AGalegaAudio

Diario cultural | Noite

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: agalegaaudio.gal

Autor

AGalegaAudio

Kategorie

Society

Web podcastu

agalegaaudio.gal

Nejnovější epizoda

27. čvn 2025

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android téměř 10 mil. stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Diario cultural 24-10-2023 24.10.2023

Última oportunidade para asistir ó V Festival Ateneo Barroco, que remata co concerto 'Biber, as Sonatas do Rosario', interpretado por Lina Tur Bonet e o seu conxunto Música Alchemica. José Víctor Carou é o director artístico do festival.

Diario cultural 23-10-2023 23.10.2023

A mostra 'Un rastro de furia e algas' agrupa a artistas 'millenial' de Galicia e do norte de Portugal para explorar como a "ansiedade climática" está a calar nas súas investigacións.

Diario cultural 19-10-2023 19.10.2023

Terceira edición da Porto Design Biennale, o maior evento bienal de deseño da Península Ibérica. Galicia, rexión convidada de España nesta edición. Un dos comisarios é David Barro.

Diario cultural 17-10-2023 17.10.2023

Fuxan os Ventos e Milladoiro colaboran por primeira vez na canción 'Barqueiros de Ribadavia'. Tareixa Novo e Pepe Ferreirós traen as súas claves. Na Coruña ten lugar a exposición 'A Escola de Belas Artes da Coruña e Picasso', que se poderá ver no Arquivo do Reino de Galicia ata o 15 de decembro como peche das actividades impulsadas pola Xunta no marco da celebración do Ano Pica...

Diario cultural 12-10-2023 12.10.2023

O FITO pon o acento nas compañías emerxentes. Dezaseis propostas escénicas na décimo-sexta edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense.

Diario cultural 11-10-2023 11.10.2023

A escritora Teresa Moure estréase na banda deseñada con 'Balada do desterro' sobre a figura de Zeca Afonso.

Diario cultural 10-10-2023 10.10.2023

No Consello de Cultura Galega celébrase estes días o Congreso 'Saber de nós. Cen anos do Seminario de Estudos Galegos'. Pilar García Negro forma parte do comité organizador.

Diario cultural 05-10-2023 05.10.2023

'Corentena' sae de xira. David Perdomo e Xose Antonio Touriñán reúnen as historias e personaxes que naceron dos seus perfís de Instagram no confinamento. Pepe Barro fálanos da exposición 'Cociña de Barro: os cadernos de deseño', unha viaxe de 50 años no deseño.

Diario cultural 04-10-2023 04.10.2023

“Non temos determinadas ferramentas institucionais que existen noutras culturas”. As editoras galegas asisten a LIBER, a feira do libro mais relevante do contexto español. Sobre ela charlamos co director de Edicións Xerais, Fran Alonso. Con Candido Pazó, director de 'Apaga o Candil', falamos da estrea da obra no FIOT.

Diario cultural 03-10-2023 03.10.2023

“Hai unha unha serie de circunstancias que están favorecendo unha permeabilización por parte da industria desas miradas máis autorais máis arriscadas máis singulares e máis necesarias” Comeza Curtocircuito. XX Festival Internacional de Cinema.

Diario cultural 27-09-2023 27.09.2023

Nova Galega de Danza celebra o seu 20º aniversario coa estrea do seu novo espectáculo "Berro". Desta efeméride charlamos con Jaime Pablo Díaz, o actual director do grupo.

Diario cultural 26-09-2023 26.09.2023

A catedrática emérita da Universidade de Maine (Estados Unidos) e filóloga Kathleen March ingresará na Real Academia Galega (RAG) como membro de honra o sábado 23 de setembro no Balneario de Mondariz. Con ela charlamos sobre todo o que arrodea a este acontecemento.

Diario cultural 21-09-2023 21.09.2023

Máis de 200 profesionais da industria musical galega e portuguesa asisten ao Encontro de Músicas do Miño MUMI na súa cuarta edición. Sobre el charlamos con Ánxela Vila, unha das organizadoras. Noutra orde de cousas, tamén temos tempo para a lectura. Charlamos con Raquel G. Pico sobre a súa obra "Millenials. Unha xeración entre dúas crises".

Poslouchej podcast Diario cultural | Noite v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály