Radio Municipal de Tui
Día a Día
Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,...
Určitě navštivte web podcastu a podpořte jeho tvůrce: www.ivoox.com
Autor
Radio Municipal de Tui
Kategorie
Web podcastu
Nejnovější epizoda
23. říj 2026
Kde poslouchat?
Podcasty v aplikaci Replaio Radio Už brzyPodcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty
Epizody
Ent. Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui | Xogos Florais 2026 23.06.2026 6:47
Mañá cúmprense 135 anos da celebración en Tui dos Xogos Florais de Galicia. Un acto que marcou un fito para a nosa lingua xa que foi o primeiro acto público celebrado íntegramente en Galego. Foron tres días, do 24 ao 26, nos que o Teatro Principal acolleu este destacado evento. Cada o Concello de Tui conmemora o aniversario dos Xogos Florais de Galicia pola súa importancia e transcendencia tal e c...
Raíces e vangarda | Menú Xogos Florais de 1891 22.06.2026 18:51
Hoxe no programa Raíces e vangarda coñecemos o menú que se serviu na celebración dos Xogos Florais en 1891, en Tui. Para afondar nas receitas, significado e historia, conversamos co chef Judicael Romero e co guía intérprete de patrimonio, Cristian Lago.
Ent. José Álvarez, da asociación A Insua de Caldelas | San Xoán 22.06.2026 3:11
Caldelas celebra San Xoán con dúas xornadas de actividade, mañá martes e o mércores 24, Día de San Xoán. Gastronomía, música, fogueira, e moito máis, que hoxe nos detallou José Álvarez, da asociación A Insua de Caldelas.
Ent. Nuria Pahino, de Matriz Galega, e Lía | Obradoiro herbas de San Xoán en Areas 22.06.2026 5:57
A malva, o fento, o fiuncho,... son algunhas das herbas de San Xoán. Coñecelas todas e saber identificalas para manter viva a tradición entorno á noite máis máxica do ano é o obxectivo do Obradoiro das Herbas de San Xoán que un ano máis organiza a Comunidade de Montes de Areas. Será mañá martes 23 ás 17.30 h cunha duración estimada de 3 horas. Sairá do arboreto do Viveiro Forestal de Areas e será...
Ent. María Acracia Núñez, directora do curso 'Os procesos electoral en España' | Curso de verán da aula da UNED de Tui 22.06.2026 8:08
A Aula da UNED de Tui será a sede do curso de verán "Os procesos electorais en España", que se celebrará do 1 ao 3 de xullo. A inscrición está aínda aberta, cun prezo especial até o 30 de xuño. María Acracia Núñez é a directora deste curso, e hoxe avanzou algúns dos contidos que se abordarán, como os debates electorais ou a situación en Galicia. Toda a información está dispoñible en uned.es.
Ent. David Domínguez, presidente do Tyde | Balance de temporada e cambios de cara á vindeira 19.06.2026 10:19
O Tyde pecha a súa temporada cun balance do curso deportivo nun ano no que o equipo non logrou manterse na categoría preferente. David Domínguez, presidente do club, avanzou cambios de cara á vindeira temporada e actividades con motivo do centenario do club.
Ent. Andrea González, directora do Festival IKFEM; e Manuel Luque, de ML Quartet | Petiscos IKFEM 19.06.2026 13:47
O IKFEM Festival Tui-Valença celebrará nesta edición o primeiro dos seus “Petiscos IKFEM”, unha experiencia novidosa previa ao festival. Esta novidade pretender maridar música, gastronomía e patrimonio en actividades situadas en diferentes espazos de Galicia e Portugal. A primeira cita será mañá sábado en Tomiño. Andrea González, directora do festival IKFEM, e Manuel Luque, de ML Quartet, deron ho...
Ent. Jonathan Soliño e Miro Román, de Amigos da Festa de Rebordáns | San Xoán e Festas na honra á Virxe do Camiño 19.06.2026 4:40
Hoxe venres Rebordáns celebra San Xoán a partir das 21.30 h, con sardiñas, fogueira e música. Ademais, este domingo darase a coñecer o cartel das Festas na honra á Virxe do Camiño deste ano, que se celebrarán o 13, 14 e 15 de agosto. Coñecemos toda a información con Jonathan Soliño e Miro Román, de Amigos da Festa de Rebordáns.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui | Proxeccións xuño 18.06.2026 6:59
Sesión especial a que realizará mañá venres o Cineclub Tui ás 20.45 h no Espazo Sociocultural coa proxección de "Apocalypse Now: The Final Cut". Noemí Guisande, do Cineclub Tui, falounos desta película e tamén as citas que conformarán a súa programación estival. Noemí Guisande, do cineclub Tui detallou hoxe esta programación.
Ent. Alumnado do CEIP de Guillarei | Proxecto "Nós tamén creamos" 18.06.2026 7:11
O alumnado de 1º e 2º de Primaria do CEIP de Guillarei vén de recibir en Santiago de Compostela un dos galardóns do programa "Nós tamén creamos" da Secretaría Xeral da Lingua pola súa curtametraxe "Hai alguén máis feroz ca min?". Oliver, David, Sara, Natasha, Erick, Alba, Tiana e Adrián, alumnado do CEIP de Guillarei; e Alberto e Víctor, profesores, compartiron connosco o seu traballo e como foi o...
Ent. Xosé Manoel Álvarez, da Asociación Arroutada | II Encontro Internacional de Grupos Tradicionais do Miño 18.06.2026 7:46
A Praza Pintor Antonio Fernández de Goián, en Tomiño, converterase este sábado, 20 de xuño no epicentro da música tradicional das dúas beiras do Miño. Celebrarase o II Encontro Internacional de Grupos Tradicionais do Miño, que contará coa actuación de varias formacións, gastronomía e foliada libre como explicou Xosé Manoel Álvarez, da Asociación Arroutada, organizadora do evento.
Ent. Miguel Abreu, da Escola de Baile Pasos Galicia | I Trofeo hip-hop Eurocidade 18.06.2026 11:25
Máis de 700 bailaríns e bailarinas daranse cita esta fin de semana na Eurocidade Tui-Valença no I Trofeo Hip Hop Eurocidade. O pavillón Gustavo Rodríguez en Tui e a fortaleza de Valença acollerán esta cita deportiva, que durante o sábado e o domingo agarda reunir a máis de 1.000 persoas como público.. Miguel Abreu, presidente da Escola de Baile Pasos Galicia, explicou que tamén haberá outras modal...
Ent. Daniel e Cristina, de Vórtice Dance; e Belén e Alba, de Playbacks Caldelas | Festival fin de curso 17.06.2026 5:20
Este sábado 20 ás 21 h o Liceo Casino de Tui acolle o festival de fin de curso do grupo de baile Vórtice Dance. Unha función na que tamén actuarán as bailarinas de Playbacks Caldelas. Hoxe coñecemos o traballo que realizan e como será o festival con Daniel e Cristina, de Vórtice Dance: e Belén e Alba, de Playbacks Caldelas.
Ent. Sabela e Coral, do IES Indalecio Pérez Tizón; e Iria e Adrián, do IES San Paio | Radios escolares 17.06.2026 7:09
Ao longo do curso nos dous institutos de Tui se desenvolven diferentes proxectos de radio nos que participan alumnos e alumnas elaborando informativos, programas, podcasts... Hoxe coñecemos estas iniciativas con Sabela e Coral, alumnas do IES Indalecio Pérez Tizón; e Iria e Adrián, do IES San Paio.
Ent. Alumnado do CEIP Pazos de Reis | Proxecto Terra e podcast "E ti que pensas da igualdade?" 17.06.2026 6:47
A renaturalización dos patios é a liña de traballo do CEIP de Pazos de Reis dentro do Proxecto Terra, da Xunta de Galicia. O seu obxectivo é conseguir que o patio sexa un espazo máis verde e con máis sombra. Por outra banda, o alumnado de 2º de Primaria vén de ser recoñecido no concurso “E ti que pensas da igualdade?” da Deputación de Pontevedra pola elaboración dun podcast. Hoxe coñecemos estes p...
Ent. Alumnado do CEIP Nº2 de Tui - 2º Premio Faro da Escola en Mellor Tira Cómica 17.06.2026 12:50
O alumnado do CEIP Nº2 de Tui foi gañador do 2º premio Faro da Escola á Mellor Tira Crónica polo seu traballo ao longo de todo o curso. Inés R., Jane, Inés C., Abel, Sarai, Thiago, Teresa, Martín, Aroa, Carlota, Ethan, Alba e Uxía xunto a súa profesora Carmen contáronnos como foi desenvolver este traballo.
Ent. Pepe Míguez, presidente de ACITUI | Centro Comercial Aberto 17.06.2026 6:03
ACITUI, a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, volve a ser Centro Comercial Aberto, CCA. Así o confirmaba hoxe o presidente de ACITUI, Pepe Míguez, quen explicaba que isto conleva a concesión dunha subvención por parte da Xunta para levar a cabo distintas campañas e promocións do comercio local que forma parte deste CCA. Pepe Míguez deu hoxe todos os detalles.
Ent. Enrique Cabaleiro, Ramón Fernández Leal e Ramón Nogueira | Doazón de Libros de memoria histórica á Biblioteca 16.06.2026 13:09
Máis dun centenar de libros de memoria histórica véñense de incorporar aos andeis da Biblioteca Municipal grazas á doazón realizada pola Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e Ramón Fernández Leal, en nome da comisión, asinaron a acta de entrega destes exemplares. Desta doazón falamos con Enrique Cabaleiro, Ramón Fe...
Espazo Comercio | Arqxé 16.06.2026 8:51
Jorge Enríquez e Adrián Pinaque do estudo de arquitectura Arqxé participaron no Espazo Comercio que realizamos en colaboración con ACITUI. Con eles coñecemos en que centran o seu seu traballo, o momento de efervescencia no que se atopa o sector, ... Tamén nos contaron que Jorge Enríquez este ano formou parte do xurado dos premios Gran de Area de Arquitectura , tras ser uns dos gañadores na edición...
Ent. Raquel Fernández, directora da Orquestra Infantil Vigo Kv2211 | Concerto en Tui 15.06.2026 4:23
Arredor de 70 músicos e músicas da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 actuarán este sábado ás 19 h no Espazo Sociocultural de Tui. Será un concerto cun repertorio variado e dirixido a todo tipo de público. Hoxe coñecemos esta orquestra cunha das súas directoras, Raquel Fernández.
Ent. Vega, Irene, Víctor, Xián, Martiño e Gael, alumnado do CEIP Nº1 de Tui | Visitas teatralizadas e podcast 15.06.2026 9:37
O alumado de quinto de Primaria do CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui está a realizar diferentes iniciativas arredor dos 800 anos da consagración da Catedral de Tui. Hoxe Vega, Irene, Víctor, Xián, Martiño e Gael compartiron os seus dous proxectos: unha visita teatralizada en Tui e un podcast. A visita teatralizada será este xoves ás 10.30 h dende a Alameda de San Domingos.
Ent. Noemí Guisande, do Cineclub Tui; e Iria Leirós, de Diversidades Acolle | Proxección 'Eu capitán" e coloquio 15.06.2026 11:16
Coñecer a realidade das rutas migratorias é o obxectivo da proxección que mañá organiza o Cineclub Tui coa película "Eu capitán". Será en dobre sesión, ás 18.30 h e ás 21:15 h, ambas no Espazo Sociocultural. Despois da proxección das 18.30 h haberá un coloquio con Iria Leirós, da asociación Diversidades Acolle, para profundar no labor que desenvolve esta entidade en Tui. Hoxe coñecemos os detalles...
Raíces e vangarda | Ensalada de verán 15.06.2026 14:56
Hoxe no espazo gastronómico Raíces e vangarda, o chef Judicael Romero trae unha receita de ensalada de verán, e dá consellos para manter unha alimentación saudable na temporada estival.
Ent. Rubén López, director do CMUS Tui | Balance curso 25-26 e matrícula 15.06.2026 6:19
O Conservatorio de Música de Tui ten aberto o prazo de inscricións para estudar na escola de música durante o vindeiro curso. Rubén López, director do centro, fixo balance positivo do curso que está a piques de rematar e fixo fincapé na alta demanda de matriculación, cun grande éxito en instrumentos como o piano, o violín ou a guitarra eléctrica.
Ent. F.Pérez-Lozao, director; e A. Guntiñas, xefe do Departamento de Comercio | Nova FP no IES Indalecio Pérez Tizón 15.06.2026 9:43
O IES Indalecio Pérez Tizón ampliará a súa oferta de FP Básica a partir do próximo curso cunha nova formación. Será a FB Básica en Servizos Comerciais. Fernando Pérez-Lozao, director do centro; e Alejandro Guntiñas, xefe do Departamento de Comercio, deron conta hoxe dos contidos desta formación e dos prazos de matrícula.
Podobné podcasty
Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály