Radio Municipal de Tui
Informativos
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h.
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
5. lis 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Editados 30 mil exemplares dun mapa turístico do Baixo Miño 26.07.2016 0:49
30.000 exemplares dun mapa despregable con información dos puntos de interese turístico do Baixo Miño son os que vén de editar a Mancomunidade do Baixo Miño. O obxectivo é promocionar o patrimonio natural, etnográfico, arquitectónico, cultural, arqueolóxico e panorámico dos cinco concellos: Tui, Tomiño, O Rosal, A Guarda e Oia. Contounolo a alcaldesa de Oia e presidenta da Mancomunidade, Cristina...
Noticias 13.30h - Martes 26 de xullo de 2016 26.07.2016 27:57
A actualidade deste martes, 26 de xullo, en Tui e na comarca do Baixo Miño en Noticias 13.30h na Radio Municipal de Tui
#OPeche |Galicia é olímpica 26.07.2016 5:54
A dez días do comezo das Olimpíadas de Río, recollemos a proposta de do xornalista galego Álvaro Alonso nun libro que recolle as reflexións dos mellores deportista galegos que participaron nalgunha das olimpíadas comezando o repaso por Atlanta 1996.
25 de xullo - Día de Galicia 22.07.2016 6:55
Hoxe, 25 de xullo, celebramos o Día de Galicia. Recollemos nunha reportaxe esta data
Hoxe comeza o IV IKFEM 22.07.2016 2:01
Hoxe comeza o IKFEM e faino con dobre proposta. Ás 19.30h na Igrexa de San Domingos en Tui ofrecerán un concerto os alumnos de piano e acordeón da Academia de Música da Fortaleza de Valença e do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Logo ás 22h celebrarase a gala inaugural no auditorio da Quinta da Mota con concerto de María Ana Bobone. Falaron destes eventos na nosa sintonía os directores d...
#OPeche | Os rapaces de Tui viaxan no tempo no campamento de verán 22.07.2016 5:11
Máis de 170 rapaces e rapazas de Tui desfrutan estes días da primeira quenda do campamento de verán organizado polo Concello. Baixo a premisa dos viaxes no tempo, a rapazada pasa as mañás imaxinando a través de obradoiros que poden ir ao pasado. Que época prefiren? Isto nos atopamos...
Noticias 13.30h - Venres, 22 xullo de 2016 22.07.2016 30:45
Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade de Tui e do Baixo Miño, e no caso de hoxe a intensa actividade de cara a esta longa fin de semana.
Esta noite inaugúrase inaugurarase na Casa dos Alonsos da Guarda a mostra Camiños da Imaxe 22.07.2016 1:19
A figura e a obra do fotógrafo guardés Joaquín García Portela, máis coñecido polo alcume do “Costiña” será posta en valor dende hoxe polo Concello da Guarda e o Proxecto Socheo. Ás nove desta noite inaugurarase na Casa dos Alonsos a mostra Camiños da Imaxe. Logo ás 22.30h farase unha proxección do seu arquivo na Praza do Reló. Beli Martínez do Proxecto Socheo é a comisaria da Exposición
Ent. Carlos Alonso, Club Ciclista Oiense - Festa da bicicleta e IV Marcha Cicloturista Oia 22.07.2016 2:18
Oia sube á bicicleta e non baixa até o domingo. Hoxe, sábado 23, celebrase a “Festa da bicleta” especialmente destinada a familias. Sairá do Mosteiro de Oia e contará con animación ao longo dos 10 quilómetros do percorrido. Xa o domingo, ás 9:00 da mañá sairá a IV Marcha Cicloturista de Oia que percorrerá 105 quilómetros en aproximadamente 5 horas de duración.
Ent. Óscar Pereira - presidente dos Terribles de Tomiño - Treboadas Figueiró 22.07.2016 1:10
Hoxe, a partir das 18:00 da tarde, as principais rúas de Figueiró, en Tomiño, acollerán o undécimo Encontro Internacional de Treboadas da parroquia tomiñesa, un evento que busca reivindicar a cultura das treboadas do Baixo Miño. Esta edición é ademais a máis numerosa e espectacular, con en torno a 300 músicos de ámbalas beiras do Miño con grupos de A Guarda, Tomiño, Goian, Gondim e Viana do Castel...
#OPeche | Tui viviu a xornada máis calida do ano este domingo 21.07.2016 3:47
terminar xullo, todo apunta a que se rachará cun novo récord nos termómetros. Tui rexistrou o pasado sábado e domingo a fin de semana mais calorosa de todo o 2016. En concreto, segundo os datos de Meteogalicia, o pasado domingo alzase como a xornada máis cálida do ano con 37,5ºC. Tamén no Monte Aloia, segundo a estación da Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica galega, ese foi o día máis...
Noticias 13.30h - Xoves, 21 de xullo de 2016 21.07.2016 24:39
A actualidade de Tui e do Baixo Miño na Radio Municipal de Tui
O profesor Carlos Soneira impartirá o cuarto faladoiro de Diálogos en Educación na Guarda 21.07.2016 1:39
Ás 20h no patio do colexio dos Xesuítas en Camposancos na Guarda terá lugar o cuarto faladoiro dos “Diálogos en Educación”. O profesor Carlos Soneira Calvo, do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña falará de “Sobre o emprego do sentido común na resolución de problemas escolares”.
Valença renova a súa páxina web 20.07.2016 1:08
Valença vén de renovar a súa páxina web, cm-valenca.pt co obxectivo de facer máis accesible ao cidadán a información municipal. O novo deseño é máis e funcional e adáptase a tódolos dispositivos e anchos de pantalla, tanto en ordenadores coma en móviles. Explicao o responsable de Cultura de Valença, José Monte.
A vindeira semana arranca a IV edición do Festival IKFEM que achega a través da música a Valença e Tui 20.07.2016 5:45
Un dos maiores expoñentes do irmandamento cultural entre Portugal e Galicia ao abeiro da Eurocidade Tui-Valença volve como cada verán as rúas de ámbalas dúas cidades da beira do Miño. O IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla, celebra do 25 ao 30 de xullo a súa cuarta edición. Esta mañá a Casa do Concello de Tui acolleu a súa presentación oficial.
Noticias 13.30h - Mércores, 20 de xullo de 2016 20.07.2016 30:26
O que acontece en Tui e no Baixo Miño está presente cada xornada nos informativos da Radio Municipal de Tui.
A Guarda presenta a web www.turismoaguarda.es 20.07.2016 2:26
www.turismoaguarda.es é o enderezo da nova páxina web da Guarda presentada esta mañá na que se fai fincapé no patrimonio e na paisaxe. En palabras do alcalde, Antonio Lomba, trátase dunha web moi completa, realizada en software libre, actual e con posibilidade de futuro. Tamén se presentou un novo vídeo de promoción cultural do municipio segundo o rexedor guardés explicou en declaracións á Radio M...
Obras de reasfaltado e repitando na rotonda de Guillarei 20.07.2016 1:20
Hoxe comezaron as obras de reasfaltado e repintado na rotonda entre a PO550 e PO404 en Guillarei, ás que seguirán o pintado da sinalización horizontal en todo o casco urbano unha vez dende o concello se contan cos permisos e autorizacións pertinentes. O explicou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.
Un escuadrón de cabalería de Garda Civil ten a súa sede en Tui este verán 19.07.2016 3:34
A prevención e loita contra os incendios forestais e labores de información e seguridade no Camiño de Santiago son dous dos obxectivos do escuadrón de cabalería da Garda Civil que durante este verán ten a súa sede en Tui.
#OPeche | Toda unha vida dedicada ao deporte en Tui 19.07.2016 5:58
Unha vida dedicada ao deporte no máis alto da competición e cun palmarés que asusta. É a carta de presentación dos remeiro tudenses Jesús González e o piragüista Quique Míguez.
Noticias 13.30h - Martes 19 de xullo de 2016 19.07.2016 28:18
A actualidade de Tui e do Baixo Miño na Radio Municipal de Tui
A bandeira e o escudo de Tui recollidos nun selo 19.07.2016 1:44
A bandeira de Tui co escudo viaxa xa en forma de selo pola xeografía nacional e internacional. Trátase dun selo privado cun custe de 1,20€ que foi solicitado á Dirección Xeral de Correos polo Grupo Filatélico e Numismático Tudense. Así o explicaba o Carlos Pérez Fonterosa quen indicaba que ante gran demanda rexistrada teñen que solicitar xa unha nova emisión do mesmo. O grupo Filatélico Tudense tr...
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, reuniuse coa conselleira para falar da VAC Tui-A Guarda 19.07.2016 2:31
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reuníronse o pasado martes12 de xullo para abordar as demandas do rexedor guardés con respecto a Vía de Altas Prestacións Tui-A Guarda. Tralo encontro, Antonio Lomba móstrase satisfeito por poder trasladarlle a conselleira a demanda de construción dunha vía que define como “urxente”. O rexedor está esp...
A AECT Río Miño poderá ser unha realidade en 2017 19.07.2016 2:30
A AECT Río Miño será unha realidade en 2017. A pasada semana no encontro mantido entre o deputado Uxío Benítez, e o presidente da Cámara de Viana do Castelo e do CIM Alto Minho, José María Costa, pechouse a negociación dos estatutos desta agrupación europea de cooperación territorial que agora serán levados para a súa aprobación aos plenos do CIM Alto Miño o día 28 e da Deputación o 29. Así o expl...
#OPeche | 14 anos e reporteiro do Tour de Francia 18.07.2016 4:57
Con 14 anos é o reporteiro sensación do Tour de Francia. David Fletcher rompe tódolos récords e crea tal expectación que até protagoniza as páxinas de diarios deportivo como o francés L’equipe.
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály