RadioEstrada

Actualidade MediodĂ­a

News GL ↓ Epizody: 2246

🕛 Actualidade Mediodía – Radio EstradaA información máis próxima pasa polos nosos micrófonos. En Actualidade Mediodía resumimos o que está a acontecer na Estrada e na comarca: novas de política local, cultura, deporte, servizos, tempo e sociedade.📻 Con rigor, proximidade e voz propia, Radio Estrada conta o que importa, dende aquí e para aquí. O que pasa na Estrada, pasa por aquí.

Autor

RadioEstrada

Kategorie

News

Web podcastu

www.ivoox.com

Nejnovější epizoda

10. ÄŤvc 2026

Kde poslouchat?

Podcasty v aplikaci Replaio Radio UĹľ brzy

Podcasty míří do aplikace už brzy. Nainstaluj si ji teď a jako první uvidíš úplně nový pohled na podcasty

Stáhnout z Google Play Nainstaluj zdarma Android 5 mil.+ stažení · hodnocení 4,8 iOS už brzy

Epizody

Informativos Radio Estrada 10.07.2026

A actualidade deste venres chega marcada por servizos públicos, infraestruturas e as citas que protagonizarán a fin de semana na Estrada. O día comeza pendente do rescate dun condutor accidentado en Teo, unha intervención na que participou Emerxencias A Estrada. No ámbito ambiental, o municipio entra en prealerta por seca, coa Xunta insistindo na necesidade dun uso responsable da auga, mentres na...

Informativos Radio Estrada 09.07.2026

A actualidade deste xoves chega marcada por investimentos clave, melloras en servizos públicos e novidades culturais. A Xunta de Galicia vén de conceder ao Concello unha achega de case 240.000 euros destinada a reforzar a recollida de residuos, renovar o punto limpo e impulsar novas actuacións ambientais no municipio. A nivel de infraestruturas, a piscina grande reabre ás dúas da tarde, unha vez s...

Informativos Radio Estrada 08.07.2026

A actualidade deste xoves chega cunha mestura de temas que van das infraestruturas ao medio ambiente, pasando pola solidariedade e a actividade cultural. O Concello da Estrada iniciou xa o enchido da piscina grande despois de reparar a fuga detectada onte, e aproveita para lembrar á veciñanza a importancia de facer un uso responsable da auga nun momento de especial sensibilidade. Tamén lles contam...

Informativos Radio Estrada 07.07.2026

A actualidade deste martes chega marcada por varios asuntos de impacto local. Coñecemos as consecuencias do novo roubo rexistrado no local social de Matalobos, repasamos a participación do alcalde Gonzalo Louzao no Foro da Vivenda celebrado en Ames e ofrecemos a última hora sobre a fuga de auga nas piscinas municipais, que mantén pechado o vaso grande. Facemos tamén balance da Rapa das Bestas de S...

Informativos Radio Estrada 06.07.2026

A actualidade deste luns chega marcada por unha traxedia: un home perdeu a vida tras ser rescatado do río Ulla ao seu paso por Couso. A fin de semana deixou tamén varios accidentes nas estradas da comarca, con catro persoas feridas nun sinistro en Loimil**** e dous ciclistas atropelados en Tabeirós. No ámbito xudicial, este xoves celebrarase o xuízo por un presunto caso de tráfico de cocaína con o...

Informativos Radio Estrada 03.07.2026

Comeza unha fin de semana marcada polas altas temperaturas e polos días grandes dunha das citas máis emblemáticas do verán na comarca: a Rapa das Bestas de Sabucedo. As greas xa se xuntan no monte, mentres o comité de urxencia da Festa se constituirá mañá. Na Gala dos Aloitadores, celebrada onte, rendeuse homenaxe póstumo a Adolfo Cabada e recoñeceuse tamén a Kike Vázquez. A actualidade vén marcad...

Informativos Radio Estrada 02.07.2026

A actualidade deste xoves chega marcada por un tráxico atropelo mortal rexistrado esta mañá na N‑640 ao seu paso pola Estrada. Ademais, repasamos a alerta vermella por calor activada no interior da provincia e as consecuencias que está a ter nas actividades previstas para estes días, especialmente na Rapa das Bestas, que adapta horarios e reforza o dispositivo de seguridade na gala e no inicio da...

Informativos Radio Estrada 01.07.2026

Arrincamos o informativo pendentes de Sabucedo, onde unha reunión clave decidirá se se modifican os horarios dos curros da Rapa das Bestas ante a vaga de calor prevista para esta fin de semana. A festa, que contará con medios de comunicación de nove países, celebrará mañá a súa tradicional gala, na que serán homenaxeados Adolfo Cabada e Kike Vázquez. Na Estrada, o Concello abre o novo punto de inf...

Informativos Radio Estrada 30.06.2026

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca, marcada pola continuidade da busca do gañador do escaparate de 15.000 euros das Festas de San Paio. O presidente da comisión, Iván Lorenzo, fai balance dunha edición que deixa cifras e sensacións moi positivas. Tamén falamos da retirada das atraccións do Campo da Feira, que se prepara para recuperar o tradicional mercado dos m...

Informativos Radio Estrada 29.06.2026

As luces do San Paio xa se apagaron, pero na Estrada a festa nunca descansa. A vila despedíu unha edición multitudinaria, chea de música, tradición e emoción, que mesmo levou ao alcalde Gonzalo Louzao a pedir que se repita o formato o vindeiro ano. E sen tempo para coller folgos, o pulso da comarca muda de escenario: Sabucedo prepárase para unha nova Rapa das Bestas, a celebración máis internacion...

Informativos Radio Estrada 22.06.2026

Arrinca oficialmente a Semana das Festas do San Paio, días e noites de celebración con concertos, orquestras, deporte, atraccións e tamén cambios importantes na mobilidade: rúas cortadas, traslado da feira dos mércores e os tradicionais lumeiros de San Xoán, que xa superan as 200 solicitudes e requiren máxima precaución. Ademais, esta semana trae dous festivos: o mércores, festivo autonómico polo...

Informativos Radio Estrada 19.06.2026

O informativo de hoxe chega cunha triste noticia que conmociona ao deporte galego: o falecemento de Noelia Gestoso Uzal, de 26 anos, xogadora destacada do Club Bádminton A Estrada e do Ravachol de Pontevedra, e médica en exercicio en Cantabria. Tras meses de loita contra un cancro agresivo, a súa perda deixa unha fonda pegada en compañeiros, adestradores e afeccionados. A súa despedida terá lugar...

Informativos Radio Estrada 18.06.2026

O San Paio comeza a sentirse nas rúas da Estrada coa instalación das primeiras atraccións da feira, mentres a axenda local e comarcal segue marcada por negociacións, obras pendentes e movemento político. No informativo de hoxe repasamos a convocatoria dunha nova reunión para evitar a folga do lixo en plenas festas, a chegada dos permisos para reparar as comportas da praia fluvial de Liñares e os a...

Informativos Radio Estrada 17.06.2026

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca cunha ampla variedade de temas xudiciais, municipais, sociais e culturais. Abrimos coa decisión do TSXG, que confirma a absolución dun veciño da Estrada acusado de malos tratos e desestima o recurso presentado pola denunciante. Tamén informamos dun accidente de tráfico rexistrado na PO‑841 ao seu paso por Santa Cristina de Vea....

Informativos Radio Estrada 16.06.2026

Neste informativo abrimos cun tema que volve estar tristemente de actualidade: os incendios forestais. A chegada do verán lembra a importancia da prevención e da rapidez á hora de avisar dun posible lume. Por iso falamos de Alume, a aplicación impulsada pola Xunta de Galicia que permite comunicar de inmediato a detección dun incendio, enviar a localización exacta e achegar fotografías para facilit...

Informativos Radio Estrada 15.06.2026

O incendio de Herbón e Carcacía marcou a actualidade dos últimos días, converténdose nun dos asuntos que máis preocupación xerou na comarca. A súa evolución favorable permitiu rebaixar o nivel de emerxencia, pero tamén puxo de manifesto a importancia da información local e da comunicación de proximidade. A enorme resposta da audiencia nas nosas canles —con máis de 120.000 visualizacións en Instagr...

Informativos Radio Estrada 12.06.2026

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca cunha ampla variedade de temas sociais, culturais, políticos e deportivos. Abrimos coa xornada de convivencia organizada por Agadea en Couso, que reuniu a 90 persoas ao aire libre. Tamén coñecemos os detalles das 52 prazas que A Estrada terá este verán para o Campamento do Mar na Illa de Ons. No ámbito político, o BNG da Estrad...

Informativos Radio Estrada 11.06.2026

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada, Tabeirós–Terra de Montes e o resto da comarca, cunha xornada marcada polas negociacións para evitar a folga do lixo durante o San Paio. O Concello ve avances e empresa e traballadores volverán sentarse a vindeira semana en Santiago para achegar posturas. A deputada provincial Paula Bouzós reuniuse coas entidades beneficiarias do programa +...

Informativos Radio Estrada 10.06.2026

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca: o alcalde Gonzalo Louzao anuncia o nacemento do seu primeiro fillo; continúa o conflito pola folga do lixo; o Concello reforza a prevención de incendios con dúas novas brigadas; e a Praza da Constitución prepárase para as Festas do San Paio. Ademais, ACOE lanza unha campaña de premios para incentivar o comercio local e a Feira...

Informativos Radio Estrada 09.06.2026

A actualidade deste martes chega marcada pola visita institucional do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que supervisou as melloras na área de pediatría do Centro de Saúde da Estrada. Tamén hoxe tivo lugar a reunión entre sindicato e Concello para unha nova toma de contacto sobre a folga do lixo prevista para as festas do San Paio. A nivel local, coñecemos que oito participantes da Es...

Informativos Radio Estrada 08.06.2026

A decimoterceira Feira da Sidra da Estrada xa rematou, pero aínda queda moito por escoitar. Se non puideron acompañarnos o sábado, ou se queren revivir unha das edicións máis multitudinarias da historia do evento, xa teñen dispoñible en radioestrada.gal o programa especial emitido en directo desde o corazón da feira, con Isa Durán e Carmen Pombo. Conversas, protagonistas, música, ambiente e todo o...

Informativos Radio Estrada 05.06.2026

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca cun primeiro balance de seguridade cidadá: a criminalidade baixa, pero os ciberdelitos seguen en aumento neste primeiro trimestre do ano. A nivel local, a oficina de turismo da Casa das Letras abre xa as súas portas para adiantar servizo de cara á tempada alta e ás grandes citas das próximas semanas: Feira da Sidra, San Paio e...

Informativos Radio Estrada 04.06.2026

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da comarca con temas que van desde o Camiño de Santiago ata a política local, a educación, a cultura e os eventos sociais que marcan a vida dos nosos concellos. Abrimos coa consolidación do Camiño da Geira e dos Arrieiros como a ruta preferida polos peregrinos que parten de Braga. Na actualidade política, Ana Pontón visita a empresa Martínez Otero en...

Informativos Radio Estrada 03.06.2026

Abrimos coa actualidade municipal: unha persoa resulta ferida nun accidente de tráfico na Avenida de Leicures. O Concello, o Centro de Saúde e a AECC únense nunha campaña aberta á veciñanza polo Día Mundial sen Tabaco. Ademais, coñecemos o Grolo de Ouro da Feira da Sidra, que nesta edición viaxa ao País Vasco da man de Sagar Doaren – LurralDéa. Seguimos afondando na Feira da Sidra, que continúa me...

Informativos Radio Estrada 02.06.2026

No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e comarca, cunha xornada marcada polos avances en proxectos municipais, a preparación das festas e varias novidades culturais e sociais. O Concello da Estrada dá un paso decisivo cara ás novas vivendas públicas, tras recibir a Xunta seis ofertas para construír as 28 casas previstas. Ademais, intensifícanse os contactos para evitar problemas...

Poslouchej podcast Actualidade MediodĂ­a v Replaio

Rádio a podcasty v jedné aplikaci - zdarma a bez registrace. Nainstaluj si ji ještě dnes a nepropásni premiéru

Stáhnout z Google Play

Replaio není vydavatelem podcastů; názvy pořadů, obálky a audio patří jejich autorům a šíří se přes veřejné RSS kanály