Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com

Autor

Radio Valladares

Kategorie

Society

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

29. zář 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

O sistema público de pensións con MODEPEN 31.10.2019

Hoxe comeza de novo a campaña electoral e traemos programa especial. O Movemento galego pola defensa das pensións públicas ven de concentrarse en Madrid diante do Congreso dos Deputados hai 2 semanas. Conversamos sobre o sistema público de pensións e o sistema público de benestar coa plataforma de Vigo.

Ceminterio parroquial de Valladares 30.10.2019

"Non ter onde caerse morto" ... en Valladares iso non debería pasar, para iso se creou o ceminterio particular hai 25 anos, cando faltaban nichos na parroquia. E comparado con outros lugares fanse os enterros arranxadiños de precio. Entre 3000 e 5000 euros. Paula, a secretaria, cóntanos mais particularidades. Cine Mari, quen o acorda? Salón das Rosas, tamén se lle chamaba a un destes cines de barr...

Invitámosvos a ir ó teatro nestes días 29.10.2019

En Compostela XVIII Festival de teatro afeccionado Agustín Magán. 6 compañías van pasar polo Teatro Principal e a encargada de animar na rúa vai ser Escoitade. Conversamos con Manolo Dasilva tamén sobre os case 20 anos de FEGATEA. En Vigo podemos viaxar ata os Balcáns sen movernos da butaca do Auditorio do Concello. O 1 de novembro estréase " Guerra de identidade", unha obra autobiográfica de Debo...

Festa do cine. Recomendamos algunhas pelis. 28.10.2019

Estes tres días as salas de cines vanse encher! A 3 euros a entrada. Merece a pena. Recomendacións dende aquí con Eloy, veciño de Valladares e amante do cine. Unha peli moi propia por defuntos é Coco. Nunha especie de making off podemos saber mais obre a tradición mexicana no día de mortos no libro "O arte de Coco". Imaxinemos as visitas ó ceminterio de Pereiró como un "altar mexicano á galega". H...

Vai de cine: friki, inclusivo e outras propostas culturetas da finde 25.10.2019

Un venres cultureta calquera... ou non. Moito cine en Vigo estes días co Galician Freaky Film Festival e o Festival de Cine Inclusivo de Vigo. Concertos hai moitos. Dous especiais: Vibra Mahou Fest no Mar de Vigo e o Hush Festival na Iguana, para celebrar os 25 anos do clube de adictos a Deep Purple. O Samaín xa se vai festexando e algún magosto, tamén. Comentado todo este boom cultureta con Eloy,...

De bibliotecas e queixos 24.10.2019

Ata a Fraga de Moaña imos coñecer os queixos de A MeixoEira. En Vigo quedamos paramos nas bibliotecas. Hai unha chea entre as municipais, nos coles, nas asociacións de veciños, no CUVI... Quedamos na Neira Vilas e no seu mapa de literario pola cidade en xeito de liña de metro. Imos percorrer algunhas das liñas e darlle ó botón de parada para ver que libros nos recomendan.

A Senda do Moucho 23.10.2019

Lembrades a ruta Quetzal con Miguel de la Quadra-Salcedo? Unha aventura "á galega" moi parecida pode ser camiñar polos montes que bordean a ría de Vigo, os do interior de Galicia ou ir quizais un chisco mais lonxe (ós de Albania, Laponia...) coa Senda do Moucho. Conversamos con Gerardo Carrera. Para os amantes do queixos, imos falar do World Cheese Awards, que se celebrou en Bérgamo (Italia) a sem...

De tatexos, gagos, tartamudos, tatabexos, zarabetos... 22.10.2019

Dende hai case 20 anos o mundo adícalle este 22 de outubro a poñer conciencia á tartamudez. Sorprendente as pelis e actores nas que hai tatexos. Tamén imos recordar as orixes do polígono da Pasaxe e mais recordar algúns dos grafitis pintados nas medianeras de Vigo que van ir indo desaparcendo pola construcción de edificios e outros que van ir aparecendo nos colexios. En Valladares, no CEIP Igrexa...

Aprender idiomas. Para que os queremos? 21.10.2019

Para viaxar, comunicarse con outras culturas… fan falla outras línguas. Como turista, sérvennos catro frases de "supervivencia"… pero para traballar, fai falta un título que acredite as nosas capacidades. Conversamos sobre este mundo de aprender outras línguas coa profesora Andrea Comesaña. E damos unha volta polo mundo a través de tres biografías: a de Ara Malikian, o violinista libanés, que estr...

Que facer esta finde? Ideas variadas 18.10.2019

-De tapas gourmet ó "Petisquiño". -Á festa da Batalla de Rande. -Ó cemeterio de Pereiró coñecer as tumbas dos Ilustres Galegos que por alí andan. Hoxe parámonos na esquiniña dos Xardíns da Memoria. -A carreira contra o cáncer -Propostas musicais da cidade

Arqueoloxía submarina & teatro de sombras 17.10.2019

Os naufraxios. Anacos de historia marcados no tempo, tal cual. Cóntannos de rutas comerciais, con que se mercadeaba, como eran as construccións de barcos antigos... Os achádegos de toda Galicia, veñen parar ó Museo do mar. Conversamos con Vicente Caramés, o arqueólogo dalí. E dende Ultramar chegounos o teatro de sombras. Conversamos coa compañía Paso de Valverde, que trae ata Valladares "Alén", un...

Club montañero Peña Trevinca & Festival Galicreques 16.10.2019

O estudio convértese caseque nun teatro. Levantamos o telón!!! 1º pase: Galicreques. 25 anos de historia deste festival con campo base en Compostela, que hai 5 anos desembarcou en Vigo, na Sala Ártika. Conversamos con Marcos, un dos socios, para ver que compañías veñen estes días. 2º pase: proposta de manta e sofá. "O gabinete do doutor Caligari", un clásico do cine mudo de terror musicada en dire...

De cogumelos 15.10.2019

Moi apreciados os fungos na antiguedade: a cultura china os usa como menciña, hai representacións gráficas nalgunha tumba dos faraóns de Exipto. Galicia, xunto con Navarra, un paraíso dos cogumelos. Conversamos con María Cabaleiro, de Mycogalicia. As tardes dos vernes de outono teñen xornadas micolóxicas abertas á xente interesada. E mais, unha voltiña pola enquisa para mellorar o Vitrasa na parro...

Voluntariado en hospitais 14.10.2019

Acompañar ás persoas que están enfermas ás citas médicas, ou nos hospitais. Para uns unha obriga, para outros unha “especie de ocio”. Conversamos con Isabel Camino, responsable do voluntariado en ASDEGAL, que leva xa 10 anos cubrindo estas necesidades e contribuindo á crear cultura da "sociedade do coidado". Os seus nomes non figuran nos libros de texto ne nas antoloxías, pero realizaron unha inne...

Axenda cultural 11.10.2019

Propostas: -"O que arde", a peli sobre os lumes e a soidade do rural grabada nos Ancares. -"A festa da recollida do millo e do magosto" en Matamá - "Ábrete de orellas" podcast con selección de música do país, concertos, discos, crónicas. -ou se chove, cubrir a enquisa sobre o uso do Vitrasa nas parroquias... ;) Tempo de facer propostas. O ano que ven acaba a concesión.

Trail Montes de Vigo 10.10.2019

Conversamos con Xosé Antón, da área de uso social dos montes de Vigo, sobre a II andaina pola rexeneración dos montes e mais do VI trail. Tamén sobre os camiños de Santiago que atravesan Vigo con Luís de Freixo.

Andainas de outono e visitas teatralizadas 09.10.2019

Imos ata o ceminterio de Pereiró. As visitas nocturnas arredor de Defuntos van ser guiadas por Concepción Arenal, Irene de Ceballos e Cachamuiña. Andainas de outono. O tramo do Camiño de Santiago pola costa ten unha desviación polos montes de Valladares. Domingo percorrese como no medievo, acompañados de trovadores. O San Froilán e a Festa do Marisco traen concertos moi recomendables. Escoitamos a...

Vellas tertulias 04.10.2019

Sobre o Teatro Escoitade cos actores afeccionados Raúl e Manolo e sobre a vida no mar co mariño mercante Juan Olivencia.

Varieté musical: stooner, hard rock, clásica, indie... 04.10.2019

Remata Coxemar e damos unha volta polos titulares que foron saindo na prensa estes días. Descubrimos empresas, caladeiros, novas especies... Mesturado de música, variada… avisamos! Conversamos cos líderes do grupo stooner Martillo e de hard rock Skirl. A música clásica a poñen esta tarde a Orquesta Clásica de Vigo nun concerto aberto e o cine clásico de Alice Guy, que se pode ver xunto con outros...

Ó redor do muíño da Senra 03.10.2019

Tempo de esfollar. Moitas son as festas que se fan co fin de recuperar ou poñer en valor as tradicións entorno ás nosas primieras industrias, os muiños. Este domingo, romería arredor do muiño da Senra en Valladares. Andaina por algúns dos muíños da parroquia. muiñada, amasado do pan, mostra de productos do campo, espacios para a artesanía do follaco, música, obradoiros para aprender a contar conto...

"Indómita e a semente da inmortalidade" con Álex Mene 02.10.2019

Sobre este contiño "Indómita e a semente da inmortalidade", que ben podería ser a historia do Principiño á galega, botamos un rato de palique co seu autor, Álex Mene. Moitas referencias literarias, musicais e cinematográficas nesta historia dunha nena, Indómita, e dunha árbore, Árbore, que da froitos da inmortalidade e a xente nunca morre. Nunha aldea, que podería ser calqueira aldea do mundo.

Conxemar & cine clásico 01.10.2019

Neste Esperta traemos un variadiño: -Conxemar: 3 días de moito movemento na xente do negocio dos productos conxelados do mar. Coa sombra de Seafoods trasladandose dende Bruxelas a Barcelona en 2 anos. -Macrocentro comercial en Mos. O impacto ecolóxico dos centros comerciais. -Ciclo de cine clásico en versión orixinal os venres no Marco. "O ladrón de bicicletas", "Ciudadano Kane", "O emigrante" de...

"Amdiram", concertos didácticos & "lapis e papel", axenda teatral. 30.09.2019

Este luns imos vivir do pasado. Da xente que andivo por aquí o venres: -Abmiram quartet tocou no auditorio para os mais cativos da parroquia. Un concerto didáctico e moi visual onde se exploraron distintos sons da marimba. -Lapis e papel. Novo podcast en Radio Valladares. Vai de teatro. Axenda teatral por Vigo e comarca. O conduce Fabi Bastos e este mes ten como invitada e madriña a Rocío Salgado...

Patios vivos 27.09.2019

Patios vivos. Iso que é? Un patio andaluz cheo de xeranios? Podería ser... pero non. Conversamos con Judit da Cooperativa Miudiño, que andan niso. Tamén imos ata o cole Gándara en Gondomar, para continuar falando desta maxia da natureza e de aprender nela ou con ela. 27 de setembro é día de moitas cousas. É fridaysforfuture, o día europeo dos investigadores e o día mundial do turismo. Curioseamos...

Hospitais do futuro e escolas do futuro 26.09.2019

A través de Música en Vena, a música ten un lugar moi especial nos hospitais. Vai ser como un medicamento que se vai integrar, especialmente, nas unidades de enfermos críticos. Conversamos con Virgina Castelló, a presidenta. Veredes que bonito! E o xogo é tan vital nas nosas vidas, dende cativos. Conversamos con Jessica Clemente de Rejuega. Dende Barcelona proponnos ós adultos reconectarnos co xog...

Poslouchej podcast ESPERTA VALLADARES v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály