na nosa sintonía, é un dos asuntos que recollemos en Noticias 13.30 h. Tamén a solicitude por parte dos grupos da oposición dunha reunión sobre a situación do muro da praza da Estrela. Achegámonos á Biblioteca Municipal que hoxe celebra o seu día, tamén falamos de bingos, e de andainas solidarias.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Incidencias, museo catedral, cárcere vello 20.10.2023

O Concello de Tui desmontará o muro das escaleiras que van da praza da Estrela ao Paseo Fluvial tras o desprazamento do mesmo sufrido coma consecuencia das intensas choivas e o risco que supón. Así o explicaba hoxe en #Noticias1330h o alcalde, Enrique Cabaleiro. Abordamos tamén outros temas coma o proxecto do museo "Tude" da Catedral presentado hoxe, e o inicio das obras no cárcere vello.

Noticias 13.30 h - Venres, 20 de outubro de 2023 20.10.2023

En Noticias 13.30 h coñecemos a última hora da situación do muro das escaleiras da praza da Estrela ao Paseo Fluvial co alcalde, Enrique Cabaleiro. Falamos tamén da incidencia rexistrada na nova ponte internacional Tui-Valença onde numerosos vehículos pincharon as rodas coas placas metálicas caídas da carga dun camión. A presentación do proxecto Museo "Tude" da Catedral, as citas da fin de semana...

Noticias 13.30 h - Xoves, 19 de outubro de 2023 19.10.2023

Comezamos Noticias 13.30 h dando conta das numerosas incidencias que deixaron as intensas precipitacións de onte á tarde en Tui. Recollemos tamén a clausura do obradoiro de emprego que tivo lugar este mediodía, falamos do III Foro da Muller Rural, de froitas tropicais e de citas teatrais.

Lyt til podcasten Informativos i Replaio

Radio og podcasts i én app - gratis og uden tilmelding. Installer i dag, og gå ikke glip af lanceringen

Hent den på Google Play

Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.