Efervesciencia
Manuel Vicente
Where to listen?
Podcasts in the app
Replaio Radio →
Coming soon
Podcasts are coming to the app soon - install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Efer 722 (9-10-25): Como o sistema inmune evita o fogo amigo 10.10.2025 1:00:10
(3:44) Dime como é o teu cerebro e direiche quen son os teus amigos. Isto é o que se desprende dun traballo publicado en Nature Human Behaviour. (14:55) O Nobel de medicina de 2025 foi para a tolerancia inmunolóxica periférica, un segundo sistema do noso corpo para evitar o fogo amigo dos linfocitos T. Conversamos con Iria Gómez Touriño, líder do grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do CIMUS....
Efer 721 (18-9-25): Buratos negros que saen disparados 19.09.2025 55:06
(3:07) Publícase en Nature a análise dunha biofirma detectada polo rover Perseverance en Marte. Borja Tosar dános o contexto deste achado. (17:06) Efeméride do 18 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (18:08) Os buratos negros cando coliden e se fusionan saen disparados a 5000 km/segundo. Este resultado foi publicado en "Nature Astronomy" polo grupo de ondas gravitacion...
Efer 720 (11-9-25): Os códigos invisibles da leria 12.09.2025 1:00:00
(1:56) O "aerotrastornado" Javier Pedreira "Wicho" cóntanos como fan os avións comerciais para aterrar cando falla o GPS. Non, non é utilizando mapas de papel. (11:09) (11:09) Conversamos sobre os poderes da conversación con Estrella Montolío, catedrática de lingua española da Universidade de Barcelona. (46:42) Efeméride do 11 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (49:0...
Efer 719 (4-9-25): Salvaxe, salvaxe 05.09.2025 57:15
(3:25) As altas temperaturas nocturnas das vagas de calor aumentan a nivel mundial a mortalidade nun 3% segundo un estudo coordinado por Dominique Royé (MBG-Galicia). (11:56) Efeméride do 5 de xullo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (13:10) Os lobos son un dos poucos animais salvaxes que aínda perduran no noso territorio. E para sobrevivir o que lles convén é xusto o contrario,...
Efer 718 (5-7-25): Sorpresas históricas no xenoma dos galegos 05.07.2025 56:23
(00:00:00) Efer 718 (5-7-25): Sorpresas históricas no xenoma dos galegos (00:02:53) Xenoma galego con Antonio Salas (00:17:57) Efeméride 5 de xullo (00:19:17) Comunicar Ciencia na Radio (00:42:43) Ángel Vidal en Ciencia Calidade (02:53) Antonio Salas (IDIS-USC) preséntanos un estudo xenómico da poboación galega que analizou máis de mil xenomas completos. Os resultados confirman unha vez máis unha...
Doutoramento Industrial de GAIN: O caso de Balidea 28.06.2025 9:17
Presentamos o programa de doutoramento Industrial do GAIN e conversamos con Carmen López, directora de I+D+i de Balidea.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Efer 717 (26-6-25): Ciencia Calidade 27.06.2025 57:23
(0:23) Os resultados das Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía da FECYT presentados esta semana amosan fendas importantes na confianza da cidadanía na ciencia. (3:14) Wicho analiza a actualidade aeroespacial coas últimas remudas na ISS. (13.27) Iago Regueira Rodríguez, "thepharmacist42", preséntanos o seu monólogo "A mucosidade, unha marabilla incomprendida" que quedou segundo na...
Efer 716 (19-6-25): Historia dos montes veciñais desde A Fonsagrada 19.06.2025 56:24
Viaxamos á Fonsagrada para coñecer "in situ" unha nova edición do proxecto "Ciencia á Feira". (2:46) Alí conversamos con Ana Cabana sobre a historia do monte comunal en Galicia, con Iago e Yoel sobre mercados de carbono e con Helga Peral sobre o propio proxecto. (33:31) Efeméride do 19 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (35:10) Antía Vázquez preséntanos o seu monólogo "S...
Efer 715 (12-6-25): Aeroxeles 13.06.2025 1:01:27
Monográfico dedicado aos Premios á Transferencia 2025 da Real Academia Galega de Ciencias. (3:30) Efeméride do 12 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (4:28) Carlos García é investigador do grupo I+D Pharma onde dirixe o "Aerogels Lab" e vén de gañar o premio "Francisco Guitián Ojea" por desenvolver aeroxeles estériles con aplicacións biomédicas. (33:14) Ruta botánica no M...
Efer 714 (5-6-25): Noite Efervescente en Ponteceso 06.06.2025 1:11:25
[Versión estendida] Noite Efervescente desde a Casa dos Veciños da Aldea do Couto en Ponteceso. Estiveron connosco o alumnado das Aulas Científicas Eduardo Pondal e os amigos da Asociación AMIPA. Tamén contamos con Esther Suárez, Isabel Segura, Borja Tosar, Xabier Pérez Couto e Estíbaliz Espinosa.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e c...
Efer 713 (29-5-25): Ignicia 23.05.2025 1:05:48
[Versión estendida] Monográfico dedicado ao programa Ignicia da GAIN para transferir o coñecemento dos centros de investigación galegos ao mercado. (2:09) Carmen Cotelo é a directora da Axencia Galega de Innovación. (10:19) Eferméride do 29 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (11:38) María de la Fuente lidera a unidade de nanooncoloxía e terapúetica transacioal do Institu...
Efer 712 (22-5-25): Lumes desde o MARCO 23.05.2025 56:32
Desde o panóptico do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o Marco, celebramos o día internacional dos museos da man do Proxecto LUMES nunha confluencia de ciencia e arte, entre a academia e o publico, e entre o norte de Portugal e Galicia. (4:05) Fran Aboy é o responsable do LUMES. (10:24) A UNESCO nomeou a Braga como Cidade Creativa da Artes Audiovisuais. Contamos con Sara Borges, coordinadora do...
Cansat no IES de Teis 20.05.2025 11:01
[Fragmento] Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do desafío CanSat da ESA, un concurso escolar de lanzamento de minisatélites do tamaño dunha lata de refresco. O representante galego para a final española resultou ser o equipo do Gemini Pólux. Así, fómonos tamén ao IES de Teis para coñecer ás súas integrantes, que son alumnas da Ucraína, Perú, Venezuela, Brasil, Repúblic...
Efer 711 (15-5-25): 20 anos de Galiciencia 19.05.2025 56:50
Celebramos desde Tecnópole en San Cibrao das Viñas o 20 aniversario da feira científica Galiciencia. Contamos con Javier Taibo, Margarita Ravelo, Tino Álvarez, Ana Piñeiro Sotelo, Vicente Mohedano, Cristina Mangana, Patricia Barciela, David Ballesteros, Carlos Nieto, Noemía Ortega, Adolf Cortel e Javier García Martínez. (15:20) Estivemos na aeródromo de Cerceda na fase clasificatoria galega do des...
Efer 710 (1-5-25): Ciencia na Aldea, onde o mundo se chama Pena da Nogueira 18.05.2025 1:32:30
[Versión estendida] Asistimos á edición de 2025 de Ciencia na Aldea que se desenvolveu en Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz organizada pola Asociación Corripa. Un encontro único entre o mundo da ciencia, do medio ambiente e a xente do agro. Conversamos co biólogo Javier Castroviejo (2:40), co botánico Bernabé Moya e os organizadores e promotores do Festival de Herbas Espontáneas de...
Rankine, o enxeñeiro poeta [Entrevistas no Alén] 18.05.2025 7:54
Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.A nosa web oficial www.efervesciencia.orgEn Bluesky @efervesciencia.orgCanle en Telegram de amigos e colaborador...
Luis Liz Marzán, a revoución dos nanoparafusos [Versión estendida] 17.05.2025 52:27
[Versión estendida] Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades novidosas con aplic...
Efer 709 (24-4-25): A revolución dos nanoparafusos con Luis Liz Marzán 16.05.2025 55:18
(3:27) Un dos grandes enxeñeiros da historia e pai da termodinámica foi William Rankine, un personaxe descoñecido para o gran público. Retomamos as "Entrevistas no alén" da Avoa de Einstein con este enxeñeiro poeta que chamou ó noso teléfono de aludidos por citalo de esguello a semana anterior.(11:20) Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Ma...
Efer 708 (18-4-25): Doar e validar voces para que as IAs entendan todas as entoacións do galego 15.05.2025 55:02
(2:04) Doha Elrhoul e Manuel Romero Gómez son investigadores do grupo de Enxeñaría Enerxética (INGEN) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI). Romero é o director da Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas (ETSNM) da Universidade da Coruña. Veñen de publicar un traballo que propón un método eficiente para que os metaneiros produzan in situ hidróxeno verde. Par...
Efer 707 (17-4-25): SciCom Pt desde Madeira 14.05.2025 57:16
Achegámonos ao congreso da Rede Portuguesa de Comunicación da Ciencia SciCom Pt que se celebrou na Illa de Madeira. Conversamos con Ana Santos Carvalho, Sara Bettencourt (2:15), Pedro Russo e Mario Montenegro (12:38) e coñecemos entre outras iniciativas, a Conferencia Internacional de Teatro Científico de Coimbra. (38:48) O noso paxareiro, Nacho Munilla, cóntanos o recente achado de parasitismo in...
Efer 706 (10-4-25): O radon espreita nos centros de traballo 13.05.2025 56:34
(2:13) A nosa sexóloga e xornalista Laura Veiga explícanos se é posible adiantar a regra. (14:45) A exposición "Menssana" achega a saúde mental aos adolescentes. Conversamos con Patricia Barciela, directora da Domus dos Museos Científicos Coruñeses.(30:20) Efeméride do 10 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez(31:52) Lucía Martín é investigadora en Epidemioloxía e Saúde Públ...
Postcrecemento e innovación con Mario Pansera [Versión estendida] 12.05.2025 48:58
[Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R ("Dereito a Repa...
Fenda na materia escura con Antón Baleato Lizarcos [Versión estendida] 11.05.2025 51:41
[Versión estendida] Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de Berkeley Antón Baleato Lizar...
Efer 705 (4-4-25): Dereito a reparar, transición xusta e postrecrecemento 10.05.2025 56:24
(5:55) Navegamos na Bitácora do Beagle con Julio Rodríguez, quen nos explica tres artigos científicos que estudan os nexos entre a saúde e o contexto social no relativo á falta de relacións sociais, a depresión e o envellecemento.(23:04) Efeméride do 3 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez(24:45) Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Ponteve...
Efer 704 (27-3-25): Origamis de ADN 09.05.2025 57:38
(2:00) Enoloxía e turismo científico con Maite Vence (6:29) Solución a onde está Moncho Núñez(8:27) Visitamos o CIMUS para coñecer as investigacións de Beatriz Pelaz, investigadora Oportunius do CIQUS onde desenvolve ferramentas bio-nano, como por exemplo os origamis de ADN, para desenvolver terapias controladas externamente mediante luz ou campos magnéticos.(40:35) Efeméride do Calendario da Hist...
About the podcast
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.
Author
Manuel Vicente
Category
Podcast website
Language
GL
Episodes
919
Latest episode
23. dub 2026
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.