Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Ons en loita & María Soliña película & Romaría do pan de millo en Cabral 20.08.2019 59:42
Viaxamos ata a illa de Ons. Lendas, paisaxe, descanso... e pesadelo para os isleños que andan en loita polos cupos de visitantes impostos pola Xunta. Conversamos con María, portavoz de Onsenloita. Mais historias. A de María Soliña. Que muller! Inspira poemas, cancións... Ródase peli. Escearios: Cangas, Redondela e Toralla. Queredes ir de figurantes? Quedada o 2 de setembro nos cines Gran Via. Rexi...
Hospital Álvaro Cunqueiro. Grupo humanización de urxencias 19.08.2019 59:02
Traballar en urxencias supón traballar cunha elevada carga: de estrés, física, emocional… Quen entra como paciente, ás veces, ten a impresión de que ten que esperar horas de mais, de que é un número agardando que saia na pantalla onde dirixirse… Ana Braña Rey vainos guiando para comprender como é o traballo da xente que nos recibe no Cunqueiro e das necesidades que eles teñen: como equipo, como pr...
O San Roque 14.08.2019 58:38
No Esperta hoxe damos unha voltiña polos San Roques, comezando pola romería de Vigo e continuando coa romería do Alba. Mañán día 15 toca a subida. Romeros, estades preparados? A charanga que acompaña igual sí… conversamos con Sara, de Vaite Xa! Non hai romería sen rosquillas. De Pontareas ou de Gondomar? Duras ou blandas? Ou mellor bolos... Gustan mais as de hojaldre. 3000 rosquillas fai Cristalei...
Viaxes por Centroeuropa 13.08.2019 56:18
Imos de tour por cidades centroeuropeas. Un plan moi de outono, para escapada de ponte. En setembro hai viaxe programada dende o Centro Veciñal de Valladares a Praga E por iso imos facervos a boca auga… un paseiño polos colores, sabores e a música desta cidade. E mais tamén ata os montes de Coruxo imos de ruta nocturna para observar as avelaíñas, estas volvoretas nocturnas. Cada 3 meses fan saídas...
Traíñas, mountain bike e ciclocross 12.08.2019 57:59
O Esperta de hoxe vai de historias de viciños. Interesante para os da casa, por escoitar voces familiares… interesante para os de fora, por escoitar historias comúns a todos nós. -Historia deportiva de María Rodríguez. 19 anos, veciña de Valladares. Dende os 8 anos practica mountain bike e ciclocross e recentemente cambiou ás traíñas. Sabíades que foi campiona de España de traineras a semana pasad...
Costa dos Castros 09.08.2019 59:10
Costa dos Castros na zona de Oia. 12 castros en 7km e centos de petroglifos metidos polos montes, algún deles único en Europa. O mais importante non é isto, senón a creación dunha comunidade de veciños entorno ó patrimonio na zona de Oia. Uns veciños que se agrupan e outros que se desagrupan. Falamos da festas que se deixaron de facer por falta de comisión. Damos unha volta pola axenda cultural ol...
Festa do socio. Unha tradición en Valladares 08.08.2019 59:14
Algún vai co tapper e leva o pulpo para casa. A maioría queda no monte de romería. 350 litros de viño, 1200 tapas de pulpo, 650 kg de churrasco que fan 700 tapas, 700 barras de pan. Arredor de 1500-2000 persoas a papar e 500 a organizar. Ansiada por moitos polo pulpo e para outros por ser un día de botarse ó monte e non preocuparse de nada: nin de facer de comer, nin de atender ós nenos, que andan...
Morcegos en Galicia 07.08.2019 59:28
Seres bastante especiais os morcegos. Asócianse con mitos e creencias negativas... Pois ben, non son cegos. Os morcegos miran. Non están emparentados cos roedores. Non son ratos con alas. E tráennos múltiples beneficios. Son grandes consumidores de insectos e regulan as pestes agrícolas. Os galegos comen grandes cantidades de avelaíña, causantes en Galicia da praga da patata, do buxo e mais da viñ...
A comida que desperdiciamos 06.08.2019 58:54
Este venres volven as noites brancas… os museos abertos ata a madrugada cunha chea de actividades. Imos ver que hai para que vaiades facendo plans, se vos interesa. Concertos, visitas guiadas orixinais, catas... E de comida tamén falamos. Da que tiramos.. canta? Diariamente igual non o miramos tanto… pero nas festas!!!! ahhh, ahí sí, eh? Esas sobras do domingo inda andan dando voltas o venres na n...
Tertulia de luns 05.08.2019 59:58
Unha mañán de cháchara distendida para comezar a semana. Sentídevos coma se estiverades desaiunando na terraza dun bar, abrírades o faro e entre sorbos de café, pasando ás páxinas, imos comentando as novas... Titulares a comentar: -As romerías da Salú e do Cristo… cantas velas e exvotos venderon as cererías esta fin de semana? e rosquillas? de onde sae tanta xente en peregrinación? -Deliveroo cheg...
Que tal un combinado de rock e salsa para as festas patronais? 02.08.2019 59:01
Con este debate abrimos a mañá do venres. Quen nos da pé? As festas de Matamá, que veñen en plan "Resurretionchachachá Fest", como as definiu un dos ouvintes. Combinan bandas de música coas orquestas de toda a vida e cun venres moi rock: Obús, Miguel Costas e Motores. Seguindo polas parroquias e pensando en rock ou heavy no imaxinario colectivo aparece o Revoltallo. Aqueles anos no Monte dos Pozos...
Adolescencia contada por adolescentes. Os amigos e os estudios. 01.08.2019 1:00:14
Que pensan dos amigos? Canto falan con eles x wasap ou instagram? Que fan cando quedan a estudiar con eles? Que pensan dos deberes? dos exames? de que lles fagan escoller tan cedo que estudiar, da amistade dentro e fora das aulas... Imos escoitalos. Equiliquá…
Pelis de animación & stop motion 31.07.2019 58:37
Imos ó cine. -Cine de verán ó aire libre. A ver que hai por Baiona, Gondomar, Moaña e Pontevedra estas noites de agosto. -Pelis de animación. Harry Poter e Coco andan entre as favoritas dos rapaces do campamento da ludoteca de Valladares. -Galicia Calidade... para técnicas de animación 3D e stopmotion. Conversamos con Yoseba Cuña, a partir de mañá vai andar cos rapaces do campamento a ver que "cor...
De monstruos, superheroes, dinosaurios... e de patinaxe 30.07.2019 58:50
Espacio e voz para os mais cativos. Coa súa imaxinación imos voar ata os mundos dos monstruos, dos dinosaurios e dos superheroes!!! Baixan os rapaces da ludo ata o currunchiño da radio… o pasan de ben cada vez que veñen!!! Que conecta mais a vós ouvintes co mundo da infancia: os monstruos ou os dinosaurios? Tamén imos ver como celebran os cumples. Aqueles bocadillos de Nocilla con pan Bimbo, beber...
Petroglifos. Unha guía por Galicia 29.07.2019 1:01:38
Ven explicado quedou o mundo dos petroglifos con Juan, o responsable de comunicación de Campo Lameiro. 22 campos de fútbol é o tamaño desta catedral do arte rupestre hai 4 mil anos. Xa podemos fardar!!! E seica hai un concurso para fotografialos. Queredes saber mais? Seica se descubriron recentemente petroglifos en covas, nas montañas de Ourense. Escoitade o podcast ou lede o clásico das guías de...
Lugares con encanto en Galicia 24.07.2019 59:57
Escapadas festivas a lugares pequenos con encanto pola paisaxe. Novos escearios para a música vinculados á riqueza natural e patrimonial galega. Vai programa especial. Onde imos viaxar? Ata a Ribeira Sacra… ata o Courel… ata Noia… tamén ata Tui… e, de volta para casa, imos pararnos na Guardia un momentiño.
De verbena en verbena 24.07.2019 59:21
Nesta horiña imos dar unha volta polas festas en honor a Santiago…. hai un montón!!! Case estoupan en festa os 313 concellos galegos coas súas case 300 orquestas. Se vos gusta a verbena, onde vos situades? Diante da orquesta a dalo todo bailando ou ides dreitiños ó bar da comisión? Tamén imos dar unha volta polo mar curiosear polas novas especies que aparecen pola costa atlántica galega co quentam...
Tomás Alonso: "Vieiros" 23.07.2019 58:49
Músicas do Códice Calixtino, flamenco, jazz ou a cultura marroquí... unha viaxe polo mundo a do saxofonista Tomás Alonso no seu disco "Vieiros". Como é veciño de Valladares e lle quere moito a parroquia, inda que teña campamento base no Conservatorio de Maiorca, participou hai unhas semanas xunto con outros compañeiros no VigoSaxForum, organizado pola Unión Musical de Valladares. Dos grandes saxof...
Música e imaxe con Denis Carballás 22.07.2019 59:53
Varias son as súas pasións: debuxo, música e cine. Coma nun encaixe de bolillos, vanse mesturando en todo o que o fai Denis Carballás. Este rapaz vigués compón bandas sonoras, deseña persoaxes para produccións audiovisuais… e vai formando parte de varios grupos de música: The riggos, Beethoven Rollers... Un fedello, que dirían as nosas avóas. Aproveitando que viu ata o estudio, a cháchara distendi...
Clarinet Fest en Valladares 19.07.2019 58:53
Hoxe que traemos? Clarinetes. Gústavos o son? conversamos con algúns dos profes do curso de clarinetes que esta semana tivo lugar na parroquia organizado pola Unión Musical de Valladares: Robert Spring, Massimo Mazzone e Andrés Valero. Tamén co pianista Pablo Rodríguez, cos directores artísticos e académicos e con algún dos alumnos. Unha xoia escoitar como viven a música. A axenda festiva tamén va...
Canción do verán? Georgie Dann vs. Daddy Yankee 18.07.2019 59:02
Canción do verán. Conversamos con xente de distintas xeracións… e como van cambiando os gustos! Adolescentes: reggaeton. Os mais vellos: conjuntos musicales (Los Tamara, Los Mismos...) Os do medio: Georgie Dann Imos coñecer a Miguel, ó baixista do grupo vigués You Dog!!, da man do seu sobriño Dani. "Díxolle o sobriño ó tío..." E damos unha volta polo Cambón. Cine verde, estas tardes ata o sábado....
Plans veraniegos 17.07.2019 58:00
Sandía vs. melón. Que froita refresca mais no verán? Hai mundo mais alá da sandía en cachos. En zumo, en ensaladas... Patricia, a profesora de cociña do Centro Veciñal trae ideas. E plans para o verán? Bucear na piscina, xogar cos primos e amigos e durmir de camping. Así é o verán ideal para os mais cativos. Escoitamos á rapazaciñas da ludoteca. E para os maiores... botarse ó monte. Nos da Ramallo...
Exploramos o timbre dunha guitarra eléctrica 16.07.2019 58:05
Con Germán Son e mais a súa "Federica" imos descubrindo sons tímbricos da súa Stratocaster. E así pasamos unha horiña... entre glisandos, arpegios, bendings, guaguas... cancións improvisadas, conversando sobre guitarristas que nos inspiran ou gustan, anécdotas de concertos... Let's Rock!!
VigoSaxForum & Concertos de Castrelos: as reventas 15.07.2019 58:48
-VigoSaxForum: concertos, conferencias, masterclass, obradoiros de improvisación... unha semaniña chea da música do saxofón organizado pola Unión Musical de Valladares, aquí na parroquia. Como foi? Conversamos coa profesora Beatriz Tirado e co alumno Juan Alonso Moreda. E mais música, a dos concertos de Castrelos. Comezan este mércores e as entradas do foso voaron. Moitas van para a reventa. Que o...
28 xuño: Día do Orgullo LGTBIQ+ 28.06.2019 59:15
A diversidade sexual e afectiva, amosala? Sí ou non. Xa levamos toda a semana falando da diversidade sexual... pero hoxe 28 de xuño é o día propio: Día do Orgullo Acompáñanos Álex para guiarnos por algunhas das celebracións en Vigo e ir ata as orixes: os disturbios de StoneWall hai 50 anos e que marcan o inicio das reivindicacións do colectivo LGTB. Ademáis, unha volta pola axenda cultural das vin...
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály