GCiencia Podcasts
Desmontando Mitos
Desmontando Mitos é unha serie audiovisual de Gciencia realizada co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) do Ministerio de Ciencia e Innovación e a colaboración da Universidade de Santiago de Compostela. En catro minutos abordamos algunhas das principais falsidades disfrazadas de argumentación científica a través do coñecemento de investigadores e datos verificados.
Autor
GCiencia Podcasts
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
26. lis 2025
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Comer de noite engorda máis? 26.11.2025 5:34
Neste último episodio de Desmontando Mitos mergullámonos na crononutrición, a disciplina que estudia como o momento das comidas afecta ao noso corpo. Xunto á profesora en saúde pública da USC Maruxa Zapata, falamos de mitos e verdades sobre cear tarde, como axustar os horarios de alimentación sen perder hábitos sociais, e pequenos cambios que poden marcar a diferenza na saúde.
Cando sangra o nariz hai que botar a cabeza cara a atrás? 19.11.2025 3:56
No novo episodio de Desmontando Mitos analizamos un hábito moi común cando nos sangra o nariz: botar a cabeza cara a atrás. Pero, é realmente efectivo o pode ser perigoso? Ainara Díaz Geada, profesora de enfermería da USC, explica por que pode agravar a situación e cal é a técnica correcta para deter o sangrado de forma segura.
As matemáticas non son para mulleres? 12.11.2025 5:22
Aínda hoxe circula a idea de que ás mulleres non se lles dan ben as matemáticas ou que historicamente non tiveron presenza nesta ciencia. Pero, e se as orlas da Facultade de Matemáticas da USC puidesen contar outra historia? Neste episodio de Desmontando Mitos falamos con Elena Vázquez Cendón, profesora de matemática aplicada e antiga decana, quen demostra que a relación entre mulleres e matemátic...
Os morcegos son cegos? 05.11.2025 4:17
Neste episodio de Desmontando Mitos, o director do Museo de Historia Natural da USC, Javier Iglesias, descubrimos como os morcegos combinan ecolocalización e visión para moverse con precisión na escuridade. Falaremos da súa incrible adaptación á vida nocturna, da orixe do seu nome e da importancia que teñen nos ecosistemas de todo o planeta.
O estrés non sempre é malo: cando o corpo se activa para axudar 29.10.2025 5:28
E se o estrés fose, en realidade, un aliado? A palabra “estrés” adoita asociarse con algo negativo, con tensión, angustia, ansiedade ou incluso enfermidade. Porén, a ciencia explícanos que esta resposta do corpo humano non só é natural, senón tamén necesaria para a nosa supervivencia e adaptación.
Como inflúe a Lei d´Hondt nos resultados electorais? 22.10.2025 5:33
Sempre que hai eleccións, aparece o seu nome e cúlpase de que os votos de algúns partidos valen máis que os doutros. Pero… e se a verdadeira causa non fose unha persoa, senón o propio sistema electoral español? Neste episodio quinto episodio Desmontando Mitos falamos sobre a Lei d’Hondt e como funciona.
Instinto maternal: realidade ou construción social? 15.10.2025 4:22
Hai unha idea moi estendida na sociedade que parte da premisa de que todas as mulleres, polo simple feito de selo, teñen o desexo natural de converterse en nais e unha capacidade innata para os coidados. O chamado "instinto maternal". Pero, e se ese “instinto” non estivese escrito nos xenes, senón nas normas sociais? O cuarto episodio de Desmontando Mitos de GCiencia afonda neste aspecto con Jorge...
Os alimentos sen glute son máis saudables? 08.10.2025 4:56
Cantas veces escoitaches que eliminar o glute da dieta mellora a saúde? Esta idea está moi presente en Internet, nas redes sociais e incluso no supermercado. Neste terceiro episodio de Desmontando Mitos, a investigadora en nutrición da USC, Pilar España, analiza que é realmente o glute, por que só debe evitarse en casos de celiaquía ou intolerancia, e como inflúen as dietas populares e o marketing...
Os animais comen herba cando están enfermos? 01.10.2025 4:37
A crenza popular di que cando un animal come herba é para purgarse ou porque ten problemas dixestivos. Neste segundo episodio da segunda tempada da serie Desmontando Mitos, afondamos en como afecta aos animais comer herba e o comportamento de cans e gatos ao tomala, baseado nos estudos científicos realizados. Falarase tamén sobre algúns alimentos que poderían prexudicar ás nosas mascotas.
Celtas ou romanos? Viaxe ás raíces da identidade galega 24.09.2025 5:25
Este é o primeiro episodio da serie Desmontando Mitos de GCiencia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, para explicar algúns dos grandes mitos da ciencia. Neste primeiro capítulo falaremos das raíces da identidade galega: somos celtas ou romanos? Responde a profesora de Historia Antiga da Universidade de Santiago, Dolores Dopico.
Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona? 16.02.2024 5:02
No décimo e último episodio da serie Desmontando Mitos falamos co astrónomo José Ángel Docobo para confirmar que poñer a roupa ao clareo do Sol é unha técnica tradicional pero efectiva. O investigador da Universidade de Santiago explica que a os raios solares son o mellor desinfectante natural. Desmontando Mitos é unha serie de Gciencia co apoio da Fecyt e a colaboración da USC.
O amor, unha cuestión de química? 09.02.2024 5:00
Un xesto, unha ollada, os trazos dunha persoa ou simplemente a súa voz. Calquera destes pequenos detalles pode espertar en nós unha atracción física, sexual ou emocional provocada polas nosas hormonas que, unha vez en acción, pódennos levar a sentir desexo, amor e cariño. Cada unha das fases da relación entre dúas persoas está asociada cunha parte do cerebro, desde o máis primitivo ata o máis raci...
As maniotas melloran con auga e azucre? 02.02.2024 4:42
Non conseguir poñerse de pé ou simplemente levantar os brazos polo doloroso que pode ser, é algo que acontece cando facemos un exercicio intenso ou prolongado forzando os nosos músculos. É o que se chama ter maniotas. Antes pensábase que eran resultado do ácido láctico que produce o noso metabolismo cando facemos exercicio e que, en forma de cristais, depositábase nos nosos músculos, como pequenas...
É a intelixencia artificial unha ameaza para a humanidade? 26.01.2024 5:35
O frenesí dos últimos anos arredor da intelixencia artificial leva a moitos a preguntarse polo verdadeiro alcance dunha revolución con riscos, pero con moitos beneficios se se seguen as normas.
Comer ovos dispara o noso colesterol? 19.01.2024 4:28
Cocidos, na tortilla de patacas, revoltos con hortalizas ou nos doces da sobremesa. Na nosa gastronomía moitas receitas, sobre todo as tradicionais, levan ovos de galiña. Porén, durante moitos anos falar de comer ovos foi sinónimo de colesterol no sangue. Unha relación que hoxe rexeita Manuel Vázquez, catedrático de Tecnoloxía dos Alimentos na Universidade de Santiago de Compostela, no novo episod...
Os mosquitos teñen unha cor favorita? 12.01.2024 4:50
Por que nos pican os mosquitos? Depende da cor da roupa que levemos? Carlos Otero, entomólogo da Universidade de Santiago de Compostela explícanos que determina a nosa condición de vítima e por que picarnos é unha necesidade das femias desta especie.
É o limón o remedio contra todos os males? 05.01.2024 4:54
O limón forma parte da nosa cultura gastronómica e da nosa farmacia doméstica dende hai séculos. Con todo, a ciencia négalle na actualidade os seus poderes de superalimento. No cuarto episodio de Desmontando Mitos abordamos coa dietista e nutricionista Nerea González os beneficios desta froita para a saúde, os perigos dun consumo excesivo e desmentimos as crenzas sobre as súas propiedades “detox”.
Pode caer un raio dúas veces no mesmo sitio? 29.12.2023 4:39
No terceiro episodio da cuarta temporada de Desmontando Mitos trataremos de averiguar se é certo que os raios poden caer dúas veces no mesmo sitio. Para iso, falamos co catedrático de Electromagnetismo da Universidade de Santiago (USC), Jorge Mira. El descúbrenos que o lugar onde caen as descargas ten pouco de azar e moito de fondo científico. Desmontando Mitos é unha serie de Gciencia co apoio da...
Pan con masa nai: máis saudable e saboroso? 22.12.2023 5:12
É realmente o pan con masa nai o máis saudable e tamén o máis sabedor que podemos escoller para o noso consumo? Neste episodio de Desmontando Mitos, a catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos na Universidade de Santiago de Compostela e directora da Cátedra do Pan e do Cereal, Ángeles Romero. explícanos cales son as garantías para un pan beneficioso para a saúde.
Ortiga e menta: veleno e antídoto? 16.12.2023 4:46
Fregar a pel con follas de menta é unha das solucións populares para frear a inflamación da ortiga. Pero ten este remedio algunha base científica? O investigador en Botánica na Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Serrano, resolve as nosas dúbidas.
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály