Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
22. říj 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Ent. Noemí Guisande do Cineclub Tui - Programación xullo e agosto 13.07.2026 6:11
O Cineclub Tui programou a proxección de catro películas este verán no Espazo Sociocultural nunha única sesión ás 21.45 h e mantendo o prezo de 2€ para persoas socias e menores de 18 anos e 4,5€ para o público en xeral. A primeira cita será mañá martes, 14 de xullo, con "Vitus" de Fredi M. Murer. O martes 28 proxectarán "Historias del buen valle" de José Luis Guerín, o martes 11 de agosto "Nausiaä...
Ent. Wöyza | Concerto de apertura no IKFEM 2026 13.07.2026 7:29
Dobre estrea a que teremos este xoves na praza da Inmaculada abrindo o IKFEM, Festival Tui-Valença 2026. Será a estrea de “Valiosa” , o novo disco de artista galega Wöyza, e tamén da formación musical que estará sobre o escenario formada. Un concerto especial, tal e coma explicaba Wöyza, que comezará ás 22.30 h na praza da Inmaculada, no que como artista convidada estará Emmy Curl. A entrada será...
Raíces e vangarda | Augas saborizadas, xeados e carpaccio de sandía 13.07.2026 11:57
Co verán chegan tamén as receitas frescas e sinxelas. Hoxe en Raíces e vangarda, o chef Judicael Romero deu diferentes ideas, receitas e consellos para levar a práctica con augas saborizadas, xeados e carpaccio de sandía con queso feta.
Ent. Andrea González, director IKFEM | XIV Festival Tui-Valença 10.07.2026 12:11
Do xoves 16 ao domingo 19 de xullo vaise celebrar na Eurocidade Tui-Valença o XIV IKFEM, Festival Tui-Valença. A música tenderá pontes e a vella Ponte Internacional será o escenario especial no que a artesanía e os concertos se sucederán ao longo do sáado 18. Coñecemos o programa do festival coa súa directora, Andrea González.
Ent. David Domínguez e Lis Montes | Xornada de actualización de adestradores 10.07.2026 8:38
Claudio Giráldez, adestrador do RC Celta; Jonatan Giráldez, técnico do OL Lyonnes; e Borja Fernández, adestrador do CD Lugo partcipan esta tarde no Espazo Sociocultural de Tui na Xornada de Actualización e Reciclaxe para Adestradores de Fútbol. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Comité Galego de Adestradores, e que se suma á celebración do centenario do Tyde. Anticípase o inicio ás 16 h debid...
Ent. Tiago Rodrigues, arquitecto da Universidade da Beira Interior | Actividades en Tui de Fortalezas de Fronteira 10.07.2026 5:05
Hoxe e o domingo chega a Tui o proxecto Fortalezas da Fronteira con dúas propostas arredor da paisaxe fortificada da raia. Así esta tarde, ás 20:30 horas, haberá unha Barferencia en Al Dente, no Mercado de San Antonio de Tui. Participarán Rebeca Blanco-Rotea, arqueóloga e investigadora no Lab2PT da Universidade do Minho, e Tiago Rodrigues, arquitecto da Universidade da Beira Interior. Xa o domingo...
Ent. Javier Touza , presidente de ARVI | Vigo Seafest 2026 10.07.2026 8:16
Esta fin de semana celébrase o Vigo SeaFest que ofrece catro días de gastronomía, música, deporte e cultura nos xardíns Montero Ríos de Vigo. Coñecemos a programación desta sétima edición con Javier Touza, presidente de ARVI, organizadores do evento.
Ent. Mar Rodríguez e Aurelia Martínez da AC Santa Columba | Semana Cultural 2026 10.07.2026 6:02
Teatro, cinema, unha andaina, actividades infantís e proposta gastronómica centran dende hoxe e até o domingo a Semana Cultural organizada pola Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro. Hoxe terán tamén no exterior da casa cultural pantalla para ver o partido de España. Así nolo contaron Mar Rodríguez e Aurelia Martínez da Asociación Cultural Santa Columba.
Ent. Brais Currás, arqueólogo do CSIC | BARferencia "A minería de ouro romana no Baixo Miño” 09.07.2026 7:42
O arqueólogo do CSIC Brais Currás impartirá hoxe xoves unha nova BARferencia do proxecto Fortalezas de Fronteira. Será "A minería de ouro romana no Baixo Miño”. Será ás 20 h na Social de Estás, en Tomiño, con entrada libre. Hoxe no programa Día a Día profundou neste tema, explicando que é un momento da Historia que non se coñece demasiado pero é clave na nosa contorna.
Ent. Claudia Montes de Altitude | Eclipse Solar 09.07.2026 10:16
A empresa tudense Altitude organiza unha actividade para o 12 de agosto co gallo do eclipse solar e coincidindo amais coa noite das Perseidas. Hoxe Claudia Montes deunos todos os detalles destas citas, e tamén nos achegou recomendacións para contemplar o eclipse.
Ent. Xacobe Morais e Pachu | Campus de fútbol sala Toñín Martín 2026 09.07.2026 15:13
Este luns comezou o Campus de fútbol sala "Toñin Martín". Coñecemos como están a ser estes primeiros días con Xacobe Morais de A Quinta de Tui. Amais. Amais hoxe no campus recibiron a visita Pablo García Lago 'Pachu', xogador de fútbol sala que este ano debutou coa Selección España e que vén de fichar polo Pozo Murcia. Con el falamos tamén da súa carreira deportiva.
Ent. José Santos e Julio López da Comisión de Festas | Festas na honra á Virxe do Carmen, festas de San Ana e Rastrexo 09.07.2026 5:28
A parroquia tudense de Pesegueiro celebra mañá venres e o sábado festas na honra á Virxe do Carmen. Mañá terán lugar porco ao espeto, pantalla para ver o partido de España no Mundial e verbena con Miramar e Los Lunes al Sol. O sábado amais da misa solemne acompañada pola Banda de Música Popular de Tui á noite Trebol e Iris amenizarán a verbena. Así nolo contaron hoxe José Santos e Julio López, da...
Ent. Adrián Pérez e Manuel Lorenzo, membros da comisión | Festas na honra ao Santo Cristo da Agonía en Baldráns 09.07.2026 4:15
Mil racións de polbo agardan servir esta fin de semana en Baldráns na XXXIII Festa do Polbo á Feira que forma parte da programación das festas do Santo Cristo da Agonía. O obxectivo é superar o número de racións servidas en anos anteriores tal e coma hoxe nos explicaban Adrián Pérez e Manuel Lorenzo, membros da comisión de festas. Unha fin de semana de festa na que haberá verbenas amenizadas por T...
Ent. Damián Troncoso, monitor | Obradoiro de Esgrima Antiga 08.07.2026 5:31
O Espazo Xove de Tui acolle este venres e o próximo venres 17 un obradoiro de esgrima antiga. Impartirase en horario de 11 a 13.30 h dirixido a mocidade de 12 a 30 anos. Damián Troncoso, o encargado de impartir este obradoiro, explicaba que vai consistir nun achegamento a esta arte marcial.
Ent. Manuel Martínez Carazo, arquitecto e redactor do proxecto | Nova iluminación da Catedral de Tui. 08.07.2026 9:08
Unha iluminación moi respectuosa e moi emocional, así define Manuel Martínez Carazo, arquitecto e redactor do proxecto, a nova iluminación da Catedral de Tui. O obxectivo, tal e coma explicou na Radio Municipal, era por en valor o templo tamén durante a noite, cunha iluminación que acompañara ao edificio e que conleva amais un aforro do 50%. O templo catedralicio ilúminase de novo cada noite coma...
Ent. Manuel Pedrares, presidente do Club Kaiak Tudense | Resultados Campionato do Mundo e Descenso do Miño 07.07.2026 12:46
Éxito dos padexeiros e padexeiras do Club Kaiak Tudense no Campionato do Mundo Junior e Sub 23 en Canadá. Onde todos estiveron na Final A e lograron 3 medallas de bronce. Todos eles están agora concentrados de cara ao Campionato de Europa. Asín nolo contou hoxe o presidente do club, Manuel Pedrares. Por outra parte referiuse ao Descenso Popular que se vai celebrar o sábado 15 de agosto e ao Descen...
Espazo Comercio | Concepto By Persa Cociñas 07.07.2026 10:01
Concepto By Persa Cociñas ofrece sabiduría, experiencia familiar e bo facer no mundo das cociñas. Todo dende e para Tui. Pepe Míguez, de Concepto By Persa, deu conta hoxe de novidades, tendencias e produtos en oferta no Espazo Comercio, en colaboración con ACITUI.
Ent. José Álvarez, da Asociación A Insua de Caldelas | Festa de verán 07.07.2026 4:56
Últimas prazas para participar na baixada en piragua na festa de verán que se celebra na ribeira de Caldelas o próximo sábado 18 de xullo. A Asociación A Insua organiza esta actividade, que como novidade este ano incorpora o entroido de verán. Haberá música e gastronomía. A inscrición pode realizarse no teléfono 680 28 02 28. Deu os detalles hoxe José Álvarez, da Insua de Caldelas.
Raíces e vangarda | "Mojito" cubano en tres versións 06.07.2026 14:06
Hoxe na sección Raíces e vangarda o chef Judicael Romero trae tres receitas de "mojito" cubano: orixinal, sen alcohol e con sandía e picante. Ademais, coñecemos o que significa "umami".
Ent. Rafael Sánchez Bargiela, do Instituto de Estudos Tudenses | Coñece o noso patrimonio 2026 06.07.2026 12:35
Tras o éxito de edicións anteriores mañá comeza un novo cilco "Coñece o noso patrimonio" organiza polo Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. Serán sete propostas a celebrar os martes do mes de xullo e tres martes do mes de agosto. A primeira, á intervención arqueolóxica, da praza do Pracer terá lugar mañá martes. Rafael Sánchez Bargiela, do Instituto de Estudos Tudense...
Ent. Natalia Lago - Ruta Nocturna da Fada do Aloia do sábado 4 de xullo 03.07.2026 4:37
Percorrer o Parque Natural Monte Aloia pola noite bríndanos unha imaxe distinta deste espazo natural protexido. Oportunidade para escoitar a fauna nocturna pero tamén para ollar cara as estrelas. Natalia Lago, a Fada do Aloia, organiza para mañá sábado ás 22 h . Así nolo contou esta mañá.
Ent. Aloia Martínez, directora | Concerto de Mistura Vocal en San Domingos 03.07.2026 9:06
A igrexa de San Domingos acollerá mañá sábado ás 21 h un concerto de Mistura Vocal, dirixido pola tudense Aloia Martínez. Hoxe Aloia Martínez explicaba que neste concerto pechan esta temporada musical. No mesmo van render homenaxe a esta igrexa e a Eduardo Cadenas, que foi presidente da Asociación Amigos da Catedral. Interpretarán obras do renacemento, do barroco e tamén composicións contemporánea...
Ent. Rafael Pérez, José Manuel Solleiro, Noelia e Santiago - Concertos da Coral Ponte das Febres 03.07.2026 8:10
O domingo son dous os eventos organizados pola Coral Ponte das Febres. Ás 11 h ofrecerán un café concerto na Ponte das Febres, en Ribadelouro, e a partir das 19 h na Casa Cultural de Randufe celebrarán a Audición Concerto Fin de Curso da Escola de canto baixo o título de "Temas de agora e de sempre". Así nolo contaron hoxe Rafael Pérez, José Manuel Solleiro, Noelia e Santiago, da Coral Ponte das F...
Ent. Roberto Carrero, alcalde da Guarda | XXXIV Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira 03.07.2026 8:26
A Guarda celebra dende hoxe e até o domingo a XXXIV Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira. Gastronomía, música e outras actividades forman parte do programa prevista. Tonhito de Poi será o pregoeiro desta edición. O alcalde da Guarda, Roberto Carreiro, deunos todos os destalles deste evento.
Ent. Rebeca Blanco, arqueóloga | Proxecto Fortalezas de Fronteira 02.07.2026 12:33
Este verán o proxecto Fortalezas da Fronteira volve ao xacemento de As Torres, en Taborda, Tomiño con actividades arqueolóxicas, culturais, patrimoniais e educativas. A arqueóloga Rebeca Blanco, directora do proxecto, explicaba que tras a campaña realizada o ano pasado obtiveron nova información. As actividades desenvolveranse entre o 6 e o 18 deste mes de xullo.
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály