Radio Municipal de Tui

Informativos

News GL ↓ 3672 episoder

Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.

Husk at besøge podcastens hjemmeside og støtte skaberen: www.ivoox.com

Forfatter

Radio Municipal de Tui

Kategori

News

Podcastens hjemmeside

www.ivoox.com

Seneste episode

5. nov. 2026

Hvor kan du lytte?

Podcasts i appen Replaio Radio Kommer snart

Podcasts kommer snart til appen. Installer nu, og vær den første til at se en helt ny tilgang til podcasts

Hent den på Google Play Installer gratis Android næsten 10 mio. downloads · 4,7+ i bedømmelse iOS snart

Episoder

Tui e Tomiño solicitan a colaboración da Xunta para a construción da senda fluvial entre os dous municipios 26.10.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, presentaron esta mañá á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, o proxecto de senda fluvial entre estes dous municipios. Este percorrido forma parte a súa vez un proxecto transversal con carácter transfronteirizo e estratéxico dos concelleiros ribeireños de unir de forma peonil dende Salvaterra ata a Guarda na beir...

Noticias 13.30h - Mércores, 26 de outubro de 2016 26.10.2016

A actualidade deste día nos informativos da Radio Municipal de Tui

A Asociación Vontade busca apoio para comprar un transporte adaptado 25.10.2016

A Asociación para persoas con discapacidade “Vontade” vén de emprender, coa colaboración do Concello de Tomiño, un proxecto denominado “AUTO NOMÍA”, co obxectivo de fomentar a independencia e a integración social das persoas con problemas de mobilidade. Concretamente, trátase de prestar un transporte adaptado a familias que carecen de recursos para comprar un vehículo destas características. Con e...

Tempo de cogomelos no Baixo Miño 25.10.2016

Estamos xa na última semana de outubro, coas chuvias e as baixadas de temperaturas é tempo de magostos, de Samaín e de cogomelos. Neste caso temos dous actividades programadas relacionadas con estes fungos. Na nosa comarca contamos con aproximadamente 15 especies diferentes comestibles, polo que é necesario saber diferencialas se queremos ir a por eles ao monte. En Areas, a Comunidade de Montes, o...

Noticias 13.30h - Martes, 25 de outubro de 2016 25.10.2016

En Noticias 13.30h recollemos a actualidade de Tui e do Baixo Miño

Noticias 13.30h - Luns, 24 de outubro de 2016 24.10.2016

A actualidade deste luns, 24 de outubro, en Noticias 13.30h.

Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui . Valoración anuncio modernización liña ferroviaria 22.10.2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou esta semana na Radio Municipal de Tui o anuncio feito por Portugal sobre a modernización da liña do tren Vigo-Porto no seu territorio marcando coma prazos 2019 para sexa unha realidade. O rexedor tudense explicou que demandará do Ministerio de Fomento a concreción de prazos para rematar o investimento na parte galega ata a estación de Guillarei.

Noticias 13.30h - Venres, 21 de outubro de 2016 21.10.2016

A actualidade do día, as citas da fin de semana e os deportes en Noticias 13.30h

Noticias 13.30h - Xoves, 20 de outubro de 2016 20.10.2016

A actualidade deste xoves 20 de outubro na Radio Municipal de Tui

Noticias 13.30h - Mércores 19 de outubro de 2016 19.10.2016

As noticias deste mércores, 19 de outubro, en Noticias 13.30h

A Deputación presentará en decembro un proxecto de mobilidade sostible para A Guarda coa humanización de Concepción Aren 19.10.2016

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse hoxe co cos representantes da oposición e co equipo de mobilidade sostible da Deputación de Pontevedra, liderada polo deputado provincial Uxío Benítez, para redactar un plan de mobilidade sostible para toda a vila na que os peons se convertan no centro da vida urbana. Este proxecto sostible global, concretarase nunha primeira actuación que será a humani...

O nome de Óscar Carrera Amandi xa figura na rúa Olímpicos Tudenses 18.10.2016

Sete son os tudenses que teñen participado nuns Xogos Olímpicos, o último deles foi o padeeiro Óscar Carrera Amadi en Río 2016. O seu nome figura dende esta mañá na praca situada na rúa Olímpicos Tudenses, a caron do Centro Interferado e dos centros de remo e piragüismo. Óscar Carrera logrou o diploma olímpico ao ser quinto no K4 1000 metros este verán. O seu nome súmase aos dos padeeiros Enrique...

O Concello de Tui convoca o proceso para cubrir prazas de arquitecto e técnico da adminstración xeral 18.10.2016

O Concello de Tui convoca o proceso para cubrir prazas de arquitecto e técnico da adminstración xeral para o departamento de urbanismo e crear unha lista de reserva. As bases da convocatoria pódense consultar na web municipal. As solicitudes para participar neste proceso selectivo poden presentar ata o 27 deste mes. O concelleiro de Persoal, José Ramón Magán, deu conta desta convocatoria en declar...

Noticias 13.30h - Martes, 18 de outubro de 2016 18.10.2016

O que acontece en Tui e no Baixo Miño está presente nos informativos da RMT

Rehabilitada a rampla e creado un mirador con vistas ao porto no Pirún na Guarda 17.10.2016

Dentro do proxecto “Recunchos urbanos” o concello da Guarda rematou hai uns días a rehabilitación da rampla do Pirún, que se executará en 2005 para dar acceso ao Porto e que estaba en moi malas condicións polo que xa o ano pasado tivera que pecharse. As obras melloraron a rampla con mellor accesibilidade e amais creouse un mirador con excelentes vistas ao Porto.

Rematou a obra de mellora no “Camiño do Toxal” entre Cividáns e Pintán 17.10.2016

O Concello da Guarda vén de rematar as obras de asfaltado dentro do “Plan Marco: Mellora de camiños de titularidade municipal de acceso a explotacións agrarias 2016” nos camiños de acceso ás explotacións agrarias no camiño entre Cividáns e Pintán, coñecido coma o camiño do Toxal. Levouse a cabo o pavimentado do camiño con recollida de augas e rehabilitouse un tramo empedrado. Explicouno o alcalde...

Hoxe comezan a prestarse no novo centro de saúde de Tui os servizos de tarde 17.10.2016

Hoxe comezan a prestarse novos servizos no novo Centro de Saúde de Tui na rúa Casal Aboy. En concreto os servizos de tardes súmanse dende hoxe aos de urxencias, que comezaron o pasado día 30 de setembro, no novo ambulatorio. En concreto trátase dun médico xeral, un pediatra e dúas enfermeiras. Amais tamén hoxe a Unidade de Fisioterapia que presta atención en xornada de tarde tamén son no novo cent...

O luns comeza a sinalización do conxunto histórico de Tui 14.10.2016

O Concello de Tui comezará a próxima semana o proxecto de sinalización do conxunto histórico que deberá estar rematada antes do 31 deste mes. Así o explicaba a concelleira de Patrimonio, Carme Núñez.

Malasombra actúa o domingo no Auditorio de Goián 14.10.2016

Este domingo prosegue en Tomiño a programación do Outono Cultural. Ás 19h no Auditorio de Goián Malasombra producións presenta “Go on”. O prezo da entrada é de 3€. Deunos conta desta actividade a concelleira de Cultura, Cristina Martínez.

Fútbol Solidario en Valença cos veteranos do Celta 14.10.2016

Mañá ás 12h hora española haberá un encontro de fútbol solidario a favor dos bombeiros voluntarios de Valença no estadio Dr. Lourenço Raimundo. Enfrontaranse os veteranos de distintos equipos portugueses cos veteranos do Celta de Vigo. E amais no descanso do encontro haberá unha homenaxe. Contounolo o vereador de desporto de Valença. José Monte.

Este sábado arranca o ciclo de cinema infantil na Guarda 14.10.2016

Inside out, ou do revés, o filme gañador do Óscar á mellor película de animación no 2015 no que se narra o funcionamento das emocións nunha adolescente, chegará á Guarda este sábado na primeira cita do ciclo de cinema infantil da vila. A concelleira de cultura, Elena Baz, convida a toda a familia, non soamente aos cativos, a desfrutar do cinema. A cita será este Sábado ás 17.30 no Centro Cultural.

Noticias 13.30h - Venres, 14 de outubro de 2016 14.10.2016

A actualidade de Tui e do Baixo Miño recollémola nos informativos da Radio Municipal de Tu

A última proba do III Open de Andainas de 25 quilómetros dísputase este domingo en Tui 14.10.2016

Este domingo ás 9h sairá do pavillón da Macoca a derradeira andaina do Open de 25 quilómetros que organiza o Club Xistra de Vigo, en colaboración coa colaboración da Federación Galega de Montañismo, o Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis. Nesta proba decidirase quen é o campión da Copa de Andainas Populares de Regularidade, tras as camiñadas realizadas en Vigo, Pontedeva, Montes de...

Papelería Valverde (Tui) e Altamar (A Guarda), premio a toda unha vida 13.10.2016

Esta tarde ás 20.30h serán entregados os premios Traxectoria do Comercio Galego 2016 da Federación Galega de Comercio. O acto terá lugar no auditorio da sede de Afundación en Vigo (Policarpo Sanz, 24-26). Entre os 22 galardoados está, en Tui, a Librería Imprenta Valverde en recoñecemento a máis de 50 anos de traballo que se iniciaron en 1961 e que proseguen xa coa segunda xeración. Na comarca, con...

O Ceip Nº1 de Tui recibiu o segundo Premio Proxecta de Innovación Educativa polo proxecto do Horto Urbano e Reciclarte 13.10.2016

O pasado martes o CEIP nº1 recolleu en Santiago o segundo Premio Proxecta de Innovación Educativa polo proxecto do Horto Urbano e Reciclarte. Nuria Garabal é a directora do centro, que recolleu o premio xunto a profesora Nuria Feijoo, de mans do conselleiro de Educación, Román Rodríguez. Dende o CEIP volveron presentarse este ano con dous novos proxectos sobre o Camiño de Santiago e para realizar...

Lyt til podcasten Informativos i Replaio

Radio og podcasts i én app - gratis og uden tilmelding. Installer i dag, og gå ikke glip af lanceringen

Hent den på Google Play

Replaio er ikke podcastudgiver; programmernes navne, coverbilleder og lyd tilhører deres ophavsmænd og distribueres via offentlige RSS-feeds.