Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
21. říj 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Ent. Xoán Piñón | Concerto do dúo Doa 22.07.2026 5:20
Susana de Lorenzo e Xoán Piñón conforman o dúo Doa que este sábado, 25 de xullo, ás 20,30 h vai actuar na igrexa de San Domingo dentro da programación cultural do verán e do ciclo Cultura no Camiño. Doa conta cunha longa traxectoria e múltiples formación en función do concerto. Aquí en Tui chegan en formato dúo e contarán co colaboración de Fran Castro e Carlos Castro.
Ent. Daniel Macua, de Grovias Fútbol Gaélico | Mundiais e próxima temporada 22.07.2026 10:58
Cinco xogadoras do Club Grovias Fútbol Gaélico participaron nos mundiais desta disciplina coa Selección Galega, que volveu con tres trofeos. Loreto logrou coa selección Galicia A a vitoria na Copa Shield da categoría International LGFA Division 1. Pola súa banda, Kary, Sara, Noa e María conseguiron coa selección Galicia B o triunfo na categoría International LGFA Division 2. Daniel Macua, do club...
Ent. Valentín Santos e Gerardo Fernández, membros da Comisión de Festas | Festas de Santiago Apóstolo en Malvas 22.07.2026 4:47
A orquestra espectáculo madrileña La Misión abrirá mañá xoves as festas na honra a Santiago Apóstolo en Malvas. Comezan así tres día de festas con verbenas, porco ao espeto, concertos, tradición, e tamén innovación como a tractorada. Así nolo contaron Valentín Santos e Gerardo Fernández, membros da Comisión de Festas.
Espazo Comercio | Ideas Artesanas 21.07.2026 7:33
Artigos para bebé, elaboración de produtos artesanais, confección de artigos personalizados, bordados... e moito máis é que o que podemos atopar en Ideas Artesanas, na rúa Rosa Bahamonde. Conversamos con María Jesús Pérez, de Ideas Artesanas, sobre a súa aposta por continuar coa súa actividade profesional en Tui.
Ent. Elsa Roldán, cantante tudense 20.07.2026 14:09
A tudense Elsa Roldán é cantante e violinista. Reside en Madrid, agora mesmo está a estudar na Escola Superior de Música Reina Sofía, e onte domingo ofreceu un concerto na Catedral de Tui, dentro do Festival IKFEM 2026. Hoxe conversamos con ela, coñecemos a súa historia e como chegou até onde hoxe está.
Ent. Santiago Vega e Iago Eireos | Obradoiro de fotografía na Catedral de Tui 20.07.2026 7:24
“Tres olladas á Catedral de Tui: Arquitectura, emoción e narración” é o título do obradoiro de fotografía que a próxima semana se vai celebrar na Catedral de Tui organizado por Tude, o Museo Catedralicio Diocesano. Será impartido polo artista multidisciplinar Iago Eireos. Celebrarase o mércores 29 pola mañá, e o xoves 30 e venres 31 en horario de mañá e tarde. Ten un prezo de 15€ e é preciso inscr...
Sección Raíces e Vangarda con Judicael Romero | Parrilada de verán 20.07.2026 13:43
Hoxe no tempo de Raíces e Vangarda Judicael Romero danos o secreto para unha boa parrillada de verán con chuletón e verduras, e amais cóntanos o truco para elaborar os nosos propios refrescos.
Ent. Helena Pousa, presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño | Visita martes 20 20.07.2026 6:38
A praza do Concello será mañá martes, ás 20.30 h, o punto de partida da visita polo Lugares Democráticos de Tui que forma parte do ciclo Coñece o noso patrimonio que organiza o Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Helena Pousa, presidenta da Comisión pola recuperación da memoria histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña, será a encargada de guiar este percorrido. Hox...
Ent. Paula Cabaleiro | Ponte Creativa e Enogastronómica no IKFEM 17.07.2026 15:12
A vella Ponte Internacional Tui-Valença converterase mañá nunha ponte creativa e enogastronómica no marco do IKFEM Festival. 30 expositores, 8 grupos en concerto, foros, presentacións... todo nunha xornada especial que simbolizará a unión entre as dúas beiras do Miño. Así nolo contou hoxe Paula Cabaleiro, comisaria artística do evento. O tráfico na Ponte permanecerá cortado xa dende ás 6.45 h e at...
Ent. Celtia Rodríguez, arqueóloga e investigadora | A campaña arqueolóxica das Torres descobre uns estribos de cabalo 17.07.2026 4:27
A campaña arqueolóxica que o proxecto Fortalezas da Fronteira desenvolve no xacemento das Torres, en San Miguel de Taborda (Tomiño), vén de documentar un dos achados máis relevantes desta edición: varios elementos metálicos de carácter militar, entre os que destacan uns estribos de cabalo. Celtia Rodríguez, arqueóloga e investigadora, explicou hoxe no programa Día a Día a importancia deste achado.
Ent. Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda de Caselas | Festas do Cristo 2026 17.07.2026 8:00
Salceda de Caselas vive esta fin de semana tres xornadas de tradición coa celebración das Festas do Cristo 2026. Unha programación que, como definía a alcaldesa Loli Castiñeira, é variada, intensa e pensada para que todas as persoas poidan celebrar e desfrutar. A rexedora salcedense destacou hoxe o especial desta festa, co Acto Cívico Salcedenses Distinguidas/os, o concerto de A Banda da Loba ou a...
Ent. Borja Niso, compositor e pianista | Concerto no IKFEM 2026 17.07.2026 7:18
A Alameda de San Domingos será o escenario este domingo do concerto de peche do IKFEM Festival Tui-Valença deste 2026. Será cun concerto moi especial de Borja Niso rendindo tributo a Ludovico Einaudi, e no que contará coa colaboración especial de Rosa Cedrón. Pero amais súmase ao concerto o proxecto Caixa Son e un coro infantil formado por alumnado de centros educativos de Tui. Así nolo contou hox...
Ent. Uxía, cantante | Actuación no Festival IKFEM 2026 16.07.2026 7:40
A cantante galega Uxía participará no concerto que mañá venres ofrecerá António Zambujo, dentro da programación do Festival IKFEM 2026. Será ás 22.30 h ES nas Cortinas de São Francisco, en Valença, con entradas á venda en ataquilla. Hoxe no programa Día a Día, Uxía amosábase orgullosa de poder participar nun festival que promove a irmandade entre Galicia e Portugal.
Ent. António Zambujo, cantante | Concerto no IKFEM 2026 16.07.2026 5:41
“Oração ao tempo” é o novo disco do portugués António Zambujo, que presentará mañá venres ás 22.30 h ES no IKFEM Festival 2026. Será un concerto nas Cortinas de São Francisco, en Valença, e no que contará coa actuación de Uxía como artista convidada. As entradas están á venda en ataquilla. Hoxe António Zambujo deu detalles sobre este concerto e sobre o seu último disco.
Ent. Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal | XXXIV Feira do Viño 15.07.2026 10:17
O túnel do viño é unha das novidades da XXXIV Feira do Viño do Rosal, que se celebra dende este venres 17 até o domingo 19. Tres xornadas onde o viño é protagonista, con actividades infantís, música, obradoiros e moito máis, na praza do Calvario. Hoxe a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, deu información e detalles sobre esta feira organizada polo Concello e a Asociación Cabaqueiros do Viño do R...
Ent. Fran Álvarez e Alejandro Pérez da Comisión de Festas | Festas na honra a Santa Mariña en Areas 15.07.2026 5:20
Con verbena con Paris de Noia e o trío 3.com comezan mañá as festas na honra a Santa Mariña en Areas. Esta mañá Fran Álvarez e Alejandro Pérez da Comisión de Festas deronnos conta do programa previsto no que a gastronomía, a música co concertos da Banda de Música Popular de Tui e da Banda de Gaitas de Paramos, e verbenas.
Ent. Cristina Fálquez do Club Náutico San Telmo | Festividade da Virxe do Carmen 15.07.2026 3:41
O Club Náutico San Telmo coa colaboración da Asociación Cultural San Roque e San Bartolomeu e do Concello de Tui organiza unha actividade festiva tamén para mañá xoves, co gallo da celebración da Virxe do Carmen. Así nolo contaba Cristina Fálquez, do Club Náutico San Telmo detallando que haberá gastronomía e música en directo co grupo Pa Ti Na Ma.
Ent. Elsa Roldán, soprano | Concerto na Catedral dentro do IKFEM 15.07.2026 7:51
A Catedral de Tui acolle este domingo, ás 19 h, un concerto moi especial no marco do IKFEM. A soprano tudense Elsa Roldán, e organista Joaquín Barreira, intepretarán un repertorio de obras procedentes do propio arquivo catedralicio nun evento único co que o festival se suma á celebración do VIII Centenario da consagración da Catedral tudense. Elsa Roldán, que actualmente estuda o máster de interpr...
Ent. Ismael Felgueiras e Amelia López de Amigos da Festa | Torneo Interbarrios de Rebordáns e Festas da Virxe do Camiño 14.07.2026 8:41
Este sábado celébrase en Rebordáns o Torneo Interbarrios organizado por Amigos da Festa, e no que van participar os 8 barrios desta parroquia tudense. Así nolo contaron hoxe Ismael Felgueiras e Amelia López de Amigos da Festa. Avanzaron amais o programa da semana cultural e das festas na honra á Virxe do Camiño que se celebrarán do 11 ao 15 de agosto.
Ent. Maruxa Salas e Erick Jiménez de Sólodos. | Festival Danza no Camiño en Tui 14.07.2026 7:45
A praza da igrexa de San Telmo, no conxunto histórico de Tui, acolle hoxe martes ás 20 h tres actuacións dentro do festival Danza do Camiño. Son pezas coreográficas pensadas para este espazo onde se van desenvolver esta tarde. Será Extender como si pudiera, de Julia Laport, Mover Cenizas , que asina Sólodos, o dúo formado por Maruxa Salas e Erick Jiménez, e A raíz de, de Daniel Rodríguez Cía. Así...
Espazo Comercio | Campaña de Verán Mergúllate 14.07.2026 4:52
ACITUI está a piques de rematar, cun evento final este xoves 16, a campaña de promoción do comerio local Mergúllate. Hoxe o presidente dos comerciantes tudenses, Pepe Míguez, facía un balance moi positivo da campaña coa participación de 75 establecementos. E avanzaba os detalles do evento que este xoves van desenvolver na praza da Inmaculada, repartindo máis de 200 premios, e tamén cunha actividad...
Ent. Eloy Carrera | Tese doutoral sobre a Banda de Música Popular de Tui 13.07.2026 12:18
O músico tudense Eloy Carrera está a elaborar a súa tese doutoral sobre a Banda de Música Popular de Tui, agrupación que dirixe. O próximo mes de agosto culminará un traballo de cinco anos nos que profundou no coñecemento da banda tudense e da súa historia. Nesta recta final do seu traballo solicita a colaboración daquelas persoas que poidan aportar datos, fotografías, documentos... sobre a banda...
Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui - Programación xullo e agosto 13.07.2026 6:11
O Cineclub Tui programou a proxección de catro películas este verán no Espazo Sociocultural nunha única sesión ás 21.45 h e mantendo o prezo de 2€ para persoas socias e menores de 18 anos e 4,5€ para o público en xeral. A primeira cita será mañá martes, 14 de xullo, con "Vitus" de Fredi M. Murer. O martes 28 proxectarán "Historias del buen valle" de José Luis Guerín, o martes 11 de agosto "Nausiaä...
Ent. Wöyza | Concerto de apertura no IKFEM 2026 13.07.2026 7:29
Dobre estrea a que teremos este xoves na praza da Inmaculada abrindo o IKFEM, Festival Tui-Valença 2026. Será a estrea de “Valiosa” , o novo disco de artista galega Wöyza, e tamén da formación musical que estará sobre o escenario formada. Un concerto especial, tal e coma explicaba Wöyza, que comezará ás 22.30 h na praza da Inmaculada, no que como artista convidada estará Emmy Curl. A entrada será...
Raíces e vangarda | Augas saborizadas, xeados e carpaccio de sandía 13.07.2026 11:57
Co verán chegan tamén as receitas frescas e sinxelas. Hoxe en Raíces e vangarda, o chef Judicael Romero deu diferentes ideas, receitas e consellos para levar a práctica con augas saborizadas, xeados e carpaccio de sandía con queso feta.
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály