GCiencia

Ciencia en feminino

Science GL ↓ Epizody: 16

A igualdade tamén é unha cuestión científica. Por iso, co gallo do 8M, Día da Muller, GCiencia organiza o ciclo de entrevistas e mesas redondas "Ciencia en feminino" en colaboración coa Deputación de Pontevedra. Ao logo das catro entregas analizaremos a situación da muller na ciencia, o teito de cristal, as vocacións científicas entre as nenas, a perspectiva de xénero, a maternidade e a conciliación, así como os retos de futuro.

Autor

GCiencia

Kategorie

Science

Web podcastu

www.gciencia.com

Nejnovější epizoda

26. bře 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android 5 mil.+ stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Como enfrontar os obstáculos na carreira investigadora 26.03.2026

Ciencia en Feminino é un ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M. Esta é a última sesión do programa de 2026: unha mesa redonda sobre os obstáculos aos que a muller científica se ten que enfrontar na carreira investigadora. Participan a enxeñeira Soledad Torres Guijarro, a bióloga Iria Gómez Touriño e a enfermeira Ainara Díaz Geada.

Ciencia en feminino, con Elena Vázquez Abal 19.03.2026

No terceiro episodio de Ciencia en Feminino, o ciclo de charlas de GCiencia e da Deputación de Pontevedra co gallo do 8M, falamos con Elena Vázquez Abal, matemática e Premio de Divulgación Científica 2024 da Real Academia Galega de Ciencias.

Como derrubar os estereotipos da muller científica: dos contos infantis á IA 12.03.2026

Na segunda sesión de Ciencia en Feminino, abordamos coas científicas Laura Castro, Gloria González e Beatriz Fernández a imaxe social da muller investigadora e os estereotipos que aínda se viven no eido científico, incrementados por tecnoloxías como a intelixencia artificial.

Ciencia en feminino, con África González 05.03.2026

Arrincamos a nova edición de Ciencia en feminino, o ciclo de GCiencia e da Deputación de Pontevedra co gallo do 8M, da man da inmunóloga África González.

Os estereotipos sobre a muller científica 27.03.2025

A quinta edición de Ciencia en feminino, o ciclo de charlas e mesas redondas de GCiencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra co gallo do 8M, chega á súa fin. Celebramos a cuarta e última sesión da man das investigadoras Yasmina Martínez, Marta Castiñeira e Paula Gutiérrez. Con elas falamos do teito de cristal, da dificultade de conciliar a vida familiar e laboral e dos estereotipos que aí...

Ciencia en feminino, con María Loureiro 20.03.2025

A terceira sesión de Ciencia en feminino conta coa participación da economista e catedrática da Universidade de Santiago María Loureiro. Foi Premio María Josefa Wonenburger en 2024 e a primeira muller do seu eido en entrar na Real Academia Galega das Ciencias en 2022. Un dos seus traballos de maior impacto foi a estimación das perdas económicas e ambientais do  Prestige . Falamos con ela da situac...

Como é ser científica no século XXI 13.03.2025

A segunda entrega do ciclo de charlas e mesas redondas Ciencia en feminino continúa a programación sobre o 8M da Deputación de Pontevedra cun debate no que participan tres científicas galegas. María Tubío, María José Ginzo e Cintia Folgueira expoñerán a súa vivencia sobre ser científicas neste século XXI. En que aspectos avanzamos? Cales quedan por traballar? Nesta ocasión, as investigadoras anali...

Ciencia en feminino, con Mar Capeáns 06.03.2025

Mar Capéans é física de partículas pola Universidade de Santiago e leva dende 1992 traballando na Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN), onde se especializou na construción de aceleradores de partículas. Dende 2021 forma parte da súa dirección, dado que lidera o Departamento de Enxañaría Civil e do Sitio. Capeáns recíbenos dende Suíza neste primeiro episodio de Ciencia en femini...

Ciencia en feminino, con Begoña Vila 12.04.2024

Ciencia en feminino , o ciclo de charlas e mesas redondas de Gciencia en colaboración coa Deputación de Pontevedra, chega á súa fin. O cuarto e último episodio da tempada ten como protagonista a astrofísica viguesa Begoña Vila, actualmente na NASA. Dende Washington D.C., a científica galega fai repaso da súa traxectoria profesional nun eido tradicionalmente masculinizado. Tamén fala dos telescopio...

Científicas no estranxeiro 05.04.2024

Continuamos coa terceira sesión de 'Ciencia en Feminino', onde as científicas galegas Raquel Lama, Cristina Lazcano e Carmen Figueras explican as súas experiencias investigando noutros países. 

O emprendemento das mulleres na ciencia 22.03.2024

Na segunda sesión de 'Ciencia en Feminio 2024' a CEO de Hifas da Terra, Catalina Fernández, explica que a ciencia debe ser “vendible” e beneficiosa para a vida das persoas. 

Como nacen as vocacións científicas nas nenas... e as dificultades da carreira investigadora 15.03.2024

Este é o primeiro episodio da segunda edición de pódcast de Ciencia en feminino , un ciclo de charlas e mesas redondas que organiza Gciencia e a Deputación de Pontevedra co gallo do 8M. Nesta primeira actividade abordaremos o importante que é espertar as vocacións científicas da man de tres investigadoras: a bióloga Alicia L. Bruzos, a enxeñeira aeroespacial Uxía García Luis e a paleobióloga Blanc...

Que nos queda por facer para romper a fenda de xénero? 29.03.2023

As desigualdades entre homes e mulleres tamén chegan á ciencia. Que se pode facer para romper a coñecida como 'fenda de xénero'? Falamos coas investigadoras galegas Verónica Bolón, Susana Ladra e Ana Belén Crujeiras, que achegan a súa perspectiva como académicas e mulleres.

Ciencia en feminino, con Victoria Lareu 22.03.2023

A catedrática de Medicina Legal da Universidade de Santiago Victoria Lareu, tamén directora do Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro, é a terceira convidada a Ciencia en feminino. Este ciclo nace en colaboración coa Deputación de Pontevedra para conmemorar o 8M e darlle visibilidade ás mulleres científicas galegas.

Como espertar a vocación científica entre as nenas? 15.03.2023

A maioría do alumnado universitario, o 56% do total, son mulleres. Pero esta cifra varía segundo as áreas. Dun 25% en enxeñarías e arquitectura a un 70% en ciencias da saúde. Para reverter esta situación é imprescindible espertar a vocación científica entre as nenas. As claves para facelo daránnolas as investigadoras galegas Ana Freire, Rosa Crujeiras e Vanessa Valdiglesias. Con elas estará a depu...

Ciencia en feminino, con Sonia Villapol 08.03.2023

A neurocientífica Sonia Villapol, natural da Pastoriza, leva 20 anos emigrada. Co gallo do 8M analiza para GCiencia as diferenzas da investigación en Estados Unidos, onde reside dende hai 13 anos, e as de Galicia. Tamén, cal é a situación da muller na ciencia en cada un dos dous países.

Poslouchej podcast Ciencia en feminino v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály