Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
5. lis 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Falamos con Óscar Carrera unhas horas antes da súa proba en Río 19.08.2016 3:17
Chegou o día. Hoxe, o tudense Óscar Carrera debutará nuns xogos olímpicos. A súa cita nos xogos de Río será como dicimos o venres ás 14:51 (14:59 Rolda 2) no k4-1000 metros. Farao xunto ao tamén galego Rodrigo Germade, a Javier Hernánz e a Iñigo Peña. Todo con 21ºC de temperatura estimada e unha humidade do 91%.
Noticias 13.30h - Xoves 18 de agosto de 2016 18.08.2016 22:22
A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste xoves 18 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
Ent. Diego Pons - V Trofeo Eurocidade de Balonmán 18.08.2016 6:49
O próximo sábado 20 de agosto, a partir das 18.30 horas españolas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui, celebrarase o V Trofeo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán. Participarán dous equipos de máxima categoría nacional feminina, o Mecalia Atlético Guardés e a Aula Cultural de Valladolid, así...
Noticias 13.30h - Mércores 17 de agosto de 2016 17.08.2016 24:09
A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste mércores 17 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
Mañá mércores 17 de agosto estará prohibido aparcar na rúa Compostela 16.08.2016 0:31
Debido aos traballos de pintado de sinalización horizontal, mañá mércores dende as 8:00 da mañá non se poderá estacionar na rúa Compostela nin tampouco na rúa Casal Aboy dende o cruzamento coa rúa Compostela até a rúa Irmáns Maristas.
O helicóptero "Pesca 1" rescata a unha persoa que caeu mentres practicaba escalada en Gondomar 16.08.2016 1:05
O helicóptero Pesca 1 rescatou esta tarde unha persoa que caeu nunha zona de difícil acceso en Gondomar mentres se dispoñía a practicar escalada. A persoa ferida precipitouse sobre unhas pedras nas coñecidas como Verticais do Monte Galiñeiro.
Noticias 13.30h - Martes 16 de agosto de 2016 16.08.2016 23:33
A actualidade de Tui e a comarca do Baixo Miño deste martes 16 de agosto en #Noticias1330h da Radio Municipal de Tui.
Preto de 11.500 persoas pasaron pola Oficina de Turismo de Tui en xullo 16.08.2016 5:19
A Oficina Municipal de Turismo de Tui rexistrou o pasado mes de xullo un total de 11.486 consultas por parte de turistas e peregrinos que se achegaron ata este punto situado na Praza de San Fernando. Das 11.486 persoas que pasaron por este punto de información 7.592 eran españois e 3.894 estranxeiros. Deste total 2.547 eran peregrinos que se achegaron ata a Oficina de Turismo a selar a súa credenc...
Noticias 13.30h - Venres, 12 de agosto de 2016 12.08.2016 31:24
A actualidade do día e todas as citas, moitas delas festivas, desta fin de semana en #Noticias1330h
Ent. Horacio Gil - alcalde de Arbo - Queimadas máis de 1.500 hectáreas 12.08.2016 7:05
Dende o luns arderon soamente na provincia de Pontevedra máis de 3.200 hectáreas, nos lumes que arrasan o patrimonio medioambiental galego. Estamos a vivir a peor vaga de incendios dos últimos anos e a peor situación arestora atópase en Arbo. Alí levan ardido mais de 1.500 hectáreas. Para que se fagan unha idea, o 35% do total da superficie de todo o concello de Arbo é agora mesmo, cinza. Esta que...
A Guarda vive os días grandes das Festas do Monte 12.08.2016 2:27
As Festas do Monte na Guarda, declaradas de interese turístico galego, chegan aos seus días grandes. Miles de persoas participarán mañá no Desfile dende a Alameda ata o Porto cos grupos folclóricos e sobre todo coas bandas mariñeiras. O domingo celébrase a subida ao Monte, dende primeira hora as bandas concentrase no porto e en distintos lugares do casco urbano para ir subindo ata o cumio do monte...
O tudense Frank Casañas compite mañá nos Xogos Olímpicos en lanzamento de disco 11.08.2016 3:35
Mañá ás 15,55 hora española o tudense Frank Casañas debuturá nos Xogos Olímpicos de Río en lanzamento de disco. Será coa proba clasificatoria formando parte do grupo B onde se enfrontará a atletas de Islandia, Hungría, Ucraína, Suiza, Irán, Polonia e Bélxica. Será o sétimo en competir co dorsal 2351. Hoxe en declaración á Radio Municipal de Tui explicaba que está desexando que chegue o momento par...
Noticias 13.30h - Xoves, 11 de agosto de 2016 11.08.2016 29:24
A actualidade informativa de Tui e do Baixo Miño nos informativos da Radio Municipal de Tui
Ent. José Ramón Magán - Cambio sentido rúa Bispo Salvado 11.08.2016 2:43
O vindeiro venres abriarse xa ao tráfico a rúa Bispo Salvado. Unha vez rematados os traballos de arranxo do firme reabrirase á circulación cun cambio de sentido pasando a ser de sentido único pasada a ponte sobre o río Tripes e até o cruce coa rúa Martínez Padín.
Máis de 1.000 hectáreas queimadas en 48 hora en Pontevedra 10.08.2016 4:14
Onte, aos incendios de Mondariz, Caldas e Cotobade sumouse un novo lume en Soutomaior. Declarouse en torno as 16:00 horas da tarde e puxo rapidamente en perigo núcleos urbanos na parroquia redondelá de O Viso, polo que Medio Rural activou a alerta a situación 2.Foron xa desaloxadas varias vivendas e participa no operativo de extinción a Unidade Militar de Emerxencias. Son xa 200 hectáreas de monte...
#OPeche |Onde poder ver as perseidas no Baixo Miño? 10.08.2016 8:22
Dende fai uns días comezou a chamada chuvia de Perseidas ou lágrimas de San Lourenzo que cada verán déixanos un ceo cuberto de estrelas que parecen fuxir do firmamento. Esta chuvia, que se produce ao atravesar a terra a estela que deixa o cometa Swift-Tuttle, será este ano ademais cinco veces mais intensa con hasta 500 meteoros durante a hora. E na comarca temos diversas alternativas para poder de...
Noticias 13.30h - Mércores, 10 de agosto de 2016 10.08.2016 32:13
O que acontece en Tui e na comarca do Baixo, pero tamén no norte de Portugal e en Salceda, recollémolo nos informativos da Radio Municipal de Tui
Noticias 13.30h - Martes 9 de agosto de 2016 09.08.2016 29:55
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade de Tui e do Baixo Miño
O Peche - O P.N. do Monte Aloia, exemplo de boa xestión e conservación 09.08.2016 4:40
Hoxe, no que unha vez máis tivemos que falar das vagas de lume que queiman indiscriminadamente o noso patrimonio natural, toca saír na defensa do monte galego, reflexo da nosa identidade. E en Tui, temos o orgullo de contar co primeiro parque natural creado en Galicia e exemplo de boa xestión e conservación. O Aloia foi xa en 1935 declarado sitio de interese natural e Parque Natural en decembro de...
Este sábado as piraguas toman o Miño con 1300 participantes entre o Descenso Internacional e o Popular 09.08.2016 3:29
Este sábado, 13 de agosto, celébranse o Descenso Internacional e o Descenso Popular do Miño no que participarán máis de 1300 persoas. A primeira cita será ás 16h coa saída do Descenso Popular dende Caldelas no que se agarda unha participación de preto de 800 persoas. Esta noite péchase a inscrición, podendo facerse xa só con piragua propia e ata esta mañá tiñan 729 inscritos. Os participantes terá...
#OPeche |Os nomes mais populares en Tui. Haberá algún Lobo? 08.08.2016 3:12
A pasada semana lembrarán que vivimos unha intensa polémica despois de que os pais dun cativo de Fuenlabrada quixeran inscribir o seu fillo co nome de Lobo. Os funcionarios do rexistro negáronse, aínda que mais tarde o director xeral dos Rexistros e do Notariado, Javier Gómez Gálligo, anunciou que si se lles permitiría finalmente rexistrar ao cativo como Lobo. A polémica puxo de manifesto os cambi...
Noticias 13.30h - Luns, 8 de agosto, de 2016 08.08.2016 30:00
A actualidade deste caloroso luns en #Noticias13.30h
Arde Portugal: Máis de 200 incendios no país veciño durante a fin de semana 08.08.2016 2:18
Aínda son visibles arestora en Tui e Baixo Miño as nubes de fume dos incendios que asolan Portugal. O norte do país luso viviu un fin de semana en alerta máxima e ateigado de lumes forestais nunha situación que o secretario de Estado de Interior portugués, Jorge Gomes, definiu de “moi crítica”. Durante a fin de semana, dende o venres e até o domingo, soamente no distrito de Viana do Castelo rexist...
Noticias 13.30h - Venres, 5 de agosto de 2016 05.08.2016 28:44
O que acontece en Tui e no Baixo Miño e as citas da fin de semana en Noticias 13.30h
OPeche | Os campións tudenses listos para os Xogos de Río 05.08.2016 5:41
Enrique Miguez, José Ignacio Bugarín, Jacobo Moroño, Pedro Area, Jesús González, Frank Casañas e agora tamén Óscar Carrera. Todos eles levan o nome de Tui polo mundo grazas a súa participación nunhas Olimpíadas. Hoxe, nunhas horas, arrancan oficialmente os primeiros xogos olímpicos que teñen lugar no continente suramericano. E Tui estará representado por dous dos seus atletas máis internacionais....
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály