Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Vivir e xogar: na natureza e mais nun teatro 25.09.2019 59:17
Espacios máxicos: a natureza e mais un teatro. Aprender, vivir e xogar. -Cantos proxectos de escolas na natureza hai en Galicia e en España? Conversamos con Paz da Asoc. Edna. -Un consello de nenos. E e iso que é? Básicamente, escoitar a voz dos mais cativos. Noa, do Espacio Foresta en Vincios. -La vida es puro teatro. Parte II de Teatro Escoitade con Raúl e mais Manolo sobre a escola de teatro e...
Bosquescuela & Salinas na costa galega 24.09.2019 57:22
A maxia da natureza. Os vellos que hoxe teñen cen anos xa dicían que o campo era xa daquela a súa escuela. Os bosquescuela… sónanvos dalgo? Jara Loira cóntanos do seu nas aforas de Madrid e destas experiencias en Europa. Vai estar no encontro Natureza e Infancia en Vigo. Conversamos cunha das organizadoras, Aida de Educaflash. E visitamos o noso pasado cunha arqueóloga, Mar Cortegoso, para coñecer...
O mundo dos barcos e o mundo da música clásica 23.09.2019 59:28
Co equinoccio de outono, un fenómeno astronómico que fascinou a numerosas civilizacións dende a antigüedade, imos dar luz a estes dous mundos: - O dos barcos e das dornas. Que barquiños saen a faenar en cada unha das nosas rías? Como se construían a mediados do século pasado? Vasta experiencia a de Juan Olivencia, presidente de AMONAGA. -E o da música clásica con James Rodhes e a súa "Playlist. Re...
Luar, unha experiencia televisiva moi galega. By Retrincos 20.09.2019 58:59
Din que non se é moi galego se un non tragou un venres pola noite o Luar, as cancións de Rocío Jurado alternando con algún grupo folk galego e o "Apagha o candil". Retrincos, o grupo folk de Valladares, pasou hai 25 anos por alí. A experiencia, igualita que a de hoxe en día. Inalterable co paso do tempo, igual que Gayoso.
Teatro Escoitade. Parte I 19.09.2019 58:16
Onde imos hoxe? Ó teatro con dous camándulas: Raúl e mais Manolo. Quedamos na casa con Escoitade. Os primeiros papeis, as persoaxes mais difíciles e as mais agradecidas, tamén. Hoxe, o primeiro acto.
Historias de Vigo. Oficios invisibles. 18.09.2019 59:13
Vai acompañarnos a escritora María Reimóndez. Escribiu hai tempo un relato sobre o Vigo descoñecido. A guía, unha muller que limpa os portais a horas intempestivas pola zona das Travesas. Falamos de oficios. Hai moitos. Algúns invisibles (bibliotecaria de hospital, andamiero, fotoxornalista...), outros en extinción, que parece que non xa non se precisa deles (zapateiros, paragueiros, ebanistas...)...
Euforia! España, campiona do mundo de baloncesto 17.09.2019 58:45
Euforia é a sensación que mellor describe o ben que o fixo España no Mundial de baloncesto. Con Dani repasamos o famoso método que posibilitou esta fazaña de España. Pau Gasol escribiu unha sentida carta. Lémosvos un anaquiño. E un profesional do baloncesto en Pontevedra, Juan Manuel Mejuto, tamén nos da o seu parecer desta épica victoria.
Aspanaex 16.09.2019 59:10
Imos falar da Marcha "andar e correr" con Aspanaex. Alguén se vai achegar a adicar unha canción… atentos, que igual é para vós!!! Damos unha voltiña polas romerías: os milagres de Amil, o Nazareno na Pobra do Caramiñal, a Guadalupe en Rianxo, a pasar pola pedra dos cadrís en Muxía… Aquí detémonos e contamos unha e mil veces a lenda da pedra de abalar e descubrimos outra milenaria tamén, a da "sala...
Vidas e ritmos de ultramar 13.09.2019 59:57
A quen lle gusta o mar? La mar, como din os que viven mais nela que na terra. Con Juan Olivencia, mariño mercante, imos de singladura pola costa europea, africana, atracando en Nova Orleans para ir de festa a unha jam en Bourbon Street. Cantos na maré traenos ata Pontevedra esta fin de semana as melodías de ultramar. Deixámonos envolver por algunhas das súas músicas. Novidade este ano: ritmos urba...
Historias para coñecer Vigo 11.09.2019 59:47
Démoslle volta ás historias de Vigo. Tomar un algo no Casco Vello e logo unirnos ó Freetour VIGO para coñecer o Vigo oculto. O histórico polas mañás ás 11h e o misterioso e o das lendas á noite, ás 21h. Sentarse a ler e viaxar coas "Historias para coñecermos Vigo" da Editorial Elvira. Hainas de case todos os barrios e parroquias. De Teis, Coia, Cabral, Castrelos, Oia, Canido... As da parte alta da...
Sons do baixo e da guitarra 10.09.2019 58:58
Ata hai uns anos a guitarra érao todo. A guitarra era o que destacaba. Moitas veces estamos escoitando unha canción e o que estamos escoitando é o baixo… e non o sabemos. No reggae, no blues e no funk é un instrumento moi importante. Escoitamos a dous músicos pegados a estas cordas: Jairo Daponte e Rubén Palomo.
Especial Revoltallo 09.09.2019 1:00:53
De que falan os grupos cando non están tocando? Repaso ós concertos, á rave, á sesión dj con xente no escenario... Tertulia con xente da orghanisaçao e mais da barra do bar. Ídelo perder? Unhas risas e "cadeleo" máximo! Xente, graciñas! A que colaborou, a que viu... a que non viu pero tiña ganas... a que non se acordou... ou non sabía. Ata a próxima!
Cousas divertidas para non sair da parroquia 05.09.2019 58:50
Cousas divertidas para non sair da parroquia… Esperta made in feito na casa hoxe. -Carros de bolas de Freixo. Carro preparado xa? Ou esperades mirar como espetan na curva do piñón? Baixa Santi contarnos cousas dos carros e mais de Demencia Sonora, que actúa no Revoltallo. -Revoltallo. XXVI anos xa! Algún grupo emerxente por descubrir? Esa é a esencia. -Baixada dos santos do Alba. Tendes un tractor...
Música emerxente en Muros. The Rapants & Lisdexia 05.09.2019 58:15
Emerxentes emerxentes estas bandas muradanas. -LISDEXIA. Comezaron ata tocar nesta primavera e cando chegue octubro van levar 40 concertos. O éxito? O directo. Non son un grupo de escoitar na casa. Hai que vir miralos! -THE RAPANTS. Un día un deles xogou moi ben o fútbol, preguntáronlle que comera e respondeu que "rapantes". Xa lle quedou o nome o grupo. Curiosamente, non cantan en inglés, van en...
Revoltalliño, a parte familiar do Revoltallo 04.09.2019 1:00:18
Abordamos a parte infantil do Revoltallo "O Revoltalliño". Xogos, maxia, malabares, teatro de monicreques, contos acompañados de música… as tardes do venres e o domingo. -Carlos Tomico, o mago vintage. Non desvela os trucos...ohh!!! pero sí a súa refencia: Dai Vernon, o mago que lla xogou a Houdini. -A Tribo das Concurbitas, unhas cabaciñas que veñen baixando dende Mos e nos levan ata a Prehistori...
Revoltallo con Jinetes del Trópico e Liska 03.09.2019 59:57
Vimos musicais! Imos bailar cumbia con Jinetes de Trópico e o seu “namoreime dunha pulpeira”. Conversamos co saxo e mais voz, Juan. Como se lle ocurrirán estas letras? Outra voz, a dos coros e teclados de Liska, Jana. Ska-punk made in Vigo, veñen ata o Revoltallo facer boa festa este venres antes de se meter no estudio co novo disco República 2.0. A fin do verán é para moitos un comezo de novos pr...
Xabarín Club & Collón de Lola 02.09.2019 59:41
Xeración Xabarín. Marcou un antes e un despois no xeito de achegarse os rapaces á cultura galega. Descubrimos que falar con gheada e seseo podía ser divertido, que escoitar debuxos en galego tiña o seu aquel, que había infinidade de grupos facendo rock, reggae, punk... con letras moi boas! Ben, venres no Revoltallo podemos desfrutar unha horiña dalgunhas desas 300 cancións que foron soando naquele...
Xogando. Así pasa o tempo dos cativos. A que xogan? 30.08.2019 59:21
Vimos xoguetóns…. As cucañas de San Campio, un clásico cheo de xogos tradicionais. A que xogan os cativos hoxe en día nos campamentos de verán e nas actividades extraescolares? De palique con rapaciñas da ludoteca e unha das monitoras sobre o espacio do río nos arredores do Centro Veciñal. Fan cabañas, pontes, carreiras de barcos feitos con corchos... e mollan os pés, moi a gusto! Popoñervos plans...
Mundial de baloncesto en China 29.08.2019 59:58
Amantes do baloncesto expectantes de triples e mates, pegados ás pantallas durante as próximas 2 semanas. Sábado comeza o Mundial de baloncesto en China Repasamos os grupos, os favoritos, o team que leva España e o novo sistema de clasificación. Tamén conversamos cun histórico do baloncesto en Pontevedra, Juan Manuel Mejuto Pérez. Xogador, árbito e adestrador. Creou un clube feminino no ámbito pon...
Recuperar o prestixio do mestre. Pedra angular da educación. 28.08.2019 58:33
"Antes un ía a escola porque quería aprender", din os mestres veteranos. "Hoxe veñen obligados e hai que motivalos". A educación é unha tarefa compartida: da escola, da familia e da sociedade onde conviven os rapaces. Conversamos: -do peche das escolas do rural, onde a relación entre profes e pais é moi estreita. A de Zamáns pecha este ano. -sobre importancia das cualificacións… as notas. Supón un...
Moraima. Acosada e acosador. 27.08.2019 59:31
Martes de resaca e de descanso para moitos despois de San Campio. Hoxe, algunhas conversas que pillamos na sesión vermú despois da chegada das carrozas. E outra historia, a de "Moraima". Unha muller acosada por un rapaz e os seus amigos cómplices. Non é real pero podía selo, verdade? Ródase corto por Vigo adiante con localizacións en Valladares. Nos títulos de crédito: estes rapaces novos, encabec...
Dende o torreiro retransmitindo o Luns de San Campio 26.08.2019 3:27:05
"Así son las cosas. Y así se las hemos contado" Pois iso, así vivimos esta mañá. Dende primeira hora ata a chegada das carrozas. Protagonistas hoxe... a xente de Valladares!!! Bo luns de San Campio. Apertas á organización! Imos retratando o ambiente do torreiro... 9.30 inda andaban os trailers da orquesta Tango recollendo os equipos de luces; os de limpeza do concello regando o torreiro e algún da...
San Campio é noso! 23.08.2019 59:48
Días especiais. Comezan 4 días de festa non stop en Valladares. San campio é noso!!! Benvidos todos os queiran achegarse ata esta parroquia viguesa estas festas. Esta mañá andan animando os barrios a Charanga Vaite Xa!, que naceu precisamente nun San Campio hai xa 13 anos. Queredes ir de romería a outros lugares? Tamén vos damos ideas: a do pan de millo en Cabral, o Armadiña Rock en Combarro, a do...
San Campio. Os preparativos 22.08.2019 59:25
Día do neno hoxe en San Campio. Deixádevos contaxiar da atmósfera festiva! A ver, que temos xa: polas rúas as luces colgadas, as carrozas case listas, esta tarde de zumba e Cé Orquestra Pantasma "A voar" no torreiro, case como o globo "grande como un bicoi" que vai ser colgado en breves. O Esperta de hoxe vai ser sobre os preparativos: coa presi da comisión de festas, Nieves, que andan de atareafa...
Árbitros en Valladares 21.08.2019 59:18
A arbitraxe como xeito de vida, como un deporte, como un elemento de transmisión de valores positivos. Milucho, árbitro de veteranos. Maceira, árbitro vocacional por mais de 25 anos. Pérez Pallas, árbitro profesional en 2ª e agora no VAR. Tres veciños de Valladares que viñeron encher o Esperta de anécdotas: -os nervios dos primeiros partidos pitados, as agresións por sacar tarxetas hai anos, a cap...
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály