Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
5. lis 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
#OPeche |O romántico zoar que se traduce nunha pandeira 04.08.2016 4:22
Escoitamos o zunir da lixa contra a xarota madeira que paseniñamente vaina domando ata facer dela un instrumento, a pandeira. É un son que non é habitual no Música no Claustro que se celebra en Tui pero que cos obradoiros de Xaneco e Verónica Moar simboliza o dialogo interdisciplinar entre artesanía, arquitectura e música. Un traballo manual pero con gran romanticismo ao dar forma a un instrumento...
Noticias 13.30h - Xoves, 4 de agosto de 2016 04.08.2016 23:38
Nos informativos da Radio Municipal de Tui recollemos a actualidade de Tui e do Baixo Miño
Noticias 13.30h - Mércores, 3 de agosto de 2016 03.08.2016 25:36
As noticias de Tui e do Baixo Miño cada día nos informativos da Radio Municipal de Tui
Cita co deporte urbano esta fin de semana na Guarda 02.08.2016 1:48
Este sábado o deporte urbano toma A Guarda na segunda edición do Galifornia Beat. Un evento deportivo e de cultura urbana que de 10:00 da mañá a 0:00 da noite acollerá diferentes actividades que van dende o skate, o parapente, o flyboard ou o graffiti amais da acompañamento musical e un obradoiro de musica hip hop.
Noticias 13.30h - Martes 2 de agosto de 2016 02.08.2016 28:00
O que acontece en Tui e no Baixo Miño é recollido nos informativos da Radio Municipal de Tui
Estabilizado o incendio de Arbo tras queimar 90 hectáreas 02.08.2016 2:19
Dende a unha da madrugada permanece activo un incendio no concello de Arbo, na parroquia do mesmo nome entre o Castelo e a Rocha. O lume, que causou unha intensa fumareda, queimou xa mais de 90 hectáreas segundo informa Medio Rural. Nas tarefas de control traballan neste momento 4 hidroavións e dous helicópteros amais de 3 pás, 8 motobombas, 13 brigadas, 7 axentes e un técnico.
Ent. Samuel Diz e Beatriz Fontán - Música no Claustro 02.08.2016 20:29
Mañá mércores arranca oficialmente a décimo segunda edición de Música no Claustro na Catedral de Tui. Hoxe, de forma paralela as actuacións musicais xa comezaran os obradoiros de artesanía de Verónica Moar no traballo da cerámica e mañá arrancarán tamén os de percusión tradicional con Xaneco.
Ent. Antonio Lomba, alcalde da Guarda - Convenio sendeiro azul coa Deputación 01.08.2016 2:55
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, asinaron onte un convenio para realizar labores de mellora no sendeiro azul de 5 quilómetros de lonxitude que une as dúas Praia guardesas de bandeira azul, a de Area Grande e a de Camposancos. O alcalde da Guarda, Antonio Lombra, explicou que no mesmo contémplase unha actuación na zona de Solanas cun importe de 16.666...
#OPeche | Agosto: festa, música e deporte 01.08.2016 2:59
Arrancamos o mes de agosto e facémolo cun tempo con temperaturas altas, pero non abafantes, e preparando o calendario para o intenso programa de festas e actividades que nos esperan en Tui e comarca.
Noticias 13.30h - Luns, 1 de agosto de 2016 01.08.2016 27:15
A actualidade do Baixo Miño e en Tui cada día nos informativos da Radio Municipal de Tui.
Noticias 13.30h - Venres, 29 de xullo de 2016 29.07.2016 31:10
En Noticias 13.30h recollemos a actualidade deste 29 de xullo en Tui e no Baixo Miño, con todas as citas para a fin de semana
#OPeche |Despedimos xullo, pero non o verán 29.07.2016 2:53
Dous días quedan para pechar o mes mais caloroso do ano. E é que xullo deu para moito. Este luns volvemos rachar cos datos de temperaturas máximas deste ano ao superar os 38 grados, situándose como o sexto día mais abafante dende 2010. E xullo tamén nos deixa con dous sentimentos contrapostos, os dos que se van e os dos que volven.
Esta fin de semana volve a Festa do Peixe Espada á Guarda 29.07.2016 2:39
Tras nove anos de ausencia, a Festa do Peixe Espada volve á Guarda grazas ao compromiso e traballo da Organización de Palangreiros Guardeses ORPAGU. Unha fin de semana que non soamente será gastronómica, senón que tamén combinará actuacións musicais e deportivas. Unha edición que este ano comeza co pregón do cantautor guardés Tino Baz.
Este domingo celébrase o Descenso do río Miño en Boias da Eurocidade 28.07.2016 2:24
Este domingo ás 15.30h hora española sairá das áreas recreativas de Caldelas e Friestras o Descenso do río Miño en Boias da Eurocidade. O prazo de inscriición está aberto até mañá. Hoxe foi presentado polo concelleiro de Deportes de Tui, o verador de Desporto de Valença e o presidente da Junta de Freguesía de Verdoejo.
#OPeche |Poesía para celebrar o 125 aniversario dos Xogos Florais de Galicia 28.07.2016 2:47
Fai 125 anos, o 24 de xuño de 1891, o Teatro Principal de Tui acollía un evento único que pasaría a historia como un fito fundamental para cultura e a lingua galega: Os Xogos Florais de Galicia. Na Radio Municipal de Tui sumámonos á homenaxe que este venres celebrará o Concello de Tui con motivo deste aniversario. Hoxe pechamos o informativo con dous dos poemas dos rapaces do CEIP Nº1 de Tui que n...
Noticias 13.30h - Xoves, 28 de xullo de 2016 28.07.2016 28:19
O que acontece en Tui e na comarca do Baixo Miño, a actualidade, as citas, os deportes... nos informativos da Radio Municipal de Tui.
Ent. Alberto González - Food Market Silabario 28.07.2016 3:38
Este domingo música e gastronomía irán da man en Tui. A partir das 21:30 Amaro Ferreiro estará en concerto na terraza de verán do Silabario que ademais organizará un food truck, ou mercado de sabores, no que os asistentes poderán probar diferentes pratos. Dábanos conta deste evento Alberto González.
Ent. Ricardo Mella - Diálogos en Educación 28.07.2016 4:34
Ás 20h no colexio dos Xesuítas na Pasaxe na Guarda terá lugar o quinto faladoiro dos “Diálogos en Educación”. Hoxe intervirá Ricardo García Mira, doutor en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1994) e profesor de Psicoloxía Social e Ambiental na Universidade da Coruña (1995-2015). Falará sobre “Estilos de vida sostibles e innovación social (ou como devolver a política á cidadaní...
Ent. Beli Martínez do proxecto Socheo - Exposición 'Camiños da Imaxe' 27.07.2016 4:45
A Casa dos Alonsos na Guarda acolle ata o 15 de agosto a exposición "Camiños da Imaxe". É froito do traballo de recuperación realizado nos últimos anos polo proxecto Socheo do fondo de Joaquín García Portela "Costiña". Beli Martínez achegounos todos os detalles. A mostra pode visitarse de martes a sábados de 12 a 14 horas e de 19 a 22 horas , e os domingos e festivos de 12 e as 14 horas.
Ent. Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui - Asunto pleno ordinario 27.07.2016 5:24
A inclusión do Concello de Tui na Área Metropolitana de Vigo é un dos temas que mañá xoves tratará en pleno a corporación municipal de Tui a partir das 20h. Tamén se leva a esta sesión a ampliación de usos da antiga escola de Chans, en Randufe, e a aprobación inicial do regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, entre outros temas dos que hoxe deu conta Enrique Cabaleiro, alcald...
O XII Música no Claustro tingue á Catedral de Tui de vermello 27.07.2016 4:54
Música no Claustro inclúe 5 concertos principais en diferentes puntos da Catedral, co primeiro deles na Capela das Reliquias da man de Moisés Quintas. Ademais, celebraranse distintos obradoiros, visitas guiadas á cidade medieval e conferencias e unha xincana para os cativos co leit motiv das fortalezas e a grana cohinilla . Un parásito que chegou dende México que permite tinguir diferentes materia...
#OPeche | Desafío Brandeburgo 27.07.2016 3:34
Hoxe dedicamos o peche ao futuro, en concreto ao vindeiro Mundial de Piragüismo na modalidade de Maratón que se celebrará no mes de setembro na cidade alemá de Brandeburgo. Para poder acudir alá Iván Alonso ven de comezar unha campaña de financiamento entre os propios veciños de Tui que cun pequeno apoio permitirán que o deporte da cidade viaxe internacionalmente.
Noticias 13.30h - Mércores, 27 de xullo de 2016 27.07.2016 27:16
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen cada día a actualidade de Tui e do Baixo Miño
Aberto o prazo de inscrición para a II Carreira Popular de San Bartolomeu 27.07.2016 1:08
Ata o 17 de agosto está aberto o prazo de inscrición para a II Carreira Popular de San Bartolomeu que se celebrará o 20 de agosto. Será dende ás 10h na categorías superiores que farán 3,3 kms,.Explicounolo Cristián Lago membro da organización. A inscrición debe facerse a través da web clubatletismotui.wordpress.com
Ent. Ana Mafalda Castro e Pedro Sousa - Concerto do ensemble de música antiga da ESMAE no IKFEM 27.07.2016 5:24
Ás dez da noite terá lugar un concerto co ensemble de música antiga da Escola Superior de Música, Artes e Espectáculo do Porto. Integran o grupo Magna Ferreira, cantante; Pedro Sousa, frauta; Hugo Sanches, laúde; Xurxo Varela, viola dei gamba; Ana Mafalda Castro, clave, na Igrexa San Estêvão da fortaleza de Valença con repertorio de Bartolomeo dei Selma e Salaverde, Giacomo Carissimi, Girolamo Fre...
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály